Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
APRENDIZAXE SOBRE ADESTRAMENTO CANINO EN CAMBADOS 02.05.2017 3:00
Cambados acolle este venres un Taller de Adestramento Canino organizado polo Refuxio de Animáis e os concellos de Cambados e O Grove. A xornada contará cunha parte teórica sobre o o adestramento das conductas caninas, en Exposalnés de 16 a 17 horas. Posteriormente os asistentes e os seus acompañantes peludos recibirán unha clase práctica de "paseo con Cans" polo Paseo da Calzada. En caso de choiva...
CAMBADOS RECUPERA ARTES TRADICIONAIS PARA PROMOVER AS RELACIONS INTERXENERACIONAIS 02.05.2017 2:13
Cambados recupera diferentes artes e oficios tradicionais a través de catro obradoiros que se poñen en marcha esta fin de semana, destinados á mocidade e ás persoas maiores. Redeiras, cestería, acuarela e xogos tradicionais conforman o Mes das Artes en Cambados, que son de balde, ainda que algúns deles con límite de prazas. As inscripcións poden realizarse no Concello de Cambados. O Mes das Artes...
AS EXCAVACIONS DE CALAGO PODERIAN COMEZAR NO VERAN 02.05.2017 2:55
A Mancomunidade do Salnés inicia os trámites para que a Xunta declare como Camiños Históricos de Galicia a Ruta do Padre Sarmiento e a Variante Espiritual. O presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, xunto co presidente do Camiño Portugués, Tino Lores, presentaron esta mañá a documentación necesaria nunha reunión coa Directora Deral de Patrimonio Cultural da Xunta, Carmen Martínez Insua. Ade...
SANXENXO ADICA TODO O MES DE MAIO AS LETRAS GALEGAS 02.05.2017 4:55
Sanxenxo celebra a conmemoración das Letras Galegas cun mes repleto de actividades culturais, que se celebrarán entre os 6 e o 27 de maio. Concertos da banda municipal e da coral de Portonovo, contacontos, unha marcha cicloturista e un festival son parte das propostas, O programa de actividades foi presentado esta mañá pola Concelleira de Cultura, Sandra Fernández Agraso, nunha rolda de prensa que...
INICIASE A SENDA PEONIL ENTRE SOUTULLO E MAJOR 28.04.2017 3:05
A Xunta avanza na creación da Senda Peonil dende A Lanzada a Portonovo: iníciase o tramo entre Soutullo e Major, está prácticamente rematado o treito entre A Lanzada e Soutullo e comeza a tramitación do último proxecto, entre Major e Portonovo. A Consellería de Infraestructuras iniciou esta semana as obras do segundo tramo, entre Soutullo e Major, de 1,2 kms, con senda de 2 metros ancho. Na marxe...
VARELA: CIRCOS EN VILAGARCIA SI, PERO NON ASI 28.04.2017 3:47
O Concello de Vilagarcía iniciará os expedientes sancionadores contra o circo instalado en A Escardia por desobediencia á unha orde directa do concello. As multas oscilarán entre los 6.000 y los 60.000 mil euros máis as sanciones pola publicidade. I e que, finalmente, o polémico espectáculo abriu a súa función da pasada tarde, e pretende facelo mismo hoxe e a fin de semana, a pesar do veto municip...
A PRAZA DAS RODAS ESTARA PECHADA AO TRAFICO NO VERAN E AS FINS DE SEMANA O RESTO DO ANO 28.04.2017 3:02
O Concello de Cambados optou por unha solución combinada para a circulación da Praza das Rodas. Estará pechada ao tráfico dende xuño a setembro e o resto do ano durante as fins de semana, tal como se se acordou nas reunións celebradas con veciños e hosteleiros. En todo caso, para permitir o tránsito dos residentes, expediranse dúas tarxetas de autorización para cada domicilio: unha para aparcar e...
CAMBADOS OTORGA O PREMIO RAMON CABANILLAS 2017 AO CATEDRATICO RAMON PENA 27.04.2017 6:15
O Concello e os libreiros de Cambados presentaron esta mañá o premio Ramón Cabanillas 2017, que recaerá no catedrático da universidade de Vigo Xosé Ramón Pena, estudioso da obra de Cabanillas. O acto de entrega celebrarase o 3 de xuño no Auditorio municipal ás 20 horas. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o Concelleiro de Cultura, Victor Caamaño.
O circo realizara a funcion desta tarde e o Concello precintarao 27.04.2017 3:38
O polémico circo instalado nunha parcela privada de A Escardia está disposto a realizar hoxe á tarde a súa primeira función a pesar de que o alcalde deulle onte 24 horas para retirarse e suspender a actividade. O prazo rematou ás tres da tarde e nese momento operarios do servizo procederon a retirarlle o cable de electricidade. Unha actuación que non preocupa ao empresario, ao contar con xenerador...
OS SOCIOS DE SAL RESPALDAN A DEPUTACION NAS OBRAS DE LUIS ROCAFORT 27.04.2017 5:32
As xa controvertidas obras de humanización da rúa Luis Rocafort crean as primeiras discrepancias no tripartito de Sanxenxo e poñen ao portavoz do PP ao lado do alcalde. Todo elo tralas declaracións do deputado de Infraestructuras, Uxío Benítez, asegurando que o goberno provincial non vai dar marcha atrás no proxecto, nin ten pensado ampliar o número de aparcamientos públicos previstos, e tampouco...
TRES MARIÑEIROS FALECIDOS NO NAUFRAXIO DO NOVO MARCOS EN POIO 26.04.2017 4:06
Tres mariñeiros faleceron e dous conseguiron sobrevivir no naufraxio acontecido esta madrugada na ría de Pontevedra. O corpo do patrón do barco, que permanecía desaparecido, foi atopado finalmente polos mergulladores da Garda Civil nas proximidades da embarcación, afundida a 15 metros de profundidade. Dous dos falecidos son pais dos dous supervivintes. A embarcación Nuevo Marcos, ten base en Porto...
Un concerto pechara este venres o noites mouchas de cambados 26.04.2017 3:28
Un concerto de tres grupos galegos e un dj pecharán este venres o programa Noites Mouchas que durante os dous últimos meses se estivo celebrando en Cambados como forma de ocio alternativo para a mocidade. A actuación de peche, que leva o nome de Noites Mouchas Fest, terá lugar no salón Peña a partir das 22 horas, con entradas a dous euros. Subiranse ao escenario os grupos Igmig de Vigo, Doen, do S...
TONUCCI VISITA O COLEXIO DE DEIRO E CAMBADOS DIVULGANDO A SUA PEDAGOXIA 25.04.2017 6:31
O psicopedagogo italiano Francesco Tonucci realizou hoxe unha visita polos tres concellos do Salnés que están integrados na Rede de Cidades dos Nenos. Durante o seu percorrido, está a divulgar o su ideario sobre os espazos públicos e a súa filosofía de goberno das cidades, polos que acaba de recibir o doctorado honoris causa da Universidade de Oviedo. Tonucci estivo primeiro en Vilanova, concreta...
ENFANDO EN SANXENXO COA DEPUTACION A RAIZ DAS OBRAS DE LUIS ROCAFORT 25.04.2017 5:36
Enfado en Sanxenxo coa Deputación de Pontevedra a raiz das obras de humanización da Avenida Luis Rocafort, que está a executar o organismo provincial. Segundo o alcalde, Gonzalo Pita, el mesmo solicitou á institución provincial que reducira o ancho das beirarrúas ata os 4,5 metros para crear 20 prazas máis de aparcamentos pero non obtivo ningunha resposta e os bordillos están xa situados nos 6 met...
ENTREVISTA CON CHELO BESADA, TENENTE DE ALCALDE DE POIO 25.04.2017 24:30
Hoxe en Arousa Pontevedra Día a Día conversamos coa tenente de alcalde de Poio, Chelo Besada, sobre o anuncio da Xunta de iniciar as expropiacións para a creación dunha senda peonil na PO 308. Tamén abordamos a creación doutras sendas peonís no litoral do municipio, promovidas pola Concellería de Obras, e diversas medidas de aforro enerxético.
OS BOMBEIROS DO SALNES AMPLIAN A SUA FLOTA CON DOUS NOVOS VEHICULOS 24.04.2017 2:44
O parque comarcal de Bombeiros de O Salnés amplía a súa flota con dous novos vehículos destinados á loita contra os incendios. Un deles estará ubicado no parque de Ribadumia e o segundo en Vilagarcía. A Deputación de Pontevedra, a través do Consorcio de Bombeiros provincial, investiu case 500.000 euros na merca dos dous vehículos que foron entregados esta mañá na sede dos bombeiros en Ribadumia. U...
UNHAS CEN PARELLAS PARTICIPARAN NO IV TROFEO DE BAILE DEPORTIVO BTROULA 21.04.2017 2:22
O Concello de Ribadumia continúa apostando polo deporte e nesta ocasión acollerá o IV Trofeo de baile deportivo BTroula. O certame celebraráse o vindeiro 30 de abril no pabillón de A Senra que estará preparado para a ocasión. Tratase dun evento no que se disputarán catro campionatos, o Trofeo nacional de baile deportivo, o de danza coreografica, o de ritmos caribeños, e o Campionato Galego de 10 b...
A XUNTA INICIA O PROXECTO DA SENDA PEONIL ENTRE O TERRON E DEIRO 21.04.2017 1:47
A Xunta comeza en Vilanova o procedemento para a creación dun novo tramo das Sendas de O Salnés, adecuadas para peóns e ciclistas. Trátase do itinerario que enlazará a Senda do Terrón con San Miguel de Deiro, a través da Pantrigueira. A actuación terá un orzamento de 1,9 millóns de euros, financiados con fondos europeos. O proxecto foi anunciado esta mañá polo director da Axencia Galega de Infraes...
CAMBADOS RETIRA A ESTATUA DE FRAGA DO PAZO TORRADO 21.04.2017 8:07
Cambados quédase sen a figura de pedra máis controvertida dentro da política municipal. Unha empresa contratada polo Concello e operarios municipais retiraron esta mañá a estatua de Manuel Fraga ubicada no Pazo Torrado, facendo realidade unha demanda do BNG de Cambados. A estatua fora colocada polo anterior goberno municipal, do PP, no ano 2012, en homenaxe ao seu nomeamento como cabaleiro do Alba...
26 MULLERES DE VILAGARCIA EN SITUACION DE VULNERABILIDADE RECOBRAN A AUTOESTIMA 20.04.2017 1:52
O Concello de Vilagarcía puso en marcha esta mañá unha nova edición do programa Clara que promove a inserción social e laboral de mulleres que se encontran en situación de vulnerabilidade. Nesta ocasión 26 mulleres, seleccionadas dende o CIM, participarán durante 8 meses nesta iniciativa que lle dará máis opcións á hora de encontrar traballo. Nolo explicaba Belén Fernández, a técnica do Instituto...
NOVO APARCAMENTO PARA O CAMPO DE FUTBOL DE BERDON CON MAIS DE 150 PRAZAS 20.04.2017 1:17
O entorno do campo de futbol de Berdón contará cunha nova zona de aparcamento con entre 150 e 200 prazas. Esta nova dotación é posible grazas a un convenio de cesión asinado entre o Concello e os propietarios da parcela que permite o uso de 3.000 metros cadrados para a construcción desa nova bolsa de estacionamentos. Ademáis, o executivo municipal rubricou un segundo convenio de cesión de terreos...
SANXENXO AVANZA NA TRAMITACION DO SANEAMENTO DE NANTES A TRAVES DA EDAR DE PAXARIÑAS 20.04.2017 3:15
O goberno local de Sanxenxo transmitiu esta mañá aos integrantes da Xunta de Compensación do Polígono de Nantes que o Concello está ultimando os trámites para desbloquear o problema de saneamento mediante a conexión á EDAR de Paxariñas. O alcalde, que asistiu esta mañá a reunión do Consello Rector do polígono, insiste en que se trata da mellor solución a corto plazo xa que a depuradora municipal t...
70 IMAXES DUNHA MIRADA DE ANTANO EN GALICIA POR RUTH MATILDA 19.04.2017 2:37
Afundación, Abanca e o Concello de Vilagarcía asinaron esta mañá en dependencias municipais un convenio de colaboración cultural para que Vilagarcía acolla a exposición "Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia". Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura a colección de arte hispana...
ENTREVISTA LIDIA SALGUEIRO CONCELLEIRA CULTURA POIO 18.04.2017 17:00
Hoxe en Arousa Pontevedra Día a Día falamos coa concelleira de Cultura de Poio sobre as actividades programadas para o Día do Libro, a próxima representación de Poio Escena, avanzamos as bases dos Maios 2017 e tamén dos actos do Día das Letras Galegas.
MAIS DUN MILLAR DE PEZAS RECUPERADAS NO CASTRO ALOBRE 18.04.2017 5:38
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, visitou esta mañá á parcela de Vilaxoan onde a finais desta semana empezarase a construir a terceira escola infantil pública do municipio. O centro educativo contará cunha capacidade máxima de 82 prazas para a escolarización de nenos de 0 a 3 anos. A actuación foi adxudicada á empresa Inelsa de Sanxenxo por un importe de 589.000 euros e ten un prazo de ex...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.