Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1697 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Oct 8, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Diego Cidrás:"O conflito social só se pode resolver xuntando ambos bandos" 24.09.2018

O doutorando da Facultade de Xeografía e Historia da USC, Diego Cidrás, conta en Radio Cerna os resultados das primeiras investigacións d súa tese doutoral destinada a procurar mecanismos de resolución da conflitividade social derivada da eucaliptización do país. Segundo Cidrás, no canto de remitir, o debate sobre a eucaliptización do territorio galego estase a avivar cada vez máis, ademais de apa...

Boletín informativo ambiental 21/09/18 21.09.2018

Recollemos en 10 minutos de radio o máis importante acontecido esta semana no medio ambiente galego. Valo perder?

Aproximación á poesía do Prestige desde a ecocrítica 19.09.2018

Así se chama análise que fixo a profesora de filoloxía galega da USC, María Xesús Nogueira Pereira, da poesía inspirada na catástrofe do Prestige e que foi presentada no décimo segundo Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos. A autora do estudo afonda na poesía de diversa índole que acompañou á denuncia social nos primeiros anos do 2000 e que aínda persiste a día de hoxe.

As vellas políticas de auga non serven para enfrontar o Cambio Climático 17.09.2018

O X Congreso Ibérico sobre Planificación e Xestión da Auga, celebrado pasados días en Coímbra (Portugal), no que houbo unha importante presenza galega, repasou os 20 anos de historia da Fundación Nova Cultura da Auga e sinalou os principais retos do presente. Un dos máis urxentes é esquecernos de vellas políticas despilfarradoras da auga e facer outras máis resilientes ao Cambio Climático. Desenvo...

Boletín informativo ambiental 14/09/18 14.09.2018

As novas relativas á ecoloxía e ao medio ambiente galego, aquí, en Radio Cerna! Escóitanos!

Os morcegos forestais e o leirón cinsento, poboacións estables no Parque do Invernadoiro 12.09.2018

ADEGA e Sorex están a facer o seguimento das poboacións de leirón cinsento e de morcegos forestais no Macizo central de Ourense, en concreto no Bidueiral de Montederramo e no PN do Invernadoiro. Son micromamíferos nocturnos, especies bioindicadoras, que dependen dos bosques e da noite. O obxectivo do estudo é avaliar a evolución das súas poboacións que, segundo os primeiros datos, semellan estable...

Folga dos axentes forestais e medioambientais: "A Xunta non está garantindo un servizo público" 10.09.2018

A Asociación de Axentes Forestais e Medioambientais (APRAFOGA) da Xunta de Galiza permanece en folga desde o 1 de agosto, ainda que, por imperativo da Xunta, os servizos mínimos son do 100%. O corpo galego de "policía" ambiental advirte que da calidade do seu traballo depende unha eficaz defensa do medio ambiente galego, algo que non se pode ofrecer nas condicións actuais. Piden a renovación do co...

Boletín informativo ambiental 07/09/2018 07.09.2018

Recuperamos o hábito de repasar a actualidade ambiental galega da semana. Non o perdas!

A Sociedade Galega de Historia Natural cumpre 45 anos 07.09.2018

O presidente da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Serafín González, repasa con Radio Cerna a historia e fitos deste colectivo galego de defensa ambiental con motivo do seu 45 aniversario. Tamén valora a evolución da conciencia ambiental da sociedade galega.

As obras do AVE: 5 anos contaminando o río Támega 07.09.2018

Nos últimos 5 anos, o río Támega, ao seu paso por Laza, sofre continuos episodios de contaminación procedente das obras do tren de alta velocidade. Malia ás denuncias ecoloxistas e ás sancións xa interpostas contra as empresas que constrúen o AVE nada cambiou. O Támega é ademais un espazo natural protexido como ZEC, LIC e Zona de Rede Natura. Á vista da pasividade das administracións, ADEGA-Monter...

A UE eleva o límite de gas radon nas vivendas e amplíase o mapa galego 30.07.2018

Neste ano 2018 entra en vigor a directiva europea que eleva de 200 a 300 bq/m3 o nivel de concentración de gas radon permitido en vivendas. A medida afecta especialmente a Galiza, onde se concentra o 33% das medicións deste tipo de radioactividade. Paralelamente, o laboratorio de radon de Galiza vén de ampliar o mapa galego de gas radon. Sen embargo, malia a albiscarse avances na normativa, os gob...

Boletín informativo ambiental 27/07/18 27.07.2018

Recollemos a información ambiental que nos deixou esta última semana a nosa terra galega e volcámola neste espazo de radio de 10 minutos. Está á túa disposición. Preme e escoita!

Planta de residuos de Toysal: o proxecto que a veciñanza de Teo quere frear 23.07.2018

Ao rexeitamento social contra o vertedoiro de Grixoa e da mina de Touro súmase a negativa veciñal á unha nova instalación de residuos na mesma comarca, no lugar de Casalonga, no concello de Teo. Un proxecto que se presenta como planta de reciclaxe de residuos de orixe animal, puríns e lodos e que os veciños temen que mude nun vertedoiro máis na comarca de Compostela. A plataforma Casalonga Limpa d...

Boletín informativo ambiental 20/07/18 20.07.2018

As últimas novidade no ámbito enerxético ou forestal de Galiza aquí en Radio Cerna! Escóitanos!

Elnosa despídese da Ría de Pontevedra e APDR apela á cautela 18.07.2018

Elnosa, a fábrica electroquímica de Ence, situada no complexo industrial de Lourizán, dentro da ría de Pontevedra, despídese da ría. A dirección da empresa vén de anunciar esta despedida a causa da falta de resposta da D.X. de Costas do Estado á súa solicitude de prórroga de actividade en Lourizán. APDR acolle a nova con cautela e di que, de confirmarse a saída de Elnosa o vindeiro 29 de xullo, se...

A maior catástrofe ambiental do río Barbaña a xuízo 16.07.2018

Hai 9 anos, o río Barbaña, de San Cibrao das Viñas, sufría a súa peor catástrofe ambiental. Un vertido industrial provocaba a morte duns 17.000 peixes e deixaba o río contaminado con metais pesados durante varios anos. Malia que aínda se descoñece a orixe do vertido, o caso está a ser xulgado nos tribunais do penal de Ourense. A fiscallía de medio ambiente pide varios anos de cárcere para tres res...

Boletín informativo ambiental 13/07/18 13.07.2018

O peche de Elnosa, a comisión de investigación do sinistro do Alvia, ou o pronunciamento da Xunta sobre a mina de Touro-O Pino, serán entre outras as novas de actualidade ambiental de Galiza que atoparás neste espazo promovido pola asociación ecoloxista ADEGA.

O último bosque da Ría do Burgo, tamén en risco 11.07.2018

O coñecido como "Bosque Paraíso" de Oleiros está en risco. Unha urbanización promovida por coñecidos empresarios da Coruña ameaza con eliminar gran parte deste espazo natural considerado o último reduto de bosque da ría do Burgo. A Asociación de Veciños Colonia O Paraíso de Oleiros reclama a conservación do bosque e da súa biodiversidar por riba dos intereses especulativos do territorio. Falamos c...

Aprende con ADEGA varias formas de xestionar o lixo no Barbanza 09.07.2018

A asociación ecoloxista ADEGA lanza o seu programa de concienciación sobre residuos sólidos urbanos na comarca do Barbanza "O lixo desde o teu concello". Trátase dunha oferta ampla de actividades ás que se poden sumar entidades, asociacións, centros de ensino e calquera tipo de colectivos desta comarca nas que se aprenderá a reciclar, reducir e reutilizar de forma didáctica e divertida.

Boletín informativo ambiental 06/07/18 06.07.2018

Hoxe coñece con nós a actualidade ambiental galega. Escoita Radio Cerna!

Novas normas para a agricultura ecolóxica na UE 04.07.2018

Os tempos mudan tamén para a Agricultura Ecolóxica e por iso a Unión Europea aproba un novo texto legal para regular este tipo de producións. Co obxectivo de incentivar a agricultura ecolóxica, a protección de medio ambiente, e o benestar animal, promóvense unha serie de medidas que se terán que aplicar a partir de 2021. O CRAEGA fálanos dalgunha destas medidas.

Francisco López (CRAEGA):"A distribución estase volcando coa agricultura ecolóxica" 02.07.2018

Radio Cerna entrevista a Francisco López Valladares no seu primeiro aniversario como presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA). López Valladares analiza a evolución da agricultura ecolóxica en Galiza nos últimos anos, nos que mellorou a distribución do produto, e aumentou en operadores, superficie e facturación. Destaca a evolución do leite ecolóxico, sector ao...

Boletín informativo ambiental 29/06/18 29.06.2018

Convidámoste a repasar con Radio CERNA e ADEGA a atualidade ambiental de Galiza. Escóitanos!

Polo peche definitivo do vertedoiro compostelán da Grixoa 27.06.2018

O vertedoiro e planta de tecnosolos de Grixoa súmase á lista de ameazas ambientais da comarca de Santiago de Compostela que están a provocar un forte rexeitamento social. O que ía ser un plan de recuperación dunha antiga canteira acabou derivando nun vertedoiro de cascallos e residuos de todo tipo que servirían para a elaboración de tecnosolos ou solos artificiais. Sen embargo, os veciños e veciña...

A ILP do bosque galego consegue un respaldo social masivo 25.06.2018

A Iniciativa lexislativa popular promovida por máis de 60 colectivos integrados nas plataformas Cousa de Raíces e Alianza por un medio rural galego vivo consegue o apoio de máis de 42.000 galegas e galegos para ser presentada no Parlamento de Galiza. No presente espazo de Radio Cerna coñecemos a valoración que fan os principais promotores da campaña a favor desta ILP na defensa do bosque galego e...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.