Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
SERVIZO DE LIMPEZA E TRASNPORTES DE RESIDUOS DOS 43 PORTOS DA PROVINCIA 17.02.2017 2:56
Portos de Galicia pon en marcha un servizo de limpeza e transportes de resíduos dos portos da provincia de Pontevedra, dende Pontecesures a Tui. O servizo foi contratado á empresa Misturas Obras e Proxectos por un período de tres anos cun orzamento de 1,4 millón de euros e permitirá atender ás 43 instalacións portuarias da zona sur de Galicia. A flota de limpeza está integrada por 16 operarios, 8...
REMATADAS AS EXCAVACIONS NA LANZADA CON RESULTADOS MOI SATISFACTORIOS 16.02.2017 4:34
A Diputación da por finalizada con resultados moi satisfactorios a excavación arqueológica do campo de A Lanzada. A presidenta da Diputación, Carmela Silva, acompañada polo deputado provincial de Turismo, Santos Héctor, e o alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, fixeron esta mañá balance das principais conclusións dos traballos realizados dende xullo do ano pasado. As excavacións permitiron triplicar...
TELMO MARTIN VOLVE A CUESTIONAR A XESTION DO TRIPARTITO 14.02.2017 2:28
O PP de Sanxenxo cuestiona unha vez maís a capacidade de xestión do executivo tripartito municipal. O portavoz do grupo popular, Telmo Martín, destacaba esta mañá as obras incluidas no pacto de goberno que, asegura, están pendentes de execución despóis de vinte meses de lexislatura. Facíao nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
OS BOLECHAS CHEGAN A SANXENXO PARA A APRENDIZAXE DOS MAIS PEQUEN9OS 14.02.2017 2:55
As aventuras de Os Bolechas chegan tamén a Sanxenxo a través dunha guía educativa que a Concellería de Educación distribuirá entre os centros educativos para a aprendizaxe dos alumnos de 3º e 4º de primaria. Os detalles contábaos esta mañá a concelleira de Cultura, Sandra Fernández Agraso, na presentación do libro “Os Bolechas van a Sanxenxo”, acompañada do deputado provincial de Cultura, Xosé Lea...
A NOVA CUBERTA DO CEIP DE BAION RESISTIU OS TEMPORAIS 14.02.2017 3:37
A nova cuberta do CEIP de Baión, en Vilanova, resistiu perfectamente os efectos dos pasados temporais. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, o alcalde Gonzalo Durán, e o xefe territorial de Educación, Cesar Pérez Ares, comprobaron esta mañá o estado do tellado, sustituido o pasado curso pola Consellería de Educación cun orzamento de 60.000 euros. Foi nun acto que Educación q...
FATIMA ABAL INTERPORA UNHA QUERELA POLA PUBLICACION DE INTERNET 14.02.2017 7:11
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, presentará unha querela no xulgado de Cambados a raiz da publicación aparecida a pasada tarde en internet na que se decía que a rexedora fora detenida por un delito de falsedad documental. A información é falsa e procede da plataforma de internet 12minutos.com adicada a publicar bromas. Fátima Abal xa interpuxo esta mañá unha denuncia ante a Garda Civil e post...
RIBADUMIA ESTREA NOVA UBICACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS NO ANTIGO CONCELLO 10.02.2017 1:32
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadumia ten novas instalacións, ubicadas no antiga Casa Consistorial, que unifican os servizos que antes estaban repartidos entre a Casa Consistorial e a Casa de Cultura. A actuación requeriu un investimento de 23.000 euros e o goberno local non desbota seguir acometendo novas reformas o vindeiro ano. Así o explicaban esta mañá o concelleiro de S...
VILANOVA PIDE UN CONVENIO COA DEPUTACION PARA A CONSTRUCION DA PISCINA MUNICIPAL 10.02.2017 2:43
O Concello de Vilanova promoverá o proxecto de contrucción dunha piscinal municipal no complexo de O Terrón a través dun Convenio coa Deputación de Pontevedra e non mediante o Plan Concellos como pretendía o grupo socialista municipal. O alcalde, Gonzalo Durán, solicitou aos deputados provinciais do PP que leven a iniciativa ao pleno da Deputación nunha moción que contemple a implicación da instit...
UN PROXECTO PARA REUTILIZAR O CALDO DOS COCEDEIROS DE MEXILLON NA INDUSTRIA ALIMENTARIA 09.02.2017 6:47
Unha empresa de biotecnoloxía quere poñer en marcha en Arousa un innovador proxecto que posibilitaría a creación dunha nova industria na comarca. A firma BBD, con sede en Vilaboa, propón a construcción dunha planta piloto de biorefinería nas instalacións de Conservas Peña en Vilaxoán, destinada á converter o caldo de cocción do mexillón en DHA-Omega3 para a industria alimentaria e farmacéutica. O...
COMEZAN EN MARZO AS OBRAS DA AVENIDA LUIS ROCAFORT EN SANXENXO. 08.02.2017 4:42
As obras de humanización da Avenida Luis Rocafort de Sanxenxo comezarán o 1 de marzo e será a Unión Temporal de Empresas (UTE) Nexia-Ors a encargada de realizar os traballos. A adxudicación definitiva da actuación será aprobada o próximo venres pola Deputación cun prazo de execución de seis meses. A súa oferta económica foi de 1.256.062 euros, que supón unha reducción do 23,9% con respecto ao orza...
O PRIMEIRO CAT CAFE DE GALICIA EN CAMBADOS ESTA FIN DE SEMANA 08.02.2017 3:37
Se queres coñecer máis de preto o mundo dos gatos non te podes perder o primeiro “Cat Café” de Galicia que se celebra esta fin de semana en Cambados, organizado polo Refuxio de Animais da localidade no Salón Peña. Un evento onde poderás gozar da compañía dos felinos mentres te tomas algo, nunha oportunidade de coñecer e interactuar con 11 gatos que agardan unha familia. Se os queres coñecer previa...
A XUNTA ESTUDARA POSIBLES AXUDAS AOS AFECTADOS EN MEIS POLO TEMPORAL 07.02.2017 1:27
A Xunta evaluará os danos rexistrados no Concello de Meis durante o forte temporal da madrugada do pasado venres para estudar a forma de axudar aos afectados que carecen de seguro. Con tal motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra desprazarase mañá ás zonas afectadas de San Martiño e San Salvador, acompañado do alcalde de Meis, para comprobar no lugar os desperfectos ocasionados e post...
PROXECTASE O COMEDOR ESCOLAR PARA CEIP SAN TOME DE CAMBADOS 07.02.2017 3:49
O colexio de San Tomé de Cambados poderá ter comedor escolar o vindeiro curso. A Consellería de Educación quere poñer en marcha o proxecto atendendo a petición da comunidade educativa, pero sempre e cando poida contar coa colaboración económica do Concello. O comedor estará ubicado na antiga vivenda do conserxe, nun espazo de 90 metros cadrados anexo ás instalacións educativas, e que daría cabida...
CAMBADOS EVITARA QUE SE LLE CORTE A LUZ AS FAMILIAS CON MENOS RECURSOS 03.02.2017 5:03
O Concello de Cambados adhírese ao convenio da FEGAMP coas empresas eléctricas que garantiza o subministro eléctrico ás familias con menos recursos que xa están sendo atendidas polo departamento de Servizos Sociais. A medida afectaría a un cento de familias que, dado o caso, contarían coa axuda do Concello para evitar o corte do servizo eléctrico. Dado o caso, a Concellería de Servizos Sociais dis...
A XUNTA REFORZARA A PASARELA DE MADEIRA DE A LANZADA 03.02.2017 3:28
O alcalde de Sanxenxo,, Gonzalo Pita, e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, supervisaron esta mañá os traballos na zona de obras da PO-308 entre Soutullo e A Lanzada, afectada polo temporal co destrozo do paseo de madeira. A Xunta vai a estudar a fórmula para ancorar a estructura ao firme e evitar que se reproduzan episodios como éste. Así o explicaban o alcalde e...
DONALD TRUMPULLEIRO E A CIDADE EUROPEA DO VIÑO NO ENTROIDO DE CAMBADOS 02.02.2017 3:14
Cambados ten xa preparado o programa das festas máis divertidas do ano, o Entroido, que este ano comezará o venres 24 de febreiro e rematará o 5 de marzo. A novidade nesta ocasión ven da man do nomeamento de Cambados como Cidade Europea do Viño, e por tal motivo, os mellores disfraces e cancións de comparsas que estean relacionados co mundo do viño recibirán un premio especial. O pistoletazo de sa...
OS TAXIS DE CAMBADOS SUMANSE AS INICIATIVAS DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 02.02.2017 2:54
Os taxis de Cambados lucirán este ano o logo da Cidade Europea do Viño nunha iniciativa coa que o Concello pretende implicar a todos os colectivos do municipio no nomeamento da vila. A proposta extenderase tamén en breve a establecementos hosteleiros e comerciais para que tamén luzan un distintivo creado para a ocasión. Nolo contaba esta mañá o concelleiro de Enoturismo a pe de rúa durante o acto...
ZONA CENTRO SORTEA CONXUNTOS DE XOIERIA NA CAMPAÑA DOS NAMORADOS 01.02.2017 1:55
A Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados pon en marcha a súa tradicional campaña dos Namorados. Nesta ocasión, Zona Centro agasallará aos clientes con conxuntos doados por cinco Xoeirías asociadas a través de vales que poderán selar coas súas compras no comercio local. O sorteo celebrarase o día 17 de febreiro no salón de plenos do Concello. A campaña dos Namorados foi presentada esta...
VILANOVA CELEBRARA O LUNS O DIA DA PAZ NO MULTIUSOS 27.01.2017 1:48
Vilanova celebra este vindeiro luns 30 de xaneiro o Día da Paz coa participación de 850 alumnos de todos os centros de infantil e primaria do municipio. A celebración, que se conmemora por segundo ano consecutivo, realizarase a partir das 11.30 no Multiusos, debido ás previsións de chuvia e haberá baile, a lectura dun manifesto e un pequeno almorzo. Ademáis tamén terá unha vertente solidaria, xa q...
O SEPES ESTUDA ARRENDAR CON OPCIÓN A COMPRA AS PARCELAS DE BAION 27.01.2017 1:40
O Sepes, o organismo que xestiona o polígono de Baión, estudia a posibilidade de arrendar as parcelas con opción a compra, á proposta do alcalde de Vilanova Gonzalo Durán aproveitando un encontro en Fitur. O rexedor ve con esta iniciativa a forma de conseguir a ocupación dun parque empresarial que segue valeiro nun 70% na zona industrial e nun 100% na zona comercial. Así o explicaba o alcalde Gonz...
O PP DE SANXENXO CALIFICA DE PERDA DE TEMPO E DIÑEIRO A AUDITORIA 26.01.2017 3:04
O PP de Sanxenxo considera que a auditoría encargada polo goberno local foi unha perda de tempo e de diñeiro. Tamén argumenta que foi unha excusa da concelleira Vanesa Rodríguez para non entablar as negociacións co persoal laboral do Concello. Así o explicaba a concelleira popular Silvia Freire, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
V SIMPOSIO MOSTRATE SALNES O 8 DE FEBREIRO NO AUDITORIO DE MEIS 25.01.2017 3:15
Mulleres Emprendedoras de Meis, Ribadumia, Vilagarcía e Cambados, xunto cunha empresaria do Carballiño e outra de México, formarán parte do V Simposio Móstrate Salnés que se celebrará o 8 de febreiro no Auditorio do Mosteiro, organizado polo CIM comarcal. Todas elas contarán as súas experiencias no emprendemento feminino a través dunha iniciativa do CIM que pretende facer visible o éxito das empre...
A CIG INICIA MOBILIZACIONS PARA A RECUPERACION DOS DEREITOS SOCIAIS E LABORAIS 25.01.2017 3:33
O sindicato CIG inicia unha campaña en demanda da recuperación de dereitos sociais e laborais que podería desembocar na convocatoria dunha folga xeral en todo o Estado. De momento, o sindicato nacionalista ten xa convocada unha manifestación este sábado en Santiago ás 12 do mediodía, que partirá dende a Alameda compostelá. Dende Vilagarcía sairán autobuses dende a parada de Fexdega ás 10.30 horas....
NOVO APARCAMENTO NO TERRON PARA FACILITAR O ESTACIONAMENTO DAS PRAIAS 24.01.2017 3:31
O Concello de Vilanova crea un aparcamento na zona de O Terrón que servirá de parking disuasorio co fin de fomentar o entorno de praias e turismo durante o verán. 300 coches poderán estacionar na parcela de 5.000 metros cadrados, que foi cedida ao Concello por un particular durante cinco anos. Os traballos xa comezaron e o aparcamento estará dispoñible xa para a celebración de O Momo. Así o explic...
NOITES MOUCHAS, ALTERNATIVA DE OCIO NOCTURNO PARA OS MOZOS DE CAMBADOS 23.01.2017 3:55
Cambados pon en marcha unha iniciativa novidosa adicada aos xóvenes do municipio, de entre 16 a 35 anos de idade. Baixo o nome de Noites Mouchas, a asociación Efervescencia Mental, en colaboración co Concello, organiza un programa de ocio alternativo nocturno xuvenil que se desenvolverá todos os venres de febreiro, marzo e abril no Salón Peña, dende as 10 da noite, con entrada de dos euros. Os moz...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.