Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
EXPOSICIONS E CATAS PARA CELEBRAR O DIA DO ENOTURISMO EN CAMBADOS 02.11.2016 4:33
A exposición da obra de Abel Barandela “Costumes e Viño Tinto” este venres as 18:00 en ExpoSalnés será a seguinte parada das actividades programadas polo Concello de Cambados para conmemorar o Día do Enoturismo o 13 de novembro. O sábado 5 de novembro inaugurarase unha mostra de Arte Ibérica, que se prolongara ata o 11 de Decembro no salón Peña. Tamén do 5 o 6 de novembro o Salón Peña acollerá as...
O CONCELLO CONFIA NAS POSIBILIDADES DE CAMBADOS COMO CIDADE EUROPEA DO VIÑO 2017 02.11.2016 3:10
O Concello mantense confiado ante a posibilidade de que a Cambados sexa Cidade Europea do Viño 2017. Este venres 4 de novembro coñecerase qué candidatura gañará o certame no transcurso dunha gala que celebrará Recevín na cidade portuguesa de Palmea. Alí estarán representantes de Cambados, encabezados pola alcaldesa Fátima Abal, o Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, ademáis do xerente da Ma...
TEATRO EN SANXENXO PARA OS SABADOS DE OUTONO 31.10.2016 3:34
O concello de Sanxenxo organiza un ciclo de teatro para disfrutar dos sábados de outono. Na programación, elaborada polo concello en colaboración coa Deputación de Pontevedra, poranse en escea 6 obras de teatro; 3 de compañías profesionais e outras 3 de compañías amateur do municipio. As obras representaranse os próximos sábados ás 21:00 horas no Pazo Emilia Pardo Bazán e porase fin a este ciclo d...
TELMO MARTIN PIDE AO TRIPARTITO EN MINORIA QUE DEIXE GOBERNAR A OPOSICION 31.10.2016 2:48
O PP pide ao tripartito que sexa consciente da súa situación de minoría e que deixe gobernar a oposición. O portavoz do grupo municipal conservador, Telmo Martín, asegura que non pensa nunha moción de censura pero tampouco aclara a fórmula alternativa. A bo entendedor poucas palabras bastan, segundo Telmo Martín Así o explicaba nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
SEGUNDA FIN DE SEMANA DE PINCHOS DE OUTONO EN CAMBADOS 28.10.2016 8:24
A Hostelería de Cambados retoma esta fin de semana as xornadas de Pinchos de Outono, unha iniciativa organizada polo Concello e a Asociación de Comerciantes Zona Centro, e que comezou o pasado venres co fin de promocionar o sector e desestacionalizar o turismo. Nesta ocasión 9 locais participan nestas xornadas con propostas a 1 euro que maridan con augardentes da denominación de Orixe de Galicia....
A PLATAFORMA GALEGA DE ENSINO PUBLICO VE INSUFICIENTE O ANUNCIO DE RAJOY SOBRE AS REVALIDAS 27.10.2016 5:08
A Plataforma Galega do Ensino Público considera insuficiente o anuncio sobre as reválidas realizado esta mañá polo candidato á presidencia do goberno do estado, Mariano Rajoy. Durante a sesión de investidura, Rajoy anunciou que as probas de Bacharelato e da ESO non terán efectos académicos ata que se pacte unha nova lei de educación. Sen embargo, para o colectivo é un primeiro paso pero non sufici...
CAMBADOS ABRE AS INSCRIPCION PARA O TERCEIRO OBRADOIRO DE BATUCADA 27.10.2016 4:17
Cambados pon en marcha a terceira edición do Obradoiro de Batucada Brasileira que este ano contará con 50 prazas. As clases comezarán a partir do 7 de novembro e serán impartidas por Jorge César Pérez, Profesor Superior de Música na Especialidade de Percusión do Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. A actividade desenvolverase todos os luns de novembro a xuño de 20:00 a 21:30 h. no Salón Jos...
A DEPUTACION BUSCA NOVA SEDE DO ORAL EN CAMBADOS 26.10.2016 3:25
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva estivo esta mañá na oficina do ORAL en Cambados dentro da rolda de visitas que está a realizar en todas as oficinas da provincia. Carmela Silva solicitou a colaboración do concello para habilitar unha nova oficina do ORAL máis amplia e na que se poida dar una atención mellor e máis íntima. Pola sua parte, a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal,...
VILANOVA COMEZA A FACERSE CARGO DAS OBRAS DO AUDITORIO DE O ESTEIRO 26.10.2016 2:11
O Concello retoma as obras de Conversión da Casa de Cultura do Esteiro en Auditorio, tras recibir xa de forma oficial o Convenio modificado suscrito coa Deputación, que tamén lle fixo entrega das chaves. Agora Vilanova pasa a facerse cargo da execución do resto da obra, para a que se mantén un importe de 740.000 euros. A estimación do alcalde, Gonzalo Durán, é que despóis do verán do ano que ven V...
SANXENXO PROPON UNHA BAIXADA DO IBI DE DUAS DECIMAS, INSUFICIENTE PARA O PP 26.10.2016 2:42
O tripartito de Sanxenxo propón unha baixada do IBI para o ano que ven do 0,48 actual ao 0,46. O alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e o concelleiro de Economía, David Otero, presentaron esta mañá a súa proposta. Segundo nos explicaba o responsable de Economía en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA, a reducción impositiva non pode chegar ao pretendido 0,44 do PP debido ao plan de axuste no que se encontra...
DEPUTACION E CONCELLO RETOMAN O PROXECTO DE REFORMA DA PISCINA MUNICIPAL 26.10.2016 1:05
A piscina municipal de Cambados será obxecto dunha reforma “espectacular”, segundo o novo plantexamento da Deputación de Pontevedra. Así o anunciaban esta mañá en Cambados a Presidenta Provincial, Carmela Silva, e a alcaldesa, Fátima Abal, despóis de que o proxecto fora paralizado debido ás ilegalidades detectadas no documento. Unhas declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
ETIQUETA NEGRA, GOURMET GALEGO PRESENTASE EN SANXENXO 25.10.2016 3:38
As Instalaciones do Obradoiro de Hostelería da Mancomunidad do Salnés, no porto deportivo Juan Carlos I de Sanxenxo, acolleron esta mañá a presentación da primera edición da feria "Etiqueta negra, gourmet galego e inspiración innovadora" que organiza o Concello de Pontevedra. Celebrarase do 12 ao 14 de novembro no recinto feiral de Pontevedra e nel colaborará o Obradoiro de Hostelería do Salnés co...
COMEZA O EMPREGA SALNES V 25.10.2016 5:01
60 persoas desempregadas da comarca empezan hoxe a formarse no Programa Integrado de Emprego “Emprega Salnés V”, promovido pola Mancomunidade do Salnés. O acto de apertura tivo lugar esta mañá na nova sede da Mancomunidade en Exposalnés, coa presencia do Presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán,alcaldes da comarca, o xerente da entidade comarcal, Ramón Guinarte, e a coordinadora do curso, Begoña...
AMPLA REFORMA PARA O CENTRO DE SAUDE DA ILLA DE AROUSA 25.10.2016 2:44
A Illa de Arousa non terá un novo centro de saúde pero o actual será obxecto dunha ampla reforma. O Conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, anunciaba esta mañá nunha visita ao centro médico, que se instalará un ascensor, crearase unha nova entrada e habilitaranse novas zonas de consultas. As obras poderían comezar a principios do vindeiro ano, segundo as estimacións que realiza...
CAMBADOS BAIXARA O IBI E APROBARA NUMEROSAS BONIFICACIONS FISCAIS PARA 2017 25.10.2016 16:38
O cuatripartito de Cambados baixará o IBI ao 0,55%, conxelará unha gran parte das taxas e propón numerosas bonificacións fiscais para 2017. O obxectivo do goberno local para o vindeiro ano é investir para a creación dun concello máis xusto socialmente, de maior emprego e con máis oportunidade de negocio, e máis sensible co medio ambiente e coa natalidade. Por eso, dentro do plan, as bonificacións...
VILANOVA URXE A VILAGARCIA QUE SOLUCIONE CON URXENCIA A SITUACION DO VIAL DE BAION 25.10.2016 2:29
Os técnicos municipais de Vilagarcía supervisan o tramo do vial que conecta Baión coa circunvalación de Vilagarcía e o Hospital do Salnés, onde o pasado sábado caeu unha rocha de grandes dimensión, para comprobar se hai seguridade suficiente para proceder á súa reapertura. O vial volvía a pecharse ao tráfico a pasada tarde, por orde do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, ao considerar de grave...
DOAZON LITERARIA PROVINCIAL NO DIA DAS BIBLIOTECAS 24.10.2016 1:52
Hoxe celébrase o Día das Bibliotecas e con tal motivo a Deputación de Pontevedra elixiu Sanxenxo para facer un recoñecemento ao traballo que realizan os profesionais encargados das diferentes bibliotecas dos concellos da provincia. A institución provincial entregará un lote de 10 libros en cada biblioteca municipal e salas de lectura, 24 delas na comarca do Salnés. O deputado de Cultura Xosé Leal...
A AJE PRESENTA EN SANXENXO O XXI PREMIO XOVENES EMPRESARIOS 24.10.2016 1:57
A Asociación de Xóvenes Empresarios da Provincia de Pontevedra abre o prazo para a presentación de candidaturas ao premio xoven empresario deste ano. O certame celebrarase o 11 de novembro no Liceo Casino de Pontevedra e o prazo límite é o 7 de novembro ás 14 horas. Como novidade na edición deste ano, os candidatos optarán a poder ocupar, durante 6 meses e de balde, catro locais no centro comercia...
RENOVADO O ALUMEADO PUBLICO EN CASTRELO E VILARIÑO 21.10.2016 3:42
O Concello de Cambados acaba de renovar o alumeado público nas parroquias de Vilariño e Castrelo, cun investimento total de 27.000 euros, a través dunha axuda da Xunta con fondos europeos e outra da Deputación. A actuación consistiu no cambio de tendidos e cadros eléctricos, que tiñan unha antigüidade nalgúns casos de máis de 30 anos, e que estaban provocando continuos apagóns e deficiente prestac...
UN CUPON DA ONCE PARA CONMEMORAR O 150 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE VALLE INCLAN 21.10.2016 1:46
O 150 aniversario do nacemento de Valle Inclán ilustrará o cupón da ONCE do vindeiro xoves 27 de outubro. Cinco millóns e medio de boletos adicados ao escritor vilanovés están xa a disposición en todo o territorio nacional nunha iniciativa cultural da ONCE para rememorar a súa figura. Ademáis, con este motivo, o delegado territorial da organización , Manuel Martínez Pan, entregou esta mañá ao alca...
PINCHOS MARIDADOS CON AUGARDENTES DENDE HOXE EN CAMBADOS 21.10.2016 5:21
Xa está en marcha en Cambados a nova campaña para a hostalería “Pinchos de Outono”. Nove establecementos hosteleiros participan durante esta fin de semana e a seguinte con propostas de pinchos maridados con diferentes licores e augardentes, como é o caso do licor cafe. Unha iniciativa enmarcada dentro do programa preparado en novembro para celebrar o Día do Enoturismo e como parte da candidatura d...
ABUSOS BANCARIOS E COMO RECUPERAR OS CARTOS O XOVES 27 EN EXPOSALNES 20.10.2016 5:23
O Concello de Cambados, en colaboración coa Asociación de Comerciantes Zona Centro, pon en marcha unha iniciativa para asesorar aos veciños sobre “Abusos Bancarios e cómo recuperar os cartos”. Será nunha xornada, promovida polo Despacho de Avogados Miguelez & Asociados, que se celebrará o próximo xoves 27 de outubro en Exposalnés ás 20 horas. Os detalles coñecémolos na presentación desta iniciativ...
RAVELLA INSISTE EN QUE A PRESION FISCAL BAIXA PARA 2017 20.10.2016 5:37
As ordenanzas fiscais aprobadas para 2017 no pleno do pasado luns seguen dando que falar. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Facenda, Luz Abalo compareceron en rolda de prensa para aclarar os conceptos, insistindo na rebaixa da presión fiscal. Asegura o goberno local que, das 30 ordenanzas mantéñense 27, e baixan as tres restantes: o IBI, o IAE, e o lixo e alcantarillado....
PINCHOS DE OUTONO EN CAMBADOS MARIDADOS CON AGUARDENTES GALEGOS 19.10.2016 4:55
O Concello de Cambados e a Asociación de Comerciantes Zona Centro poñen en marcha unha nova campaña para a hostalería baixo a denominación de “Pinchos de Outono”. Nove establecementos hosteleiros participarán durante as últimas fins de semana de outubro con propostas de pinchos maridados con diferentes licores e augardentes, como é o caso do licor cafe. A iniciativa ten un doble obxectivo: promoci...
FOLE ACUSA DE CONCHABEO ENTRE PSOE, BNG E ALVES NA REBAIXA DO IBI 19.10.2016 1:59
O Imposto de Bens Inmobles situarase o ano que ven no 0.55%, tal como se aprobou no pleno da corporación de Vilagarcía celebrado a pasada tarde. Finalmente, PSOE e BNG beneficiáronse da disensión interna de EU para sacar adiante a proposta do grupo de goberno sen necesidade do voto de calidade do alcalde. O edil de EU Miguel Alves votou en contra da iniciativa do seu grupo, que pretendía a rebaixa...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.