Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

NOVA REUNIÓN O MERCORES NA DEPUTACION SOBRE AS OBRAS DO MULTIUSOS DO ESTEIRO 22.07.2016

A Deputacion paraliza definitivamente a obra de ampliación da estrada de Baion. Así se acaba de pronunciar a institución provincial trala xunta de goberno celebrada esta mañá. O goberno provincial decidiu non seguir adiante co proxecto pero sí realizará melloras de seguridade vial en diferentes tramos. E sobre outro proxecto en Vilanova que tamén leva meses paralizado , o da creacíón dun Multiusos...

VILANOVA PON EN MARCHA UNHA ESCOLA DE ARTE NO ALBERGUE DE AS SINAS 22.07.2016

Vilanova comeza a dar contido ás instalacións do albergue de As Sinas, unha vez que a Xunta cedeu ao goberno local o seu uso durante todo o ano agás no verán. A primeira iniciativa será unha Escola de Arte, que se porá en marcha no mes de outubro. Estará dirixida para todas as idades,e enfocada para que as diferentes ANPAS municipais poidan realizar actividades escolares, así como tamén para outra...

AS NOVE NA PRAIA VOLVE A VILAGARCIA OS ULTIMOS DIAS DE XULLO 21.07.2016

O chill out "Ás 9 na praia" volve este ano a Vilagarcia como anticipo dos festexos de San Roque. Do mércores 27 ao domingo 31 de xullo de 21:00 a 00:30, na praia da Compostela, haberá actividades todos os días como espectáculos de coctelería, actuacións músicais en directo e djs. Como novidade este ano, ademáis de disfrutar dos cócteles, os asistentes tamén poderán relaxarse con micromasaxes ou co...

OS HOSTELEIROS DE VILAGARCIA CONTRARIOS AO HORARIO DE PECHE DA ORDENANZA DE TERRAZAS 21.07.2016

A reunión sobre a revisión da ordenanza de terrazas celebrada esta mañá no Concello de Vilagarcía rematou sen o total beneplácito do colectivo de hosteleiros polo límite de horario de recollida de cadeiras e mesas exteriores. O encontro foi convocado polo goberno local para que os grupos da oposición e os representantes de Ahituvi expuxeran os seus posicionamentos respecto a ordenanza elaborada po...

ACORDO UNANIME PARA QUE A XUNTA ASUMA A TITULARIDADE DA PONTE DE CATOIRA 21.07.2016

Total sintonia entre as Deputacións de Pontevedra e A Coruña, xunto cos concellos de Catoira e Rianxo, para solicitar á Xunta de Galicia que asuma a titularidade da ponte interprovincial de Catoira. Unha demanda que presentarán á Consellería de Infraestructuras nunha reunión conxunta que solicitarán mañá mesmo. Os motivos: que o viaduto soporta gran cantidade de tráfico interprovincial, conecta a...

FESTA COMARCAL DO BNG EN VILAGARCIA PARA CELEBRAR O DIA DA PATRIA 20.07.2016

Un ano máis, o BNG celebra o 25 de xullo en Compostela coa xa tradicional manifestación que partirá ás 12 do mediodía dende a Alameda de Santiago. Pero ademáis, en conmemoración do Centenario das Irmandades da Fala, xérmolo do nacionalismo galego moderno, a formación nacionalista ten programados diversos actos nos días previos. Concretamente, en Vilagarcía este venres 22 celebrarán unha festa coma...

NOVAS EXCAVACIONS ARQUEOLOXICAS NO XACEMENTO DE A LANZADA 20.07.2016

O xacemento arqueolóxico de A Lanzada recobra as excavacións nunha nova fase da recuperación patrimonial do enclave, que pretende clarexar cronoloxías e ampliar en 1.000 metros a zona de visitas. A actuación, enmarcada dentro da colaboración entre a Deputación de Pontevedra, o Concello de Sanxenxo e a Comunidade de Montes de Noalla, deu comezo esta mañá e extenderase durante catro meses, ata o pró...

BOS RESULTADOS DO PROGRAMA DESEÑA O TEU FUTURO DE CAMBADOS 19.07.2016

Con bos resultados rematou a iniciativa do Concello de Cambados “Deseña o teu futuro” dirixida a alumnos de 3º e 4º da ESO. Durante tres semanas 16 estudantes de diversos centros da comarca recibiron asesoramento e realizaron prácticas en varias empresas de Cambados e a súa contorna. O Concello pretende darlle continuidade a esta iniciativa a expensas de que poida contar coa subvención autonómica...

O CALOR DEIXASE NOTAR NA AFLUENCIA A FESTA DA VIEIRA 18.07.2016

A XV edición da Festa da Vieira de Cambados rematou con bos resultados a pesar de que as altas temperaturas deixáronse notar na afluencia á carpa de degustación. A preparación máis vendida foi a “vieira á plancha con bechamel lixeiramente afumada e pan de millo”. O domingo foi o día de maior asistencia. O Concello fai unha valoración positiva en xeral, destacando a implicación dos 17 locais de hos...

TELMO MARTIN PROPON A ZONA AZUL PARA SANXENXO E PORTONOVO 18.07.2016

O PP propón o establecemento de aparcamentos rotatorios en diversas rúas urbanas de Sanxenxo e Portonovo como medida para solucionar a falta de estacionamentos na vila durante o verán. O portavoz popular Telmo Martín plantea habilitar unha zona azul que sería de balde os primeiros 45 minutos, 50 céntimos 90 minutos e 1 euro 2 horas. Telmo Martín cree que deste xeito habería maior movemento dos veh...

A FEIRA DOS OFICIOS ESTREASE EN FEFIÑANS O 23 DE XULLO 15.07.2016

A Praza de Fefiñans é o entorno escollido polo goberno de Cambados para a Feria dos Oficios que se celebrará os días 23 e 24 de xullo. Mais de 40 postos de artesanía procedentes de toda Galicia e outras provincias de España ofrecerán toda clase de productos como moda, ilustración, audiovisual, coleccionismo, artículos vintage, arte e mesmo conservas. Ademáis, non faltarán os xogos populares para n...

Vilanova leva a pleno a cesion dos terreos para o heliporto 15.07.2016

Vilanova comeza os trámites para habilitar un heliporto nunha parcela do parque industrial de Baión. O grupo de goberno levará ao pleno do vindeiro luns unha moción pola vía de urxencia na que se concreta a oferta ao Sergas no entorno do campo da festa de san Simón, ainda que serán os técnicos os que decidan finalmente que emplazamento se adapta mellor as condicións necesarias. Explicábao esta mañ...

A VIEIRA PLATO ESTRELA EN CAMBADOS ATA O DOMINGO 15.07.2016

Cambados abriu á 1 desta tarde a vixeximo quinta edición da Festa da Vieira. A carpa gastronómica está instalada no Paseo da Calzada, onde, como cada ano, se poderá degustar o molusco a un prezo de 8 euros a ración. Desta volta, o chef encargado da elaboración dos platos é o lalinense Diego López que propuxo tres recetas diferentes: vieira marinada cun toque de chile e cítricos, asada con bechamel...

ECOS DE CORTEGADA, A SUA HISTORIA DENDE O 2 DE AGOSTO EN VILAGARCIA 14.07.2016

O salón de plenos de Ravella acollerá durante o mes de agosto a exposición “Ecos de Cortegada”. Trátase dunha mostra para dar a coñecer a historia e a vida das persoas que viviron na Illa de Cortegada. A inauguración da mostra será o vindeiro 2 de agosto e está organizada pola asociación “O Faiado da Memoria” en colaboración co Parque Natural das Illas Atlánticas e o concello de Vilagarcía. A expo...

TELMO MARTIN PRESENTA 193 AVAIS PARA A OPTAR A PRESIDENCIA DO PP DE SANXENXO 13.07.2016

Telmo Martín, presentou esta mañá os 193 avais da súa candidatura á presidencia do Partido Popular de Sanxenxo que se elexirá no V Congreso local a celebrar este domingo 17 de xullo no Pazo Emilia Pardo Bazán. De sair elexido, o actual portavoz do grupo municipal popular pretende revitalizar o partido e recuperar os máis de 1.000 votos perdidos na última década. Ilusionado amosábase Telmo Martín n...

O PP PROVINCIAL PRESENTARA UNHA MOCION SOBRE AS OBRAS DO ESTEIRO EN VILANOVA 13.07.2016

O PP de Vilanova volve a criticar con dureza a xestión do goberno da Deputación nas obras de conversión da Casa de Cultura do Esteiro en Multiusos e de ampliación da estrada de Baión. O alcalde, Gonzalo Durán, recibiu esta mañá a visita dos deputados provinciais do PP Luis Aragunde. Salomé Peña e Nidia Arévalo, para que coñeceran de primeira man o estado de ambas actuacións, trala súa paralización...

PREACORDO DO CONVENIO DA CONSERVA TRAS ANO E MEDIO DE NEGOCIACIONS. 13.07.2016

O convenio colectivo do sector da conserva non implicará o incremento da xornada laboral, nin flexibilidade horaria e tampouco se pagará en especies. Son os termos do preacordo asinado polos sindicatos CIG e UXT, tras ano e medio de negociacións, que establece tamén o incremento dos salarios, dende un 1'3% neste ano, ata o 1.5% en el 2020. Deste xeito, en función da antigüidade, a subida salarial...

CAMBADOS PUNTO DE SAIDA DA XXXII CONMEMORACION DA TRASLATIO 12.07.2016

Cambados será este ano o punto de saída da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla, a coñecida como Traslatio, na conmemoración do seu XXXII aniversario. Dous catamaráns sairán o sábado 23 de xullo ás 16.15 horas do porto de Tragove tras un acto institucional presidido pola alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. A Ruta realizará o remonte por mar ata Padrón, a onde está prevista a chegada dúas horas mái...

5,5 MILLONS PARA O ATRAQUE DE BARCOS DE PESCA E MEXILLOEIROS DO XUFRE 12.07.2016

A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, comprometeu esta mañá unha inversión millonaria para embarcacións de terceira e cuarta liña no porto do Xufre da Illa de Arousa. Concretamente, son dous proxectos de construcción de pantaláns para embarcacións pesqueiras e mexilloeiras O investimento global previsto para ambas actuacións é de preto de 5,5 millóns de euros e darán servizo a 308 embarcacións pesq...

OS PORTOS DE AROUSA INCREMENTAN NUN 40% O TRANSITO DE EMBARCACIONS NAUTICAS 11.07.2016

Os Portos de titularidade autonómica da Ría de Arousa incrementaron nun 40% os tránsitos de embarcacións náuticas durante o primeiro semestre deste ano. Segundo o balance realizado por Portos de Galicia, os portos de Vilanova, Ribeira, Rianxo, a Pobra e Cabo de Cruz recibiron un total de 203 barcos procedentes, sobre todo das Illas Británicas, costa atlántica de Francia e Irlanda. En concreto, Vil...

VILANOVA COMEZA AS SONATAS DE VERAN 08.07.2016

Vilanova comeza as Sonatas de Verán, que se desenvolverán en diferentes zonas da localidade durante xullo e agosto. Unha extensa programación que incluirá a Festa da Cervexa Artesanal, a recuperación da Festa Medieval de PonteArnelas, e que xa comeza con actividades esta fin de semana. Algunhas delas explicábaas esta mañá o alcalde de Vilanova Gonzalo Durán.

OS MELLORES XOGADORES DE FUTBOL PRAIA COMPITEN EN SILGAR 08.07.2016

Sanxenxo convértese dende hoxe e durante toda a fin de semana na capital europea do fútbol praia con motivo da Euro Beach Soccer League, a competición dependente da FIFA e de máis alto nivel no continente no que a fútbol praia se refire. Dende hoxe e ata o domingo competirán sobre a area de Silgar os mellores xogadores de Europa e tamén do mundo, como os portugueses, que son os vixentes campións m...

O VAI BIKE DE VILAGARCIA EMPEZARA A VINDEIRA SEMANA 06.07.2016

O servizo de préstamo de bicicletas, o Vai bike, entrará en funcionamento a finais da próxima semana. Así o concretaban esta mañá os xerentes da empresa adxudicataria, a alacantina La Bici, xunto coa Concelleira de Urbanismo, Paola María. Foi nunha rolda de prensa na que se explicaron datos concretos de como funcionará o sistema nas 5 estacións iniciais e como se poden adquirir as tarxetas. Detall...

TRES PRAZAS CONCERTADAS MAIS PARA O CENTRO DE DIA DE CON ELES 06.07.2016

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou está mañá o centro da Asociación Con Eles de Vilagarcía para escoitar as demandas do colectivo de cara a planificación dos recursos para o período 2016-2020. Como parte das actuacións, o Conselleiro anunciou o incremento de 3 prazas concertadas para o centro de día, o que supón un investimento por parte da Xunta de 368.000 euros. Po...

O IES ASOREY TERA 7 NOVAS AULAS O VINDEIRO CURSO 06.07.2016

O Instituto Asorey de Cambados contará no vindeiro curso con 7 novas aulas para acoller a demanda da implantación da FP Básica e os ciclos formativos profesionais da Lomce, que pasan a ter unha duración de 2.000 horas. A Consellería de Educación iniciará en setembro a primeira fase das obras de ampliación cun investimento de 251.000 euros neste exercicio, dentro dun proxecto que acada un investime...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.