Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CHARLA INFORMATIVA SOBRE A SUPRESION DAS CLAUSULAS SOLO EN EXPOSALNES 20.01.2017

Os afectados pola supresión das cláusulas solo das hipotecas teñen unha interesante cita o próximo mérocres día 25 en Exposalnés ás 20.30 horas. O gabinete de avogados Miguelez e Asociados de Cambados ofrecerá unha charla informativa sobre os abonos bancarios dos cartos retidos nas clausulas solo, trala última sentenza do Tribunal Europeo. A iniciativa, que forma parte do convenio que a Asociación...

VILANOVA HUMANIZA AS RUAS DO ENTORNO DA PRAZA DA PASTORIZA 20.01.2017

O Concello de Vilanova inicia a primeira fase de humanización do casco antigo, cun investimento de 50.000 euros. A actuación consiste na renovación do pavimento para mellorar a imaxe e a seguridade de peóns e tráfico rodado. Ademáis, tamén inclue a instalación de barras transversais de adoquín. As obras, que terán continuidade no futuro, afectan as rúas Travesía Tras da Cruz e Estanislao Peña, cun...

A CIG DENUNCIA IMPAGOS DA CONCESIONARIA DE LIMPEZA DO HOSPITAL DO SALNES 19.01.2017

O sindicato CIG denuncia a situación da firma asturiana ITMA S.L, actual concesionaria do servizo de limpeza do Hospital do Salnés. Segundo explicou esta mañá a representante sindical, Esther Campoamor, a empresa, con 40 traballadores en plantilla, incrumpre o convenio colectivo asinado no 2015 no que se establece o pago de atrasos dos anos 2014 e 2015. Trala demanda xudicial presentada polos trab...

ANA PONTON VISITA CAMBADOS NUN ENCONTRO CO GRUPO DO BNG 18.01.2017

O grupo municipal do BNG en Cambados trasladou esta mañá á portavoz nacional da formación Ana Pontón ás necesidades do Concello e as dificultades coas que o cuatripartito se encontra nas tramitacións de proxectos pendentes coa Xunta. Ana Pontón reuniuse esta mañá na Casa Consitorial co tenente de alcalde Victor Caamaño e resto de concelleiros nacionalistas nun encontro no que tamén estivo presente...

TEATRO E CONCERTO DE ACORDEONS NO FESTIVAL BENEFICO DE O NOSO LAR 18.01.2017

A Asociación O Noso Lar volve a celebrar un ano máis o seu Festival Benéfico en beneficio de Cáritas. Será este sábado 21 de xaneiro no Auditorio ás 20 horas e contará cunha representación teatral do colectivo, que xa está acadando éxito fora da comarca, e a actuación de grupo Amigos do Acordeón Rías Baixas. As entradas pódense adquirir a prezo de 3 euros en diferentes establecementos comerciais d...

O PP DE SANXENXO CONSIDERA INVIABLE O PROXECTO DO TRIPARTITO PARA PORTONOVO 17.01.2017

O Partido Popular de Sanxenxo considera inviable o proxecto de reordenación do porto de Portonovo que pretende acometer o tripartito. O portavoz do grupo conservador, Telmo Martín, asegurou esta mañá que a pretendida construcción do parking non é posible por dificultades técnicas e polo alto custe económico. Ademáis, segundo Telmo Martín, requírese previamente un Plan Especial de Ordenación que, n...

O CEIP DE RUBIANS ESTREA O RENOVADO XIMNASIO TANTO TEMPO DEMANDADO 16.01.2017

Os alumnos do colexio de Rubiáns estrearon esta mañá as renovadas instalacións do pabillón deportivo, que durante tantos anos viñeron demandando pais e profesores con numerosas concentracións. O ximnasio quedaba inutilizado en épocas de chuvia polas grandes filtracións de auga que o facían impracticable pero agora coas obras realizadas os alumnos poderán realizar as clases de ximnasia sen ningún r...

O NOVO PANTALAN DE SAN TOME ESTARA LISTO ANTES DO VERAN 16.01.2017

O porto de San Tomé de Cambados terá listo o novo pantalán antes do verán. Portos de Galicia formalizou esta mañá coa adxudicataria do proxecto, a empresa Amilibia, o inicio das obras por un importe duns 200.000 euros. O novo pantalán terá 73 novos amarres nunha actuación demandada pola Confraría de Pescadores de Cambados, xa que as actuais instalacións de As Goritas non ofrecen o calado suficient...

REMATAN AS OBRAS DE ACCESIBILIDADE DO ENTORNO DO ASILO 13.01.2017

Rematan as obras de mellora de accesibilidade da rúa Ramón López Piñeiro , no entorno da Residencia de Anciáns Divina Pastora. O alcalde, Alberto Varela, e o concelleiro de Obras, Lino Mouriño, supervisaron a actuación realizada, que comezou o pasado decembro. Os traballos consistiron na reforma das beirarrúas para facilitar o tránsito e a seguridade dos viandantes que, na súa maior parte, son usu...

VILANOVA AMPLIA O CLUB DE XUBILADOS PARA QUE SEXA PUNTO DE REUNION E LECER 13.01.2017

O Concello de Vilanova métese en obras para ampliar o local social de xubilados e darlle un novo concepto de punto de reunión e lecer para a terceira idade. Cun investimento de 200.000 euros, financiado íntegramente pola Consellería de Política Social, o proxecto integra un local anexo, mercado polo concello, no que se instalarán zonas de lectura e outras actividades. O goberno local agarda empeza...

O BNG REUNIRASE CO GOBERNO A VINDEIRA SEMANA PARA ABORDAR OS ORZAMENTOS DESTE ANO. 12.01.2017

O BNG de Vilagarcía sigue condicionando o seu respaldo aos orzamentos municipais para 2017 a que o executivo municipal aumente as partidas para potenciar o emprego, os sectores productivos do municipio como o monte e os servizos sociais. A formación nacionalista presentará a vindeira semana ao grupo de goberno a súa proposta, que inclue un aumento de 20.000 euros na partida de emprego, 100.000 eur...

O POEMA DE CABANILLAS VENDIMA NO SALNES SERA A LETRA DA MUSICA OFICIAL DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 12.01.2017

Cambados quere ter unha música oficial da Cidade Europea do Viño 2017, que ademáis perdure no tempo, e por eso convoca un concurso co fin de seleccionar a melodía cuxa letra está xa escrita: será o poema de Ramón Cabanillas, Vendima no Salnés. A composición gañadora estrearase na Gala da Cidade Europea do Viño que se celebrará na segunda quincena do vindeiro mes de marzo, con data ainda por concre...

A XUNTA INVISTE EN I+D+I PARA ADIANTARSE A EUROPA NO CONTROL DAS BIOTOXINAS 11.01.2017

A Xunta de Galicia adiántase a Europa no control das biotoxinas mariñas investindo en I+D+I. As Consellerías do Mar e de Economía traballan conxuntamente para aplicar o método químico na detección de toxinas paralizantes no medio mariño, co fin de acatar a normativa europea que a partir deste ano substituirá ao actual método de referencia para a detección deste tipo de toxinas. Precisamente no Con...

O BNG PRESENTA ENMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA NO SALNES POR 22 MILLONS DE EUROS 10.01.2017

O BNG presentou 32 enmendas aos orzamentos da Xunta no Salnés por un total de 22 millóns de euros. As partidas propostas pola formación nacionalista están destinadas á creación de emprego e loita contra a pobreza, aposta polos sectores productivos, e a blindar os servizos Sociais. Dentro do emprego, o BNG promove a creación dun plan específico para comarcas con maiores taxas de desemprego como é o...

O PP PROPON UN PUNTO DE INFORMACION PARA OS EMIGRANTES DE VENEZUELA 09.01.2017

O Partido Popular de Vilagarcía reuniuse esta mañá con representantes da Asociación de Xubilados e pensionistas de Venezuela en Galicia, para tentar buscar solucións á problemática que están a sufrir ante os impagos das súas pensións. A idea que se abordou está mañá na sede popular foi a creación en Vilagarcía dun punto de información directa e recollida de datos ou censo para aunar toda a informa...

MELCHOR ACONSELLA AOS MAIS PEQUENOS PARA A NOITE DE REIS 05.01.2017

Os Reis Magos comezaron a súa longa xornada visitando Cambados. A presenza das Súas Maxestades de Oriente comezou ás 11 da mañá no asilo de San Tomé e posteriormente trasladáronse á Casa Consistorial onde se celebrou a recepción oficial á que acudiron numerosos nen@s para trasladarlles os seus últimos desexos. O Rei Melchor deulles aos pequen@s os consellos para esta noite de Reis, que recollemos...

DURAN PROPON QUE SEA SE INTEGRE EN XESTUR PARA OBTER PREZOS COMPETITIVOS 30.12.2016

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, agarda esperanzado as respostas da Xunta ás demandas incluidas no dossier que o rexedor entregou esta semana ao presidente da Xunta durante o seu encontro en Santiago. A proposta máis relevante é que a Xunta estudie fórmulas para rebaixar o prezo das parcelas do polígono industrial de Baión co fin de que se converta nun dos grandes xeradores de emprgo da comar...

A PRAZA DE GALICIA DE VILAGARCIA SERA PEONIL A FINAIS DE 2017 30.12.2016

O goberno de Vilagarcía agarda comezar as obras de peonalización da Praza de Galicia despois do verán para que estean rematadas antes de que finalice o 2017. O proxecto, que se enviará a vindeira semana a Patrimonio da Xunta, ten un orzamento de 354.000 euros, todavía pendentes de financiación. Esta nova fase no peche do centro urbano ao tráfico rodado prevé zonas verdes, láminas de auga, espazos...

TECNICOS SANITARIOS DE GALICIA APOIAN A NECESIDADE DA AMBULANCIA MEDICALIZADA PARA O SALNES 30.12.2016

As dúas asociacións máis representativas dos Técnicos de Emerxencias Sanitarias, ASGATE e TES Galicia, apoian a reclamación dos seus compañeiros do Salnés en demanda dunha ambulancia medicalizada para a comarca. Os representantes de ambos colectivos así llo trasladaron esta mañá en Vilagarcía ao deputado socialista, Julio Torrado, dentro dos encontros que están mantendo cos grupos parlamentarios d...

A PRAZA DA PEIXERÍA DE VILAGARCÍA REÁBRESE CON CUBERTA RENOVADA. 29.12.2016

O edificio da Praza da Peixería volve a estar dispoñible para a celebración de actos públicos tras rematar as obras de renovación da cuberta. A actuación precisou dun investimento de 121.000 euros que se financiaron a través dunha subvención da Deputación provincial. A obra realizouse para resolver o problema de filtracións e goteiras que rexistraba a antiga cuberta e co obxecto de conservar e man...

RIBADUMIA CELEBRA ESTE SABADO O I TORNEO DE NADAL BIBERONS 28.12.2016

O Clube Deportivo Ribadumia, celebra este sábado o I Torneo de Nadal Biberóns coa colaboración do Concello de Ribadumia. Neste torneo de nadal os máis cativos serán os protagonistas e participarán 5 equipos da contorna con xogadores de entre 4 e 5 anos. O campionato terá lugar o vindeiro sábado 31 de decembro de 10 a 14 horas no campo de fútbol "A Senra 2" de Ribadumia. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A...

UN CURSO GRATUITO DE DEFENSA PERSOAL PARA 16 MULLERES EN CAMBADOS 26.12.2016

O CIM do Salnés e o Concello de Cambados organizan un curso de defensa personal dirixido ás mulleres, con preferencia as víctimas de violencia de xénero. Con esta iniciativa preténdese atender ás necesidades de 16 mulleres para que saiban sair de situacións que poden entrañar algún perigo. O curso, que será de balde, comezará o 9 de xaneiro con 8 sesións que se impartirán de 18 horas a 19.30 horas...

A CIG DENUNCIA NOVAS IRREGULARIDADES NA RESIDENCIA VALLE INCLAN 23.12.2016

Novo episodio na Residencia de maiores Valle Inclán de Vilanova. Segundo as informacións do sindicato CIG, existen novas irregularidades en canto os permisos da empresa que está realizando os servicios e "ocupando" a Residencia Valle Inclán. Ademáis, a débeda acumulada tras este conflicto laboral ascende aos 17 millóns de euros, 3,5 millóns dende 2013, 8 da débeda anterior e 5 da hipoteca existent...

VILANOVA MELLORA UNHA PISTA COA CESION DE 250 VECIÑOS 23.12.2016

O Concello de Vilanova ven de mellorar unha pista na estrada vella de Corón, que une Villamarín coa zona da embarrada. Na actuación investíronse 29.000 euros e foi posible gracias á cesión de 250 veciños. Nolo contaba esta mañá o teniente de alcalde, Javier Tourís.

O TRIPARTITO DE SANXEXO SATISFEITO DA SUA XESTION DURANTE ESTE ANO 23.12.2016

O tripartito de Sanxenxo fixo esta mañá balance da súa xestión durante este ano que está a piques de rematar. Un balance que o alcalde, Gonzalo Pita, calificaba de moi positivo. Así o explicaba nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.