Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
FOLIADA EN BENEFICIO DA FUNDACION LAR 18.10.2016 3:22
A VII Foliada porá a música na rúa en Vilagarcía o vindeiro domingo 23 de outubro. No evento participarán 250 músicos e terá un menú solidario de 5 euros, cuxa recadación se destinará integramente á Fundación Lar Pro Saúde Mental. A música dos gaiteiros soará dende ás 12 horas ata as 16 horas na rúa Baldosa. En caso de chuvia, o evento aplazarase ao día 6 de novembro. Así o explicaban os organiza...
A RISA SERVIRA PARA RECADAR FONDOS PARA O CAMPO DE REFUXIADOS DE GRECIA 18.10.2016 3:18
Vilagarcía fai un novo chamamento á solidariedade. Neste caso a través do humor nunha gala benéfica destinada a recadar fondos para os refuxiados no campo de Katsikas, no noroeste de Grecia. A iniciativa parte da ONG Aire, integrada por bombeiros dos grupos de rescate, que vai reunir este venres 21 de outubro no Auditorio de Vilagarcía a catro monologuistas e o grupo musical Los Mecánicos. Actuará...
PORTOS DE GALICIA COMEZA A DRAGAXE DA DARSENA DE VILAXOAN 13.10.2016 2:16
Portos de Galicia comezou esta mañá a dragaxe da dársena do peirao de Vilaxoán co fin de conseguir un maior calado para os barcos. A actuación supón unha inversión de 22.000 euros e realizarase nunh prazo dun mes. Os áridos retirados, de categoría A, servirán para rexeneración do banco marisqueiro de Canelas, ubicado ao carón do porto. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o Presidente de Po...
CAMBADOS PREPARA UNHA AMPLA PROGRAMACION CULTURAL PARA OUTONO E INVERNO 10.10.2016 4:36
A Concellería de Cultura de Cambados prepara unha ampla programación cultural para outono e inverno. O concelleiro que dirixe o departamento, Víctor Caamaño, presentou esta mañá as diferentes actividades pensadas para todo o público. En Outubro, Ciclo de teatro adulto, os domingos ás 19 horas no Auditorio da Xuventude, combinado coas proxeccións de memoria histórica en Exposalnés os sábados ás 20....
VARELA PROPON UNHA REDUCCION DO IBI AO 0,56% E CONXELAR O RESTO DE TAXAS 10.10.2016 2:16
O goberno municipal de Vilagarcía proporá hoxe á comisión de revisión de ordenanzas, integrada por representantes de todos os grupos políticos da Corporación, unha reducción do IBI urbano ao 0,56% e conxelar o resto de taxas municipais. Ademáis, o goberno vai renunciar definitivamente ao préstamo de 3,15 millóns de euros dos Fondos de Luz Salgada, que se ía redestinar ás obras da segunda fase de r...
PIDEN O CESE DA RESPONSABLE DE RECURSOS HUMANOS DA AREA SANITARIA DO SALNES 07.10.2016 3:55
A Xunta de Persoal da Área Sanitaria do Salnés pide o cese da Directora de Recursos Humanos tras meses pendentes de resposta sobre asuntos relacionados cos dereitos laborais dos traballadores. Segundo nos explicaba a presidenta da Xunta de Persoal, Celia Iglesias, están cansos dunha situación que é insostible despois de que a responsable de Recursos Humanos suspendera a reunión convocada para o pa...
VILANOVA CELEBRA UNHA NOVA OCTOBERFEST DO 14 AO 16 07.10.2016 1:41
Vilanova prepara unha nova edición do OctoberFest. Será a fin de semana do 14 ao 16 deste mes de outubro, no Xardín Umbrío, con degustación de productos alemáns e a actuación de Panorama. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o alcalde Gonzalo Durán.
CAMBADOS ACONDICIONA O CAMIÑO ENTRE BURGANS E SAMEIRO 07.10.2016 2:52
Acaban de rematar as obras de acondicionamento do camiño que une Brugáns con Sameiro, na parroquia de Vilariño. A actuación foi realizada pola empresa Marconsa por un importe de 36.000 euros, a través do Plan Marco da Xunta. Con esta obra, o concello pretende tamén facilitar acceso aos propietarios das fincas. Os detalles explicounos esta mañá o concelleiro de Obras e Servizos, José Ramón Abal, du...
VILANOVA SIGUE APOSTANDO POLOS DRONS 07.10.2016 2:44
Vilanova pon en marcha un novo curso de manexo de drons. 25 alumnos comezaron xa a aprendizaxe no Pazo de Vista Real, despóis de dúas convocatorias e 14 alumnos que xa encontraron traballo no sector, ainda que de forma esporádica. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o responsable da empresa Dronalia, encargada de impartir os cursos.
O SALNES PREPARA A SUA PROPOSTA ADICADA A LITA CABELLUT 06.10.2016 3:50
Vilagarcía, Cambados, Vilanova e A Illa comezan a preparar o proxecto conxunto que presentarán á VI Semana Internacional de Educación Artística da Unesco, que se celebrará o próximo maio. Esta edición estará adicada á pintora oscense con raices catalanas Lita Cabellut e os colexios e asociacións da comarca que participen realizarán unha estructura con flores, do mesmo xeito que na edición anterior...
AS PEZAS ORIXINAIS DE HULK, TERMINATOR OU ALIEN EN VILAGARCIA ATA NOVEMBRO 06.10.2016 1:34
Vilagarcía inaugura esta tarde ás 20 horas na Sala Rivas as catro exposicións do Festival de Curtas. A mostra permanecerá aberta ata o 25 de novembro e nela pódense contemplar as pezas orixinais, utilizadas no cine, de persoaxes de heroes de aventuras e ciencia ficción dos anos 80. Os detalles ofrecéronos esta mañá a concelleira de Cultura, Sonia Outón, e o director do Festival, Luis Rosales nunha...
CICLO DE CONCERTOS DA SOCIEDADE FILARMONICA DE VILAGARCIA 05.10.2016 2:05
Vilagarcía comeza un ciclo de 7 concertos da Sociedade Filarmónica, recentemente constituída, que se inicia este mes de outubro e rematará en maio, dentro da programación da Festa de Santa Rita. Catro deles serán no salón García, para os membros da Sociedade Filarmónica en exclusiva, e os outros tres no Auditorio, abertos ao público. O concerto inaugural será este venres, 7 de outubro, a cargo da...
O PP PIDE CAUTELA SOBRE AS INVERSIONS PARA VILAGARCIA AVANZA 05.10.2016 1:58
O PP pide cautela sobre as inversións que o goberno local destinará ao proxecto Vilagarcía Avanza, que acaba de recibir o financiamento de 5 millóns de euros de fondos europeos. O portavoz popular, Tomás Fole, expresou esta mañá o seu temor de que pase como co proxecto de Luz Salgada, pregúntase de onde vai sacar o executivo o 1,2 millóns de euros que ten que aportar e lembrou de novo a herencia r...
VILAGARCIA RECIBE 5 MILLONS DE FONDOS EUROPEOS PARA DESARROLLO URBANO 03.10.2016 2:57
Satisfacción no goberno de Vilagarcía tras recibir a concesión de fondos europeos por importe de 5 millóns de euros para o financiar seu proxecto denominado "Vilagarcía Avanza". A este importe sumarase unha aportación municipal de 1,2 millóns de euros. O executivo socialista pretende conseguir, tal como se detallaba no proxecto, unha cidade "innovadora, de todos, sostenible e atractiva". O ámbito...
OS PORTOS DEPORTIVOS BUSCAN EN LA ROCHELLE NOVAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO. 30.09.2016 4:51
Unha decena de representantes de portos deportivos de Galicia, entre eles da Ría de Arousa e do conxunto das Rías Baixas, están hoxe na cidade francesa de La Rochelle para seguir promocionando a náutica de recreo nesta rexión do país veciño. Todos eles están establecendo contactos e buscando maiores oportunidades de negocio, amparados por Portos de Galicia. Para saber os detalles, en AROUSA PONTEV...
VILANOVA INSTALARA 30 REPETIDORES WIFI PARA MELLORAR O ACCESO DENDE OS MOVILES 30.09.2016 1:27
Vilanova aumentará os puntos de acceso á fibra óptica en todo o municipio para que en dous meses todos os dispositivos móviles teñan posibilidade de conectarse á Wifi Municipal. O alcalde Gonzalo Durán anunciaba esta mañá que se van a instalar 30 repetidores wifi para ampliar o sinal da rede coa que xa conta o municipo dende hai case 10 anos. A actuación ten un custe de 12.000 euros, que o goberno...
COMEZAN AS OBRAS DE REFORMA DA PRAZA DE ABASTOS DE VILAGARCIA 29.09.2016 3:39
A segunda fase de reforma da praza de abastos de Vilagarcía comezou oficialmente esta mañá. Para facelo de forma institucional, ata o mercado achegáronse esta mañá a concelleira de Infraestruturas, Paola María; o edil de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez, e o concelleiro de Obras e Servizos, Lino Mouriño. Calculase que as obras prolongaranse durante aproximadamente nove meses nun proxecto qu...
VILAGARCIA TEME QUE A CHUVIA DANE AS EXCAVACIONS DE CASTRO ALOBRE 29.09.2016 1:18
A actuación arqueolóxica que se está a realizar no Castro Alobre de Vilagarcía é unha das afectadas polo incumplimento do Ministerio de Fomento do convenio coa Deputación para a posta en valor dos castros da provincia. Ante a paralización dos traballos, o Concello de Vilagarcía teme que a chegada das chuvias provoque danos ás excavacións realizadas. Ante esta situación, o grupo de goberno vai pres...
PORTOS RETIRA 5.000 KILOS DE REFUGALLOS DO FONDO DE TRAGOVE 28.09.2016 3:11
Portos de Galicia realiza hoxe a limpeza dos fondos da dársena de Tragove co fin de mellorar a seguridade da actividade portuaria e contribuir á sostenibilidade ambiental. Cinco mergulladores revisan con cámara de circuito pechado os fondos mariños e, mediante un guindastre, retiran todo tipo de refugallos, como rodas, aparellos, rizóns e mesmo carros da compra. Segundo a estimación de Portos, ext...
CAMBADOS PON EN MARCHA UN NOVO OBRADOIRO DE REXENERACION URBANA 27.09.2016 4:20
Cambados pon en marcha un novo obradoiro de emprego sobre a “Rexeneración Urbana e Medioambiental”. 20 alumnos desempregados comezan a traballar dende hoxe en dous módulos, de canteiría e xardineiría, durante 6 meses, recibindo o salario mínimo interprofesional a través dunha axuda económica da Xunta de 176.000 euros. Os seus traballos irán destinados á melloras de emplazamentos urbanos de Cambado...
O CEIP DE TREMOEDO TERA SERVIZO DE COMEDOR ESCOLAR 23.09.2016 3:32
O Colexio de Tremoedo en Vilanova inaugurou esta mañá o Plan Madruga e o Servizo de Comedor escolar nunha xornada de portas abertas. O novo servizo de comedor é posible grazas á axuda da Comunidade de Montes de Tremoedo, que acondicionou o cuarto onde se van servir as comidas a través dunha empresa de cátering, mentres os nenos serán atendidos por unha persoa que porá o Concello. Hai opción para 3...
O AUDITORIO DO ESTEIRO TERA SALA PARA CINE 23.09.2016 2:09
A Deputación aprobou esta mañá o novo convenio das obras de reconversión da Casa de Cultura do Esteiro en Auditorio, que cede ao Concello de Vilanova a contratación e xestión dos traballos. As previsións do alcalde, Gonzalo Durán, é que o novo auditorio estará prácticamente listo a mediados do ano que ven. Unhas novas instalacións que estarán adicadas exclusivamente á cultura e o ocio e nas que, a...
AGARDANSE RECOLLER 100.000 KILOS DE UVA EN PAZO BAION 23.09.2016 3:10
A vendima está esta semana a pleno rendemento en todas as adegas. E foi precisamente a colleita de Pazo Baión, xestionada pola adega Condes de Albarei, a que elexiu esta mañá a Ministra en funcións Ana Pastor como parada electoral no último día de campaña. Condes de Albarei agarda recoller 100.000 kilos de uva en Pazo Baión, cunha moi boa calidade. Alberto Barral, responsable de viticultura de Con...
O MUSICAL O MUNDO DOS GATOS ESTREASE EN VILAGARCIA EN OUTUBRO 22.09.2016 3:48
O musical regresa ao Auditorio de Vilagarcía. Neste caso co espectáculo O Mundo dos Gatos, baseado na coñecida obra Cats. A Banda de música de Vilagarcía e un coro formado para a ocasión, xunto coa Asociación cultural Nydia representan esta obra que contará con máis de 120 persoas en escena. Tratase do primeiro musical no que participa a Banda de Música como parte dunha actuación na que durante as...
PARTE DO SECTOR NON CONSIDERA PRIORITARIO O PLAN DE RENOVACION DE BATEAS 21.09.2016 0:53
A Consellería do Mar agarda a resposta do sector bateeiro ao plan de modernización de bateas presentado na reunión celebrada no Intecmar cos integrantes da Comisión de Mexillón. En principio, dende a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa se considera que non é unha acción prioritaria se non máis ben unha forma de camuflar a acuicultura extensiva. O colectivo entende que a Consellería do Mar deber...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.