Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A IMAXE DE FEFIÑANS PERSONALIZA A TARXETA DE CAIXABANK 17.06.2016

O Concello de Cambados e CaixaBank poñen en circulación unha tarxeta de crédito e débito personalizada coa imaxe nocturna da praza de Fefiñáns. A finalidade desta iniciativa é a promoción turística do municipio, tal como existe noutras cidades, enmarcada na campaña da entidade “Galicia no Teu Peto”. Para solicitala, pódese facer a través da web da entidade bancaria ou en calquera oficina de CaixaB...

NOVA MOBILIZACION EN VILAGARCIA EN APOIO AOS REFUXIADOS 16.06.2016

Vilagarcía acollerá unha nova mobilización en apoio aos refuxiados. Será este domingo día 19 ás 12 horas na Praza de Galicia. A concentración está convocada polos partidos de esquerda da corporación municipal, xunto cos sindicatos UXT, CIG e CCOO. Representantes das formacións explicábanos todos os detalles nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

A delegacion de cuxhaven comeza as xornadas de traballo no salnes 16.06.2016

A delegación da cidade alemana de Cuxhaven volve a visitar estes días a comarca de O Salnés con motivo do seu irmanamento co concello de Vilanova. O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, exerce de anfitrión, amosando o patrimonio e as infraestructuras coas que conta O Salnés a unha delegación na que se encontra o secretario de Transportes, Enak Felermann, e o alcalde de Cuxhaven, Albretch Harten, ac...

MEDICAMENTOS CONTRA OS RECORTES NAS PROTESTAS DO PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNES 15.06.2016

A xunta de persoal do área sanitaria de O Salnés iniciou esta mañana en Cambados una campaña de protestas contra o peche da terceira planta do Hospital comarcal, previsto para o 1 de xullo. Médicos e sanitarios concentráronse ante o centro de saúde cun posto informativo no que se encontraban grandes caixas de medicamentos con referencias satíricas sobre os recortes. Deste xeito, pretenden visibili...

PEREZ ARES: NON SON RECORTES SENON A BAIXA NATALIDADE O MOTIVO DA REDUCCION DE AULAS 14.06.2016

A comunidade escolar do colexio de O Piñeiriño proseguiu esta mañá coas mobilizacións para reclamar que a Xunta repoña a sexta aula de Educación Infantil da que se prescindiu este curso. As familias concentráronse esta mañá á hora de entrada ás aulas, a las 9.30, e retrasaron en media hora o ingreso nas clases en señal de protesta. Os pais e nais están dispostos a repetir as mobilizacións ata que...

FIESTRAS NOVAS E ASEOS REFORMADOS NO CPI DE MOSTEIRO 14.06.2016

Os alumnos do colexio de Mosteiro, en Meis, comezarán o vindeiro curso con fiestras novas que permitirán un aforro enerxético e aseos reformados. A consellería de Educación investirá arredor de 50.000 euros nunha actuación enmarcada no Plan da Xunta para mellorar os centros educativos, que na provincia de Pontevedra ascende a 14,1 millóns de euros. As obras que se realizarán no CPI de Mosteiro for...

CURSO DE VERAN DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO NO PAZO DE VISTA REAL 10.06.2016

O Pazo de Vista Real en Vilanova acollerá por terceiro ano consecutivo un curso de verán da Universidade de Santiago de Compostela onde se tratarán temas sobre o patrimonio histórico da comarca de O Salnes. O curso de verán foi presentado esta mañá en Vista Real, pola secretaria do curso e historiadora Alicia Nogueira nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo alcalde de Vilanova, Gonzalo...

A MANCOMUNIDADE DE O SALNES TERA UNHA NOVA EDICION DO OBRADOIRO DE HOSTELERIA 09.06.2016

A comarca do Salnés ofrecerá 5 obradoiros de emprego para desempregados. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, visitou está mañá a sede da Mancomunidade de O Salnés para informar dos obradoiros de emprego que foron concedidos na comarca para o vindeiro outono. Á espera de que se aprobe algún proxecto máis, a comarca de O Salnés contará de momento con 5 obradoiros...

VERBENA SOLIDARIA EN BENEFICIO DE ESPERANZA SALNES O 10 DE XUÑO EN CAMBADOS 03.06.2016

A Praza de Fefiñáns de Cambados acollerá o próximo 10 de xuño, a partir das 21 horas, unha Gala Solidaria en beneficio de Esperanza Salnés. A entidade cambadesa encóntrase nunha dificil situación económica para poder seguir mantendo os servizos de apoio que presta a nenos con discapacidade de toda a comarca. Mentres sigue agardando pola resposta da Deputación e da Xunta sobre as axudas solicitadas...

O PP DE SANXENXO ATRIBUE UN ANO PERDIDO AO EXECUTIVO MUNICIPAL 03.06.2016

O PP de Sanxenxo fixo hoxe balance do primeiro ano de goberno do executivo municipal. O portavoz popular, Telmo Martín, considera que se trata dun ano perdido e volve a facer un chamamento á negociación. Os motivos explicábaos Telmo Martín nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

O TRIPARTITO DE SANXENXO CALIFICA DE MANOBRA POLITICA AS MOBILIZACIONS DE CCOO 03.06.2016

O goberno tripartito de Sanxenxo aprobou esta mañá en comisión de goberno o proxecto de orzamentos para este ano, que ascende a 22,7 millóns de euros,despois de que non puidera sair adiante no pleno de maio. Mentres, os traballadores municipais concentráronse no concello en protesta por unhas contas municipais coas que non están de acordo. Tamén censuran a negativa do goberno local á súa petición...

UNHA EMPRESA DE ALACANTE XESTIONARÁ O VAI BIKE DE VILAGARCÍA OS PRÓXIMOS CATRO ANOS. 02.06.2016

A empresa “LaBici, Bicicletas Públicas de Alacante” é a adxudicataria do servizo municipal de préstamo de bicicletas de Vilagarcía. A firma alicantina xestionará o Vai Bike durante os próximos 4 anos por un importe total de 235.950 euros, ive incluido. A outra empresa que se presentara ao concurso foi a firma local Motor Bazar. A adxudicación do servizo inclue diversas novidades que explicaba esta...

A FESTA DA PAELLA DE VILANOVA CONSOLÍDASE CUNHA TERCEIRA EDICION 31.05.2016

A Festa da Paella de Vilanova vaise consolidando. O que comezou sendo unha iniciativa da Asociación de Festas de San Pedro de Corón para recadar fondos chega a súa terceira edición. Será este domingo 5 de xuño en Vista Real, onde os organizadores prepararán 500 racións de paella a un prezo de 10 euros que inclue empanada, rosca e viño. Todo elo amenizado cun grupo musical e con inchables para os m...

O PP DE SANXENXO RECRIMINA A FALTA DE DIALOGO DO EXECUTIVO MUNICIPAL 30.05.2016

O PP de Sanxenxo votará en contra do proxecto de orzamentos elaborado polo tripartito que será sometido á aprobación do pleno da corporación municipal desta tarde. Os populares argumentan o seu posicionamento negativo non tanto polo contido do documento senon polas formas. Aseguran que o prazo para o seu estudo foi escaso e que lles foi denegada a súa solicitude de contar cunha semana máis de temp...

Portos mellora a estrada de vilaxoan 27.05.2016

Portos de Galicia está a realizar traballos de mellora e conservación da estrada de Vilaxoan, atendendo unha petición da confraría de pescadores debido ao seu estado de deterioro. A actuación supón un investimento de 36.000 euros e consiste na pavimentación do firme, a sinalización horizontal e vertical e a instalación de medidas de calmado de tráfico, sustituindo as bandas de caucho por 6 lombos...

AS EXCAVACIONS DE CASTRO ALOBRE RECIBEN UN NOVO IMPULSO DA DEPUTACION 26.05.2016

As excavacións arqueolóxicas que se están a realizar no Castro Alobre de Vilagarcía, financiadas pola Deputación e o Ministerio de Fomento, están dando maiores resultados dos que en principio se preveían. Durante os 4 meses de traballos realizados, os arqueólogos descubriron 240 elementos de bronce pertencentes á última etapa da edade de Ferro e aos primeiros asentamentos romanos. Tan bos foron os...

CCOO IMPUGNARA OS ORZAMENTOS DE SANXENXO 26.05.2016

O sindicato CCOO, en representación dos empregados públicos do Concello de Sanxenxo, impugnará o proxecto de orzamentos municipais que o tripartito levará para a súa aprobación ao pleno do vindeiro luns. CC.OO denuncia a ausencia de negociación no capítulo I dos Orzamentos do concello de Sanxenxo, co que o sindicato entende que o goberno municipal vulnera o dereito á negociación colectiva dos empr...

PRIMEIRAS XORNADAS MANOLO PAZ EN CAMBADOS PARA PROMOVER A CULTURA DO MUNICIPIO 26.05.2016

O Concello de Cambados pon en marcha as Primeiras Xornadas da Fundación Manolo Paz. Unha iniciativa cultural que mistura conferencias, arte, música e natureza e que pretende que sirva tamén como promoción turística do municipio. As xornadas serán abertas, desenvolveranse o 10 e o 11 de xuño e outorgarán o Primeiro Premio Fundación Manolo Paz a Xerardo Estévez, ex alcalde de Santiago. O Patronato c...

SANXENXO CONTARA CUN ORZAMENTO DE 22 MILLONS PARA ESTE ANO 25.05.2016

Sanxenxo contará este ano cun orzamento de 22 millóns de euros e un superávit de preto de 1,5 millóns. O goberno local deu conta hoxe en rolda de prensa do proxecto elaborado para este exercicio para que poida ser aprobado no pleno do vindeiro luns 30 de maio. Segundo o alcalde, Gonzalo Pita, son orzamentos que se adaptan ao plan de axuste que debe cumplir o concello e ao pacto de goberno asinado...

CURSO ABERTO DE CAPOEIRA EN VILANOVA, VILAGARCIA E CALDAS 25.05.2016

Vilanova, Vilagarcía, e Caldas acollerán esta fin de semana un curso aberto de capoeira, que se inaugurará o venres ás 19 horas en Vilanova cun pasarúas e roda de apertura no Xardín Umbrío. As inscripcións poden realizarse o sábado dende as 9:45 horas no pabillón multiusos de Vilanova, a un prezo de 35 euros. Os organizadores pretenden con este evento dar a coñecer a capoeira na comarca de Arousa...

CATOIRA RECIBE UN CREDITO DA DEPUTACION SEN XUROS PARA TESOURERIA 25.05.2016

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Catoira, Alberto García, asinaron esta mañá o convenio para a concesión dun crédito de 287.243 euros para operacións de tesourería neste municipio. Trátase dun dos concellos beneficiados pola convocatoria do Goberno provincial de préstamos sen xuros para os concellos de menos de 50.000 habitantes destinados ao financiamento de...

UN DEFICIT NA DEPURACION CAUSA DA MORTANDADE DO MARISCO NA RIA DE AROUSA 24.05.2016

Un déficit de depuración das augas residuais urbanas é a causa da presencia de toxinas coliformes na ría de Arousa. Esta situación vese empeorada polos verquidos das depuradoras que provocan a baixa salinidade da auga e a mortandade do marisco. Así se desprende do estudio encargado polas confrarías da ría, xunto cos productores de mexillón e o Consello Regulador, ademáis da Plataforma en Defensa d...

VILANOVA CREARA UNHA ESCOLA MUNICIPAL DE ARTE EN VISTA REAL 24.05.2016

Vilanova creará unha Escola Municipal de Arte no Pazo de Vista Real. A intención é que estea en funcionamento para o vindeiro curso e que nela poidan aprender técnicas artísticas todos os veciños do municipio. A idea xurdiu a raiz dos traballos realizados polos nenos do Concello para a Semana Internacional da Educación Artística, cuxa mostra itinerante péchase hoxe en Vilanova tras ornamentar, con...

UNHA ESTUDANTE DE CAMBADOS PREMIADA NUN CONCURSO INTERNACIONAL DE BLOGS 24.05.2016

Unha alumna do Instituto Asorey de Cambados, Alba Sánchez Barco, foi premiada no concurso “Qué estás lendo?”, de blogs de mozos lectores. O certame foi convocado pola Organización de Estados Iberoamericanos para a Educación e a Fundación SM e nel participaron un total de 68 estudantes españois de entre 15 e 17 anos e máis de 860 blogs de España e Latinoamérica. A estudante cambadesa recibiu este r...

Acto de recoÑecemento aos distinguidos coa q de calidade 23.05.2016

O sector turístico de Galicia acabou este primeiro cuatrimestre do ano cos mellores datos dende que empezou a crise. Ademáis, Galicia é a segunda comunidade con maior número de establecementos distinguidos coa Q de calidade, despóis de Andalucía. Son datos destacou en Sanxenxo o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijo, nun acto de recoñecemento aos establecementos que recibiron a Q de Calidade Tu...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.