Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 22/06/18 22.06.2018

Inauguramos estación cun novo boletín informativo sobre a actualidade ambiental galega. Valo perder?

A UDC calcula a túa pegada ecolóxica por residuos 20.06.2018

A Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña crea a primeira calculadora da pegada ecolóxica por residuos para galegas e galegos. A través desta ferramenta dixital que atoparás en http://emapic.es descubrirás se estás por baixo ou por riba da media galega en xeración de residuos, separación de lixo en orixe ou emisións de CO2 derivadas da túa xestión dos residuso sólidos urbanos.

Polo dereito ao refuxio ou asilo por cambio climático 18.06.2018

En pasados días a cidade da Coruña acolleu un campo de refuxiados simbólico para escenificar o drama que viven milleiros de persoas no mundo que están refuxiadas lonxe do seu lugar de orixe. Algo que no futuro se prevé moi frecuente, xa non só polas guerras, tamén por motivos climáticos ou ambientais. O problema é que non está recoñecido legalmente o dereito ao refuxio por cambio climático. A orga...

Boletín informativo ambiental 15/06/18 15.06.2018

Os últimos días estiveron marcados por mobilizacións sociais de reivindicacións ambientais que terán continuidade no día de mañá, coa marcha contra as celulosas de Ence. Neste acto tamén se dará peche á campaña a prol da ILP na defensa do bosque galego. Esta e máis novas, se premes para escoitar este espazo de radio.

A guía galega de mobilidade sostible da Deputación de Pontevedra 13.06.2018

A Deputación pontevedresa intentar suplir a falta de actualización e información sobre as novas formas de mobilidade sostible, baseadas na experiencia coa publicación dunha nova guía de mobilidade sostible. A institución define o manual como "a mellor guía do mundo" en mobilidade sostible. Descubrimos algunhas das principais fórmulas de mobilidade amable que propón este manual para o ámbito urbano...

A Xustiza de Castela podería condicionar a caza do lobo en Galiza 11.06.2018

Nos últimos dez anos, varios colectivos ecoloxistas manteñen unha batalla xudicial co goberno autonómico de Castela e León pola súa xestión do lobo ibérico e polas súas leis de caza. A novidade é que ASCEL (Asociación para a conservación do lobo ibérico) vén de conseguir un fito: que se suspenda en toda Castela e León a caza do lobo. Unha suspensión cautelar da actividade cinexética contra esta es...

Boletín informativo ambiental 08/06/18 08.06.2018

Repasamos a actualidade ambiental que nos deixa unha semana de cambios, na que destaca o nomeamento da nova ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera.

Mina Touro-O Pino NON: "A mina destruiría a nosa forma de vida, non é unha zona abandonada" 06.06.2018

As persoas afectadas de forma máis directa polo pretendido proxecto mineiro de cobre de Atalaya Mining, a veciñanza de Touro e do Pino, alzan á súa voz contra a mina, que consideran a maior ameaza do seu medio de vida e do seu benestar. "Non queremos unha herdanza envelenada" é a proclama que encabezarán na manifestación do vindeiro domingo, 10 de xuño, en Santiago de Compostela, nunha mobilizació...

Xaquín Rubido: "Sacrificar o río Ulla e a ría de Arousa por unha mina non é política de altura" 04.06.2018

O vindeiro domingo 10 de xuño, coincidindo coa Semana do Medio Ambiente, o ecoloxismo galego xunto con outros colectivos sociais conformados na Plataforma na Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e na Plataforma veciña Mina Touro-O Pino NON, botaranse á rúa para pedir ao goberno galego que rexeite a mina. Temen que a aprobación do proxecto mineiro sexa inminente e apelan ao apoio da sociedade galega par...

Boletín informativo ambiental 01/06/18 01.06.2018

Entramos no mes de xuño dando conta da actualidade ambiental do país máis destacada. Coñécea!

As diferenzas na biodiversidade no binomio Bosque/eucaliptal e cultivo ecolóxico/convencional 30.05.2018

A tese doutoral de Sandra Goded achega novos datos sobre as diferenzas de biodiversidade existente entre superficies de agricultura ecolóxica fronte a convencional e en bosque autóctonos fronte plantacións de eucaliptos. O estudo parte dunha reflexión da bióloga sobre os cambios sufridos no territorio galego nos últimos anos a nivel de produción. Queres coñecer as conclusións destas comparativas?...

A veciñanza de Ordes pide que se exclúa a comarca do Plan Eólico de Galiza 28.05.2018

En pouco máis de un mes, os veciños e veciñas dos concellos de Ordes, Oroso, Frades e Mesía constituíronse na Coordinadora contra a implantacións de parques eólicos na comarca de Ordes ante o anuncio inesperado da instalación de 4 parques eólicos na bisbarra. Esta plataforma pide que a comarca de Ordes se exclúa do Plan Sectorial Eólico Galego por considerar que os parques eólicos son incompatible...

Boletín informativo ambiental 25/05/18 25.05.2018

Neste espazo atoparás todas as novidades no medio ambiente e na acción ecoloxista de Galiza. Escoita a actualidade ambiental dos últimos días, da man de Radio Cerna.

Os primeiros pasos de Compostela Rupestre 23.05.2018

Comenzan a darse os primeiros pasos na creación do primeiro parque rupestre de Compostela. Unha idea que quere materializar a Deputación da Coruña e que xorde do Colectivo A Rula, co gallo de identificar, protexer e poñer en valor o conxunto de xacementos arqueolóxicos da comarca compostelá. Da idea orixinal, fálanos o presidente deste colectivo.

Curtis elimina a protección especial agropecuearia e paisaxística dos seus solos 21.05.2018

O vindeiro 28 de maio remata o prazo para alegar ás modificacións introducidas polo Concello de Curtis no seu Plan urbanístico xeral. Os cambios eliminan a protección especial de solo rústico agropecuario e de especial valor paisaxístico de toda a súa superficie municipal. Mentres o concello xustifica esta mundanza urbanística na necesidade de reordenar os usos dos solos do municipio a través dun...

Boletín informativo ambiental 18/05/18 18.05.2018

Neste espazo de Radio Cerna repasamos a actualidade ambiental que nos deparou esta semana das letras galegas. Convidámoste a escoitarnos.

Lembrando a maior loita ambiental de Baldaio 16.05.2018

O 8 de maio de hai 41 anos tiña lugar unha das mobilizacións ecoloxistas máis importantes da historia galega: a marcha de Baladaio. Aquela manifestación de máis de 5.000 persoas esixía a devolución aos veciños e veciñas de Baldaio da praia e da marisma, que estaban a ser explotadas por unha areeira. Malia a contar só cunha concesión marisqueira, os concesionarios estiveron varios anos extraendo ar...

Fernando Suárez: "Limpar as faixas de prevención de lumes é posible, coa axuda da Xunta" 14.05.2018

A finais deste mes de maio remata o período voluntario para limpar as faixas de prevención de incendios de vivendas e de vías de comunicación. Os concellos terán que executar subsidiaramente a limpeza, se os propietarios/as non o fan, con custos a cargo dos titulares dos predios. Pero, algúns concello cren que é imposible cumprir esta orde, por falta de recursos e outras dificultades. O alcalde de...

Boletín informativo ambiental 11/05/18 11.05.2018

Este espazo recolle as novas ambientais da semana máis destacadas en Galiza.

O Cambio Climático, tema principal de Galiciencia 2018 09.05.2018

Hoxe comeza a Galiciencia, a feira de investigación científica que promove o Parque Tecnolóxico de Galiza na Tecnópole de San Cibrao das Viñas. Ata o vindeiro venres, 11 de maio, estudantes de Bacharelato, ESO e Primaria de toda Galiza exporán nesta mostra preto de 80 proxectos científicos, 13 deles destinados a abordar as problemáticas da mudanza climática. Radio Cerna coñece os detalles desta ed...

Dúas décadas tarde, a UE dá un respiro ás abellas 07.05.2018

Houbo que agardar case 25 anos e a recompilar máis de 1.500 estudos para que a Unión Europea decidise prohibir os pesticidas neonicotinoides, aqueles que provocan problemas neurotóxicos nas abellas, favorecendo a súa desaparición. Dezaseis países membros, incluído o Estado español, votaron a favor da súa prohibición o pasado 27 de abril. A resolución foi acollida con alegría polos colectivos ecolo...

Boletín informativo ambiental 04/05/18 04.05.2018

No espazo de hoxe de Radio Cerna damos conta das novas ambientais máis relevantes da última semana acontecidas en Galiza. Non o perdas!

Xeomorfoloxía fluvial e o QuiroRíos no XXVII Curso de formación de Proxecto Ríos 02.05.2018

A formación é funddamental para desenvolver calquera proxecto de voluntariado ambiental. Por iso ADEGA e Proxecto Ríos organizar o XXVII Curso de Formación de voluntariado en ríos o vindeiro sábado 5 de maio na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). A formación que se impartirá tratará sobre xeomorfoloxía fluvial e sobre o proxecto QuiroRíos.

Informe "Al desnudo": A máis envases de plástico, máis rexeites de alimento... 30.04.2018

Amigos da Terra publica un informe no que analiza a problemática ambiental e na saúde do uso de envases de plástico para uso alimentario. Ademais axudan ao consumidor/a a tomar decisións ambientalmente máis xustas á hora de mercar alimentos e alentan ás administracións a tomar medidas. En Galiza tan só se recupera o 11% dos residuos plásticos.

Boletín informativo ambiental 27/04/18 27.04.2018

Escoita Radio CERNA e entérate do que pasa no medio ambiente galego!

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.