Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A CIG REAFIRMASE NA CONVENIENCIA DE ASINAR O CONVENIO DA CONSERVA 21.09.2016

O Sindicato CIG reafírmase no seu apoio ao convenio da conserva, que rubricaou este luns en Madrid xunto con UXT e a oposición de CCOO. A central nacionalista insiste en que a pesar de que o acordo non é o ideal para o sector, sí é favorable para que as traballadoras manteñan os seus dereitos. A representante sindical Rosa Abuín explicou esta mañá os argumentos do seu posicionamento a favor do doc...

CAMBADOS ESTREA APARCABICIS 20.09.2016

O Concello de Cambados terá dende hoxe catro novos espazos para aparcar bicicletas. A concelleira de Medio Ambiente, Maria José Cacabelos supervisou esta mañá os traballos de instalación de estos novos aparcabicis, que se ubicarán no Paseo Marítimo, na parte traseira do concello, en Santa Mariña e en San Tomé, ainda que durante o ano se seguirán instalando máis postos polo municipio. Con esta medi...

TELMO MARTIN: "SANXENXO, TURISMO DE BORRACHEIRA" 20.09.2016

O PP de Sanxenxo reprocha ao goberno local a súa xestión durante a época estival. Segundo o portavoz do grupo municipal do PP, Telmo Martín, “ un verán de ocupación récord quedou empañado polos problemas de seguridade cidadá, a perda de 6 bandeiras azuis e a suciedade. Telmo Martín denuncia que “nunca as praias estiveran tan descoidadas como este verán, con pasarelas sepultadas pola area, sucidade...

O OBRADOIRO DE HOSTELERIA COMEZA A SUA ANDAINA NA NOVA UBICACION DE SANXENXO 19.09.2016

Hoxe púsose en marcha unha nova edición, e van 10, do Obradoiro de Emprego de Hostelría do Salnés, promovido pola Mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia. Será a primeira que se realice na nova ubicación de Sanxenxo, tras deixar as instalacións de A Lanzada. 20 desempregados formaránse en cociña e restaurante bar durante 6 meses na primeira pranta de Nauta Sanxenxo. Este espazo de máis de 500...

O sector alega contra o decreto que reordena o espazo maritimo 15.09.2016

O sector marisqueiro visibilizou hoxe a súa oposición ao Real Decreto do Estado que regula e reordena o espacio marítimo-pesqueiro, e que está en trámite de exposición pública. Confrarías, bateeiros, mariscadores e sindicatos, agrupados pola Plataforma en Defensa da Ría de Arousa, presentaron hoxe ante a Subdelegación do goberno en Pontevedra, as súas alegacións ao texto elaborado polo goberno en...

OS TRABALLADORES DE CELSO CANARIO CON SITUACION INCERTA 14.09.2016

Situación complicada na que se encontran os traballadores da empresa Celso Canario e Fillos de Meaño. A empresa leva en concurso de acreedores dende o 2014 e adebeda aos 5 seus empregados 9 meses de salarios. Agora están á espera de que la administradora concursal presente un ERE extintivo para poder cobrar o subsidio. Segundo denunciou esta mañá o sindicato CIG, os traballadores non poden nin cob...

20 DESEMPREGADOS TRABALLARAN NA RECUPERACION DE 7 MUIÑOS DO SALNES 14.09.2016

A Mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia poñen en marcha o obradoiro de emprego de recuperación Muiños do Salnés. Unha iniciativa coa que se trata de rehabilitar un conxunto de 7 edificacións ubicadas dúas en Currás, en Vilanova, unha en Simes, en Meaño e as restantes en Dorrón e Bordóns. en Sanxenxo. Todos estes muiños se encontran en pésimo estado de conservación, polo que a Mancomunidade...

TELMO MARTIN PENSA QUE ATA 2018 VILALONGA NON TERA O NOVO COLEXIO 14.09.2016

O portavoz do PP, Telmo Martín, recrimina ao goberno local que todavía non se puxeran a disposición da Xunta os terreos de O Revel necesarios para a construcción do novo colexio de Vilalonga. Un retraso que, segundo Telmo Martín, impedirá que as obras comecen nos prazos que se tiñan previsto e que o novo centro educativo non estea listo ata 2018. O portavoz popular fixo esta mañá un balance negati...

O PP PRESENTA 18 ALEGACIÓNS Á ORDENANZA DE TERRAZAS DE VILAGARCIA 14.09.2016

O Grupo Municipal do Partido Popular de Vilagarcía amosa a súa clara oposición á nova Ordenanza de terrazas elaborada polo goberno local. O portavoz popular Tomás Fole explicou esta mañá os motivos das alegacións ao documento presentadas polo seu grupo durante o período de exposición pública e que obrigarán a que a controvertida ordenanza volva a debaterse en pleno. Son 18 alegacións relativas á z...

NOVA PASARELA PEONIL PARA VILANOVA 13.09.2016

Unha nova pasarela peonil unirá o entorno de O Terrón, O Esteiro e a zona do multiusos de Vilanova. Finalmente, Costas do Estado aceptou a proposta do Concello para a realización deste proxecto co que o goberno local pretende poñer en valor unha zona na que se encontran tamén os Muiños de Currás que van ser rehabilitados cun novo obradoiro da Mancomunidade do Salnés. Coa aceptación da proposta e o...

VILAGARCIA URXE A AUGAS DE GALICIA A LIMPEZA DOS REGATOS 09.09.2016

O Concello de Vilagarcía quere previr os efectos de posibles inundacións a consecuencia dos incendios do pasado agosto e urxe a Augas de Galicia a limpeza dos ríos do municipio. O goberno local acaba de enviar un informe a Augas de Galicia sobre o estado de todos os regatos do municipio, empezando polo río de O Con, que se encontran cheos de maleza nos seus cauces. Ademáis, dende o Concello tamén...

OS PAIS DO COLEXIO TORRE-ILLA RETOMAN AS MOBILIZACIONS 09.09.2016

Os pais e nais do colexio Torre-Illa solicitarán a vindeira semana unha reunión con Inspección da Consellería de Educación na busca dunha solución a falta de profesorado para nenos con necesidades educativas especiais. Así o decidiron esta mañá na xuntanza mantida coa dirección do centro para analizar as posibles iniciativas contra a decisión da Consellería de Educación de suprimirlles o docente c...

A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL REUNESE CO SECTOR VITIVINICOLA EN CAMBADOS 08.09.2016

A Conselleira do Medio Rural, Angeles Vázquez, mantivo esta mañá no Parador de Cambados un encontro co sector vitivinicola da D.O Rías Baixas. A Conselleira resaltou a importancia deste sector como un dos motores da economía de Galicia. As súas declaracións recollémolas en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

UN NOVO INCENDIO EN BEALO ARRASA 32 HECTAREAS 08.09.2016

Controlado de madrugada un novo incendio forestal en Arousa. Neste caso, as lapas afectaron ao Concello de Boiro. A parroquia de Bealo veuse de novo atrapada entre o lume nun incendio rexistrado no lugar de A Galea, que calcinou una superficie aproximada de 32 hectáreas. Delas, 20 fueron de monte raso e as 12 restantes de masa arborada. O lume, que chegou a provocar o corte da estrada que une Boir...

60 DESEMPREGADOS PODRAN FORMARSE NO EMPREGA SALNES V 08.09.2016

A Mancomunidade do Salnés pon en marcha unha nova edición do Emprega Salnés, un plan integrado destinado á facilitar este ano a preparación de 60 persoas sen traballo. Os interesados en formar parte desta iniciativa poden presentar as súas solicitudes nas oficinas dos Servizos de Emprego ata o 30 de setembro, data na que remata o proceso de selección. O Emprega Salnés V presentouse esta mañá no Pa...

O ROCK GALEGO VOLVE A VILANOVA ESTA FIN DE SEMANA 07.09.2016

Vilanova "descarga" a terceira edición do Festival Rockin Vila. O Festival celebra esta fin de semana una edición na que como novidade, haberá concertos durante dous dias dentro dunha programación na que non haberá tempo para o descanso. Eso sí, mantendo a sua filosofía de promocionar o rock en galego. Nesta ocasión, a entrada terá un custe de 4 euros anticipada, 6 euros en taquilla e 5 euros co c...

AS OBRAS DE PAVIMENTACION DO VIAL DO PASEO DA CALZADA REMATARÁN O VENRES 07.09.2016

Portos de Galicia prevé que as obras de reparación do pavimento do vial paralelo ao Paseo da Calzada en Cambados estean rematadas a finais de semana. O Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, supervisou esta mañá os traballos, acompañado polo concelleiro de Obras de Cambados, José Ramón Abal, e o deputado provincial Luis Aragunde. Segundo o presidente portuario, a previsión é que o asfal...

OS TRÁNSITOS NÁUTICOS AUMENTARON UN 15% NA RIA DE AROUSA EN AGOSTO 07.09.2016

Os tránsitos de embarcacións deportivas nas Rías Baixas durante o mes de agosto incrementáronse nun 33% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Na Ría de Arousa o aumento foi do 15%. En total, 1789 embarcacións atracaron nalgún dos portos das nosas rías, tal como explicaba esta mañá o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao peirao de Vilanova, que recollemos en AROUSA PO...

O SECTOR CULTURAL DE A ANALISE NUN COLOQUIO DO BNG EN EXPOSALNES 06.09.2016

A sede de Exposalnés en Cambados acollerá esta tarde, ás 8 e media, un coloquio promovido polo BNG sobre a situación do sector cultural. O acto enmárcase na precampaña electoral da formación nacionalista cara aos comiciós do 25 de setembro. Para saber máis datos, en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Montse Prado, candidata do BNG por Pontevedra, que participa na charla-coloquio.

UN TALLER PARA PROMOCIONAR O FESTIVAL DE CURTAS DE VILAGARCIA 06.09.2016

Vilagarcía realizará un taller de curtas para promocionar o Festival de Curtas que se celebrará na vila entre os días 24 de outubro e 1 de novembro. A inscripción para o taller de curtas é de balde e o prazo abrese mañá e estará abierto ata o vindeiro martes. Nel poderán participar 15 persoas de entre 14 e 35 años e desenvolveráse os venres e sábados do 16 de setembro ao 1 de outubro, no Auditorio...

O COLEXIO DE SAN TOME ESTREA NOVOS BAÑOS E BIBLIOTECA AMPLIADA 05.09.2016

O colexio San Tomé de Cambados está xa preparado para iniciar o curso con melloras rematadas. O xefe territorial de Educación, César Pérez Ares, e o Concelleiro de Cultura e Educación de Cambados, Victor Caamaño, supervisaron esta mañá as obras realizadas no centro educativo, que conta agora con novos baños para Infantil e unha biblioteca máis ampla. As actuacións veñen a resolver unha demanda da...

VI REGATA DO CAMPIONATO GALEGO DE PIRAGUISMO O DOMINGO EN VILANOVA 02.09.2016

O Concello de Vilanova acollerá este domingo a VI Regata da Liga Provincial de Pontevedra, e que forma parte das probas do Campionato Galego nas categorías de Alevín e Benxamín. Nesta proba xa están inscritos máis de 600 participantes. A saída da proba será dende a pasarela peatonal de O Terrón. Na presentación da regata, estiveron presentes o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, acompañado polo pr...

MAIS DE 1.300 VIAXEIROS NAS RUTAS DOS CRUCEIROS COSTEIROS 02.09.2016

O Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán visitou está maña o porto de Vilanova para realizar o balance dos Cruceros Costeiros, que se desenvolveron durante este verán promovidos polo ente público. Estas rutas de Cruceiros polas Rías Baixas comezaron a levarse a cabo no mes de abril, e dende o seu inicio realizarónse 60 saídas e participaron 1.300 viaxeiros. Os cruceiros continuarán duran...

AS PARCELARIAS DE TREMOEDO E BAION ESTARAN REMATAS NOS VINDEIROS 4 ANOS 31.08.2016

O xefe territorial de Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo, visitou esta mañá o concello de Vilanova de Arousa para analizar o avance da concentración parcelaria de Tremoedo. Na súa visita estivo acompañado polo alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Escoitamos as súas declaracións en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

"O NOVO PRESIDENTE DEBERA TER TEMPO E AS IDEAS CLARAS" 31.08.2016

Jose Dieste presentou esta mañá a súa dimisión ao fronte da Presidencia da Asociación de Hosteleiros de Vilagarcía, Ahituvi. Os motivos que aporta para xustificar a súa marcha é a falta de tempo para atender ás necesidades da asociación debido ao seu traballo e estudos. Agora ábrese o prazo para a presentación de candidaturas para a nova presidencia de Ahituvi. A xunta directiva manterase intacta...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.