Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

SANXENXO CELEBRA ESTA FIN DE SEMANA A XXXIII FEIRA DA CEBOLA 30.08.2016

Sanxenxo celebra estes días as súas Festas de Verán, con numerosas actividades. Ademáis, esta fin de semana celebraráse a 33 edición da tradicional Feira da Cebola, na que este ano, un dos galardoados coa Cebola de Ouro será Victoriano Otero. En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Jesus Sueiro, Concelleiro de Cultura de Sanxenxo que nos contaba toda a programación para estos días de festexos.

VILANOVA ASUMIRA A XESTION DAS OBRAS DO AUDITORIO DO ESTEIRO 19.08.2016

A Deputación de Pontevedra deixa en máns do concello de Vilanova á xestión das obras de conversión da Casa de Cultura de Esteiro en Auditorio, paralizadas pola institución provincial pola existencia de irregularidades no proxecto. A Deputación acolle afirmativamente a proposta presentada polo concello para asumir directamente a contratación dos traballos e a redacción dun novo proxecto. Ambas admi...

A XUNTA ABRIRA UNHA LIÑA DE AXUDAS PARA A RECUPERACION DAS ZONAS QUEIMADAS 19.08.2016

A Consellería de Medio Rural vai abrir unha liña de axudas que posibiliten a recuperación das zonas queimadas nos incendios rexistrados nas últimas semanas na provincia de Pontevedra. A titular do departamento, Ángeles Vázquez, reuniuse esta mañá en Pontevedra cos alcaldes dos municipios afectados, entre eles os de Vilagarcía e Caldas, para avaliar os danos e priorizar actuacións. O primeiro será...

AS REVENIDAS A PUNTO DE COMEZAR EN VILAXOAN 18.08.2016

O Festival Revenidas de Vilaxoán está xa en conta atrás e os organizadores ultiman os preparativos dun evento que comezará este venres e se prolongará durante toda a fin de semana. Nolo contaba en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Xoan Quintáns, director do festival.

CONSELLEIRO E ALCALDE FIXERON OFICIAL A CESION DO USO DO ALBERGUE DURANTE O RESTO DO ANO 12.08.2016

O Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou esta mañá o albergue xuvenil de As Sinas, en Vilanova, acompañado polo alcalde, Gonzalo Durán, para facer oficial a cesión do uso do albergue durante o resto do ano, e comprobar as actividades que se están desenvolvendo no campamento no que participan un total de 620 rapaces durante os meses de verán. Na súa visita a As Sinas, Rey V...

O MERCADO TERÁ REFERENCIAS AO CAMIÑO DE SANTIAGO 12.08.2016

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou esta mañá a praza de abastos de Portonovo para presentar o novo programa da Federación de Prazas de Abastos de Galicia (Fepragal) para impulsar os mercados polos que pasa o Camiño de Santiago. Esta iniciativa consiste no empaquetado de productos en bolsas ou caixas con referencias ao Camiño de Santiago, o que permitirá ofrece...

LUIS ARAGUNDE CRITICA A XESTION DO CRUATRIPARTITO NA FESTA DO ALBARIÑO 11.08.2016

O voiceiro do partido popular de Cambados, Luis Aragunde, fixo esta mañá a valoración da Festa do Albariño. Segundo Aragunde, o cuatripartito minte, xa que considera que non foron as administracións do PP as que puxeron trabas ao goberno, senón que foron eles mesmos os que fixeron mal os trámites e mesmo non actuaron nada ben co Capítulo Serenísimo, que tanto promociona o albariño e Cambados. Esco...

AS MELLORES IMAXES DE O SALNES EN ACUARELA 11.08.2016

A comarca de O Salnés conta dende hoxe cun libro de acuarelas onde se reflexan os lugares máis fermosos das nosas vilas. A Mancomunidade de O Salnés porá en circulación unha primeira tirada de 850 exemplares de este libro realizado polo artísta cambadés, Eduardo Baamonde. Con esta nova iniciativa, a entidade comarcal contiúa coa súa labor de promoción turística da comarca. Os exemplares serán repa...

CARMELA SILVA DENUNCIA A INTENCIONALIDADE DOS INCENDIOS 10.08.2016

E sobre os incendios falou esta mañá a Presidenta de Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que agradeceu o traballo dos servicios de extinción e denunciou a actuación das persoas que provocaron estos incendios, e que fixeron un dano irrecuperable. Escoitamos as palabras de Carmela Silva en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA

RESULTADOS MOI POSITIVOS DO ALBARIÑO SEGUNDO O CUATRIPARTITO 10.08.2016

O concello de Cambados amosase satisfeito polo resultado da Festa do Albariño, a pesar, según o goberno local, do boitcot que sentiu por parte das administracións gobernadas polo Partido Popular. Segundo o concelleiro de cultura, Víctor Caamaño, “Non houbo día no que non houbera problemas”. Incidencias todas elas de tipo administrativo como as pegas de Industria pola iluminación festiva, o retraso...

TRES DIAS DE CONVIVENCIA PARA NENOS CON AME E AS SUAS FAMILIAS 09.08.2016

A asociación Galicia AME, da que se encarga a Cambadesa Merchi Álvarez, organiza para esta fin de semana uns días de convivencia e actividades para que nenos afectados polo AME e as súas familias poidan disfrutar dun días de relaxación e diversión. Durante tres días, 12 familias de Galicia, Madríd, Córdoba e incluso México, aloxaránse no Colexio dos Salesianos en Castrelo e participarán en numeros...

FOTOGRAFIA, MUSICA, ARTESANIA E ACTUACIONS NO MERCADO DA IMAXE 09.08.2016

Tralos bos resultados da Feria dos Oficios, Cambados volve a celebrar outro evento na Praza de Fefiñáns para dinamizar e poñer en valor a emblemática praza. Neste caso trátase do Mercado da Imaxe que se desenvolverá durante esta fin de semana e no que haberá postos de fotografía, música, artesanía, libros, gastronomía e ademáis tamén haberá actuacións de títeres e máxiae. Todos os datos dábaos est...

A RUTA DO PADRE SARMIENTO PODERA SER A PRIMEIRA VIA CULTURAL DE GALICIA 08.08.2016

A Consellería de Cultura, estudará a catalogación da Ruta do Padre Sarmiento como Vía Cultural. O conselleiro, Román Rodríguez, asistiu hoxe á presentación da proposta da Mancomunidade do Salnés para solicitar esta catalogación, proxecto que terá que ser presentado diante da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural para o seu estudo e para valorar a posibilidade de protexer este roteiro como Vía Cul...

CARRIL CELEBRA O 14 DE AGOSTO A XXIV EDICION DA FESTA DA AMEIXA 05.08.2016

Carril celebra o 14 de agosto a XXIV edición da Festa da Ameixa con 3.000kg de producto. A pesar da escaseza do bivalvo nos últimas edicións, nesta ocasión, dende a organización garanten que haberá suficiente Ameixa para atender a todos os comensais que se acheguen a Carril. Como todos os anos, non faltará o concurso de receitas, no que se premiará con 1.000 ao gañador, 500 euros ao segundo e 250...

A FESTA DO MEXILLON DE VILANOVA ALÓNGASE ATA O 15 DE AGOSTO 03.08.2016

Vilanova rende culto ao mexillón e ao berberecho coa celebración da 22 edición da Festa adicada a estes bivalvos. A cita será do 11 ao 15 de agosto con varias novidades que nos explicaba esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

CONCELLO, DEPUTACIÓN, XUNTA E D.O PRESENTES NA PRIMEIRA XORNADA DO ALBARIÑO 03.08.2016

En AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA Alba Piñeiro recolleu as primeiras impresións da alcaldesa Fátima Abal, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, e o presidente da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo.

OS CAMPAMENTOS DA LANZADA TEÑEN ESTE ANO MELLORAS EN SEGURIDADE 03.08.2016

Os nenos que participan este ano nos Campamentos xuvenís de A Lanzada, promovidos pola Deputación, recibiron esta mañá a visita da Presidenta provincial, Carmela Silva, que se achegou ata alí para coñecer de primeira man cómo se está a desenvolver. Instalacións con melloras de accesibilidade e seguridade e a inclusión, por primeira vez, de forma gratuita, de 300 nenos de familias en dificultades e...

VILAGARCIA SÚMASE DE NOVO Á DOAZÓN DE SANGUE 02.08.2016

Vilagarcía fai un novo chamamento á solidaridade para a doazón de sangue e órganos na Campaña de Verán que se realizará ao longo desta semana A unidade móvil do Centro de Transfusión de Galicia estará mañá en Carril e dende o 4 ata o 6 en Vilagarcía, tal como explicaba a directora xeral do Centro de Transfusión de Galicia, Marisa López García no acto de presentación da campaña, que recollemos en A...

VILANOVA PROPON A DEPUTACIÓN A CESIÓN DO CONTROL DAS OBRAS DO AUDITORIO 02.08.2016

O Concello de Vilanova quere poñerse ao frente das obras do Auditorio do Esteiro para axilizar as xestións dunha actuación actualmente paralizada pola Deputación. O goberno local propón á administración provincial unha modificación dos termos do convenio engadindo unha cláusula que ceda a contratación e a supervisión das obras ao Concello, sen ningún orzamento a maiores. Así o explicaba esta mañá...

VILANOVA MELLORA UN VIAL EN PADERNE CARA O RAMAL DO PORTO 29.07.2016

O concello de Vilanova realizará traballos de asfaltado dun vial en Paderne, na parroquia de Baión, que mellorará o acceso cara o ramal do porto. A actuación terá un orzamento de 57.000 euros e actuarase sobre preto de 1 km de lonxitude, cun prazo de execución de 1 mes Explicábao esta mañá o alcalde, Gonzalo Durán, que tamén avanzaba que o Concello recurrirá aos tribunais se encontra irregularidad...

VILAGARCIA ABRE UNHA NOVA SEMANA DO CINE DO 31 DE XULLO AO 5 DE AGOSTO 29.07.2016

Vilagarcía celebra a Semana do Cine do 31 de xullo ao 5 de agosto, como inicio da programación cultura e festiva de agosto. Ademáis, nesta nova edición, o Cine Clube Ádega, organizadores da actividade, conmemora o seu 40 aniversario, con cine, pero tamén con musica e espectáculo. A primeira das proxecións será o domingo 31 de xullo ás 21:30 horas, na Rúa Romero Ortiz, e a película escollida é “El...

A PRAZA DE FEFIÑANS E AS MARISCADORAS IMAXES DE POSTAIS DE CORREOS 28.07.2016

Dous atractivos turísticos de Cambados, como son as mariscadoras na praia de San Sadurniño e a Praza de Fefiñáns son a imaxe de dúas postais franqueadas que Correos comeza a emitir con motivo do 300 aniversario deste servizo. A tarxeta postal terá un custe de un euro e poderá adquirirse na Oficina de Turismo de Cambados. Con esta iniciativa, o Concello pretende aumentar o valor promocional dos atr...

VILAGARCIA DA A BENVIDA AOS NENOS SAHARAUIS DE ACOLLIDA DE VERAN 27.07.2016

18 nenos e nenas saharauis pasarán este verán acollidos por diversas familias de Vilagarcía. Todos eles foron recibidos esta mañá polo alcalde, Alberto Varela, nun acto institucional celebrado no Salón Nobre da Casa Consistorial, no que o rexedor vilagarcián deu á benvida aos pequenos, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

70.000 EUROS PROVINCIAIS PARA O GES DE O GROVE 26.07.2016

A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e o alcalde do Grove, José Cacabelos asinaron o convenio para a recuperación dos servizos do Grupo de Emergencias Supramunicipais A través deste convenio, a Deputación aporta 70.000 euros para sufragar os gastos de contratación do persoal correspondente. Así o explicaban esta mañá trala sinatura do documento a presidenta provincial e o alcalde meco, tal c...

PRIMEIRAS XORNADAS DE INICIACION A VELA EN CAMBADOS 26.07.2016

O Concello de Cambados abre hoxe o plazo para participar na I Xornadas de iniciación á vela tradicional para que se coñeza algo máis sobre a historia mariña da vila. As Xornadas realizaranse do 9 ao 19 de agosto en horario de martes a venres de 16:30 a 19:30 horas e os participantes poderán navegar en diferentes embarcacións tradicionais. As inscripcións nas xornadas poden facerse ata o 8 de agost...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.