Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O BNG PON CONDICIONS PARA APOIAR OS ORZAMENTOS DE VILAGARCIA PARA 2017 24.11.2016 5:05
O BNG de Vilagarcía apoiará o proxecto de orzamentos elaborado polo executivo municipal para 2017 sempre e cando se destinen partidas para potenciar os sectores productivos do municipio como é o monte. Neste sentido propoñen pola limpeza dos montes, a eliminación de verquidos incontrolados, reforestación, e contratación de personal. Ademáis, os nacionalistas tamén consideran indispensable que se i...
A " FESTIVALA" CHEGA ESTE SABADO A VILAGARCIA 23.11.2016 3:51
A I Festivala “Mulleres creando” chega este sábado 26 de novembro a Vilagarcía para visibilizar o papel da muller como creadora en diferentes eidos e loitar contra as violencias machistas. Unha iniciativa organizada polo colectivo O Soño de Lilith que comezará partir das 12:00 horas e prolongarase ata a madrugada. Multitude de propostas culturais daranse cita no recinto feiral de Fexdega, ademáis...
REY CENSURA A UTILIZACION POLITICA DA CAUSA CONTRA EL POR MALVERSACION 22.11.2016 3:08
O alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, valora como “pequena victoria” o auto dictado pola Audiencia Provincial de Pontevedra que declara a nulidade da resolución de apertura de xuizo oral contra el dictado pola xuiza de Caldas. Ainda que a Audiencia emplaza ao xulgado a dictar una nueva resolución, para el é un novo paso que gaña nun proceso orixinado no ano 2010, tras pagar con cargo ao Concello u...
18 FIRMAS DE CAMBADOS PARTICIPARAN NO DESFILE DE OUTONO DE ZONA CENTRO 22.11.2016 2:39
Os comerciantes de Cambados teñen xa preparado o Desfile de Outono deste ano. Será o vindeiro domingo día 27 no Salón Peña ás 18 horas. 50 modelos amaters desfilarán para amosar as coleccións de 18 firmas asociadas a Zona Centro en moda, lencería, calzado, roupa deportiva, peluquería e complementos florais. Así o explicaban esta mañá Marina Lorenzo de Atmosfera Sport, Olaya Nieto de Abiti Moda, Hu...
A SMARTPEME ASESORA AOS PEQUENOS EMPRESARIOS DE VILAGARCIA SOBRE O USO DAS TIC 22.11.2016 3:13
A Rede SmartPeme que promove a Deputación para asesorar aos pequenos e medianos empresarios sobre a aplicación das novas tecnoloxías (Tic) nos seus negocios chega a Vilagarcía. As instalacións de Fexdega acolle este martes as actividades desta iniciativa, que foi presentada pola presidenta Carmela Silva, acompañada do alcalde Alberto Varela. A presidenta provincial destacaba os motivos de que Vila...
25 CONCELLOS SÚMANSE ESTE ANO AO PROXECTO PROVINCIAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO 21.11.2016 2:06
25 concellos da provincia súmanse este ano ao proxecto Mulleres en Acción Violencia Zero contra a violencia machista, que empezará o 24 de novembro en Vigo e o 25 en Pontevedra. A iniciativa presentouse esta mañá nun acto coa presencia da Presidenta Provincial, Carmela Silva, que destacaba a importancia de que as administracións locais traballen xuntas para erradicar esta lacra social que este ano...
PONSE EN MARCHA A MESA LOCAL MANCOMUNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO 21.11.2016 3:41
O CIM da Mancomunidade de O Salnés pon en marcha a “I Mesa Local contra a violencia de xénero”, que se presentou está mañá no salón de plenos de Cambados. O obxectivo de este organismo, que se reunirá dúas veces ao año, é aunar esforzos para unha mellor coordinación do servizo que se presta nos concellos de Cambados, Meis e Ribadumia. A Mesa Local está integrada por representantes de todas as admi...
O NADAL VAI CHEGANDO A CAMBADOS 18.11.2016 1:34
Cambados prepara xa a programación de Nadal, na que repetirá un ano máis o parque de atraccións infantil do Salón Peña. Estará instalado os días 23, 24, 30 e 31 de diciembre, con entrada de balde, para que os máis pequenos poidan disfrutar tanto de obradoiros e talleres de animación como xogar nas colchonetas inchables ou toro mecánico. Ademáis, o Concello tamén ten xa pensado o alumeado festivo,...
SERVIZO DE ASESORIA XURIDICA PARA OS ASOCIADOS DE CAMBADOS ZONA CENTRO 18.11.2016 6:19
O colectivo de comerciantes de Cambados contará a partir de hoxe cun servizo de asesoría xurídica tanto para os seus negocios como para o seu ámbito familiar. Será a través dun Convenio co Despacho de Avogados Miguelez e Asociados, que foi asinado esta mañá no salón de plenos do Concello entre o presidente de Zona Centro, Juan Rey, e os representantes do gabinete xurídico. A primeira consulta será...
O ENTORNO DE O TERRON MELLORA A IMAXE CARA O TURISMO 18.11.2016 1:55
O entorno de O Terrón luce unha mellorada imaxe tralas obras realizadas nesta importante zona turística do municipio. Concretamente, as actuacións consistiron na instalación de fibra óptica para reforzar a rede wifi, a recuperación do Paseo Marítimo e as obras de mantemento e acondicionamento do acceso ás praias. Todo elo cunha inversión duns 120.000 euros, entre aportacións municipais, da Deputac...
REMATAN AS OBRAS DE CONSOLIDACION DO EDIFICIO DA PRAZA DO CASTRO EN VILAGARCIA 17.11.2016 2:55
As obras de consolidación e estabilización do edificio en ruínas da Praza do Castro de Vilagarcía quedarán rematadas nun par de días, tras máis de dous anos de situación bloqueada. O Concello decidiu acometer directamente as obras ante as constantes desobediencias das órdes municipais por parte da empresa propietaria do inmueble, Técnicas del Vidrio Transformado SL. Os traballos realizáronse en ba...
JOSE RAMON ABAL PROPON UNHA COMISION ORGANIZADORA DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 16.11.2016 3:46
Cambados creará unha comisión organizadora que leve adiante o programa da Cidade Europea do Viño 2017 para que este nomeamento teña maior alcance nacional e internacional. Alomenos esa é a intención do Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, que esta mañá anunciou que levará a proposta ao pleno deste mes, o xoves 24 de novembro, para que poida empezar a traballar canto antes. Será un órgano co...
O BNG INICIA UNHA CAMPAÑA EN DEMANDA DA TRANSFERENCIA DA AP-9 A XUNTA 15.11.2016 2:56
O BNG quere que se acaben as peaxes abusivas da AP-9 e que a autoestrada sexa tranferida á Xunta, tal como aprobou o Parlamento galego por unanimidade de todos os grupos políticos. A formación nacionalista inicia unha campaña de concienciación social na que se prevé explicacións directas á cidadanía a través do reparto de folletos, a colocación de pancartas reivindicativas e a presentación de moci...
CONFIRMAN A DATA DOS RESTOS ARQUEOLOXICOS DOS BEBES DA LANZADA 14.11.2016 1:50
Os restos arqueolóxicos dos dous bebés atopados no xacemento de A Lanzada datan dos séculos I e II dC. Así o confirman os resultados dos estudos técnicos que esta mañá ofreceu a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Sen embargo, hai dúbidas sobre a datacion dos restos de Cornelia, o primeiro esqueleto aparecido nesta fase das excavacións que realizan os arqueólogos da institución provincial. Se...
AVANZA O PLAN DE ACCESOS AS PRAIAS EN VILANOVA 11.11.2016 2:42
En Vilanova avanzan as obras de mellora dos accesos as praias, dentro do Plan promovido pola Secretaría de Turismo da Xunta. Así o explicaba esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán, que tamén criticou os retrasos que está sufrindo a reapertura do vial que une Baión co acceso ao Hospital do Salnés, pechado o tráfico dende finais de outubro a consecuencia da caída dunha rocha de grandes dimensións. Facía...
DENUNCIAN A SITUACION LABORAL DA EMPRESA FERRO NOGAREDA DE VILANOVA 11.11.2016 2:45
Conflicto laboral na empresa de transporte Jesús Adolfo Ferro Nogareda, con sede en As Sinas, en Vilanova. O sindicato CIG denuncia a situación que sufren os 10 traballadores desta empresa, dous deles despedidos recentemente, adicada á distribución de mercadoría de firmas como Larsa, Clesa ou Cefrico. Segundo a central, o conflicto comezou hai un ano, a raiz da elección do delegado sindical: o emp...
CAMBADOS COMEZA AS II XORNADAS DE EMPRENDEMENTO 10.11.2016 3:26
Cambados convértese hoxe e mañá no lugar de encontro de emprendedores que queren facer despegar o seu negocio. Son as II Xornadas que o Concello de Cambados organiza para fomentar o emprendemento no municipio e desta volta celebránse en dous espazos diferentes: en Exposalnés e no centro de desenvolvemento local do polígono de Sete Pías. As actividades comezaron esta mañá coa presentación da Rede S...
MARCOS GUISASOLA NEGA AS AFIRMACIONS DO CONCELLO SOBRE OS SEGUROS 10.11.2016 3:11
O Concelleiro do PP de Sanxenxo, Marcos Guisasola, desminte ao Concello sobre a súa vinculación cos seguros contradados pola administración municipal e a súa relación coa empresa pública Nauta Sanxenxo. Sí admite, sen embargo, a posible duplicidade de pólizas durante o seu período como Concelleiro de Economía e Facenda con Catalina González, pero nega a súa culpa e atribúe a responsabilidade ao fu...
CARMELA SILVA PREOCUPADA POLO TRIUNFO DE DONALD TRUMP 09.11.2016 1:45
A elección de Donal Trump como novo presidente dos EEUU provocou esta mañá a reacción da Presidenta da Deputación. Carmela Silva, amosouse moi preocupada pero tamén fai un chamamento á reflexión entre as forzas de esquerda. As súas declaracións recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O ORGULLO DE CAMBADOS COMO CIDADE EUROPEA DO VIÑO 07.11.2016 5:36
Ledicia en Cambados tras conseguir que a vila do Albariño sexa a Cidade Europea do Viño 2017. O xurado de Recevín foi unánime ao decantarse pola candidatura cambadesa, que deixou atrás as súas tres grandes competidoras: Vilafranca do Penedés, Aranda de Duero e A Palma do Condado. Segundo as explicacións da corporación municipal, foron as presentacións do proxecto e, sobre todo, o vídeo elaborado p...
MELLORAS EN PORTAS AO ABEIRO DE AXUDAS DE VICEPRESIDENCIA DA XUNTA 07.11.2016 3:00
O vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, estivo esta mañá en Portas para supervisar ás actuacións realizadas no concello ao abeiro das subvencións da Vicepresidencia. Cun importe dun 80.000 euros, realizáronse, entre outras obras, melloras de saneamento en Briallos e Romai e o arranxo da Casa de Cultura Domingo Fontán e do muro do campo de futbol. Así nolo explicaban en AROUSA PONTEV...
UN MILLON DE VISITAS NO PRIMEIRO ANO DO FACEBOOK DO CDL 04.11.2016 1:51
O Concello de Vilanova reforzará o Centro de Desenvolvemento Local, ubicado no Pazo de Vista Real, aumentando o seu funcionamento cara a creación de emprego. Deste xeito, a partir do vindeiro ano os servizos municipais de emprego trasladaranse para Vista Real co fin de conseguir centralizar esta área no Centro de Desenvolvemento Local. Unha iniciativa na que están a ser peza fundamental as redes s...
QUINTANA DESTACA A CONSERVEIRA CERMAR POLO SEU POSICIONAMENTO INTERNACIONAL 04.11.2016 2:06
A conserveira Cermar, ubicada no Polígono Sete Pías de Cambados, recibiu esta mañá a visita da Conselleira do Mar en funcións, Rosa Quintana, que alabou o traballo realizado pola firma cambadesa para conseguir un posicionamento no mercado internacional. Na súa visita, a conselleira estivo acompañada polo propietario da firma, Constante Otero, que se amosou satisfeito polo traballo conseguido dende...
O PP RECLAMA A DEPUTACION AS OBRAS DO ANTERIOR GOBERNO PROVINCIAL 04.11.2016 1:59
O Partido Popular provincial reclama á Presidenta da Deputación que retome as obras no Salnés que deixou en marcha o anterior goberno de Rafael Louzán e que agora están paralizadas. A prevista rotonda de acceso ao Hospital do Salnés en Rubiáns, a estrada de Baión, a cuberta da piscina municipal de Cambados, a avda Luis Rocafort en Sanxenxo ou as beirarrúas de Ribadumia son os proxectos demandados...
CAMBADOS ABRIRA UN COWORKING NO VIVEIRO DE EMPRESAS O 15 DE NOVEMBRO 04.11.2016 11:37
O Concello de Cambados quere fomentar o emprendemento no municipio e para elo, porá en marcha a segunda edición das Xornadas de Emprendemento co fin de asesorar a todos aqueles que teñan en mente crear un negocio. As II Xornadas celebraranse os vindeiros días 10 e 11 de novembro, en Exposalnés e no centro de desenvolvemento local do polígono de Sete Pías. As actividades comezarán coa presentación...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.