Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
Boletín informativo ambiental 06/10/2017 06.10.2017 10:01
Radio Cerna ofréceche neste espazo as novas ambientais máis destacadas da última semana. Coñéceas!
O mel e a avespa velutina, factores inversamente proporcionais 04.10.2017 10:00
Este ano 2017 non foi un ano bo de mel. O descenso da produción sitúase entre o 30-50%. Aos tradicionais factores que afectan negativamente as abellas agora hai que sumarlle a incidencia da avespa velutina, unha especie exótica invasora que mesmo comeza a atacar outro tipo de insectos. O sector apícola de Galiza leva varios anos preocupado pola expansión acelerada da especie polo territorio galego...
Baleas azuis, de novo nas costas galegas 02.10.2017 10:02
No pasado mes rexistráronse ata 4 avistamentos de balea azul nas costas galegas. Un feito histórico que suxire dúbidas sobre o achegamento do animal máis grande do mundo ao noso litoral. Alfredo López, biólogo da CEMMA e un dos avistadores de balea azul, explícanos por que se produce este achegamento e en que estado de conservación se atopa a especie hoxe en día.
A fórmula bottom-up, clave na xestión das reservas mariñas galegas 27.09.2017 10:00
A fórmula do éxito de xestión das reservas mariñas de Lira e Cedeira hai que buscala nos primeiros momentos da súa creación. O antropólogo Duarte Fernández Vidal estuda os factores que foron claves na constitución destas reservas e que permitiron mudar o sistema tradicional de toma de decisións, máis xerárquico, menos participativo e onde a comunidade local se vía desprazada. Falamos co investigad...
Froxán e Santiago de Covelo, montes recoñecidos pola ONU como sostibles 25.09.2017 10:03
Os montes veciñais en man común de Froxán (Lousame) e Santiago de Covelo veñen de ser admitidos polas Nacións Unidas como membros do rexistro ICCA. Este rexistro recoñece aqueles lugares ou territorios que foran xestionados ou recuperados de forma sostible e democrática por parte de pobos indíxenas ou comunidades locais. Estas dúas experiencias galegas son as primeiras en conseguir este distintivo...
Boletín informativo ambiental 22/09/17 22.09.2017 10:01
Damos un repaso a actualidade galega no terreo ambiental e da ecoloxía. Acompáñanos!
A actual xestión da uña de gato favorece a súa expansión 20.09.2017 10:00
A actual xestión da planta invasora máis abundante da nosa costa, a uña de gato ou "Carpobrotus edulis", favorece a súa expansión. Isto é o que conclúe un estudo realizado pola Universidades de Compostela e de Vigo que propón un cambio nas formas de xestión desta planta exótica invasora tan presente nos ecosistemas dunares e costeiros de Galiza. O investigador principal deste traballo, Luis Gonzál...
Menos trámites e participación pública: máis minería, eucaliptos e eólicos 18.09.2017 10:01
A redución de prazos e requirimentos administrativos e regular a predominancia do desenvolvemento de parques eólicos, minas, plantacións e cortas, proxectos enerxéticos sobre outros usos do territorio é a intención real da proposición de lei de fomento de iniciativas empresarias impulsada polo PP no Parlamento, segundo a Alianza Rural Galega. Esta Alianza composta por ADEGA, CIG, FRUGA e a ORGACCM...
Boletín informativo ambiental 15/09/17 15.09.2017 10:01
A actualidade ambiental da semana en 10 minutos! Escoita Radio Cerna!
Mirada histórica aos lumes forestais en Galiza e no resto da Península 13.09.2017 10:03
Un estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade vén de publicar unha monografía sobre incendios forestais na España peninsular desde 1974 a 2010. Esta mirada histórica dos incendios na Península permítenos extraer datos relativos tamén ao número de incendios, hectáreas queimadas, índice de reincidencia ou territorios máis afectados na...
Baterías para o autoconsumo enerxético no fogar 11.09.2017 10:02
Pódese almacenar a enerxía renovable? As baterías de autoconsumo son unha solución eficiente? Só Tesla vende este tipo de baterías? Son asequibles para calquera fogar? Con que trabas se atopan estas baterías de litio en España? Nete espazo de Radio Cerna trataremos de resolver estas dúbidas e algunhas máis cun experto en autoconsumo e baterías de acumulación de enerxía renovable.
Boletín informativo ambiental 08/09/17 08.09.2017 10:01
Coñece con Radio Cerna a actualidade ambiental da última semana!
A matogueira pode frear o avance das acacias ou mimosas 06.09.2017 10:02
O mato frea a acacia ou mimosa. É a conclusión á que chega un estudo da Universidade de Vigo sobre o comportamento da acacia amarela ou mimosa en solos galegos, nomeadamente de piñeirais e matogueiras, en zonas non urbanas ou consideradas "non perturbadas" pola actividade humana. A mimosa é unha das especies exóticas invasoras máis perigosas que habitan no noso territorio.
O movemento ecoloxista sobre a masificación das Cíes 04.09.2017 10:01
Para os colectivos ecoloxistas representados no Padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas, o que acontece todos os veráns nas Illas Cíes, a masificacióin turística e a sobrevenda de billetes non cae de sorpresa. Desde 2011 veñen alertando ao Padroado e á Dirección do Parque da situación. Agora confían en que o problema se reverta e se aprobe dunha vez por todas o Plan de Xestión e Usos do P...
Boletín informativo ambiental 01/09/17 01.09.2017 10:01
Voltamos con espazos actualizados sobre a ecoloxía e o medio ambiente galego! E como hoxe é venres toca repaso da actualidade ambiental da última semana. Benvidos/as a Radio CERNA!
Boletín informativo ambiental 28/07/17 28.07.2017 10:01
Coñece as novas ambientais do país máis destacadas desta semana neste boletín informativo que precede un período de descanso de Radio Cerna. Este espazo radiofónico de ecoloxía e medio ambiente de Galiza volverá no mes de setembro. Ata entón non deixes de escoitarnos! Agardámoste!
O BNG tamén quere frear o eucalipto. Os casos de Vilagarcía e Bueu. 26.07.2017 10:02
Rematamos a serie de espazos de Radio Cerna dedicados aos concellos galegos "libres de eucalipto" ou que teñen promovido nos últimos tempos accións destinadas a eliminar esta especie foránea do terreo municipal ou a substituíla por especies autóctonas. No espazo de hoxe abordamos a proposta do BNG para declarar Vilagarcía de Arousa libre de eucaliptos e a proposta que esta mesma formación apoiou e...
O Grove e Ames: concellos socialistas que se revelan contra o eucalipto 24.07.2017 10:03
Tamén algúns concellos rexentados por alcaldes socialistas se están animando a declararse "libres de eucaliptos". O concello de O Grove, con grandes extensións ocupadas por esta especie, vén de declararse como tal, co ánimo de ir reconvertendo progresivamente o monte do municipio á floresta autóctona, coa colaboración das comunidades de montes. Pola súa banda, o Concello de Ames impulsa a substitu...
Boletín informativo ambiental 21/07/17 21.07.2017 10:02
En pouco tempo, descubre o que aconteceu no medio ambiente galego na última semana!
Novos concellos do PP libres de eucaliptos: Folgoso do Courel e Pantón 19.07.2017 10:01
Esta semana demos inicio a unha remesa de programas dedicados aos concellos galegos auto-declarados "libres de eucaliptos". Hoxe abordamos as propostas de dous concellos rexentados por alcaldes do PP: Folgoso do Courel e Pantón. A vindeira semana, falaremos de concellos gobernados por outras formacións políticas que tamén decidiron plantar cara ao eucalipto.
Sober: o primeiro concello galego en rexeitar o eucalipto 18.07.2017 10:01
Nos vindeiros días, neste espazo de Radio Cerna, falaremos con concellos galegos libres de eucaliptos. O primeiro municipio galego en rexeitar o eucalipto a través de normativa local foi o concello de Sober, que desde hai máis de 8 anos non admite en todo o termo municipal plantacións con esta especie. O concello de Sober, rexentado por un alcalde do PP, é unha das apostas locais máis decididas co...
Boletín informativo ambiental 14/07/17 14.07.2017 10:00
Eucaliptos, patrimonio, camblio climático e mártires do ecoloxismo son algúns dos temas de actualidade que tratamos neste espazo resumo da actualidade ambiental de Galiza.
A ameixa asiática pon en apuros o mexillón dos ríos galegos 12.07.2017 10:02
Desde finais dos anos 80 os ríos galegos enfróntanse a unha nova ameaza: a ameixa asiática. Desde aquela a súa dispersión polos ríos galegos foi en aumento ata o día de hoxe que semella experimentar un estancamento. Noé Ferreira, investigador da Universidade Vigo, está a facer seguimento desta especie exótica invasora que se ten espallado sobre todo pola bacía do Miño-Sil e que pon en serios apuro...
Lumes e cambio climático, unha relación cada vez más explosiva 10.07.2017 10:03
A relación "lumes e cambio climático" promete ser cada vez máis explosiva, e non só en termos metafóricos. Un estudo do CSIC realiza simulacións de modelos climáticos aplicadas ás áreas queimadas con maior frecuencia para establecer os posibles escenarios de futuro. Para Galiza e Portugal a simbiose entre estes dous factores é preocupante, xa que se prevé, nun escenario moderado, que as áreas quei...
Boletín informativo ambiental 07/07/17 07.07.2017 10:02
Neste espazo facemos repaso da actualidade ambiental galega, marcada polo debate sobre o eucalipto. Preme e escoita!
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.