Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

Science GL ↓ 1688 episodes

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país. O espazo dura uns 10 minutos e actualízase todos os días de luns a venres.

Author

Radio Cerna

Category

Science

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

Xoán R. Doldán: O petróleo é a causa fundamental da actual crise da Humanidade 04.04.2018

O 85% da enerxía que consumo o conxunto da Humanidade procede de fontes fósiles, especialmente do petróleo. Pero xa sobardamos o teito de extracción do petróleo, o cénit do gas natural está próximo e o carbón haberá que desbotalo para enfrontarnos á mudanza climática. Estamos en crise, segundo o profesor de Economía Aplicada da USC e exdirector do INeGA, Xoán R. Doldán, e o futuro pasa pola transi...

Ramón Varela: A central térmica das Pontes emite a metade do CO2 de Galiza 02.04.2018

Galiza é unha potencia enerxética, sen embargo a maior produción eléctrica galega procede dunha das industrias menos eficientes e máis contaminantes de Europa: a central térmica das Pontes. O experto en contaminación atmosférica e expresidente de ADEGA, Ramón Varela Díaz, participou nas xornadas sobre Enerxía e Clima da Deputación de Lugo, onde deu conta da importante contribución da industria gal...

Impactos do Cambio Climático nos ecosistemas galegos 02.04.2018

O experto do panel científico galego sobre Cambio Climático, Pablo Ramil Rego, participou nas Xornadas de Enerxía e Clima organizadas pola Deputación de Lugo, coa colaboración de ADEGA, para explicar os impactos e as previsións da mudanza climática en Galiza, onde xa se teñen constatado ata 12 tipos de afeccións: na temperatura, nas precipitacións, nos ecosistemas e nalgunhas especies de flora e f...

Boletín informativo ambiental 23/03/2018 23.03.2018

No seguinte espazo escoitarás as novidades ambientais en Galiza desta semana do Bosque.

AGA: Formación apícola para os novos tempos 19.03.2018

A Asociación Galega de Apicultura (AGA) fai unha ampla proposta formativa para esta Primavera. Ademais dos cursos básicos e especializados, inaugura un novo proxecto: a Escola Galega de Apicultura, situada en Allariz. A través desta Escola, os abelleiros/as impartirán contidos relacionados coa nova apicultura e adaptados aos cambios que está a sufrir este arte por mor do Cambio Climático.

Boletín informativo ambiental 16/03/2018 16.03.2018

Repasa con Radio Cerna as novas ambientais máis relevantes de Galiza no eido ambiental.

Emilio Fernández: O cambio climático, o maior reto que temos por diante... 14.03.2018

O catedrático en Ecoloxía pola Universidade de Vigo, Emilio Fernández Suárez, acudiu ao convide da Oficina de Medio Ambiente da Universidade coruñesa para explicar en palabras sinxelas que é e que consecuencias ten o Cambio Climático para a nosa sociedade e ambiente. Cunha linguaxe amena, Fernández expuxo a súa visión da problemática mundial e sentenciou que, sen un cambio de sistema socioeconómic...

María Castelo: O Ecofeminismo tamén importa na Galiza 12.03.2018

A pasada semana as mulleres, e tamén moitos homes, fixemos historia. Por fin o mundo alzou a voz a prol da igualdade entre as mulleres e os homes, e neste reclamo se ven representadas todas as formas de feminismo, tamén o Ecofeminismo. Hoxe coñecemos en que consiste este movemento e como se está a implementar en Galiza.

As Neves, 5 meses despois da catástrofe 07.03.2018

O concello de As Neves foi un dos concellos galegos máis afectados pola vaga de lumes do pasado mes de outubro. O 90% do seu territorio pereceu baixo as chamas. Cinco meses despois da catástrofe, falamos co seu alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, para saber como este municipio dunhas 4.000 persoas está a renacer.

Os garranos galaico-portugueses: xenética e arte rupestre 05.03.2018

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM) dá conta dun descubrimento que muda o paradigma sobre a arte rupestre en Gailza e Norte de Portugal. Os lumes deixaron á vista a Laxe da Coutada, un petróglifo do concello das Neves no que o protagonista indiscutible é o cabalo, no canto do cervo. Este novo achado refrenda a idea de que os equinos son a figura máis gravada nos petróglifos do sur da provincia d...

Boletín informativo ambiental 02/03/18 02.03.2018

Radio Cerna repasa a actualidade ambiental da última semana. Queres saber cales foron as novas máis sobresaíntes?

Informe de Proxecto Ríos 2017: A calidade dos ríos galegos diminúe lixeiramente 26.02.2018

O programa de voluntariado en ríos de ADEGA, Proxecto Ríos, vén de publicar os datos das inspección de 158 treitos de río inspeccionados en Galiza durante o ano 2017. O documento conclúe que, en xeral, a calidade dos ríos inspeccionados sufriu unha lixeira baixa con respecto a anos anteriores. Porén, o dato máis relevante é o que retrata o estado do bosque de ribeira, en mal estado na metade dos c...

Boletín informativo ambiental 23/02/18 23.02.2018

Queres coñecer as novas máis destacadas da acutalidade ambiental? Escoita o boletín informativo de Radio Cerna!

Uns 30 anos perdidos na xestión sostible do monte galego 21.02.2018

Ramón Varela Díaz, expresidente de ADEGA e promotor da primeira ILP forestal en Galiza, participou en Lugo na presentación da nova Iniciativa Lexislativa popular na defensa do Bosque galego, promovida por Cousa de Raíces e pola Alianza Rural Galega. Varela fai un repaso ás últimas 3 décadas da política forestal galega, desde que a primeira ILP forestal foi rexeitada polo Parlamento galego (1989)....

Osíxenos e Dioxinas de 2017 arredor da xestión forestal de Galiza 19.02.2018

ADEGA vén de entregar os premios Osíxeno e Dioxina de 2017 para destacar as mellores e peores actuacións ambientais do pasado ano. Coñecemos aos colectivos e persoas premiadas nas diferentes categorías destes galardóns. A xestión forestal de Galiza é a temática sobre a que xiran a maior parte dos premios.

Boletín informativo ambiental 16/02/18 16.02.2018

Repasa con Radio Cerna a actualidade ambiental de Galiza. Ponte ao día en tan só 10 minutos!

MEL: A Limia xa non soporta máis xurros de Coren 14.02.2018

O Movemento Ecoloxista da Limia (MEL) advirte que esta comarca xa non dá soportado máis cantidade de puríns ou xurros procedentes das máis de 350 granxas que a industria de Coren. Alertan da contaminación de acuíferos, fontes e terras de cultivo por nitratos, alén da contaminación por amoníaco que xeran estes residuos. O colectivo esíxelle á Administración e a Coren que dunha vez por todas tomen m...

O lobo tiroteado na Serra do Cando alza as críticas contra a caza furtiva 12.02.2018

ASCEL, ADEGA e GEAS piden á Xunta que sexa máis dura coa caza furtiva de lobo ibérico. Un novo lobo apareceu tiroteado hai poucos días na Serra do Cando, nun espazo natural protexido como Rede Natura. Denuncian os ecoloxistas que non se trata dun caso illado nesta Serra, onde xa houbo anteriores episodios de persecución e ataque aos lobos.

A morte inducida da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo 07.02.2018

O tren é unha materia pendente na vertebración territorial de Galiza. As vellas liñas desaparecen ou déixanse esmorecer, como no caso da liña de ferrocarril Ferrol-Ribadeo. O traxecto do tren que transcorre pola cornixa cantábrica, no que se acumularon unhas 900 incidencias só no último ano. A plataforma na defensa desta liña Ferrol-Ribadeo leva anos demandando á administración pública e aos respo...

Nace o primeiro Observatorio de Ríos de Galiza 05.02.2018

Os ríos galegos serán analizados e observados a partir deste ano por un novo órgano consultivo, o Observatorio Galego dos Ríos. Un ente impulsado pola Xunta de Galiza para recoller información, analizala e poder asesorar aos órganos executivos sobre as ameazas, os impactos, ou o estado de conservación de todos os ecosistemas fluviais do noso territorio. A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana...

Boletín informativo ambiental 02/02/18 02.02.2018

Preme para escoita a actualidade ambiental galega, en Radio CERNA, o programa de radio de medio ambiente e ecoloxía que che ofrece a asociación ecoloxista ADEGA.

Estado de conservación dos humidais galegos 31.01.2018

O vindeiro venres é o Día Mundial dos Humidais e durante esa xornada e a fin de semana organizaranse varias charlas e xornadas arredor desta temática por todo o país. A que organizan o CEIDA, a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e o Concello de Sada o vindeiro sábado tratará de analizar, entre outros temas, o estado de conservación dos humidais galegos. Falamos con Pablo Ramil, secretario d...

Que achegan os pequenos ríos ás rías galegas? 29.01.2018

O investigador Miguel Anxo Álvarez da Universidade de Vigo quixo dar resposta a esta pregunta a través da súa tese. Para iso estudou as achegas de orixe natural e antropoxénicas de 9 ríos a 6 das nosas rías galegas. Se queres coñecer os resultados, escoita este espazo.

Boletín informativo ambiental 26/01/18 26.01.2018

Se queres coñecer a actualidade ambiental de Galiza este é o teu espazo. Escoita Radio Cerna!

A ILP polo Bosque Autóctono chega a Lugo 24.01.2018

A Iniciativa Lexislativa Popular na Defensa do Bosque Autóctono e contra os incendios forestais foi presentada onte en Lugo polas súas entidades promotoras: Cousa de Raíces e a Alianza por un rural galego vivo, entre as que suman máis de 60 colectivos de todo o país. Entre as propostas normativas desta ILP figuran a posta en valor do bosque galego, a moratoria ao eucalipto, a loita contra os incen...

Listen to the Podcast Radio Cerna podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.