Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ADEGA consegue forzar á Xunta a protexer a Cova Eirós como BIC 03.05.2017

ADEGA consegue, a través dos tribunais, forzar á Xunta a iniciar o expediente para declarar a Cova Eirós de Triacastela, como Ben de Interese Cultural (BIC). O pasado 10 de abril, a Xunta iniciaba os trámites formais para conquerir esa categoría de protección para o xacemento galego máis importante, probablemente do Paleolítico e único en Galiza con arte rupestre. ADEGA considera que esta resoluci...

Boletín informativo ambiental 28/04/17 28.04.2017

Coñece cales foron as novas máis importantes desta semana sobre o medio ambiente e a ecoloxía en Galiza.

Estréase a primeira adega experimental da Universidade galega 26.04.2017

Nesta semana púxose a funcionar a primeira adega experimental de todas as universidades galegas no Campus Terra de Lugo. A Escola Politécnica Superior promove por primeira vez en Galiza un proxecto destas características para favorecer a investigación no sector vinícola galego, un sector que cada vez ten máis expectativas de futuro no noso territorio. Existen factores internos e tamén externos, co...

Os gandeiros de Ordes alegan contra as novas minas de Erimsa 24.04.2017

Unhas 200 explotacións agrogandeiras da comarca da Ordes séntense ameazadas polos novos proxectos mineiros que a empresa Erimsa prevé desenvolver na bisbarra. O Sindicato Labrego Galego advirte que están en xogo uns 400 postos de traballo directos e alerta do avanzado que está o proxecto "Xanceda" que afectaría a 781 Ha de terreo e a importantes granxas, incluso de carácter ecolóxico.

Boletín informativo ambiental 21/04/17 21.04.2017

Escoita o que nos deixou esta semana en materia de novas ambientais relacionadas co territorio galego.

Pola conservación de 56 ábores centenarias da Limia 19.04.2017

Poucos días despois do Día Mundial das Árbores constituíase en Xinzo a plataforma de Amigos e amigas das árbores da Limia. O detonante foi o anuncio dun proxecto de mellora da estrada OU531 ao seu paso pola localidade de Xinzo, polo cal se prevé a tala de 56 árbores centenarias. Abordamos este asunto neste espazo.

O desmantelamento da Educación Ambiental en Galiza a estudo! 17.04.2017

O grupo de investigación de pedagoxía social e de educación ambiental da USC vén de publicar as conclusións extraídas dun estudo realizado entre 2007 e 2013 sobre a situación do sector laboral e social da Educación Ambiental en Galiza. Falamos coa presidenta de Sociedade Galega de Educación Ambiental e membro deste equipo de investigación, María Barba, deste estudo que confirma que o sector é un d...

O eucalipto en Galiza a debate (II) 12.04.2017

Na xornada sobre o eucalipto organizada o pasado mes de marzo pola Deputación de Lugo, ecoloxistas e sindicatos agrarios tamén instaron a frear a expansión do eucalipto en Galiza, non só por razóns ambientais, tamén económicas, culturais e de seguridade. Paralelamente, nas directrices que a sociedade trasladou á Xunta durante o proceso de revisión do Plan Forestal de Galiza, recoméndase a administ...

O eucalipto en Galiza a debate (I) 10.04.2017

Radio Cerna trasladas algúns dos argumentos expostos na Xornada sobre o eucalipto nas Terras do Miño organizadas a finais do pasado mes pola Deputación provincial de Lugo. A estas xornadas, que xeraron grande expectación, acudiron membros da Universiadade, do sector forestal, ecoloxistas, gandeiros, comunidades de montes, investigadores, etc. para reflexionar sobre a situación do eucalipto no país...

Boletín informativo ambiental 07/04/17 07.04.2017

Escoita en Radio Cerna que aconteceu esta semana no terreo ambiental de Galiza!

As claves da crise do sector leiteiro en Galiza 05.04.2017

Diego Gómez Méndez é autor do estudo "O sector lácteo en Galicia: dinámica recente e perspectivas nun mercado liberalizado". Esta investigación foi recentemente premiada co galardón "Jesús García Calvo" que concede o IDEGA xunto coa Fundación Feiraco. A través desta análise aproximámonos ás claves das causas da crise leiteira pola que atravesa Galiza e ás recomendación que o autor fai para fortale...

Comunix: oportunidade para a xuventude dos montes veciñais 03.04.2017

A cooperativa Trespés enceta este ano por primeira vez o proxecto Comunix, unha iniciativa enmarcada no programa europeo Erasmus +, que trata de achegar a xente nova aos montes veciñais en man común. O obxectivo principal deste proxecto é enfrontar o desvínculo que a día de hoxe a mocidade ten con este tipo de propiedade colectiva, única en Galiza e Portugal.

Boletín informativo ambiental 31/03/17 31.03.2017

Este venres, fai un repaso pola actualidade ambiental galega con Radio Cerna!

A resina dos piñeiros: un aproveitamento con visos de futuro 29.03.2017

Recentemente constituíuse en Galiza a Asociación de Resineiros Galegos (AREGA) co obxectivo de poñer en valor e promover o aproveitamento da resina dos piñeiros como recurso ambiental, económico e social. A recuperación desta vella práctica, perdida nos montes do sur, alá polos anos sesenta, volta en pleno século XXI para agromar como alternativa a outros usos do monte menos sostibles.

Descarboniza, que non é pouco! 27.03.2017

A Universidade de Santiago de Compostela impulsa unha nova iniciativa para combater o cambio climático desde a vida cotiá. O proxecto "Descarboniza, que non é pouco!" diríxese a entidades ou grupos de persoas que a través da relación interpersoal descubran novas formas de enfrontarse aos cambios derivados da mudanza climática. Neste programa, coñeceremos a iniciativa.

Boletín informativo ambiental 24/03/17 24.03.2017

Queres coñecer as novas máis destacadas do medio ambiente galego? Este é o teu espazo. Preme e escoita!

A ONU insta a reutilizar as augas residuais 22.03.2017

Hoxe é o Día Mundial da Auga. Neste ano, 2017, a ONU insta aos gobernos, industrias e cidadáns a reutilizar as augas residuais, como unha das fórmulas máis urxentes para reducir o consumo deste recurso limitado tan valioso para a vida. ADEGA aproveita esta efeméride para lanzar varios consellos que axudarán a evitar o consumo innecesario de auga.

Eucalipto cero, como en Europa! 20.03.2017

Eucalipto cero, como en Europa!... Así se titula o manifesto que encabezará a campaña da plataforma galega "Cousa de Raíces" en contra da eucaliptización masiva do país e a favor do bosque autóctono. A iniciativa, apoiada por máis de 60 colectivos e entidades galegas de diversa índole, será presentada oficialmente mañá, Día Mundial do Bosque. O manifesto avoga por unha moratoria para as novas plan...

Boletín informativo ambiental 17/03/17 17.03.2017

Compartimos contigo as novas máis destacadas do eido ambiental galego acontecidas nos últimos días.

A Fenda: a nova revista sobre agroecoloxía e autoxestión de Galiza 15.03.2017

Un grupo de produtores/as de agroecoloxía do sur do país promoven a creación dun novo medio de comunicación sobre o sector en galego e para Galiza. O novo voceiro tamén pretende poñer en valor todas as iniciativas de redes ou espazos autoxestionados que se están a desenvolver nos últimos tempos.

Connecting desde A Coruña: Rexenerar as cidades desde a Natureza 13.03.2017

A Universidade da Coruña participa, xunto con outras 28 entidades, no proxecto europeo Connecting, que intenta impulsar un novo modelo de cidades baseadas en criterios sostibles e nos mecanismos da Natureza. A instituciíon galega será a encargada de establecer os parámetros de avaliación dos resultados deste proxecto que pretende ter eco internacional e que se desenvolverá nos vindeiros anos. Dent...

ADEGA demonta mitos sobre o lobo en Galiza 08.03.2017

Ante a proliferación de certos mitos sobre a situación de conservación e xestión do lobo en Galiza, ADEGA publica un informe no que desmente gran parte dos argumentarios que, na súa opinión, só contribúen a agravar a conflitividade social e o odio contra a especie. O colectivo tamén propón unha serie de medidas para minimizar esta conflitividade e ao mesmo tempo non atentar contra a especie. Entre...

Proxecto Ríos 2016: malos resultados para o bosque de ribeira 06.03.2017

O informe de Proxecto Ríos do ano 2016 revela que se mantén unha tendencia negativa no estado de conservación do bosque de ribeira dos ríos analizados polo voluntariado fluvial. Neste espazo avaliamos este e outros parámetros medidos polo voluntario galego en 140 ríos durante o ano pasado.

Boletín informativo ambiental 03/03/17 03.03.2017

Coñece a través deste espazo cales foron as novas ambientais e relativas á contorna galega máis relevantes desta semana...

Resultados extraordinarios no "porta a porta" de San Sadurniño 01.03.2017

Recoller o lixo domiciliario "porta a porta" xa non é unha utopía. O concello de San Sadurniño está a demostrar, coa colaboración de ADEGA, que este modelo é o máis económico, social e ecolóxico sobre todo para aquelas zonas rurais de difícil acceso ou coa poboación moi dispersa. Tras dous anos de experiencia, o concello dá conta dos resultados, que sos máis satisfactorios do agardado, non só no p...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.