Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Que son os lumes de copa?: A súa afección en piñeirais 05.07.2017

Os lumes de copa cada vez van ser máis frecuentes e intensos en Galiza. Un estudo do Centro de Investigación Forestal de Lourizán pon o foco no estudo dos lumes de copa relacionados con masas de piñeirais en Galiza e determina cales son as zonas con maior potencial do noso territorio para sufrir este tipo de fenómenos. Repasamos as conclusións deste estudo co seu autor, Chema Fernández.

Víboras en Galiza: poucas e esquivas 03.07.2017

Nas últimas semanas, veñen sendo habituais nalgúns medios de comunicación informacións sobre trabaduras en Galiza de supostas víboras que acaban en ingresos hospitalarios. Mais, lonxe das apariencias, as mordeduras de víbora en Galiza adoitan ser casos moi excepcionais. O experto en hérpetos viperídeos, Fernando Martínez Freiría, móstranos a realidade das víboras no noso territorio e os riscos pot...

Boletín informativo ambiental 30/06/17 30.06.2017

Rematamos o mes facendo repaso da actualidade ambiental do país. Escoita e infórmate!

Patrimonio Industrial Galego: compatible coa preservación ambiental? 28.06.2017

O Patrimonio Industrial Galego forma parte tamén do noso Patrimonio Cultural. A vindeira semana, expertos neste ámbito de Galiza e doutras partes do Estado, reuniranse no concello de As Pontes para debater sobre algúns aspectos sensibles e abertos ao choque de pareceres neste ámbito, como a propia definición do que é Patrimonio Industrial ou o impacto ambiental destes bens patrimoniais versus a sú...

O mexillón de río, á procura do relevo xeneracional 26.06.2017

Hai 30 anos, Galiza era o mellor lugar do sur de Europa para atopar mexillón de río. Tras varias décadas, ese privilexio estámolo perdendo. A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" organizou unhas xornadas de divulgación, entre outras, da especie Margaritifera margaritifera, a máis esquisita dos mexillóns de río. A investigadora principal do proxecto MarMaCul e profesora de zooloxía na USC, Paz Ondina,...

Boletín informativo ambiental 23/06/17 23.06.2017

Preme e escoita a actualidade ambiental galega en Radio Cerna!

A traxedia incendiaria en Portugal vista desde Galiza 21.06.2017

Galiza olla cara a traxedia humana e ambiental de Portugal con preocupación. Sectores sociais, ecoloxistas, científicos e políticos lanzan unha pregunta ao aire: podería pasar en Galiza unha traxedia similar? A outra cuestión que paira sobre a catástrofe é se se podería ter evitado...

As ninfas dos ríos: o nenúfar amarelo do río Miño 19.06.2017

O Museo provincial de Lugo acolleu hai poucos días unha xornada divulgativa sobre o nenúfar e o mexillón do río Miño, organizada pola plataforma "Lugo de Cara ao Miño". O botánico e director do IBADER, Pablo Ramil, foi o encargado de exaltar a singularidade dos nenúfares ou ninfas de río, en concreto o Nymphoides peltata, ou nenúfar amarelo, presente nas beiras do río Miño ao seu paso por Lugo. Os...

Boletín informativo ambiental 16/06/17 16.06.2017

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, este é o teu espazo. Escoita Radio Cerna!

Os retos da nova Lei sobre Cambio Climático no eido da Investigación 14.06.2017

O pasado 25 de maio, o Ministerio de Medio Ambiente convocou a debate os diferentes sectores da sociedade española para concretar os aspectos que debe de atender a futura Lei do Cambio Climático e Transición Enerxética. Neste foro de debate participou a USC en concreto na mesa de Academia e Investigación. A profesora en produción vexetal da USC, Rosa Mosquera, explica para Radio Cerna que conclusi...

Razóns para opoñerse á nova Lei de protección dos animais de compañía 12.06.2017

En poucas semanas está previsto que se aprobe a nova Lei de Protección e Benestar dos Animais Domésticos proposta pola Xunta de Galiza. Porén, unhas 30 organizacións e protectoras de animais sen ánimo de lucro fan un chamado de urxencia para que se evite a aprobación da nova lei. Consideran que esta nova normativa só procura o lucro económico da problemática do abandono de cans e gatos, unha das p...

Boletín informativo ambiental 09/06/17 09.06.2017

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental do país nesta semana mundial do Medio Ambiente!

Día do Medio Ambiente: Achegar as persoas á Natureza 05.06.2017

Hoxe é O Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano 2017, a ONU dedica esta conmemoración a reivindicar o achegamento físico das persoas á Natureza, conectar o ser humano co Natureza... Así quere reverter o progresivo afastamento que se está a dar entre nós e a Natureza, perdendo empatía coa contorna e mesmo a nosa propia identidade. Neste espazo de Radio Cerna abordaremos esta cuestión con algúns do...

Boletín informativo ambiental 02/06/17 05.06.2017

Escoita o boletín de noticias sobre o medio ambiente galego de Radio Cerna. Nel, facemos o resumo da actualidade ambiental da semana que se encamiña cara ao Día Mundial do Medio Ambiente.

Marcha contra celulosas e a eucaliptización en Pontevedra 31.05.2017

Colectivos e entidades ambientalistas de todo o país, encabezados por APDR, FEG, ADEGA e a plataforma "Cousa de Raíces" acudirán este sábado a Pontevedra para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente. A xornada comezará cunha plantación simbólica de eucaliptos na Praza da Ferrería e acabará coa marcha cara ao Complexo de Lourizán desde as alamedas de Pontevedra a Marín. As reivindicacións versarán...

Comando Ghichas contra os herbicidas nas estradas! 29.05.2017

O colectivo de mulleres do Valmiñor Comando Ghichas xa conseguiu nos útlimos anos que os concellos de Gondomar e Nigrán se declarasen libres de glifosato, o herbicida máis usado en Europa e considerado potencial carcinóxeno pra a saúde humana pola OMS. Agora, Comando Ghichas lanza de novo unha campaña antiherbicidas que destina especialmente cara á Xunta de Galicia.

Boletín informativo ambiental 26/05/17 26.05.2017

Coñece e comparte este espazo coa actualidade ambiental galega e aqueles acontecementos do ámbito ecoloxista máis destacados dos últimos días.

Mobilización contra do campo de tiro da Laracha 24.05.2017

O Comité na defensa das Rías altas convoca unha mobilización o vindeiro domingo na Laracha para demandar a paralización da construción dun campo de tiro olímpico e ao prazo en Vilar da Fraga, unha das fragas máis importantes do concello e dos arredores da Coruña. Denuncian ademais o impacto da munición de chumbo que se utilizaría no campo de tiro ao prazo sobre o río Anllóns e a súa desembocadura...

CEMMA: 25 anos coidando dos mamíferos mariños galegos 22.05.2017

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA) cumpre 25 anos. O seu papel ao longo deste tempo foi fundamental para a conservación e recuperación dos mamíferos marñios varados nas costas galegas. Repasamos co seu presidente, Xosé Martínez Cedeira, os logros conseguidos e tamén as metas que quedan por acadar nesta difícil e necesaria tarefa.

Boletín informativo ambiental 19/05/17 19.05.2017

Queres saber que novas ambientais destacaron en Galiza nesta semana? Escoita este espazo de Radio Cerna. Só tes que premer!

BETA + propón a investigación integral do territorio galego 18.05.2017

As tres universidades galegas, xunto co centro de investigacións agrarias de Mabegondo, veñen de crear unha agrupación estratéxica para a investigación do territorio galego chamada BETA +. A idea é dar resposta aos grandes retos de Galiza con respecto á transformación cara a bioeconomía, o aproveitamento dos recursos naturais, o medio rural, o emprego ou a relación dos galegos e galegas co territo...

Boletín informativo ambiental 12/05/17 12.05.2017

Rapasa con Radio Cerna a actualidade ambiental galega. Preme e escoita!

As primeiras microrreservas do litoral galego están en Fisterra 10.05.2017

Fisterra é o primeiro concello do litoral galego que se lanza á creación de 5 microrreservas de flora para conservar, recuperar e poñer en valor tres especies de plantas ameazadas. Membros da Universidade de Compostela e da entidade ecoloxista ADEGA encargaranse de levar a cabo este proxecto aberto á participación da veciñanza local e de voluntariado.

As mudanzas que están a sufrir os nosos mares por mor do Cambio Climático 08.05.2017

"Cambio climático no medio mariño español: impactos, vulnerabilidade e adaptación" é un estudo promovido polo Miniserio de Medio Ambiente que dá resume os impactos que están a sufrir os mares polo cambio climático. Este traballo vén a confirmar os peores pronósticos relativos á mudanza climática nos océanos. Neste espazo coñecemos co principal autor, Diego Kersting, as alteracións que o clima está...

Boletín informativo ambiental 05/04/17 05.05.2017

Escoita o espazo de Radio Cerna de hoxe e coñece en poucos minutos que novas destacaron esta semana da actualidade ambiental galega.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.