Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

ROUBO NUNHA VIVENDA DE A ILLA DE AROUSA 16.06.2017

A Garda Civil busca ao segundo suposto autor dun roubo rexistrado hoxe na Illa de Arousa, nunha vivenda da rúa dos Castros. Os feitos aconteceron mentres o propietario da vivenda estaba durmiendo cuando se percatou de que alguén entraba na casa e puido dar a alarma á Policía Local. Grazas á inmediata chegada dun dos axentes locais, que se encontraba nas proximidades, puido ser “pillado in fraganti...

O SUMMILIER URUGUAIO CHARLIE ARTURAOLA NO VIDEA CAMBADOS 16.06.2017

Cambados continúa esta fin de semana co seu programa Videa dentro das actividades da Cidade Europea do Viño. Nesta ocasión, o sommelier uruguaio Charlie Arturaola, presenta a película arxentina “o Camiño do Viño” ás 21.30 horas na adega Don Olegario de Cambados. E mañá sábado, ás 13 horas, terá lugar unha cata de viños galegos e internacionais por parte de Arturaola con maridaxe de productos da rí...

A ILLA DE AROUSA VOLVE SER O ESCENARIO NATURAL DO ATLANTIC FEST 16.06.2017

A Illa de Arousa volve ser escenario do Atlantic Fest que dende o ano pasado se inclue no calendario de festivais das Rías Baixas, promovido pola Deputación de Pontevedra. Na edición deste ano soará a música de Los Planetas, Lori Meyers ou Máximo Park entre outros moitos durante os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo. Unha cita que volve a aproveitar unha combinación única de natureza, praias e gastro...

VILAGARCIA SERA ESTE ANO O PORTO DE SAIDA DA TRASLATIO 16.06.2017

Vilagarcía será este ano o porto de saída do Remonte Conmemorativo da Traslatio dos restos do Apóstolo Santiago que se celebra o 25 de xuño. A hora da saída será ás 16.15 horas do porto deportivo e previamente, ás 16 horas, terá lugar un acto institucional no Auditorio municipal. Trátase dunha peregrinaxe que explicaba esta mañá o presidente da Fundación "Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla", Jav...

AS ALGAS NA CONSERVA NUN NOVO TALLER DE EMPRENDEMAR DE CAMBADOS 15.06.2017

Cambados pon en marcha unha nova iniciativa dentro do Programa Emprendemar. Trátase dun Taller de Algas e a súa aplicación na conserva que conta coa implicación da fábrica de conservas La Brujula ubicada no Polígono de Ribadumia. O acto de presentación celebrado na conserveira esta mañá contou coa presencia da alcaldesa de Cambados e do alcalde de Ribadumia, Fátima Abal e David Castro respectivame...

O ARTISTA UXIO LOPEZ REGRESA A VILAGARCIA CON "XEITOS DIFERENTES DE ARRINCAR A PEL" 15.06.2017

O artista Uxío López regresa a Vilagarcía coa súa exposición "Xeitos Diferentes de Arrincar a Pel". A mostra poderá visitarse na Sala Rivas Briones de Vilagarcía dende o 16 de xuño e ata o 28 de xullo. Uxío López amosará unhas 10 pezas que realizou nos últimos tres anos e coas que quere lembrar a implicación que temos que ter nás aptitudes da vida así como os diferentes soportes que utiliza para r...

VILAGARCIA SOARA A BLUES OS DIAS 7, 8 E 9 DE XULLO 15.06.2017

Vilagarcía soará a blues os días 7, 8 e 9 de xullo. Será na segunda edición do Festival VilaBlues con concertos organizados pola concellería de Cultura que comezarán o venres 7 de xullo as 21:30 coa actuación de Bernard Anderson. Todos eles serán gratuitos e ao aire libre na Alameda de Vilagarcía. Ademáis, haberá masterclass, clases de baile, proxección de cine e unha comida de confraternidade par...

SANXENXO BLINDASE DURANTE O VERAN 15.06.2017

O Concello de Sanxenxo blíndase durante este verán. Así o quixo destacar esta mañá o alcalde Telmo Martín no acto de presentación dos 23 novos auxiliares da policía local que desenvolverán os labores de seguridade cidadá na tempada estival. Que os veciños e visitantes se sintan seguros e cambiar a imaxe de Sanxenxo neste sentido é a prioridade para o novo goberno bipartito. Decíao así Telmo Martín...

VILANOVA SUBVENCIONA CON 1.000 EUROS AO BANCO DE ALIMENTOS RIAS BAIXAS 14.06.2017

O Concello de Vilanova e o Banco de Alimentos Rías Baixas asinaron esta mañá un convenio mediante o cal a administración municipal aporta 1.000 euros de subvención destinada a sufragar os gastos de diversas actividades da organización benéfica. O ano pasado o Banco de Alimentos puido recadar e distribuir 130 toneladas de productos non perecedeiros e este ano agardan chegar á mesma cantidade. Os al...

A TRAMITACION DA CANDIDATURA DAS ILLAS ATLANTICAS PODE PROLONGARSE ATA SETE ANOS 14.06.2017

Unha delegación institucional, encabezada polo Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e polo alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, visitou esta mañá a Illa de Cortegada. Fixérono nunha reunión de traballo sobre a tramitación da Candidatura das Illas Atlánticas cara a súa Declaración como Patrimonio da Humanidade. Un proceso que se aventura longo e pode prolongarse ata sete anos pero que se agar...

VARELA APUNTA A FIN DE SEMANA DO 27 COMO DATA IDONEA PARA A FESTA DA AMEIXA 14.06.2017

O alcalde de Vilagarcía insiste en que o Concello non participará na Festa da Ameixa se a confraría de Carril insiste en celebrala o 20 de agosto pese a coincidir co Festival de As Revenidas, o combate naval e o desfile de carrozas. Alberto Varela volve argumentar que os informes dos servicios municipais involucrados desaconsellan a celebración do evento nesa fin de semana por motivos de seguridad...

OS CONCERTOS DE VARIETES VOLVEN A VILAGARCIA EN XUÑO E XULLO 13.06.2017

A rúa Mendez Núñez de Vilagarcía será unha vez máis o escenario do Festival Varietés, organizado polos hosteleiros locais e o Concello. Os concertos serán os xoves, ás 21.30, e os venres, ás 22.00, dos meses de xuño e xullo, como forma de cubrir o espazo estival ata que dea comezo a programación oficial do Concello. As actuacións comezarán este xoves co grupo The Soul Breakers. O programa de Varie...

INICIANSE AS OBRAS DE AMPLIACION DO IES ASOREY DE CAMBADOS 13.06.2017

A Xunta pon en marcha o inicio das obras de ampliación do IES Asorey co fin de dar resposta á necesidade de acoller aos cursos de formación profesional básica e adaptar os ciclos profesionais. Así mesmo, levaranse a cabo distintas melloras nas instalacións existentes na totalidade do centro educativo cunha inversión de 770.000 euros, cofinanciados nun 80% por fondos europeos. A obra, adxudicada á...

CATRO BLOGGERS DO REINO UNIDO COMPROBAN QUE GALICIA E DIFERENTE 12.06.2017

Catro bloggers do mercado de Reino Unido visitan estes días a comarca do Salnés nunha iniciativa promovida pola Mancomunidade para fomentar o sector turístico a nivel internacional. A actuación realízase en colaboración coa Ruta do viño Rias Baixas e Turespaña para promocionar Galicia a través dos viños da D.O Rías Baixas. Con esta visita, a Mancomunidade quere así promover O Salnés como destino t...

A CONCENTRACION MOTEIRA DE CAMBADOS AGARDA A PRESENCIA DE 500 PERSOAS 12.06.2017

O entorno de O Pombal acollerá a fin de semana do 24 e 25 de xuño a V Concentración de Motos organizada polo Motoclube “O mellor de cada casa”. A actividade enmárcase dentro da programación da Cidade Europea do Viño e de momento hai xa inscritos preto de 200 moteiros de toda Galicia, Portugal e de diversas zonas de España. Unha nova edición da concentración moteira que foi presentada esta mañá pol...

OS ALUMNOS DO COLEXIO DE MARXION RECIBEN A VISITA DO ALCALDE 09.06.2017

Os alumnos do centro de Educación Especial de Marxión, en Vilagarcía, recibiron esta mañá a visita do alcalde Alberto Varela e doutros membros do goberno local, que cumpriron así o compromiso adquirido polo executivo municipal o día en que alumnos e mestres foron recibidos no concello. Os detalles nolos explicaron unha das docentes do colexio e o alcalde durante unha visita que recollemos en AROUS...

VILAGARCIA COMEZA A IMPLANTAR A ZONA 30 09.06.2017

O Concello de Vilagarcía comeza a implantar a “Zona 30” nas rúas do centro urbano para incrementar a seguridade viaria con medidas de calmado de tráfico, incluindo a instalación de sinais horizontais e verticais ademáis de melloras de accesibilidade e mobilidade. O plan iníciase nas rúas que conforman intersección coas peonís pero tamén se extenderá progresivamente ás parroquias. Así o explicaba e...

TELMO MARTIN AVANZA ALGÚNS DOS SEUS PROXECTOS E INICIATIVAS 09.06.2017

O alcalde de Sanxenxo Telmo Martín, avanzou esta mañá algúns dos proxectos e iniciativas que o novo goberno bipartito quere poñer en marcha. Entre eles, o orzamento municipal para o vindeiro ano, o pintado dos pasos de peóns e mellorar as medidas de seguridade. Explicacións durante un encontro cos medios de comunicación no que estivemos dende AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

ENTREVISTA LIDIA SALGUEIRO CONCELLEIRA FESTAS POIO 0806 08.06.2017

Hoxe en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA conversamos coa concelleira de Festas de Poio, Lidia Salgueiro, sobre o programa elaborado polo seu departamento para as Festas Patronais de San Xoan. Ainda que a semana grande celebrarase entre o 22 e o 26 de xuño, as actividades xa comezaron e prolongaranse ata o 7 de xullo.

UN PASO DE PEONS CON SEMAFORO PARA A REVOLTA 08.06.2017

A Xunta mellorará a seguridade vial no tramo entre A Revolta e a rontonda de A Lanzada, en Sanxenxo, mediante a colocación dun paso de peóns con semáforo de pulsador. O proxecto está en marcha e prevese que estea en funcionamento no mes de xullo, que é o momento de maior poboación vacacional. A Consellería de Infraestructuras atende así a demanda dos veciños da contorna nunha zona moi transitada d...

A FESTA DO ALBARIÑO SUSTITUIRA A CARPA GASTRONOMICA POR 8 FOOKTRACKS 08.06.2017

A Festa do Albariño sustituirá a tradicional carpa gastronómica por 8 foodtracks. A medida foi acordada polo goberno local, en consenso coa Asociación de Comerciantes Zona Centro, atendendo á recomendación da Policia Local co fin de mellorar a seguridade viaria no entorno do Paseo da Calzada. De momento o goberno local ten confirmada a presencia de 5 fooktracks: o de Pandemonium, con comida variad...

O FESTIVAL DE ESTIO DE VILAGARCIA TRASLADASE AO CENTRO URBANO DURANTE CATRO DIAS 07.06.2017

Vilagarcía pon en marcha a segunda edición do Festival de Estío, unha iniciativa pensada para que os máis pequenos poidan despedir o curso e dar a benvida á chegada do verán dunha forma diferente. Nesta ocasión, o festival deixa a praia de A Concha e trasládase ao centro da vila durante catro días. O Festival do Estío dará comezo o domingo 25 de xuño para celebrar o remate das clases coa Danza dos...

CAMBADOS ACOLLE A REUNION DA MESA INTERINSTITUCIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO 07.06.2017

Cambados reuniu esta mañá á Mesa Local Inter- Institucional contra a Violencia de Xénero, coa presencia da Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, e na que estan integrados os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia. Trátase da primeira reunión do organismo, constituído en novembro do pasado ano co fin de que todas as administración implicadas poidan coordinarse mellor na loit...

O DESTAPA VERAN DE VILAGARCIA ABRESE O 9 DE XUÑO CUNHA RUTA DO GIN 06.06.2017

Os hosteleiros de Vilagarcía poñen en marcha unha nova edición de Destapa Verán, que este ano inclue a Ruta do Gin. Desta volta, 16 establecementos participan na oferta de tapas de moi coidada elaboración e presentación que se poderán probar ata entre os días 9 e 18 de xuño. O prezo por tapa é de 2 euros e de 3 se vai acompañado dun botellín de cerveza ou de 3,50 si se toma cun viño albariño ou me...

PORTOS DE GALICIA PARTICIPA CON PORTUGAL NO PROXECTO ECODESTIN 06.06.2017

Portos de Galicia participa no proxecto “Ecodestin” da Unión Europea, asociado coa Rexión Norte de Portugal. Un proxecto que ten como finalidade a apertura de novos mercados náuticos e a captación de turismo nos portos deportivos de titularidade autonúmica. Esta actuación enmárcase no Plan Estratéxico da Náutica Recreativa 2012-2020 que o ente público desenvolve para optimizar os recursos do secto...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.