Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
DURAN PIDE A DEMISION DE JAVIER DIOS POLO CASO DA PISCINA 10.03.2017 1:53
O alcalde de Vilanova Gonzalo Durán solicita a demisión do concelleiro socialista e deputado provincial Javier Dios por por mentir á corporación municipal e os veciños. A petición prodúcese a raiz da negativa do PSOE no pleno da Deputación de aprobar a proposta do PP de asinar un convenio entre ambas institucións fora do Plan Concellos para a construcción dunha piscina en Vilanova. En contraposici...
O PSOE PIDE A XUNTA A DEVOLUCION DOS SERVIZOS DO HOSPITAL DO SALNES 09.03.2017 2:43
O grupo parlamentario socialista presentará na Cámara Galega varias iniciativas sobre a situación do Hospital do Salnés. O Alcalde de Vilagarcía Alberto Varela e o deputado autonómico Julio Torrado, mantiveron esta mañá unha reunión coa Xunta de Persoal do centro comarcal sobre os problemas que ao seu entender ten. Os socialistas presentarán unha proposición non de lei instando ao goberno galego a...
CONCELLO E DEPUTACION ASINAN O NOVO CONVENIO DE REFORMA DA PISCINA MUNICIPAL 09.03.2017 3:30
O Concello de Cambados e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio para a realización da tan demandada sustitución da cuberta da piscina municipal. O convenio ascende a 900.000 euros, 200.000 máis que o proxecto elaborado polo anterior goberno provincial. I é que este novo proxecto contempla a reforma integral da cimentación e a instalación da climatización necesaria que cumpra os p...
A HOSTELERIA DE VILAGARCIA CREA A RUTA DE TAPAS DE INVERNO DO 10 AO 19 DE MARZO 08.03.2017 4:39
A Hostelería de Vilagarcía pon en marcha a ruta de tapas de inverno, que pretende desestacionalizar e dinamizar as actividades fora da campaña estival. Nesta ocasión 16 locais participan, do 10 ao 19 de marzo, en “Destapa de Inverno” con propostas gastronómicas a un prezo de 2,80 euros se é con cervexa, 3,50 euros con albariño e 1.80 euros sen bebida. Tamén haberá un día do tapeador, que será o xo...
PAIS DE ALUMNOS DE CARRIL REANUDAN AS PROTESTAS EN DEMANDA DO AUTOBUS 08.03.2017 1:55
Pais e nais de alumnos do colexio de Carril iniciaron hoxe unha serie de protestas semanais ante a falta de resposta da entrevista solicitada co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, para tratar a petición dun autobús escolar de retorno á salida das clases ás 14 horas. Os proxenitores teñen previsto concentrarse ante as portas do centro cada mércoles a esa hora ata ter unha resposta. As...
ENTREVISTA CON LUCIANO SOBRAL, ALCALDE DE POIO 07.03.2017 20:06
En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA conversamos hoxe co alcalde de Poio, Luciano Sobral, sobre diferentes asuntos de interés municipal. O proxecto de mellora de accesibilidade a beiraruas e pasos de peóns na PO308, outras actuacións que se realizarán con cargto ao Plan Concellos ou os estacionamentos da Praza da Granxa en Campelo son algúns dos temas abordados.
NOVA FOLGA DO ENSINO RECLAMANDO A DEROGACION DA LOMCE 07.03.2017 3:36
Nova folga do ensino contra a Lomce en todos os niveis educativos de Galicia, convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público para o día 9 de marzo. O colectivo sigue reclamando a total derogación da lei e convoca concentracións simultáneas no mesmo día nas principais cidades de Galicia ás 12 do mediodía. En Vilagarcía será na Praza de Galicia. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A...
A LONXA DE A ILLA CONTA XA CUNHA ZONA DE CONSERVACION PARA O MARISCO QUE NON SE VENDE NO DIA 07.03.2017 3:14
A lonxa da Illa de Arousa conta xa cunha zona de estabulación para o marisco capturado que non sae a subasta no mesmo día. A área está ubicada nunha nave anexa creada a través das obras de ampliación realizadas pola Consellería do mar cun investimento de 374.000 euros. Ademáis, a actuación tamén incluiu a construcción dun vestiario, unha sala de lavado de neoprenos e un pequeno almacén. Tamén se d...
VILANOVA CONSIGUE A RECUPERACION DOS MUIÑOS DE CURRAS 07.03.2017 2:44
Os Muiños de Currás, en Vilanova, están xa rehabilitados. Os traballos realizados polos vinte alumnos do obradoiro de emprego de Vilanova conseguiron a recuperación patrimonial dos tres muiños ubicados na ensenada de O Esteiro, facendo realidade unha histórica reivindicación de Vilanova. O alcalde, Gonzalo Durán, amosaba esta mañá a súa satisfacción durante a visita realizada esta mañá polo delega...
ESTRELLA GALICIA PON EN MARCHA O SEU NOVO CENTRO LOXISTICO NO POLIGONO DE BARRO 06.03.2017 5:25
Estrella Galicia pon en funcionamento o seu novo centro loxístico do polígono de Barro. 50 persoas traballan dende hoxe nunhas modernas instalacións que permitirán dar un servizo máis axil a 3.500 clientes do norte da provincia de Pontevedra. Así o explicaba Antonio Viejo, director da corporación Hijos de Rivera, durante unha visita realizada esta mañá ao novo centro loxístico, na que estivo prese...
O GOBERNO LOCAL APROBA A PROPOSTA DA XUNTA SOBRE O CENTRO DE DIA 06.03.2017 7:33
A apertura do centro de día de Cambados é unha das aspiracións do goberno municipal. O Concello xa aprobou en xunta de goberno a proposta de colaboración da Consellería de Benestar para a financiación do equipamiento e mobiliario e xa a remitiu á administración autonómica. O executivo municipal valora negativamente que a aportación da Xunta sexa finalmente 5.000 euros menos dos previstos, ainda qu...
OS PEQUEN@S DE VILAGARCIA CONCIENCIANSE SOBRE AS DOAZONS CON OS BOLECHAS 06.03.2017 7:29
Os alumnos de ensino infantil e primaria de Vilagarcía recibirán o conto "Papá Bolechas doa sangue" e informacion vencellada coas doazóns a través do programa “Mensaxeiros Solidarios”, que pon en marcha a Axencia de Doazón de Organos e Sangue. A directora da Axencia, Marisa López, e o concelleiro de Educacion de Vilagarcía, Argimiro Serén, presentaron esta mañá a iniciativa, que se desenvolverá en...
FATIMA ABAL PIDE RESPOSTAS A XUNTA SOBRE A COLABORACION COS ACTOS DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 03.03.2017 7:06
O grupo parlamentario socialista presenta na Cámara galega varias iniciativas sobre cal será finalmente a colaboración da Xunta coa programación de Cambados Cidade Europea do Viño. I e que, segundo a alcaldesa, Fátima Abal, máis alo de boas palabras todavía non se concretou nada ao respecto, “Nin economicamente, nin en loxística, nin en apoio institucional”. Dende a Xunta, o delegado da Xunta Core...
VARELA VOLVE TENDER A MAN AOS GRUPOS DE ESQUERDA PARA O ORZAMENTO DE 2018 03.03.2017 4:02
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, valorou esta mañá en rolda de prensa o acontecido no pleno da pasada tarde no que se aprobaron os orzamentos municipais grazas aos votos do edil díscolo de Esquerda Unida e do BNG. Na súa opinión, Somos debería ter enviado antes as súas propostas e non agardar ao último momento e o PP perde o tempo insultando ao goberno e o alcalde con declaracións “incoher...
VILANOVA ELIMINA DURANTE TRES ANOS OS IMPOSTOS MUNICIPAIS NOS POLIGONOS EMPRESARIAIS 03.03.2017 3:25
O Concello de Vilanova segue promovendo iniciativas para conseguir a ocupación dos dous polígonos do municipio. Por un lado, o próximo pleno aprobará a exención dos impostos municipais durante tres anos para as empresas que se instalen nos parques empresariais de Baión e Tremoedo. E por outro, o Concello xa solicitou ao Conselleiro de Industria dúas medidas: a posibilidade de que as parcelas se po...
CAMBADOS AMPLIARA O EQUIPAMENTO DO VIVEIRO INDUSTRIAL 02.03.2017 6:18
O Concello de Cambados quere ampliar o equipamento do viveiro industrial de Sete Pías, que ten en aluguer 4 naves para que novos empresarios desenvolvan a súa actividade durante dous anos. O goberno local pretende instalar unha ludoteca na planta baixa para que empresarios e clientes que acudan ao polígono poidan deixar aos seus nenos con tranquilidade e conciliar vida laboral con familiar. Ademái...
TRES OBRAS EN CALDAS COMO REFERENCIA DO QUE O GOBERNO LOCAL QUERE PARA O CONCELLO 02.03.2017 3:11
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada do alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, e a deputada provincial, Digna Rivas, visitaron esta mañá algunhas das obras que se están a realizar no municipio ao abeiro do Plan Concellos. Foron tres actuacións as visitadas, como referencia emblemática do que o goberno local quere para o municipio, por un importe de preto de 700.000 euros. Concretamen...
OS BOLECHAS MOSTRAN CAMBADOS CUNHA GUIA TURISTICA 02.03.2017 2:26
Os Bolechas chegan a Cambados para promover o coñecemento do municipio entre os máis pequenos e tamén cara os turistas que visitan a vila do Albariño. Son 1.000 exemplares dunha guía en forma de ruta pola vila que se distribuirán entre os colexios, biblioteca e a Oficina de Turismo. Neste último caso, estarán a venda a un prezo de 5 euros. Así nolo contaban esta mañá a concelleira de Turismo, Mila...
A CULTURA E TRADICIONS MUSICAIS DA TERRA NA GALA DE CAMBADOS CIDADE DO VIÑO 01.03.2017 5:32
Cambados quere mostrar a cultura e as tradicións musicais da terra na Gala Cidade Europea do Viño 2017 que se celebrará o 25 de marzo a partir das 21 horas na praza de Fefiñáns. O evento contará coas actuacións dos vigueses “Coro Gli Appassionati”, os cambadeses Manso e Amigos, xunto con figuras representativas da música galega como Susana Seivane e Rosa Cedrón, Ladrón de Guevara e Paco Lodeiro, q...
SANXENXO TEN XA AS INDICACIONS PARA CONVERTERSE EN DESTINO INTELIXENTE 28.02.2017 3:05
O sector turístico de Sanxenxo coñeceu hoxe o resultado do testeo da norma de xestión Destinos Turísticos Intelixentes, elaborado por Segittur a finais do pasado ano, en base aos requerimentos que establece a normativa de Aenor. O director-xerente deste departamento dependiente do Ministerio de Turismo, Luis Javier Gadea, ofreceu os datos nun encontro que se celebrou na Escola de Hostelería e no q...
TELMO MARTIN INSISTE NA OPCION DA EDAR DE MEAÑO PARA O SANEAMENTO DO POLIGONO 27.02.2017 2:55
O PP de Sanxenxo sigue apostando pola Edar de Meaño como solución ao saneamento do parque empresarial de Nantes, a pesar do informe desfavorable inicial emitido dende Augas de Galicia. O portavoz popular, Telmo Martín, asegurouno esta mañá explicando que o que hai que facer é cambiar a canalización por outra de maior cabida, tal como está recollido no convenio asinado entre os concellos de Sanxenx...
AS MASCOTAS TERAN O SEU PROPIO ENTROIDO EN VILANOVA 27.02.2017 2:58
As mascotas en Vilanova terán tamén o seu particular Entroido. Será o Cannaval, a primeira carreira popular con mascotas que se celebrará o vindeiro sábado, na véspera do Momo. Saldrá ás 17 horas do Xardín Umbrío e fará un percorrido de tres kilómetros polas rúas da localidade no que poderá participar calquera tipo de animal de compañía, con ou sen disfraz. Ademáis, sortearanse agasallos entre tod...
ABANCA PECHOU EN AROUSA O SEU PLAN INFORMATIVO E DE IMPULSO AO SECTOR PESQUEIRO. 27.02.2017 6:38
ABANCA pechou hai uns días, cun dobre acto en Vilagarcía e Boiro, a súa rolda de encontros co sector pesqueiro de Galicia para darlles a coñecer o seu plan de impulso aos profesionais do mar a través da recén creada división Abanca Mar Foron reunións de traballo que permitiron congregar a preto dun centenar de profesionais dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro (GALP) da ría de Arousa. De...
CAMBADOS ADICA TODO O MES DE MARZO AO DIA DA MULLER 24.02.2017 9:23
O Concello de Cambados prepara un mes de actividades para conmemorar o Día da Muller o 8 de Marzo baixo un programa que leva por título “Por min, por tí, por todas”. Obradoiros, charlas, proxeccións e xornadas informativas sobre emprendemento son algunhas das iniciativas previstas en colaboración co CIM comarcal e a Deputación de Pontevedra. Os destalles explicaronos esta mañá a alcaldesa Fátima A...
ELIMINANSE OS PROBLEMAS DE ANEGAMENTOS DE COUTO DE ABAIXO EN CASTRELO 24.02.2017 3:02
Os veciños de Couto de Abaixo en Castrelo xa non terán problemas de anegamentos nas súas fincas procedentes das tubaxes de pluviais. O Concello e a Deputación acometeron as obras de mellora das canalizacións cambiando as anteriores tubaxes que estaban en mal estado. Ao tempo, a obra permitirá a ampliación do ancho do vial. A actuación supón un investimento total de 20.000 euros, financiados ao 50%...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.