Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
TRES OBRAS EN CALDAS COMO REFERENCIA DO QUE O GOBERNO LOCAL QUERE PARA O CONCELLO 02.03.2017 3:11
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e a deputada provincial, Digna Rivas, visitaron esta mañá algunhas das obras que se están a realizar no municipio ao abeiro do Plan Concellos. Foron tres actuacións as visitadas, como referencia emblemática do que o goberno local quere para o municipio, por un importe de preto de 700.000 euros. Concretamen...
OS BOLECHAS MOSTRAN CAMBADOS CUNHA GUIA TURISTICA 02.03.2017 2:26
Os Bolechas chegan a Cambados para promover o coñecemento do municipio entre os máis pequenos e tamén cara os turistas que visitan a vila do Albariño. Son 1.000 exemplares dunha guía en forma de ruta pola vila que se distribuirán entre os colexios, biblioteca e a Oficina de Turismo. Neste último caso, estarán a venda a un prezo de 5 euros. Así nolo contaban esta mañá a concelleira de Turismo, Mila...
A CULTURA E TRADICIONS MUSICAIS DA TERRA NA GALA DE CAMBADOS CIDADE DO VIÑO 01.03.2017 5:32
Cambados quere mostrar a cultura e as tradicións musicais da terra na Gala Cidade Europea do Viño 2017 que se celebrará o 25 de marzo a partir das 21 horas na praza de Fefiñáns. O evento contará coas actuacións dos vigueses “Coro Gli Appassionati”, os cambadeses Manso e Amigos, xunto con figuras representativas da música galega como Susana Seivane e Rosa Cedrón, Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro, q...
SANXENXO TEN XA AS INDICACIONS PARA CONVERTERSE EN DESTINO INTELIXENTE 28.02.2017 3:05
O sector turístico de Sanxenxo coñeceu hoxe o resultado do testeo da norma de xestión Destinos Turísticos Intelixentes, elaborado por Segittur a finais do pasado ano, en base aos requerimentos que establece a normativa de Aenor. O director-xerente deste departamento dependiente do Ministerio de Turismo, Luis Javier Gadea, ofreceu os datos nun encontro que se celebrou na Escola de Hostelería e no q...
TELMO MARTIN INSISTE NA OPCION DA EDAR DE MEAÑO PARA O SANEAMENTO DO POLIGONO 27.02.2017 2:55
O PP de Sanxenxo sigue apostando pola Edar de Meaño como solución ao saneamento do parque empresarial de Nantes, a pesar do informe desfavorable inicial emitido dende Augas de Galicia. O portavoz popular, Telmo Martín, asegurouno esta mañá explicando que o que hai que facer é cambiar a canalización por outra de maior cabida, tal como está recollido no convenio asinado entre os concellos de Sanxenx...
AS MASCOTAS TERAN O SEU PROPIO ENTROIDO EN VILANOVA 27.02.2017 2:58
As mascotas en Vilanova terán tamén o seu particular Entroido. Será o Cannaval, a primeira carreira popular con mascotas que se celebrará o vindeiro sábado, na véspera do Momo. Saldrá ás 17 horas do Xardín Umbrío e fará un percorrido de tres kilómetros polas rúas da localidade no que poderá participar calquera tipo de animal de compañía, con ou sen disfraz. Ademáis, sortearanse agasallos entre tod...
ABANCA PECHOU EN AROUSA O SEU PLAN INFORMATIVO E DE IMPULSO AO SECTOR PESQUEIRO. 27.02.2017 6:38
ABANCA pechou hai uns días, cun dobre acto en Vilagarcía e Boiro, a súa rolda de encontros co sector pesqueiro de Galicia para darlles a coñecer o seu plan de impulso aos profesionais do mar a través da recén creada división Abanca Mar Foron reunións de traballo que permitiron congregar a preto dun centenar de profesionais dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) da ría de Arousa. De...
CAMBADOS ADICA TODO O MES DE MARZO AO DIA DA MULLER 24.02.2017 9:23
O Concello de Cambados prepara un mes de actividades para conmemorar o Día da Muller o 8 de Marzo baixo un programa que leva por título “Por min, por tí, por todas”. Obradoiros, charlas, proxeccións e xornadas informativas sobre emprendemento son algunhas das iniciativas previstas en colaboración co CIM comarcal e a Deputación de Pontevedra. Os destalles explicaronos esta mañá a alcaldesa Fátima A...
ELIMINANSE OS PROBLEMAS DE ANEGAMENTOS DE COUTO DE ABAIXO EN CASTRELO 24.02.2017 3:02
Os veciños de Couto de Abaixo en Castrelo xa non terán problemas de anegamentos nas súas fincas procedentes das tubaxes de pluviais. O Concello e a Deputación acometeron as obras de mellora das canalizacións cambiando as anteriores tubaxes que estaban en mal estado. Ao tempo, a obra permitirá a ampliación do ancho do vial. A actuación supón un investimento total de 20.000 euros, financiados ao 50%...
A REDE DE SANEAMENTO MUNICIPAL SERA A ALTERNATIVA A EDAR DE DENA 24.02.2017 5:18
O goberno local ten xa nas súas mans a solución para desbloquear a situación creada no polígono de Nantes despois de que Augas de Galicia emitise un informe desfavorable á conexión do saneamento do parque á EDAR de Dena. Como alternativa, as canalizacións de Nantes conectaranse directamente á rede de saneamento municipal para que os verquidos vaian á depuradora de Sanxenxo. Así o explicou esta mañ...
VILANOVA AGARDA 20.000 PERSOAS PARA A FESTA DO MOMO 24.02.2017 2:42
O Entroido comeza xa con actividades en varios concellos e Vilanova presentou esta mañá a Festa do Momo que se celebrará o 5 de marzo. Agárdanse máis de 20.000 persoas para presenciar un desfile que comezará ás 17 horas e no que participarán unhas 2.000 persoas entre comparsas e carrozas tanto locais como procedentes de diferentes concellos que conforman O Salnés, nun percorrido de máis de un kiló...
O PP DI QUE OS EDIS DE GOBERNO NON SE MERECEN O SOLDO QUE COBRAN 23.02.2017 2:32
O Partido Popular de Sanxenxo fixo balance esta mañá sobre o rendemento dos concelleiros de goberno no que vai de lexislatura en función das retribucións económicas que perciben. Na súa opinión, os edis do tripartito non se merecen o soldo que cobran. Así o decía a edil popular Silvia Freire nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
EXPOSICIONS, FOTOGRAFIA E CURTAS PARA O DIA DA MULLER EN VILAGARCIA 23.02.2017 3:44
Vilagarcía ten xa preparado o programa de actos conmemorativos do 8 de Marzo, Día da Muller, organizados pola Concellería de Igualdade, o CIM e o Consello Local da Muller, baixo o título “A Muller no Foco da Historia”, A celebración contará este ano cunha exposición sobre mulleres relevantes de Vilagarcía, “Muller tiñas que ser”, realizada por alumnos de colexios do municipio, que será inaugurada...
VARELA AGARDA O RESPALDO DOS GRUPOS DE ESQUERDA AOS SEUS ORZAMENTOS 22.02.2017 3:18
O grupo de goberno de Vilagarcía e a oposición reúnense esta tarde para analizar a proposta de orzamentos para este ano ultimado polo equipo de Alberto Varela e as aportacións realizadas polos demáis grupos da corporación. O PP e Somos facían públicos nas últimas horas os principais puntos das súas suxerencias e dende o equipo de goberno, o alcalde, Alberto Varela, concretaba esta mañá a súa propo...
OITO DIAS DE ENTROIDO EN SANXENXO PARA TODAS AS EDADES 22.02.2017 8:53
Sanxenxo prepárase para 8 días de Entroido cheo de actividades pensadas para todas as edades, dende os entroidiños aos desfiles. Para saber todos os detalles falamos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA con Sandra Fernández Agraso, concelleira de Cultura de Sanxenxo.
PORTOS REALIZA UN NOVO SIMULACRO ANTICONTAMINACION EN TRAGOVE 21.02.2017 3:33
O Porto de Tragove, en Cambados, foi esta mañá o escenario dun novo exercicio anticontaminación promovido por Portos de Galicia para comprobar o estado de funcionamento dos equipos técnicos e o adestramento do persoal en caso dunha situación real de contaminación. No simulacro participaron axentes do servizo de Gardacostas de Galicia, ademáis de persoal da Confraría de Cambados. A actividade consi...
COMEZAN OS TRABALLOS PARA REABRIR O TRAMO ENTRE BAION E O HOSPITAL 21.02.2017 0:58
Técnicos de Fomento comezaron esta mañá os traballos de consolidación do noiro do vial do Salnés entre Baión e o Hospital comarcal, que permanecía pechada ao tráfico dende hai tres meses por desprendementos de rochas. Os traballos iniciáronse despois de que onte o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, se entrevistase coa subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortíz, solicitándolle una urxente sol...
REPULSA EN PONTEVEDRA POLO CRIME MACHISTA DE CHAPELA 21.02.2017 2:52
Concentración en Pontevedra en repulsa do crime machista rexistrado a pasada noite en Chapela, convocada conxuntamente por Deputación e Concello na escalinata do Pazo Provincial A presidenta da Deputación, Carmela Silva, calificou como “unha masacre de mulleres” os asasinatos que se levan producido no que vai de ano e reclama un pacto de estado xa. Ademáis, a presidenta provincial lembrou os nomes...
CRUZ VERMELLA BUSCA NOVAS FAMILIAS DE ACOLLEMENTO DE MENORES EN AROUSA 20.02.2017 8:23
A Cruz Vermella en Arousa pon en marcha unha nova campaña de Acollemento de Menores, en colaboración co Concello de Vilagarcía. Actualmente, en Arousa hai dúas familias que se están a facer cargo de dous menores pero en toda a provincia son 60 nenos os que teñen un fogar de acollemento. O presidente da entidade, Alfonso González Gallego, contounos os detalles en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O ESCULTOR CAMBADES MANOLO PAZ ESTARÁ PRESENTE EN ARCO 20.02.2017 4:07
A Deputación e o Concello de Cambados colaboran na promoción da obra escultórica de Manolo Paz con vista á presencia do artista cambadés na Feira de Arco en Madrid. O deputado provincial de Cultura, Xosé Leal visitou este mediodía o taller escultórico que o artista ten en Cambados situado nun espazo aberto na parroquia de Castrelo. O deputado estivo acompañado na súa visita polo concelleiro de Cul...
O ENOBUS DE CAMBADOS COMEZARA A FUNCIONAR EN XULLO ENTRE 9 ADEGAS 20.02.2017 5:46
Cambados porá en marcha o Enobús durante os meses de xullo e agosto coa participación dunhas 9 adegas do municipio e da comarca. Trátase dunha ruta turística que forma parte das máis de 80 actividades integradas no programa de Cambados Cidade Europea do Viño. Por un prezo de 10 euros, os usuarios do Enobús poderán visitar unha adega coa cata de dous viños e participar noutras actividades organizad...
VILANOVA APOSTA POLA XERACION 0: 0 ACCIDENTES 0 VICTIMAS 17.02.2017 2:34
A policía local de Vilanova pon en marcha a habitual campaña de seguridade vial entre os colexios do municipio. Pero desta volta, a novidade é que se quere conseguir a “xeración 0,0 accidentes, 0 víctimas”, nunha iniciativa na que este ano tamén colabora un coñecido supermercado local con 1.000 chapas que se distribuirán entre os máis de 800 alumnos de Infantil e Primaria para visibilizar a inicia...
OS VECIÑOS APARTAN AS VALLAS E CIRCULAN POLO VIAL ENTRE BAION E O HOSPITAL 17.02.2017 1:46
O vial que une Baión co acceso ao Hospital do Salnés segue pechado ao tráfico a consecuencia do desprendemento dunha rocha de grandes dimensións hai varios meses. Pero, segundo afirma o alcalde de Vilanova, os veciños apartaron as vallas que pechan o acceso e utilizan o vial pese a estar prohibido o paso. Por eso, Gonzalo Durán contactará o vindeiro luns coa nova subdelegada do goberno, Ana Ortíz,...
UN GRAN SOCAVON EN PLENA AVENIDA DE AS SINAS 17.02.2017 0:57
A aparición dun socavón de grandes dimensións na Avenida de As Sinas provocou esta mañá a preocupación no goberno local. O alcalde, Gonzalo Durán, reclama a intervención urxente da Deputación, titular do vial, para solventar a situación que, entende o alcalde, podería ter graves consecuencias. O burato está xa sinalizado dende esta mañá para evitar posibles accidentes, segundo as explicacións de G...
CAMBADOS AGARDA UN AFORRO ENERXETICO DE 100.000 EUROS ANUAIS 17.02.2017 7:14
O concello de Cambados agarda conseguir un aforro enerxetico de máis 100.000 euros en 2019. O Goberno local puxo en marcha un sistema de xestión de consumos enerxéticos para reducir o gasto eléctrico no municipio. As medidas que se levaron a cabo foi revisar as 2100 facturas que recibe o concello cada ano, ademáis de outras correcións nas instalacións municipais ou o cambio de luminarias. Deste xe...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.