Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O campo de golf de Baiona: do proxecto á realidade? 13.12.2017

O concello de Baiona impulsa o complexo turístico e deportivo "As Costeiras" co gallo de reclamar turismo fóra da época estival. Entre as actuacións, prevese a creación dun campo de golf de 18 buratos en 70 ha da Serra da Groba. Desde o verán, o proxecto colleitou unha grande oposición social e veciñal pola potencial afectación do complexo aos recursos hídricos da zona, ao monte comunal e ao patri...

Miguel de MEL sae do cárcere e conta a súa experiencia en primeira persoa 13.12.2017

O pasado mércores, Miguel Martínez, o primeiro detido e encarcerado pola vaga de incendios de outubro e membro fundador do Movemento Ecoloxista da Limia, saíu da cárcere de Pereiro de Aguiar. Durante as 5 semanas que estivo en prisión incondicional, a súa familia, amizades e máis de 20 colectivos ecoloxistas denunciaron publicamente o trato desproporcionado que estaba a recibir Miguel , tratado co...

Boletín informativo ambiental 01/12/17 13.12.2017

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza, escoita este espazo. Só tardarás en coñecela 10 minutos!

Viaxe a Bruxelas para denunciar a destrución do patrimonio pola industria do eucalipto 29.11.2017

Uns 18 colectivos galegos viaxarán a vindeira semana a Bruxelas para denunciar ante o Parlamento europeo a destrución do patrimonio arqueolóxico por mor da industria do eucalipto. A delegación galega está convidada pola europarlamentaria Lidia Senra aproveitando que o vindeiro ano 2018 se pretende declarar pola UE como Ano do Patrimonio Cultural. Un dos colectivos convidados é Mariña Patrimonio, q...

A "Grande Aceleración", segundo Jorge Riechmann 27.11.2017

"O Antropoceno e a Grande Aceleración" titulouse unha xornada de reflexión convocada polo Consello da Cultura Galega o pasado xoves para debater sobre o momento no que nos atopamos a nivel ecolóxico e sobre os retos de futuro aos que nos enfrontamos. Un dos convidados a esta xornada foi o filósofo e sociólogo Jorge Riechmann, autor de varios libros dedicados á limitación dos recursos naturais, os...

Boletín informativo ambiental 24/11/17 24.11.2017

No espazo de hoxe repasamos a actualidade ambiental da última semana en Galiza. Anímate a coñecela.

A reapertura da mina de San Fins baixo lupa nos xulgados 22.11.2017

Unha das antigas minas que se pretenden reabrir en Galiza é a de San Finx en Lousame. Para poder explotar de novo, Sacyr debe conquerir o permiso de Augas de Galicia para poder verter ao rego San Fins preto de 1 millón de m3 de augas mineiras que se concentran nas vellas balsas. Pero agora a Fiscalía de Medio Ambiente traslada dilixencias ao xulgado para que este investigue se houbo un posible del...

A mina de Touro-O Pino atópase de fronte co rexeitamento veciñal 20.11.2017

Veciños e veciñas de Touro e O Pino mobilízanse en contra do proxecto de reapertura e ampliación da mina de cobre de San Rafael S.L., que ocuparía preto de 700 Ha entre estes dous concellos. O anuncio do proxecto caeu como unha xarra de auga fría entre a vecindade que xa está a recabar numerosos apoios sociais en contra da explotación mineira. Consideran que o impacto é totalmente inasumible a niv...

Boletín informativo ambiental 17/11/17 17.11.2017

Coñece con nós a actualidade ambiental galega da última semana, marcada polo XV aniversario da catástrofe do Prestige, os incendios ou a seca.

Life in Common Land: Primeiro ensaio de pago por servizos ambientais en Galiza 15.11.2017

Este proxecto europeo, promovido polas universidades de Santiago e A Coruña, xunto coa colaboración da Deputación de Lugo e de 12 concellos, será o primeiro en ensaiar o pago ás comunidades locais polos servizos ambientais dos espazos naturais protexidos. O obxectivo principal do proxecto será a conservación dos brezais e turbeiras protexidas da Serra do Xistral e procurar a compatibilidade cos ap...

Life fluvial: recuperando os corredores ecolóxicos de Rede Natura 13.11.2017

Galiza, Asturias e Norte de Portugal pretenden recuperar os corredores fluviais dos seus espazos naturais protexidos a través do Life Fluvial, un proxecto transnacional impulsado por diversas institucións de investigación e de goberno que permitirá realizar actuacións de reparación natural nas ribeiras protexidas. Unha desas actuacións será a eliminación de acacias e eucaliptos na ría do Eo. Estar...

Boletín informativo ambiental 10/11/17 10.11.2017

Queres coñecer a actualidade ambiental da semana en Galiza? Os últimos días deixaron no prelo informativo: novos datos sobre incendios, imputacións ou presuntos delitos ambientais avaliados na Fiscalía, entre outros temas.

A xestión da seca por Augas de Galicia 08.11.2017

Seguimos abordando a cuestión da seca en Radio Cerna. Hoxe entrevistamos ao director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez, responsable da xestión das bacías de Galicia-Costa, quen pide responsabilidade á cidadanía á hora de consumir auga.

A xestión da crise da auga na bacía Miño-Sil 06.11.2017

A escaseza de chuvia durante todo o ano 2017 fai que comece o presente ano hidrolóxico con alerta por seca en 6 sistemas da bacía Galicia-Costa e en toda a bacía do Miño-Sil. Despois dos incendios esta é a maior crise ambiental que está a sufrir o noso país nos últimos meses. Esta semana entrevistamos en Radio Cerna aos máximos responsables en Galiza da xestión dos nosos recursos hidricos. Desta v...

Boletín informativo ambiental 03/11/2017 03.11.2017

Coñece as novas ambientais máis destacadas desta semana con Radio Cerna, un programa de medio ambiente e ecoloxía que che ofrece ADEGA!

Primeiro voluntariado formado para restaurar a través da Xunta montes queimados 30.10.2017

A través do proxecto de innovación docente "Plantando cara ao lume", a Universidade de Santiago de Compostela está a formar aos primeiros voluntarios e voluntarias con capacitación suficiente para participar nos labores de restauración de montes queimados que leve a cabo a Xunta de Galiza. É o primeiro programa, ata agora coñecido, que apoia a Xunta co obxectivo de crear un dispositivo oficial de...

Boletín informativo ambiental 27/10/2017 27.10.2017

Repasamos a actualidade ambiental de Galiza, na que os lumes seguen sendo o centro de atención. Coñécea!

Que facer agora nos terreos queimados? 25.10.2017

A directora do Grupo de investigación sobre a Ecoloxía do Lume da Universidade de Santiago (USC) explícanos que se debe e non se debe facer de forma inmediata nos terreos queimados.

Unha lei diferente para un monte diferente 23.10.2017

Unha rede de 60 entidades galegas conformadas baixo o nome "Cousa de Raíces" vén de presentar no Parlamento galego unha proposición de lei por iniciativa lexislativa popular que pretende regular cara un modelo máis sostible o monte galego. Os seus obxectivos princiais son potenciar o bosque autóctono, frear o eucalipto, mellorar a xestión do monte e loitar contra os lumes forestais. O texto normat...

Boletín informativo ambiental 20/10/17. Monográfico sobre lumes. 20.10.2017

Desta volta, o boletín informativ de Radio Cerna será un monográfico sobre os lumes vividos en Galiza recentemente. Repasaremos algúns dos aspectos máis relevantes do acontecido nesta semana. Acompáñanos!

A catástrofe incendiaria, alén do feito criminal 18.10.2017

Recollemos nest espazo o testemuños dos bombeiros profesionais, ecoloxistas e afectados pola última vaga de incendios que sitúan a solución á problemática dos lumes máis alá da persecución dos criminais. Urxen un cambio no modelo forestal e na xestión actual dos montes galegos.

Apoio á radio comunitaria da Coruña. Cuac FM Resiste! 16.10.2017

Radio Cerna dedica este programa especial a CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, coa que colabora, e que se viu obrigada a pechar a súa emisión por frecuencia modulada o pasado mes de setembro ante a ameaza dunha sanción de ata 200.000 euros. A Xunta abriulle un expediente sancionador por emitir sen licenza poñendo en risco a continuidade do proxecto pese a ter solicitado licenza en varias ocas...

Boletín informativo ambiental 13/10/17 13.10.2017

Escoita este espazo para coñecer a actualidade ambiental galega en 10 minutos.

A arquitectura galega fronte o cambio climático 11.10.2017

A arquitectura ten un importante papel no deseño dun hábitat e contornos amables coa natureza e sostibles para un futuro, mais agora tamén debe propoñer medidas e accións que mitiguen a mudanza climática. O Colexio de arquitectos de Galicia, consciente desta responsabilidade, promoveu diversas charlas e visitas no día mundial da Arquitectura que exemplificasen esa loita do sector contra o cambio c...

Unhas 900 persoas participaron na X Limpeza simultánea de Proxecto Ríos 09.10.2017

A décima edición da Limpeza Simultánea de Ríos de Proxecto Rios culminou cunha ampla participación. Arredor de 900 persoas, 60 entidades e 45 concellos conseguiron retirar 10 toneladas de lixo das marxes fluviais galegas. O coordinador desta actividade, Paco Bañobre, explica para este espazo en que consiste a actividade, cales son os seus obxectivos e os resultados acadados.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.