Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
O PP DE SANXENXO PROPON UN PARKING SUBTERRANEO NA RUA DAS CUNCHAS 04.07.2016 3:17
O PP de Sanxenxo presentou esta mañá unha proposta para a xestion da zona verde da Rua das Cunchas cun proxecto para a creación de prazas de aparcamento. Telmo Martín propón un parque na zona verde, e a creación de locais sociais interiores e un parking subterráneo con 200 prazas tal e como se fixo no Porto Deportivo. O portavoz popular considera que debe ser o propio concello o que afronte a expr...
O ADESTRAMENTO DE CANS NOVIDADE DO OBRADOIRO DE EMPREGO DE O GROVE 04.07.2016 3:40
O Concello de O Grove pon en marcha un novo obradoiro de emprego que empezará en setembro. Trátase de dous módulos de 20 alumnos que aprenderán técnicas de adestramento e educación de cans, mantemento de parques e xardíns ou promoción turística. A Xunta concedeu ao concello só dous dos tres módulos solicitados polo que agora o goberno local debe elexir as especialidades. O obradoiro terá unha dura...
VILANOVA ENSINA VELA E WINDSURF A NENOS E ADULTOS 01.07.2016 2:10
O Concello de Vilanova pon en marcha o vindeiro luns a Escola de Vela, con cursos de vela e windsurf para nenos e adultos, en colaboración coa Federación Galega de Vela de Vilagarcía. Realizaranse quendas de mañá e tarde de luns a venres. As inscripción para os empadroados en Vilanova teñen un custe de 100 euros e 120 para os demáis. No caso do curso de adultos, o prezo é de 70 euros os residentes...
O COMBATE NAVAL DE SAN ROQUE SERA UN ESPECTACULO PIROMUSICAL 01.07.2016 3:35
O Concello de Vilagarcía presentou está mañá a programación para as festas de San Roque nas que este ano se conmemora o 150 aniversario do combate naval e os 10 anos da declaración de Interese Turístico Nacional. Como novidade este ano, o combate naval estará acompañado de música para facer que este espectáculo piromusical sexa máis espectacular. Coma siempre, non faltarán os concertos musicais, q...
A TORRE DE SAN SADURNIÑO E OS XARDINS DA BIBLIOTECA NOVOS ESCENARIOS DO ALBARIÑO 2016 01.07.2016 3:36
O Concelleiro de Cultura de Cambados, Victor Caamaño, deu a coñecer esta mañá as actuacións musicais que terán lugar durante a Festa do Albariño 2016, que este ano aporta escenarios diferentes como a Torre de San Sadurniño, e o xardín da biblioteca Luis Rei. O musical Keltia, Asian Dub Foundation, Roy Casal con músicos cubanos e a presencia dos grupos locais, Desiltones, Cabina 402 que acompañan a...
VILANOVA ACOLLE O PRIMEIRO CAMPO DE TRABALLO INTERNACIONAL 01.07.2016 2:46
Vilanova é un dos concellos elexidos pola Xunta para poñer en marcha o I Campo de Traballo Internacional. Dende o vindeiro luns e durante 12 días 20 xóvenes de Francia, Italia, China, Turquía e España realizarán tarefas de mantemento e conservación do entorno dos muiños de Curras e da praia das Patiñas. Trátase dunha actividade encamiñada a favorecer e fomentar a convivencia e a solidariedade entr...
O EMPREGA SALNES IV REMATA COA INSERCION LABORAL DO 75% DOS ALUMNOS 30.06.2016 2:07
A cuarta edición do Emprega Salnés, promovido pola Mancomunidade do Salnés, finalizou hoxe coa entrega de diplomas aos alumnos participantes e con resultados moi positivos: o 75% de inserción laboral e 72 alumnos que conseguiron contratos de máis de 3 meses de duración. Os participantes formáronse durante 9 meses en 32 cursos de ámbitos como hostelería, impresión 3D idiomas, técnicas de vendas, us...
VILANOVA PON EN MARCHA O II OBRADOIRO DE AGRICULTURA ECOLOXICA E TURISMO 30.06.2016 3:40
20 alumnos en condicións de desemprego formaranse durante seis meses a partir de setembro no II Obradoiro de Emprego orientado á agricultura ecolóxica e á promoción do turismo, que se desenvolverá no Pazo de Vista Real de Vilanova. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá o novo programa de formación ocupacional que dará continuidade ao rematado...
PORTOS DE GALICIA INICIA A MELLORA DO PASEO DE O CANTIÑO NA ILLA DE AROUSA 30.06.2016 1:50
Portos de Galicia comezou a traballar na mellora da seguridade viaria no paseo de O Cantiño, un dos viais máis frecuentados do municipio. As máquinas están xa a traballar na substitución de todo o firme e un novo pintado da estrada, unha vello demanda da Illa, así como a instalación de elementos que sirvan para reducir a velocidade e evitar posibles accidentes. A actuación é moi semellante á reali...
O FESTIVAL DO ESTIO ADICA AOS NEN@S UN DIVERTIDO DIA DE PRAIA 29.06.2016 2:10
Os nenos tamén teran o seu festival musical, o día 16 de xullo na praia da concha de Vilagarcía. O Festival do Estío comezara as 12 do mediodía e contará con actuacions musicais, teatrais e con xogos e actividades para que nenos e maiores pasen un divertido dia de praia. Nesta primeira edición haberá actuacions de Teatro dos Ghazafelhos, Paco Nogueiras, Oviravai, A Gramola Gominola e Sons miudos....
O SALNES PUNTO DE PASO DO CAMIÑO DE SANTIAGO DENDE A ANTARTIDA 29.06.2016 3:35
A comarca de O Salnés será lugar de paso da peregrinacion do camiño Xacobeo que vai dende a Antártida ata Santiago. Un grupo de 150 militares, mariños e científicos españois decidiron percorrer o camiño de Santiago máis longo que se coñece. Será o vindeiro martes cando este grupo de peregrinos visite a comarca de O Salnés durante o seu periplo, e pasarán pola variante espiritual navegando en barco...
O PP DE CAMBADOS PIDE A DEMISION DO CONCELLEIRO DE SOMOS XURXO CHARLIN 29.06.2016 6:04
O PP de Cambados presentará a través de escrito á alcaldía ou en moción en pleno a petición de demisión do concelleiro de Somos e portavoz do goberno local, Xurxo Charlín, pola polémica suscitada na mesa electoral de San Tomé nas eleccións xerais do domingo. O portavoz do grupo municipal popular, Luis Aragunde considera “gravísimo” a grabación do vídeo no que se cuestionaba o voto dunha anciá do a...
CONCERTOS, SARDIÑADA, GALA SOLIDARIA E ACTIVIDADES PARA TODOS NAS REVENIDAS 2016 28.06.2016 4:55
Vilaxoan acollera entre o 19 e o 21 de agosto a XIII edición do Festival das Revenidas, que este ano inclúe máis de 30 concertos, gala de circo solidaria, sardiñada popular, zona de creatividade e exposicións. O custe das entradas e de 15 euros por día pero tamén existe a posibilidade de acollerse á promoción de 3 días por 30 euros. As entradas son para os concertos de pago, o resto de actividades...
CAMBADOS VOLVE A IZAR A BANDEIRA ARCOIRIS NO DIA DO ORGULLO LGTB 28.06.2016 3:13
Con motivo da celebración do día internacional do Orgullo LGTB, o concello de Cambados, ao igual que outros municipios das nosas comarcas, volveu izar este mediodía a bandeira arcoiris no balcón da casa consistorial. No acto estiveron presentes os membros do cuatripartito, encabezados pola alcaldesa, Fátima Abal, que foi a encargada de leer na praza do Concello un manifesto en conmemoración da xor...
O PERSOAL DO SALNES PECHA AS MOBILIZACIONS CUNHA CONCENTRACION NAS PORTAS DO HOSPITAL 23.06.2016 4:26
Nova concentración da xunta de persoal do hospital do Salnés dentro rolda de mobilizacións iniciadas a pasada semana en protesta contra o peche da terceira planta durante a tempada estival. Representantes dos traballdores concentráronse esta mañá ante as portas do centro comarcal en demanda da apertura de todas as camas de hospitalización, reclamando un aparcamento público e gratuito e alertando d...
O PP DE VILAGARCIA PIDE AO ALCALDE QUE SE SOMETA A UNHA MOCION DE CONFIANZA 23.06.2016 3:05
O PP de Vilagarcía pedirá ao alcalde Alberto Varela que se someta a unha cuestión de confianza no ecuador da lexislatura. O portavoz dos populares, Tomás Fole, valorou esta mañá o primeiro ano de goberno do equipo socialista considerando que foi un ano perxudicial para Vilagarcía. Declaracións de Tomás Fole nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
TELMO MARTÍN OFRECE UN PACTO DE GOBERNO A SAL 23.06.2016 1:10
O PP de Sanxenxo lanza unha oferta de pacto de goberno ao alcalde Gonzalo Pita. O portavoz Telmo Martín propuxo esta mañá retomar o dialogo e as negociacións con SAL “para desembocar na formación dun novo goberno estable e eficaz” ante a perda da maioría tralo abandono do concelleiro de Roberto Agís. Telmo Matín sinalou que o actual tripartito non funciona e que Sanxenxo se expón a catro anos perd...
NYDIA PON EPILOGO A FROZEN NUN NOVO ESPECTACULO MUSICAL 22.06.2016 2:27
Novo espectáculo da Animación Sociocultural Nydia. Como preludio das actuacións que realizarán este ano no seu décimo aniversario, esta fin de semana, sábado 25 e domingo 26, poñen en escea o musical “Erase unha vez”, unha historia inventada por eles sobre o que podería ser o epílogo de Frozen. Será hora e media de musical, no que 120 integrantes de Nydia estarán sobre o escenario interpretando e...
O ALCALDE DE VILANOVA ACLARA OS TRAMOS DA SENDA PEONIL COA ILLA 22.06.2016 2:47
Por se había dudas de cómo se van a desenvolver as fases da creación da senda peonil e carril bici que unirá Vilanova coa Illa de Arousa, o alcalde Gonzalo Durán aproveitou a visita esta mañá á zona da Conselleira de Infraestructuras para deixalo claro. A senda peonil, promovida pola Xunta, arranca dende o casco urbano de Vilanova e enlaza en O Terrón coa xa existente da ponte de A Illa, una actua...
VARELA PIDE A COLABORACION DO PORTO PARA O CENTRO DE SAUDE NO INMOBLE DA COMANDANCIA 22.06.2016 2:25
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, pide a colaboración da Autoridade Portuaria ante o impedimento que pon a presidenta da entidade para a posible construcción dun centro de salud en la Comandancia da Mariña. A presidenta do Porto de Vilagarcía reclamaba a titularidade do inmoble ante a intención do alcalde de pedir a Defensa que restitúa ao Concello o inmoble que, segundo Sagrario Franco, De...
VILAXOAN VOLVE A FESTEXAR O NACEMENTO DA SARDIÑA 21.06.2016 2:24
Vilaxoan celebra a noite de San Xoán a segunda edición da festa do "Nacemento da Sardiña", que despóis se enterrará no Entroido. Unha figura do peixe, deseñada polo artista local Guillermo Pedrosa, desembarcará na praia do Preguntoiro en torno as 22 horas, acompañada doutras embarcaciones que queiran sumarse á travesía, para despóis proceder ao prendido da cacharela. Todo elo estará acompañado dun...
200 KGS DE SARDIÑA, PAN E VIÑO DE BALDE NA PRAIA DE A CONCHA 20.06.2016 1:44
SARDIÑADA POPULAR Vilagarcía recupera a Sardiñada Popular nunha iniciativa conxunta entre o Concello, Zona Aberta e a Asociación de Hosteleiros Ahituvi. A cacharela será o xoves 23 a partir das 22 horas na praia da Concha. Asaranse 200 kgs de sardiña, que se poderán degustar con pan e viño de balde. Os detalles ofrecíanos o representante de Zona Aberta, Chema Pedrouzo, e o presidente de Ahituvi, J...
RIBADUMIA ESTREA WEB, APP E PLATAFORMA PARA CANALIZAR A XESTIÓN MUNICIPAL 20.06.2016 2:31
O Concello de Ribadumia estrea novas formas de comunicación cos veciños e visitantes. O tripartito presentou esta mañá a nova páxina web, ribadumia.org, que estará apoiada noutras dúas ferramentas tecnolóxicas: unha aplicación da web para móviles e unha plataforma cos contidos da acción de goberno e asuntos culturais de interés. O obxectivo é canalizar unha información directa a veciños e visitant...
VILANOVA CELEBRA O 21 DE XUÑO O DIA DA MUSICA 17.06.2016 3:19
Vilanova vivirá o próximo 21 de xuño o Día da Música. 13 colectivos artísticos do municipio e da comarca encherán de música diferentes prazas da localidade a partir das 4 da tarde. Este ano, como novidade incorpórase unha sesión de Meditación, Ioga e Reiki. Os detalles explicábannos esta mañá o concelleiro Javier Tourís e unha das organizadoras nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEV...
OS MAIORES DE CAMBADOS TAMEN PODEN APRENDER INFORMATICA 17.06.2016 2:28
O Concello de Cambados pon en marcha cursos gratuítos de Informática para maiores de 65 anos que se van desenvolver no centro da Merced e nas aulas de Vilariño e Castrelo. Serán impartidos por 3 empresas do municipio, Vai@Bit, Tecnogalicia e Grupinfor, dende o 27 ao 30 de xuño, con dúas horas de formación cada día. Os interesados, como máximo 30, poden anotarse presentando unha solicitude no Rexis...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.