Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

COMEZA A CONSTRUCCION DOS PANTALANS DE TERCEIRA LISTA DE O XUFRE 23.12.2016

A reordenación do peirao de O Xufre, na Illa de Arousa, coa creación dos pantaláns de terceira lista, estará finalizada para o mes de xuño. Así o estima o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, que esta mañá trasladouse á Illa para asinar o contrato dos traballos coa empresa adxudicataria, Astilleros Amilibia. A inversión total é de máis de 700.000 euros e as obras de construción poderá...

A SITUACION DE EPTISA DEIXA NO AIRE A REVISION DO PXOM DE VILAGARCIA 22.12.2016

Sorpresa e preocupación no concello de Vilagarcía pola situación na que se encontra a empresa Eptisa, redactora do PXOM. Segundo as noticias que ten o concello ofrecidas por traballadores da empresa, Eptisa acaba de ser adquirida polo grupo chinés JSTY, e se encontra en pleno proceso de reestructuración coa implantación dun ERE. Deste xeito, dos cinco traballadores que se encargaban de realizar os...

MORAÑA, VALGA, CAMBADOS E BARRO TOCADOS POLA SORTE DE NADAL 22.12.2016

A sorte do Nadal tocou esta mañá en Moraña. A administración da Rúa Un vendeu parte do segundo premio da Lotería de Nadal, co número 04536. Polo momento está confirmado que se entregou por terminal un décimo, agraciado con 125.000 euros. Pero ademáis, un cuarto e dous quintos premios tocaron en Valga, Cambados, e Barro respectivamente O bar Potel, situado na estrada N-550, á beira da Casa do Conce...

CAMBADOS PROXECTA UN ENOBUS NO PROGRAMA DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 20.12.2016

O Concello de Cambados comeza os contactos coas diferentes administracións na elaboración do programa de actividades da Cidade Europea do Viño 2017. O primeiro encontro foi coa secretaria de Estado de Turismo, Matilde Asián, de cara a presencia de Cambados en Fitur o próximo xaneiro. Neste sentido, quedou aberta a posibilidade de que a vila do albariño tivera un lugar preferente na presentación de...

UNHA GALA NA DISCOTECA ZAO RECADARA MAIS FONDOS PARA A AME 20.12.2016

A loita contra a AME segue sumando adhesións. Trala solidaridade amosada está pasada fin de semana na exhibición de taekwondo en Ribadumia, agora recibe o apoio da Discoteca Zao, que celebrará unha gala co fin de recadar fondos para a investigación da Atrofia Muscular Espiñal. A Gala Solidaria de GaliciaAME na coñecida Discoteca Zao de Cambados será este venres 23 de decembro e durante toda a tard...

OS BOLECHAS E OS PAXES REAIS NO NADAL DE SANXENXO 19.12.2016

Sanxenxo presentou esta mañá a súa programación de Nadal, que este ano terá novidades importantes. Entre elas, a actuación de Os Bolechas o día 23, a visita dos paxes reais, dende o 26 ao 28, para recoller as cartas ás Súas Maxestades de Oriente e a celebración adiantada de Fin de Ano cunha festa na praza Pascual Veiga. Os detalles nolos contaba a concelleira de Cultura Sandra Fernández Agraso nun...

AVANZAN AS OBRAS DO MULTIUSOS DE CATOIRA 16.12.2016

Avanzan as obras para que o centro Multiusos quede rematado e poida acoller o vindeiro ano as dependencias da Casa Consistorial. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá as actuacións realizadas ao abeiro das axudas do Fondo de Compensación Ambiental, acompañado do alcalde Alberto García. Os detalles nolos contaban ambos para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

MAIS DE 300 BELENS DE TODO O MUNDO NA IGREXA DE CALEIRO 16.12.2016

Máis de 300 beléns con representacións de todos os continentes poderanse ver ata o 8 de xaneiro na Igrexa de Caleiro. Trátase das representacións que foi coleccionando o anterior cura parroquial, Gonzalo Rodríguez, e que agora a familia quere exhibir ao público para manter a tradición cristiá da representación do nacemento de Cristo. Así o contaba esta mañá a promotora da iniciativa nunha rolda de...

O TAEKWONDO RECADA FONDOS PARA A INVESTIGACION DA AME 15.12.2016

A loita da cambadesa Merchi Alvarez contra a AME volve facerse visible. Desta volta cunha exhibición de taekwondo, o deporte que ela practicou ata que a enfermidade llo impediu e no que conseguiu ser subcampeona de Galicia no 2013. Agora, o seu clube, o VitalSport de Cambados conseguiu reunir a un importante número de taekwondistas de gran nivel para unha Gala Exhibición que se celebrará este domi...

CAMBADOS OFRECE UN PUNTO DE ENCONTRO PARA A ENTREGA DOS NENOS NAS SEPARACIONS 14.12.2016

O Concello de Cambados ofrécese a poñer a disposición de pais e nais en proceso de separación un punto de encontro para entrega dos nenos. Será a axente de Igualdade do CIM do Salnés a que se encargue de xestionar os trámites necesarios para que os rapaces non teñan que deprazarse ata Pontevedra, con todos os inconvintes que elo conleva. A creación deste punto de encontro foi un dos compromisos da...

UXT E CCOO CONVOCAN CONCENTRACION NA DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS 13.12.2016

Os sindicatos UXT e CCOO comezan as mobilizacións nesta nova lexislatura. Ambas centrais únense en todo o Estado na defensa das persoas e os seus dereitos nunha concentración que en Arousa será este xoves 15 de decembro ás 19 horas na Praza de Galicia de Vilagarcía. Os dous sindicatos reclaman a participación no novo escenario de concertación co goberno do Estado, denuncian a precariedade no empre...

A CIGA MOBILIZASE CONTRA "AS POLITICAS CONTINUISTAS" DO PP 12.12.2016

A CIG retoma as mobilizacións contra o que considera “políticas continuistas do PP” no referente ás pensións, ao salario mínimo e ás prestacións sociais para "recuperar os dereitos adquiridos da clase traballadora" O sindicato nacionalista convoca para este mércores unha asemblea de delegados ás 10 horas na súa sede en Vilagarcía e posteriormente unha manifestación que partirá as 11.30 da oficina...

OS ORZAMENTOS DA XUNTA DEIXAN AO SALNES NA IRRELEVANCIA, SEGUNDO O BNG 07.12.2016

O BNG considera que cos orzamentos previstos pola Xunta para o vindeiro ano, o Salnés queda na irrelevancia debido a ausencia de partidas para actuacións demandadas dende hai tempo. Entre elas, a construcción do colexio de O Revel, en Vilalonga, a continuidade da ampliación do Hospital do Salnés, os centros de saúde de Vilagarcía, O Grove ou A Illa, e a praza de abastos de Cambados. Así o explicab...

MOBILIZACIONS POR DESPIDOS NO GRAN HOTEL A TOXA 07.12.2016

Conflicto laboral no Gran Hotel A Toxa. CCOO denuncia os cinco despidos decretados pola xerencia de Hotusa Eurostars por non aceptar as condicións da empresa e defender os dereitos dos traballadores establecidos no convenio. De tal xeito, que convocan mobilizacións, que comezarán este vindeiro venres, ás 11 da mañá cunha concentración diante do Concello. O sindicato asegura que a empresa non cumpr...

OPCIONS LABORAIS PARA AS MULLERES CON DISCAPACIDADES 05.12.2016

Asesorar as mulleres con discapacidades para encontrar traballo é o obxectivo da nova iniciativa que pon en marcha o CIM de O Salnés, que da servizo aos concellos de Meis, Ribadumia e Cambados. Trátase da I Xornada Muller, Traballo e Discapacidade que se celebrará o 22 de decembro no Centro Social de Barrantes ás 18 horas, en colaboración coas asociacións Cogami, Anduriña e Acadar. A iniciativa fo...

MERCADILLO SOLIDARIO PARA OS ANIMAIS NECESITADOS EN VILANOVA 02.12.2016

A Fundación Artiaga organiza este fin de semana un mercadillo solidario co fin de recadar fondos para o programa AAN de axuda aos animais necesitados. O mercadillo estará instalado no pabillón multiusos de Vilanova durante o sábado e o domingo de 10 horas a 21 horas. Nel haberá a venda diferentes obxetos, como cadros, libros, complementos, pequenos electrodomésticos ou xoguetes, todos eles a prezo...

UNHA PISTA DE XEO, NOVIDADE DO FEXTURRON DE VILAGARCIA 02.12.2016

O Fexturrón de Vilagarcía regresa un ano máis ao recinto de Fexdega durante as vacacións escolares. Este ano, chega coa novidade dunha pista de xeo, dentro das actividades de Arosa Park en Fexdega. Comezará a funcionar dende este sábado ata o 8 de xaneiro, cun prezo de 6 euros para 45 minutos, incluido o aluguer de patíns e os monitores. Ademáis, o Arosa Park volve a contar coas atraccións do ano...

A ALDEA DO XARDIN UMBRIO DE VILANOVA QUEDARA TODO O ANO 02.12.2016

O parque do Xardín Umbrío de Vilanova terá por segundo ano unha pequena aldea con casiñas decoradas polo Nadal. Pero desta vez, o poboado quedará instalado durante todo o ano para o disfrute dos máis pequenos. Neste sentido, o alcalde, Gonzalo Durán solicita a colaboración dos país e nais dos nenos para que cuiden as estructuras. Ademáis, o concello instalará un servizo de videovixiancia para evit...

A MANCOMUNIDADE RESERVA 60.000 EUROS PARA A DEPURADORA DE TREVISCOSO 02.12.2016

Tal como estaba previsto, o pleno da mancomunidade do Salnés aprobou por unanimidade o orzamento para o ano que ven, que ascende a 2,6 millóns de euros. Unha das partidas máis importante é a que se reserva para a adquisición de terrenos destinada a unha posible ampliación da depuradora de auga potable de Treviscoso (Vilanova). Serán 60.000 euros para que a comarca poida executar un dos proxectos m...

XORNADAS DE CATAS PARA QUE OS ESCUMOSOS RIAS BAIXAS SE CONSUMAN TODO O ANO 01.12.2016

O salón Peña acollerá o domingo 11 de decembro unha nova xornada de Catas. Neste caso serán as “V Xornadas de Escumosos de Viño Rías Baixas”. A actividade reunirá as adegas Mar de Frades, As Laxas, Pablo Padín, Eidosela,  Señorío de Rubiós, Terras de Lantaño e Martín Codax, que presentarán 10 das marcas de escumosos Rías Baixas. A cata será maridada na súa integridade con conservas de marisco e pe...

A GALA XANTAR DE GALICIAME REUNIRA A MAIS DE 300 PERSOAS ESTE SABADO 01.12.2016

Merchi Álvarez, a veciña de Cambados que padece Atrofia Muscular Espinal (AME), continúa realizando iniciativas para dar visibilidade a esta enfermidade e recadar fondos destinados á investigación dun tratamento para esta doenza. Con este propósito dende a Fundación GaliciAME organiza por segundo ano consecutivo una «gala xantar» en Cambados.  Será este sábado 3 de decembro nas instalacións de Con...

PORTAS PIDE Á XUNTA COLABORACIÓN NO PROXECTO DE VIA VERDE 30.11.2016

O Concello de Portas foi o que hoxe visitou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, dentro da rolda de encontros que está a realizar nos diferentes concellos para coñecer de primeira man as súas demandas. O alcalde de Portas, Víctor Estévez, solicitou ao delegado a axilización das concentracións parcelarias en marcha nestes intres, tanto a de Briallos como a de Rom...

VILAGARCIA NO PROGRAMA CLARA DE EMPREGABILIDADE DA MULLER 29.11.2016

25 mulleres de Vilagarcía, en situación de vulnerabilidade, poderán formarse cara a busca de emprego dentro do Programa Clara financiado con fondos europeos. O Concello de Vilagarcía foi un dos 12 municipios de España seleccionado polo Instituto da Muller para participar nesta iniciativa que pretende a empregabilidade da muller no ámbito social e laboral. O proxecto foi presentado esta mañá pola C...

ESPERANZA SALNES RECIBE 15.000 EUROS NUN NOVO CONVENIO COA XUNTA 29.11.2016

Esperanza Salnés afronta ao final de ano con maior tranquilidade económica. O Vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, estará esta tarde nas instalacións do colectivo de Atención a Discapacitados en Cambados para asinar un convenio de colaboración por importe de 15. 000 euros. Estará acompañado de membros da corporación municipal e tamén do deputado provincial Luis Aragunde. Os detalles...

OS GRUPOS DE GOBERNO DE CAMBADOS COINCIDEN EN QUE DEBE HABER MAIOR PLANIFICACION 25.11.2016

Reaccións dos grupos de goberno de Cambados tralo pleno da pasada noite no que se aprobou, modificada, a constitución dunha comisión consultiva para a organización da Cidade Europea do Viño, coa abstención do BNG e unha dura reprimenda por parte do portavoz nacionalista ao seu socio de goberno José Ramón Abal. O portavoz nacionalista, Victor Caamaño, enviaba esta mañá un aviso aos seus socios de g...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.