Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

VILANOVA E A POBRA CONTAN CUNHA GUIA CONXUNTA SOBRE O LEGADO DE VALLE INCLAN 28.03.2017

As casas-museo Valle-Inclán de Vilanova e da Pobra do Caramiñal contan por vez primeira cunha guía conxunta, que tamén incorpora as rutas valleinclanianas nestes dous municipios. Son 15.000 exemplares editados pola Xunta en castelán, galego e inglés con información actualizada dos dous museos e ambas vilas. As guías estarán a disposición dos visitantes nos propios museos. Así o explicaba esta mañá...

Entrevista con luciano sobral, alcalde de poio 02 28.03.2017

Hoxe en Arousa Pontevedra Día a Día falamos co alcalde de Poio, Luciano Sobral, sobre diversas actuacións de mellora que se están a realizar no municipio, como a ampliación do Camiño da Granxa, en Raxó, e a segunda fase da Senda de Campelo. Tamén abordamos o estado das praias cara Semana Santa e as iniciativas que se adoptan dende o Concello para mellorar a limpeza de fincas e mobiliario urbano do...

O CUATRIPARTITO VALORA COMO UN EXITO A GALA DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO PESE AS AUSENCIAS 27.03.2017

As actividades da Cidade Europea do Viño dan comezo trala gala inaugural que tivo lugar este pasado sábado. O goberno local valora como un éxito o resultado do evento. Así o expresaban esta mañá a alcaldesa Fátima Abal, e o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, que tamén facían referencia ás ausencias de representantes institucionais. As súas declaracións recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DI...

FOLE INSISTE EN QUE O CONCELLO INFORME DO PXOM NAS PARROQUIAS 27.03.2017

O portavoz del Partido Popular de Vilagarcía, Tomás Fole, explicou esta mañá os criterios polos que considera que o goberno local debe presentar o PXOM nas distintas parroquias antes de que se debata en pleno a aprobación inicial do documento urbanístico. Tomás Fole insiste en que os cidadáns deben coñecer de primeira man e resolver as súas dúbidas porque o período de exposición pública para prese...

A GASTROSEXOLOXIA CON ALBARIÑO DENTRO DAS PROPOSTAS DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 27.03.2017

O programa de Cambados, Cidade Europea do Viño continuará o próximo 1 de abril cunha Xornada de Gastrosexoloxía, que se celebrará no Salón Peña ás 8 da tarde, destinada ao público en xeral e impartida pola psicóloga e sexóloga Mónica Novas. Hai 50 prazas e é necesaria previa inscripción na oficina de Turismo. Os detalles sobre en qué consiste esta xornada explicábaos esta mañá Mónica Novas nunha r...

AS ULTIMAS INNOVACIONS PARA CONSEGUIR UNHA MELLOR UVA O 31 DE MARZO NO SALON PEÑA DE CAMBADOS 27.03.2017

Cambados comeza xa as actividades do programa da Cidade Europea do Viño. A primeira delas será unha xornada de Melloras e Innovación para a Viticultura do século XXI, organizada pola Asociación Galega de Enólogos. Será este venres 31 de marzo no Salón Peña dende as 9.30 horas, con ponencias e un xantar. O obxectivo desta Xornada é coñecer as últimas innovacións para conseguir unha mellor uva. Habe...

O CONSORCIO DO SALNES PON EN MARCHA UNHA CAMPAÑA PARA MERCAR A PRAZOS 24.03.2017

O Consorcio do Comercio do Salnés inicia a súa nova etapa con novos proxectos para as 8 asociacións de comerciantes que o compoñen e ao que regresaron os colectivos de Ribadumia e Vilanova. A primeira iniciativa é o programa Aprazos, mediante un convenio de colaboración con Abanca, destinado a facilitar as compras e incentivar a actividade no pequeno comercio local. Os clientes poden aprazar as sú...

A GALA CONTRA O NARCOTRAFICO SERA O 31 DE MARZO NO AUDITORIO DE VILAGARCIA 24.03.2017

A Fundación Galega contra o Narcotráfico celebrará o vindeiro venres 31 de marzo a súa XV Gala Anual na que se farán entrega os Premios Nécora de Ouro. A Gala terá lugar no Auditorio Municipal de Vilagarcía e dará comezo ás 20:30 horas. A entrada será gratuita con invitación que se poderá recoller nos establecementos Costureiro e Música Duende. A Federación Galega contra o Narcotráfico outorgará o...

O PSDG DEMANDARA NO PARLAMENTO O CENTRO DE SAUDE PARA VILAGARCIA NA COMANDANCIA DE MARIÑA 24.03.2017

A demanda da construcción dun novo centro de saúde na Comandancia de Mariña en Vilagarcía chegará ao Parlamento de Galicia. O grupo parlamentario socialista levará esta cuestión ao pleno da Cámara Galega do proximo mes de abril e as diversas comisións de sanidade. Así o acordaron esta mañá o deputado autonómico do PSdG, Xaquín Fernández Leiceaga, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, durante...

CULTURA, ARTE, DEPORTES E MUSICA NA PRIMAVERA DE CAMBADOS 23.03.2017

O Concello de Cambados activa a primavera con numerosas actividades que se desenvolverán de abril a xuño. O concelleiro de cultura, Víctor Caamaño, presentou está mañá a programación cultural de primavera que, con motivo do nomeamento da Cidade Europea do Viño, estará vinculada coa viticultura. Ademáis, o seu departamento ten preparado unha gran cantidade de actos culturais, como a celebración do...

@S ALUMN@S DO CURSO DE DRONS DE VILANOVA REMATAN A SUA FORMACION 23.03.2017

@s 9 alumn@s que participaron no curso de drons que organizou o Concello de Vilanova finalizan estes días a súa formación, na que durante 1 mes puideron ter as primeiras tomas de contacto con estes dispositivos aéreos non tripulados. Os coñecementos que adquiriron serviranlles para actuacións de mantemento de bateas, salvamento marítimo e medicións dos niveis do estado das augas. Así o explicaba e...

Preto de 70.000 euros provinciais para actividades da cidade europea do viÑo 22.03.2017

Cambados recibirá preto de 70.000 euros como aportación da Deputación ao programa da Cidade Europea do Viño. A presidenta provincial, Carmela Silva, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, asinaron esta mañá o protocolo de colaboración entre ambas institucións que, en principio, inclue preto de 10 actividades promovidas dende o goberno provincial ao longo deste 2017. Eventos sobre a Igualdade no s...

A XUNTA INVESTIRA 23 MILLONS NO SANEAMENTO DE AROUSA ATA 2021 22.03.2017

A Xunta investirá 23 millóns de euros na mellora do saneamento de Arousa ata o ano 2021, 17 millóns nos concellos do marxe sur da ría. O anuncio facíao esta mañá a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, durante unha visita á EDAR de Ribadumia, con motivo do Día Mundial da Auga, na que participou un grupo de alumnos do IES Cabanillas de Cambados. Dentro das actuacións previstas encóntrase a a...

ENTREVISTA CON LIDIA SALGUEIRO, CONCELLEIRA DE FESTAS E CULTURA DE POIO 21.03.2017

Hoxe en Arousa Pontevedra Día a Día falamos con Lidia Salgueiro, concelleira de Festas e Cultura de Poio sobre o peche do Entroido co Enterro do Galo Fodorico e a valoración de todo un mes de actividades. Tamén abordamos diversos temas culturais, como a presentación do libro de Montse Fajardo, o xoves 23, unha exposición sobre Patrimonio e Arqueoloxía o 24 e o concurso de Monólogos.

CAMBADOS E RIBADUMIA PROMOVEN NOVAS MELLORAS NOS POLIGONOS DO SALNES 21.03.2017

Cambados e Ribadumia únense para realizar melloras nos polígonos do Salnés. Ambos gobernos redactaron un proxecto conxunto para solicitar da Xunta unha subvención de 180.000 euros e poder finalizar as actuacións xa realizadas e iniciar outras. En Cambados, o Concello pretende rematar a sinalización horizontal e vertical, dotar os viais con nomes de mulleres relevantes de Galicia, marcar os aparcam...

O PP DE SANXENXO DENUNCIA A FALTA DE TRANSPARENCIA DO TRIPARTITO 17.03.2017

O PP de Sanxenxo denuncia que o tripartito retén información que a oposición ten solicitado en diferentes ocasións. O grupo popular cuestiona, por este motivo, a transparencia prometida polo executivo municipal ao inicio da lexislatura. Así o explicaba esta mañá o concelleiro Marcos Guisasola nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

VILANOVA BUSCARA FINANCIACION PARA AS PROSPECCIONS EN CALAGO 17.03.2017

O Concello de Vilanova comeza a buscar a financiación para poder realizar as excavacións arqueolóxicas no entorno de o Campanario de Cálogo. Trala autorización conseguida dos propietarios das fincas para realizar os traballos , agora o goberno local tentará conseguir as partidas económicas necesarias das diferentes administracións. De principio, xa se prevé que os achádegos poidan descubrir feitos...

CAMBADOS ACONDICIONA A PRAIA DE SARTAXES PARA USO DOS VECIÑOS 17.03.2017

O Concello de Cambados recuperou a praia de Sartaxes en Castrelo para uso dos veciños, mediante unha actuación de acondicionamento do areal por importe de 6.000 euros. Os traballos incluiron a construcción dun muro de contención que xa se tentara realizar polo anterior goberno municipal pero que daquela carecía dos permisos correspondentes. A Concellería de Obras e Servizos tamén proxecta diversas...

UN ALBARIÑO EN BOTELLAS DE LUXO CON CRISTAIS DE SWAROVSKI 17.03.2017

O Parador de Cambados acolleu esta mañá a presentación das botellas xoia de “Leonor”, un Albariño en botella de luxo, con cristais de Swarovski, que pon no mercado Rita Silva, unha emprendedora de Barro. As unidades da primeira añada poranse á venda a un prezo de entre 120 e 500 euros pero tamén fabricará outras botellas máis simples para paradores e restaurantes Michelin por 45 euros. Así nolo co...

O COMERCIO DE CAMBADOS OFRECENOS 1.300 RAZONS PARA SORIR ESTA PRIMAVERA 17.03.2017

O comercio de Cambados pon en marcha a súa campaña de primavera, que este ano nos da “1.300 razóns para sorir”. Con este lema, a Asociación Zona Centro quere incentivar as compras nos locais asociados nunha campaña que este ano vai ser máis longa que as habituais, xa que se prolonga dende o Día do Pai ata o Día da Nai. Repartiranse 1.300 euros en vales compra que se distribuirán en diferentes cant...

CONCELLO DE SANXENXO E SINDICATOS COMEZAN AS NEGOCIACIÓNS DOS CONVENIOS COLECTIVOS 16.03.2017

O Goberno local e os representantes sindicais constituíron esta mañá a Mesa de Negociación dos convenios colectivos dos traballadores do Concello. O Goberno local quere negociar de forma simultánea pero separada ambos convenios: por un lado o dos 124 traballadores do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo e por outro o das 59 persoas que integran o persoal laboral do Concello. Sen embargo, nesta cue...

SEIS ESPAZOS PARA EMPRENDEDORES NA PRAZA DE ABASTOS DE O GROVE 16.03.2017

O Concello de O Grove comezará dende hoxe os trámites para adxudicar os seis locais para emprendedores construidos na praza de abastos. Trátase dun espazo activo de emprendemento que busca diversificar a oferta deste mercado, dinamizar a súa actividad e, por suposto, crear emprego. A actuación foi realizada cun investimento de 80.000 euros, dos que a Xunta aportou 62.000 e o resto a Deputación. Os...

VILANOVA REALIZARA EXCAVACIONS ARQUEOLOXICAS NO ENTORNO DE CALOGO 15.03.2017

O Concello de Vilanova asinou un convenio cos propietarios das parcelas próximas ao Mosteiro de Cálogo para realizar nese entorno diversas prospeccións arqueoloxicas. As excavacións efectuaranse sobre unha hectárea de terreo, ubicada entre o campanario e o cemiterio. O convenio foi asinado esta mañá entre o alcalde, Gonzalo Durán, e un representante das familias propietarias, tal como explicaban a...

O ALBERGUE DE ARMENTEIRA ESTREARA EN DIAS NOVAS INSTALACIONS 15.03.2017

O albergue de Armenteira contará con 31 prazas para pernoctar cando, en cuestión de días, rematen as obras de mellora que está a realizar a Deputación de Pontevedra nestas instalacións. A actuación supón un investimento duns 73.000 euros e inclue tamén a instalación dunha caldeira de biomasa. Os detalles explicábanos esta mañá o alcalde de Meis, José Luis Pérez, e o deputado de Turismo, Santos Hec...

EMPRENDEMENTO LOW COST PARA MULLERES QUE QUEIRAN INICIAR UN NEGOCIO 15.03.2017

As mulleres interesadas polo emprendemento empresarial teñen a oportunidade de recibir asesoramento para abrir os seus negocios mediante unha iniciativa que desenvolve o CIM do Salnés en Cambados. Serán unhas xornadas que se celebrarán o próximo día 23 de marzo ás 19.30 en Exposalnés baixo o nome de “Emprendemento Low Cost”. O obxectivo é dar a coñecer opcións de iniciar actividades empresariais q...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.