Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

CAMBADOS ABRE O PRAZO DO CONCURSO DE CARTEIS DO ALBARIÑO 18.04.2017

O concello de Cambados abre o prazo para a presentación dos carteis da Festa do Albariño 2017, que se celebrará do 2 ao 6 de agosto. O Concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño presentou esta mañá o Concurso de Carteis para a LXV edición, que un ano máis otorga ao gañador un premio de 500 euros. Os carteis participantes deberán ser inéditos e valorarase a creatividade e a inclusión de expoñentes da c...

PREOCUPACION EN VILANOVA POLO ESTADO DA ESTRADA DE AS SINAS 18.04.2017

Preocupación e indignación no concello polo estado da estrada de As Sinas, de titularidade provincial, trala aparición dun segundo socavón de importantes dimensións en cuestión de dous meses. O concello remitirá a Deputación o informe elaborado pola Policía Local para que o organismo provincial acometa con urxencia as tareas de reparación O alcalde, Gonzalo Durán calificaba de “vergonzosa” a situa...

A ZARZUELA CHEGA ESTE SABADO AO AUDITORIO DE VILAGARCIA 17.04.2017

A Zarzuela chega este sábado 22 de abril ao Auditorio de Vilagarcía. O espectáculo musical está organizado polo Coro Liceo de Vilagarcía e a Banda de Música Municipal, que representarán unha antoloxía da Zarzuela con 13 fragmentos das óperas máis recoñecidas. En escea haberá 50 coristas, 65 músicos, 5 bailarins procedentes da Escola de Nydia, e dous presentadores. As entradas xa están á venda en t...

ACHEGATE AOS LOCAIS EN VILAGARCIA PARA PROFESIONALIZARTE NO MUNDO DA MUSICA 12.04.2017

A Concellería de Xuventude de Vilagarcía organiza unha fin de semana musical co Obradoiro Achegate aos Locais!, os días 28, 29 e 30 de abril. A finalidade desta iniciativa é que os xovenes de Vilagarcía coñezan en profundidade o mundo da música e poder así profesionalizarse neste ámbito. Os 11 cursos que a Concellería ten preparados abordarán temas como a facturación e contratos para músicos, a gr...

UN CURSO DE TITULO DE PILOTO DE DRONS INCREMENTA A FORMACION EN VISTA REAL 12.04.2017

O Pazo de Vista Real estase a converter nun centro de referencia de formación sobre manexo de drons, que se incrementa agora cun curso para obter o título de piloto oficial, en modalidades básico e avanzado e presencial ou on-line. O prezo oscila entre os 600 e os 900 euros, que se poden financiar dende 50 euros ao mes. Non hai límite de prazas ainda que sí un mínimo de 10 alumnos para poder reali...

A MANCOMUNIDADE SOLICITA A XUNTA UN NOVIDOSO OBRADOIRO DE REDE DE DATOS 12.04.2017

A Mancomunidade do Salnés concreta a súa aposta polas novas tecnoloxías solicitando á Xunta a realización dun obradoiro de creación de redes de datos para que os alumnos aprendan a instalar cableado de Internet. Os concellos que se sumaron a esta iniciativa son Ribadumia, Meaño, Meis e Vilanova, tal como explicaba esta mañá o alcalde de Vilanova e presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Dur...

ENTREVISTA MARGA CALDAS, CONCELLEIRA EDUCACION E DEPORTES DE POIO 11.04.2017

Hoxe en Arousa Pontevedra Día a Día falamos coa concelleira de Educación e Deportes de Poio, Marga Caldas, sobre o programa Educando, que se pon en marcha este mes de abril entre os alumnos de Infantil e Primaria dos colexios do municipio. Tamén avanzamos detalles da Olimpiada Escolar e das novas axudas municipais ao deporte.

O CENTRO DA MERCED EN CAMBADOS DISPON XA DE CALDEIRA DE BIOMASA 11.04.2017

O Centro sociocultural da Merced en Cambados pode xa poñer en funcionamento a caldeira de biomasa instalada a través dun proxecto do INEGA, da Xunta de Galicia. O investimento total foi de 44.000 euros, dos que 33.000 foron financiados pola Consellería de Industria e agárdase un aforro enerxético dun 25%. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, visitou esta mañá as instalación...

MANTEIS E POSAVASOS CON MOTIVO DA CIDADE DO VIÑO NA HOSTELERIA DE CAMBADOS 11.04.2017

Cambados sigue poñendo en marcha iniciativas vinculadas coa Cidade do Viño. Nesta ocasión trátase da distribución de 10.000 manteis e outros tantos posavasos, co logo do nomeamento e un rueiro, que se repartirán entre a hostelería do municipio. Os 22 locais adheridos á asociación Zona Centro están xa a recibilos estes días, para que poidan dispoñer deles durante Semana Santa, e os establecementos...

O PP EXTENDE A VILANOVA A SUA CAMPAÑA DE CARTEIS DE OBRAS PARALIZADAS POLA DEPUTACION 07.04.2017

O partido popular provincial extende a Vilanova a súa campaña de carteis de obras paralizadas pola Deputación de Pontevedra. Neste caso denuncian a anulación do proxecto de ensanche da estrada Baión-András e avanzan accións xudiciais no contencioso administrativo por posibles ilegalidades na resolución do contrato. Así o explicaban o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e os deputados do PP, Nidya...

UNHA EMPRESA DE VILAGARCIA COMO EXEMPLO DE INNOVACION E DESENVOLVEMENTO 07.04.2017

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá a empresa Kemegal Químicos, ubicada no polígono de O Pousadoiro, en Vilagarcía. Alfonso Rueda, acompañado do delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou o traballo que desenvolve esta firma, adicada á fabricación de produtos químicos destinados a limpeza e hixiene en xeral, usando materias primas que non prexudican...

"O TOLLEITO DE INISHMAAN" ESTE SABADO NO AUDITORIO DE VILAGARCIA 06.04.2017

A obra teatral "O Tolleito de Inishmaan", dirixida polo coñecido monologuista Cándido Pazó, chega este sábado 8 de abril ao Auditorio municipal de Vilagarcía, a través da programación da Rede Galega. A representación comezará ás 21 horas e as entradas xa están á venda en ticketea.com a un prezo de 5 euros. Os detalles nolos contaron a concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón, e o director...

O SALNES TEN XA RESERVADAS O 75% DAS PRAZAS HOTELEIRAS PARA SEMANA SANTA 06.04.2017

Turismo Rías Baixas prevé unha ocupación hoteleira en Semana Santa superior ao 75 por ciento. Así o indicou esta mañá a presidenta da Diputación de Pontevedra, Carmela Silva, apuntando a cifras moi prudentes, xa que nas páxinas web e plataformas especializadas en reservas turísticas a ocupación supera xa o 85 por cento. Segundo estas estimacións, a comarca de Caldas será a de maior porcentaxe de o...

O PP DE SANXENXO SIGUE RECLAMANDO DIALOGO AO GOBERNO LOCAL 05.04.2017

O PP de Sanxenxo sigue reclamando ao goberno local que teña en conta a oposición para sacar adiante os proxectos importantes para o municipio. Entre eles, os orzamentos municipais para este ano, dos que, segundo Telmo Martín, descoñecen as intencións do tripartito. Así o explicaba o portavoz popular nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

A DEPUTACION IMPULSA O CERTIFICADO SICTED EN VILAGARCÍA 04.04.2017

A Deputación de Pontevedra impulsa o certificado de calidade SICTED entre o sector turístico de Vilagarcía. O deputado de Turismo, Santos Héctor, trasladou os beneficios e obxectivos deste selo turístico aos empresarios da localidade nunha sesión informativa sobre o proxecto, que se celebrou esta mañá no auditorio municipal, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

UNHA BTT PARA COMPLEMENTAR A FESTA DA RAIA 04.04.2017

A Festa da Raia de Portonovo terá tamén este ano dentro da súa programación unha faceta deportiva. Será a través da BTTRAIA, promovida polo Concello como unha nova forma de potenciar o turismo no evento gastronómico, e organizada polo club ciclista Corbelo de Portonovo. A cita será o día 29 de abril, na mesma xornada inaugural da Festa, a partir das 16 horas dende a lonxa de Portonovo cunha ruta d...

OS CAMBIOS NAS LUMINARIAS PERMITEN AFORROS DO 75% EN RIBADUMIA 03.04.2017

O Concello de Ribadumia conseguiu importantes aforros enerxéticos en dúas zonas do municipio a través da renovación das antigas luminarias, que foron sustituidas por 54 lámparas led. Concretamente, a actuación efectuada entre a rotonda dos Castaños, na vía rápida, e o centro urbano de Barrantes xerou un aforro enerxético dun 75%, mentres que os cambios de luminarias realizados entre a mesma rotond...

BALCONS, FIESTRAS E ESCAPARATES DE CAMBADOS ENGALANANSE NA SEMANA SANTA 31.03.2017

Cambados quere engalanarse durante a Semana Santa para ofrecer unha imaxe atractiva a visitantes e residentes. Para tal fin a Asociación Zona Centro, en colaboración co Concello, pon en marcha o Primeiro Certame de Decoración de Balcóns, Ventás e Escaparates no que poden participar tanto veciños como comerciantes e hosteleiros. As decoracións deben prolongarse dende o Xoves Santo ata Luns de Pascu...

A XUNTA EXPEDIENTA CON 5.000 € A CAMBADOS POLO ESTADO DO CRUCE DE CORVILLON 31.03.2017

O Concello de Cambados acaba de recibir un expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia debido ao estado da nun punto da Avda de Vilagarcía, concretamente no cruce de Corvillón, no punto kilométrico 9. O vial presenta neste punto un bache, reparado recentemente polo Concello, e do que a Xunta responsabiliza a un problema das tubaxes municipais. Por elo, a administración autonómica interpón...

DURAN ANUNCIA ACCIONS XUDICIAIS POLA ANULACION DO PROXECTO DA ESTRADA DE BAION 31.03.2017

Reaccións en Vilanova ante a decisión da Deputación de anular o proxecto de mellora e ampliación da estrada de Baión-András , xestado na etapa de Rafael Louzán. A Deputación aprobou esta mañá en Xunta de Goberno a resolución do contrato por contar con graves irregularidades de tramitación. E dende Vilanova, o alcalde Gonzalo Durán anuncia accións xudiciais ante unha resolución que considera chea d...

O CONCELLO PROXECTA UN NOVO APARCAMENTO NO ENTORNO DA IGREXA DE BARRANTES CON 40 PRAZAS 31.03.2017

O Concello de Ribadumia proxecta a creación dun novo aparcamento no entorno da Igrexa de Barrantes que dea cabida a unhas 40 prazas, cun investimento de 60.000 euros financiados a tavés do Plan Concellos 2017 da Deputación. Para tal fin, o goberno local asinou un convenio de cesión co Arzobispado co fin de poder habilitar as prazas nunha parcela de 1.300 metros cadrados. A cesión ten unha duración...

PRODUCTOS DE AGRICULTURA ECOLOXICA PARA CARITAS DE AROUSA 30.03.2017

Os alumnos do obradoiro de emprego de agricultura ecolóxica de Vilanova entregaron esta mañá a Cáritas Interparroquial de Arousa parte da súa primeira producción. Leituga morada, rúcula e canónigos van destinados para o comedor social de Cáritas, que habitualmente empregan 50 usuarios. Detalles que explicaban no acto de entrega o tenente de alcalde, Javier Tourís, a representante de Cáritas, María...

O OBRADOIRO DE EMPREGO DE CAMBADOS PERMITIU A REALIZACION DE MELLORAS URBANAS 30.03.2017

O Obradoiro de Emprego Rexeneración Urbana e Medio Ambiental de Cambados clausurouse está mañá nun acto de entrega de diplomas aos alumnos que se formaron nos módulos de canteiría e xardinería. A Xunta investiu 180.000 euros neste obradoiro, no que 20 desempregados estiveronse formando durante 6 meses, e o concello de Cambados puxo a disposición dos alumnos todo o material preciso para realizar di...

O ALBERGUE DE ARMENTEIRA ACOLLE OS PRIMEIROS PEREGRINOS 30.03.2017

O albergue de A Armenteira acolle xa dende hoxe os primeiros peregrinos que veñen percorrendo o Camiño de Santiago a través da ruta portuguesa ou da Variante Espiritual. Estará aberto de 13 a 22 horas para que os seus usuarios poidan durmir unha noite por un prezo de 6 euros, debendo abandonar as instalacións ás 8 da mañá, As instalacións están ubicadas no baixo da Casa de Cultura de A Armenteira,...

CAMBADOS INTEGRASE NO PRIMEIRO PLAN TRIENAL DE IGUALDADE DO SALNES 29.03.2017

Cambados intégrase no Primeiro Plan de Igualdade de Oportunidades de O Salnés que pon en marcha o CIM da Mancomunidade ata o 2020. O obxectivo deste Plan é promover actuacións en diferentes eidos que poñan en valor o traballo e o papel das mulleres na sociedade e correxir desigualdades. O programa xa está en marcha e inclue actividades, obradoiros, xornadas e cursos formativos que se desenvolverán...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.