Radio Cerna
Podcast Radio Cerna
Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A futura Cidade do Celta ameaza dous montes veciñais en man común 05.12.2018 10:02
O concello de Mos pretende expropiar parte de dous montes veciñais en ma común para construír enriba de solo rústico de protección forestal a futura Cidade Deportiva do Celta de Vigo e un centro comercial. ADEGA-Vigo e as comunidades de montes afectadas opóñense ao proxecto por consideralo un novo "pelotazo" urbanístico, ademais dos seus potenciais impactos sobre o abastecemento de auga da veciñan...
O inicio do movemento social polo peche das térmicas galegas 03.12.2018 10:03
Varias entidades ecoloxistas galegas xúntanse no movemento "Galiza, por un futuro sen carbón" para demandar que se comece a planificar o peche das centrais térmicas emprazadas en Galiza, de Meirama e As Pontes. Este movemento social insta ás adminsitracións galega e estatal a deseñar canto antes unha folla de ruta cara a descarbonización, ineludible e imprescindible, do país ante o reto do cambio...
Boletín informativo ambiental 30/11/18 30.11.2018 10:00
O futuro enerxético do país centrou a actualidade ambiental galega desta semana. Queres coñecela? Preme e escoita!
A xestión dos Camiños de Santiago, posta en cuestión polo Icomos 28.11.2018 10:00
A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impact...
ILP do Bosque:"Malia a súa derrota no Parlamento, esta Iniciativa foi todo un éxito" 26.11.2018 10:01
Superada a fase da defensa da ILP a prol do bosque autóctono no Parlamento de Galiza, onde foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PsdG, as entidades promotoras da ILP fan balance. Os representantes das diferentes palataformas e entidades que promoveron esta Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do Bosque Galego e contra os incendios forestais valoran o resultado da votación...
Boletín informativo ambiental 23/11/18 23.11.2018 10:02
Descubrimos neste espazo de radio os temas máis relevantes da actualidade ambiental galega: Unha ILP do bosque desbotada polo Parlamento, rebaixas nas faixas de seguridade fronte os lumes, verteduras en ríos e unha nova plataforma ecoloxista..., entre outros acontecementos.
O Parlamento Galego rexeita a ILP do bosque apoiada por 40.000 persoas 21.11.2018 10:04
A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do bosque galego defendou onte no Parlamento de Galiza os contidos desta proposta de Lei. Os votos negativos do PP e a abstención do PsdG tumbaron a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa. Neste espazo recollemos parte das intervencións da presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, representante da Comisión Promotora, e d...
ADEGA: Debe haber unha condena penal polo caos urbanístico de Barreiros 19.11.2018 10:01
Unha vez rematado o xuízo por prevaricación urbanística contra o alcalde de Barreiros e o seu equipo de goberno, as partes implicadas agardan diferentes resultados do fallo. ADEGA presentou as súas expectativas en rolda de prensa. Advirte que, de non haber condena penal neste caso, as consecuencias afectarían negativamente a todo o urbanismo galego e confía en que os tribunais fagan xustiza.
Boletín informativo ambiental 16/11/18 16.11.2018 10:04
Repasa con nós a actualidade ambiental galega! Preme e escoita.
CUAC FM volve ás ondas tras vencer a Xunta nos tribunais 14.11.2018 10:03
Hoxe dedicamos un programa especial aos compañeiros e compañeiras de CUAC FM, a radio comunitaria da Coruña, que veñen de gañar nos tribunais un recurso contra a resolución da Xunta que obrigaba a pechar os micros desta emisora social hai agora un ano. Desde Radio Cerna, espazo que se emite en CUAC FM, queremos sumarnos á celebración desa vitoria que, ao fin e ao cabo, é a vitoria de todas as emis...
Boletín informativo ambiental 09/11/18 09.11.2018 10:00
Coñece a actualidade medioambiental de Galiza en 10 minutos! As novidades da semana nun click!
Unha tiroliña no Canon do Sil ameaza aves protexidas 07.11.2018 10:02
A Sociedade Galega de Ornitoloxía pide ás deputacións provinciais de Lugo e de Ourense que abandonen o proxecto para a colocación dunha tiroliña no espazo natural protexido dos Canóns do Sil. A tiroliña uniría as dúas marxes do río, entre os miradores do Duque e de Matacás, coa pretensión de converter na segunda de maior lonxitude en Europa. De executarse, advirte a SGO, estaríase a crear un impor...
Unión Fenosa: vida e morte da compañía enerxética que algún día foi galega 05.11.2018 10:04
A tese do investigador da USC, Adrián Dios Vicente, analiza a evolución dunha das empresas do sector eléctrico español máis importante: Unión Fenosa. Fai o repaso aos 26 anos de vida da compañía fortemente unida a Galiza nun principio e da que logo se desprendería por completo. As diferentes estratexias de crecemento, de internacionalización e diversificación, a intervención dos bancos e do gobern...
Boletín informativo ambiental 26/10/18 26.10.2018 10:01
Coñece a actualidade máis destacada sobre o ecoloxismo e o medio ambiente galego. Repasamos as novidades da semana.
Estudantado compostelán deseña trampas OSV para velutinas 24.10.2018 10:01
Catro alumnos do Instituto Politécnico de Santiago de Compostela idean unha trampa para velutinas elaborada con impresora 3D que consegue atrapar só esta especie foránea, deixando libres os demais insectos. Trátase dunha trampa selectiva denominada Open Source Velutina (OSV), de código aberto, que se pode construír desde a casa e cuxo deseño se pode descargar desde a web http://malditohimenoptero....
Trampeo masivo e retirada de niños da avespa velutina, funcionan? 22.10.2018 9:59
Estudosos da avespa velutina advirten que algunhas das estratexias que se están a levar a cabo para frear a expansión da avespa velutina non teñen probada a súa eficacia e que poderían ter efectos secundarios prexudiciais para o medio ambiente. Radio Cerna pregunta a algúns destes expertos sobre a eficacia do trampeo masivo e da retirada dos niños da especie.
Boletín informativo ambiental 19/10/18 19.10.2018 9:59
Repasamos a actualidade ambiental galega en 10 minutos! Non o perdas!
ADEGA celebra a VII Limpeza simultánea dos areais galegos 17.10.2018 10:02
O vindeiro venres e sábado, 19 e 20 de outubro, terá lugar en Galiza a VII Limpeza simultánea das praias galegas, organizada por ADEGA. O voluntariado ambiental sairá de novo ao litoral galego para recoller residuos que están a facer un grave dano á nosa fauna mariña e á contorna ambiental, pero que tamén acabamos inxerindo as persoas a través da cadea alimentaria. Itziar Díaz, educadora ambiental...
ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian a Patrimonio da Xunta por posible prevaricación 15.10.2018 10:03
Ambas entidades entenden que existen suficientes indicios de delito penal para que a Fiscalía denuncie a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta nos xulgados. Presentaron ante o Ministerio Fiscal varias denuncias que poñen en cuestión a actuación do funcionariado público deste departamento e destacan o caso de destrución do Castro de Trinidade-Flores de Mondoñedo. Neste espazo recóllese pa...
NON ao novo Plan Forestal (e forestalista) de Galiza 08.10.2018 10:00
Máis de 70 entidades, colectivos e organizacións de carácter ecoloxista, sindical, sectorial, empresarial, etc., piden a anulación da primeira revisión do Plan Forestal de Galiza de 1992, pola forma e polos contidos. Por falta de consenso social, de rigor e de datos actualizados sobre a superficie forestal galega; pero sobre todo polos contidos, que segundo estas entidades, están feitos á medida d...
Boletín informativo ambiental 05/10/18 05.10.2018 10:00
Neste espazo de radio coñecerás as novidades ambientais máis destacadas dos últimos días en Galiza.
Bosques con Vida: rexeneración ambiental dos montes de Rebordelo 03.10.2018 10:01
ADEGA e a Comunidade Veciñal de Montes en Man Común de Rebordelo (Cerdedo-Cotobade) encetan esta fin de semana o proxecto de rexeneración ambiental "Bosques con Vida". O seu obxectivo é recuperar a área natural afectada polos lumes forestais do pasado ano coa axuda de voluntariado. Entre as actividades, proponse a plantación de especies autóctonas, a recuperación de charcas de valor ecolóxico e ro...
Agrocompostaxe: vantaxes para o sector agrícola e para os municipios 01.10.2018 10:02
As vantaxes da compostaxe xa están a ser recoñecidas polos municipios galegos e, algúns, como o de Allariz xa se está a interesar por novas vías de aplicación da compostaxe no rural: a agrocompostaxe. A pasada semana Allariz acolleu unha charla de Eduardo Cordero, impulsor dun proxecto de agrocompostaxe na localidade euskera de Larrabetzu. Hoxe fala para Radio Cerna.
Boletín informativo ambiental 28/09/18 28.09.2018 10:00
Repasamos a actualidade do ecoloxismo e o medio ambiente de Galiza. Atrévete a coñecela!
Os ríos galegos serán limpados a un tempo este domingo 26.09.2018 10:00
A XI Limpeza Simultánea dos ríos galegos convida ao voluntariado ambiental galego a acudir o vindeiro domingo ás marxes ribeirás para limpalas de lixo ou refugallos. A finalidade desta actividade, enmarcada no programa de voluntariado de Proxecto Ríos, é concienciar a poboación para manter limpos de residuos os nosos ríos, polo ben do medio natural e tamén polo noso propio ben.
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.