Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Boletín informativo ambiental 18/01/19 18.01.2019

O peche da térmica de Meirama encabeza a serie de novidades que esta semana nos deixou no eido ambiental e ecoloxista. Convidámoste a coñecelas todas!

O vexetal na arquitectura: materiais, usos e aplicacións 16.01.2019

O vexetal, as plantas, sempre estiveron presentes na Arquitectura e cada vez entra máis nas tendencias actuais. Varios arquitectos e arquitectas escribiron a obra "Arquitectura Vegetal" para rachar coa idea de que os elementos naturais e o deseño arquitectónico van por diferentes camiños. María Antonia Fernández Nieto, profesora de proxectos arquitectónicos na Universidade Francisco de Vitoria de...

O Plan Revitaliza a exame: tres anos compostando o lixo de Pontevedra 14.01.2019

O Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra cumpre 3 anos desde que se puxo en marcha coa finalidade de tratar adecuadamente o lixo orgánico da provincia e cumprir as esixencias da UE en materia de residuos. Por outra banda, preséntase como alternativa ao modelo Sogama, no que se prioriza a incineración e o vertedoiro. Tras este trienio a Deputación pontevedresa fai avaliación de resultados e an...

Boletín informativo ambiental 11/01/19 11.01.2019

Coñece a actualidade ambiental galega da última semana, aquí en Radio Cerna!

Fomentan o emprego verde nas Reservas da Biosfera 09.01.2019

A consultora Sinerxia desenvolve o proxecto Ecobios de Emprego verde que intenta fomentar postos de traballo respectuosos co medio natural en 3 Reservas da Biosferas, 2 delas galegas: As Mariñas Coruñesas-Terras do Mandeo (Galiza); Eo-Oscos-Burón (Galiza-Asturias) e Monfragüe (Estremadura). O proxecto desenvolverase a través do programa Emprega Verde da Fundación Biodiversidade. Ecobios dirixirá a...

Piden á UE que retome o caso do encoro do Umia 07.01.2019

A plataforma antiencoro do río Umia volve a reclamar o derrubo do encoro da Baxe para eliminar o risco ambiental e para a saúde das persoas que xera a toxicidade das augas encoradas. Desde 2006, a cianobacteria microcystis reaparece regularmente no encoro da Baxe de Caldas de Reis sen que ata o momento se teña atopado outra solución para eliminala. Desde a plataforma reclámase á Comisión de petici...

Boletín informativo ambiental 04/01/19 04.01.2019

Escoita o primeiro boletín informativo ambiental de Radio Cerna do ano 2019. Repasamos a actualidade ambiental da última semana, aquí, en Galiza.

O medio ambiente galego en 2018 (II Parte) 02.01.2019

Hoxe abordamos a segunda parte do repaso aos contidos ambientais recollidos en Cerna durante 2018, relativas ao cambio climático, auga, biodiversidade ou especies invasoras. Preme e escoita...

O medio ambiente galego en 2018 (I parte) 31.12.2018

No derradeiro día de 2018, Radio Cerna fai repaso dos acontecementos máis relevantes do medio ambiente e da ecoloxía de Galiza que tiveron lugar durante este último ano e que foron tratados neste espazo de radio. Escoita a primeira parte do noso balanzo do ano 2018!

Boletín informativo ambiental 28/12/18 28.12.2018

Facemos o último repaso semanal da actualidade ambiental deste ano 2018, aquí en Radio Cerna. Coñece como despide o ano o medio ambiente galego.

O reto do carballo galego fronte ao Cambio Climático 26.12.2018

O cambio climático xa está a afectar ás nosas árbores. Estudos da USC están a valorar cales poden ser os seus efectos sobre o carballo común galego e o rebolo ou cerquiño, máis propio da provincia de Ourense e do Baixo Miño, a través da dendrocronoloxía. O profesor de botánica e experto na evolución das especies forestais ante os cambios do clima, Ignacio García, diranos se o carballo galego resis...

Boletín informativo ambiental 21/12/18 21.12.2018

Este espazo ofréceche a información ambiental galega máis actual. Vala perder? Preme e escoita....

A custodia do Sobreiral do Arnego en 2018 19.12.2018

ADEGA realizou, co apoio da Fundación Biodiversidade, máis de 15 actividades de custodia do Sobreiral do Arnego durante 2018, que se dividiron en actividades de divulgación e de intervención: bioblitz de flora e fauna, construción de refuxios, plantación de sobreiras, eliminación de especies exóticas invasoras, etc. O Sobreiral do Arnego é un espazo de Rede Natura conformado por parcelas de partic...

Un plan de control das especies exóticas invasoras en ríos 17.12.2018

Cada vez máis especies exóticas invasoras aparecen nos nosos ríos prexudicando a biodiversidade propia e creando, mesmo, problemas de saúde pública. O proxecto europeo Life-Invasaqua promovido por entidades, colectivos, institucións e centros de investigación de toda a Península, elaborará un plan contra as especies exóticas de augas continentais. A Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con da Un...

GEAS cumpre 15 anos educando sobre a fauna salvaxe 12.12.2018

O Grupo de Estudo dos Animais Salvaxes xurdía hai 15 anos en Santiago de Compostela para estudar, divulgar e concienciar sobre a fauna salvaxe. A piques de rematar este ano 2018, facemos un repaso á súa traxectoria co seu presidente, o biólogo e especialista en fauna salvaxe, Xosé Pardavila. GEAS está especializado no seguimento de mamíferos carnívoros e tamén realiza un inventario de animais mort...

A biodiversidade nas carballeiras duplica á dos eucaliptais 10.12.2018

Un novo estudo elaborado por profesores da USC e de ensino secundario vén a confirmar a idea de que existe máis diversidade de plantas e animais nos bosques caducifolios que nas plantacións de eucalipto. A recente investigación comparou a diversidade e abundancia de especies en catro plantacións de eucalipto fronte a catro carballeiras da provincia de Pontevedra. Os resultados conclúen que existe...

A futura Cidade do Celta ameaza dous montes veciñais en man común 05.12.2018

O concello de Mos pretende expropiar parte de dous montes veciñais en ma común para construír enriba de solo rústico de protección forestal a futura Cidade Deportiva do Celta de Vigo e un centro comercial. ADEGA-Vigo e as comunidades de montes afectadas opóñense ao proxecto por consideralo un novo "pelotazo" urbanístico, ademais dos seus potenciais impactos sobre o abastecemento de auga da veciñan...

O inicio do movemento social polo peche das térmicas galegas 03.12.2018

Varias entidades ecoloxistas galegas xúntanse no movemento "Galiza, por un futuro sen carbón" para demandar que se comece a planificar o peche das centrais térmicas emprazadas en Galiza, de Meirama e As Pontes. Este movemento social insta ás adminsitracións galega e estatal a deseñar canto antes unha folla de ruta cara a descarbonización, ineludible e imprescindible, do país ante o reto do cambio...

Boletín informativo ambiental 30/11/18 30.11.2018

O futuro enerxético do país centrou a actualidade ambiental galega desta semana. Queres coñecela? Preme e escoita!

A xestión dos Camiños de Santiago, posta en cuestión polo Icomos 28.11.2018

A dous anos do Ano Xacobeo e no ano europeo do Patrimonio Cultural, a xestión dos Camiños de Santiago por parte da Xunta de Galiza e do Estado está a ser posta en cuestión por varios colectivos e, mesmo, polo Icomos, un organismo encargado de velar polo cumprimento dos criterios polos que a Unesco declara Bens Patrimonio da Humanidade. A delegación española do Icomos critica en particular o impact...

ILP do Bosque:"Malia a súa derrota no Parlamento, esta Iniciativa foi todo un éxito" 26.11.2018

Superada a fase da defensa da ILP a prol do bosque autóctono no Parlamento de Galiza, onde foi rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PsdG, as entidades promotoras da ILP fan balance. Os representantes das diferentes palataformas e entidades que promoveron esta Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do Bosque Galego e contra os incendios forestais valoran o resultado da votación...

Boletín informativo ambiental 23/11/18 23.11.2018

Descubrimos neste espazo de radio os temas máis relevantes da actualidade ambiental galega: Unha ILP do bosque desbotada polo Parlamento, rebaixas nas faixas de seguridade fronte os lumes, verteduras en ríos e unha nova plataforma ecoloxista..., entre outros acontecementos.

O Parlamento Galego rexeita a ILP do bosque apoiada por 40.000 persoas 21.11.2018

A Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para a defensa do bosque galego defendou onte no Parlamento de Galiza os contidos desta proposta de Lei. Os votos negativos do PP e a abstención do PsdG tumbaron a toma en consideración da Iniciativa Lexislativa. Neste espazo recollemos parte das intervencións da presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez, representante da Comisión Promotora, e d...

ADEGA: Debe haber unha condena penal polo caos urbanístico de Barreiros 19.11.2018

Unha vez rematado o xuízo por prevaricación urbanística contra o alcalde de Barreiros e o seu equipo de goberno, as partes implicadas agardan diferentes resultados do fallo. ADEGA presentou as súas expectativas en rolda de prensa. Advirte que, de non haber condena penal neste caso, as consecuencias afectarían negativamente a todo o urbanismo galego e confía en que os tribunais fagan xustiza.

Boletín informativo ambiental 16/11/18 16.11.2018

Repasa con nós a actualidade ambiental galega! Preme e escoita.

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.