Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A GARDERIA DE MEIS COMEZARA NOVO CURSO CON NOVOS EQUIPAMENTOS 04.07.2017 3:21
A gardería municipal de Meis comezará o novo curso con diferentes melloras exteriores e en equipamento realizadas cun investimento de máis de 22.000 financiados pola Xunta de Galicia. Os detalles explicábaos esta mañá o alcalde de Meis, José Luis Pérez, e o delegado territorial da xunta en Pontevedra, Cores Tourís, durante a supervisión dos traballos, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
A FESTA DO TINTO DE AS NEVES PRESENTASE NA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 04.07.2017 3:23
Cambados foi hoxe o escenario de presentación da Festa do Viño Tinto de As Neves que terá lugar o 8 e o 9 de xullo. A vila do Albariño quere aproveitar as sinerxias entre os Concellos con D.O Rías Baixas, tal como o decía a alcaldesa, Fátima Abal, acompañada do alcalde de As Neves nun acto de presentación que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O ENOBUS COMEZA AS SUAS RUTAS EN CAMBADOS 04.07.2017 2:54
O Concello de Cambados puxo en marcha hoxe o Enobús, unha das actividades previstas no programa da Cidade Europea do Viño pero con intención de permanecer no tempo. O punto de partida inaugural situouse esta mañá na Praza do Concello coa presencia de alcaldes da comarca, a mancomunidade do Salnés e os membros do goberno de Cambados. Foi un encontro no que o Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Ab...
SEN ACORDO PARA A CELEBRACION DA FESTA DA AMEIXA DE CARRIL 03.07.2017 2:16
A reunión entre o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o patrón maior de Carril, José Luis Villanueva, para tentar desbloquear a celebración da Festa da Ameixa rematou sen acordo. As posturas mantivéronse distantes: a confraría continúa coa súa intención de celebrar o evento gastronómico o 19 e o 20 de agosto e o concello presentou dúas posibles datas: o 14 e 15 de agosto ou o 26 e 27. O gober...
A CONSELLEIRA DO MAR RECOLLE AS DEMANDAS DA CONFRARIA DE O GROVE 03.07.2017 2:02
A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, reuniuse esta mañá co patrón maior de O Grove, Antonio Otero, e representantes da confraría meca dentro dos habituais encontros que ven mantendo cos distintos pósitos de Galicia. Durante a reunión abordáronse diversas demandas da confraría como a reordenación de espazos portuarios ou o aumento das cuotas. Así o explicaban a conselleira e o patrón maior do pósit...
VEHICULOS DE OCASION PARA TODOS OS PETOS EN CAMBADOS 30.06.2017 1:08
O entorno de O Pombal en Cambados abriu esta mañá as portas da feira de vehículos de ocasión que se vai prolongar durante toda a fin de semana. Uns 200 coches de entre 1.500 e 60.000 euros están expostos nunha mostra con entrada gratuita e en horario ininterrumpido. Detalles que explicaban esta mañá o concelleiro de Promoción Económica, Xurxo Charlín, e o organizador do evento, Juan Antonio Lijó,...
NACE EN VILANOVA A CERVEXA ARTESANA EXTREMA DE AROUSA 29.06.2017 1:44
Nace en Vilanova a cervexa artesana "Extrema de Arousa" elaborada por tres veciños da parroquia de Corón. Serxio Chaves, Iván Nogueira e Juan Ramón Fernández comezaron este proxecto tras visitar hai dous anos a Festa da Cervexa Artesa que se celebra en Vilanova. Motivados por facer una cervexa de calidade pero con prezos competitivos, elaboraron unha receta a base de malta, cebada e lúpulos que fa...
SANXENXO OFERTA MULTIPLES ACTIVIDADES NA SUA PROGRAMACION DE VERAN 29.06.2017 3:48
Sanxenxo presentou esta mañá a súa oferta de actividades de verán, recollida nun programa do que se repartirán 10.000 exemplares por todo o municipio. Os detalles explicábaos así a concelleira de Cultura, Paz Lago, acompañada do concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O JUVENTUD DE CAMBADOS ORGANIZA UN NOVO FESTIVAL DEPORTIVO PARA OBTER FONDOS 29.06.2017 1:30
O Club Juventud de Cambados organiza unha nova edición do seu Festival que mistura deporte, música tradicional de grupos locais e degustacións gastronómicas. Será este sábado 1 de xullo en Torrado co obxectivo de recadar fondos para a vindeira tempada. Os detalles coñecémolos esta mañá da man do concelleiro Tino Cordal e do presidente do clube nunha presentación que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA...
UN FESTIVAL DE DJS SOLIDARIO CO REFUXIO ADIANTA AS FESTAS DE VERAN EN CAMBADOS 29.06.2017 4:22
Cambados adianta as festas de verán cun evento alternativo para a mocidade e ao mesmo tempo solidario co refuxio de animais. Trátase do Cambados Live Festival, que se celebrará o 8 de xullo, a partir das 11.30 da noite na Praza do Concello coa música de dous djs internacionais. Ademáis, o evento servirá para recadar fondos para o Refuxio de Animais de Cambados, que terá un punto de venda dos seus...
O PP DE VILAGARCIA PROPON QUE SE SOLICITE O PLAN DE INTERIOR PARA A FESTA DA AMEIXA 28.06.2017 1:18
O PP de Vilagarcía propón solucións para a celebración da Festa da Ameixa de Carril na fin de semana do 19 e 20 de agosto, tal como pretende a Confraría. O presidente da formación, Alfonso Gallego, plantexa que o Concello traslade o Combate Naval a última fin de semana de agosto. De non optar polo cambio de data, outra proposta sería que se cubra a seguridade da festa a través do Plan de Turismo S...
UN TRABALLADOR DO PRINCIPE FELIPE HOSPITALIZADO POLA AGRESION DUN MENOR 28.06.2017 1:49
Un traballador da cidade infantil Príncipe Felipe permanece hospitalizado dende onte a consecuencia dunha agresión por parte dun dos menores residentes da institución, un rapaz de 14 anos que foi derivado dende a Consellería de Política Social da Xunta. Segundo explica a deputada provincial Eva Villaverde, delegada do Príncipe Felipe, a agresión está calificada como “moi grave” dentro dunha sucesi...
A PROMOCION EN ALEMAÑA AXUDARA A DECLARACION DA FESTA DO ALBARIÑO DE INTERES INTERNACIONAL 27.06.2017 4:48
O concello de Cambados márcase como obxectivo para o ano que ven a declaración da Festa do Albariño como de Interés Turístico Internacional. Un reto que o concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal, apuntou esta mañá durante a valoración da viaxe promocional turística no norte de Alemaña xunto coa Mancomunidade do Salnés. Ademáis, cobra forza a futura celebración dunha Festa do Albariño en Alemaña...
PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA EN CAMBADOS 26.06.2017 4:09
Cambados vestiuse esta mañá con “Panos Brancos contra a droga”, un dos actos máis emblemáticos da Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN), que este ano coincide, ademáis, co Día Internacional contra a Droga. Houbo lectura de manifesto e solta de globos ademáis da sinatura da bandeira blanca desplegada na fachada do consistorio. O acto contou coa presencia do presidente da Fundación, Manuel C...
UN CONCERTO DE ROCK E UNHA ANDAINA NOVIDADES DAS FESTAS DE MEIS 26.06.2017 8:24
O Concello de Meis ten organizado un amplo programa de actividades para a celebración das Festas de San Bieito e dos Callos, que comezarán o domingo 2 de Xullo coa Feira Labrega. Pero ademáis, este ano inclúese un concerto de rock, o venres 7 de xullo e unha Andaina.. San Cristobo trasladase ao sábado 8 de xullo e a Festa dos Callos será o domingo 9 de xullo con racións a 6 euros. O mesmo día cele...
MOTOROKASION TRASLADASE A CAMBADOS A PRIMEIRA FIN DE SEMANA DE XULLO 23.06.2017 1:36
O entorno de O Pombal en Cambados converterase na primeira fin de semana de xullo no recinto para acoller unha nova edición de MotorOkasión. Uns 200 vehículos de todos os prezos procedentes de 10 firmas estarán expostos para a súa venda dende o venres 30 de xuño ata o domingo 2 de xullo nunha mostra que terá entrada de balde. Así o explicaban esta mañá o organizador de MotorOkasión e a alcaldesa d...
A ESCULTURA FINALISTA NO CERTAME FRANCISCO ASOREY LUCE NO IES DE CAMBADOS 23.06.2017 1:36
O IES Francisco Asorey acolle dende esta mañá a obra de Javier González, finalista no II Certame de Escultura Francisco Asorey. O autor da peza manifestara recentemente a intención de donar a obra ao Concello de Cambados, quen decidíu que a ubicación máis axeitada para a mesma era o centro de ensino pola vinculación co nome do instituto. A escultura foi instalada e descuberta esta mañá no Institut...
MAIS DE 2.000 PERSOAS ACHEGARONSE AO CAMPEONATO DE BALONCESTO CELEBRADO EN CAMBADOS 23.06.2017 7:52
O concello de Cambados e os organizadores da Basket Tapas fan unha valoración moi positiva dos diferentes eventos celebrados en torno ao campeonato de baloncesto durante a pasada semana. Segundo os datos que ofrecía esta mañá o portavoz municipal, Xurxo Charlín, máis de 2.000 persoas achegáronse durante eses 7 días á vila do albariño e comarca, deixando un gasto de 95 euros por persoa cun retorno...
OS PANOS BLANCOS CONTRA A DROGA ESTARAN ESTE LUNS EN CAMBADOS 22.06.2017 3:43
Cambados celebrará o vindeiro luns día 26 o Día Internacional da Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas, promovido pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. Trátase da campaña “Panos Blancos contra a Droga”, que cada ano se celebra nun concello diferente e nesta ocasión a elexida é a vila do albariño. Os actos comezarán as 11 da mañá na praza do Concello coa lectura dun manif...
200 PARTICIPANTES COMPETIRAN NO II TRIATLON POPULAR CONCELLO DE CAMBADOS 22.06.2017 4:20
O II Triatlón Popular Concello de Cambados que se celebra este sabado contará con 200 participantes nunha segunda edición que agarda conseguir o éxito do ano pasado. A proba sairá as 18 horas dende a praia de San Tomé e consistirá nun percorrido por beiramar de 750 metros a nado, 2.000 metros de bicicleta e 1000 metros de carreira a pé ata chegar ao porto de Tragove. Son datos dunha competición qu...
A CIDADE EUROPEA DO VIÑO PROMOCIONASE NA CIDADE ALEMANA DE KIEL 21.06.2017 3:30
A Cidade Europea do Viño está presente na Feira Kielerwoche que se celebra dende hoxe na cidade alemana de Kiel, como resultado da colaboración entre a Mancomunidade do Salnés e o Concello de Cambados. Unha delegación de ambas entidades parten hoxe cara a cidade xermana para promocionar todas as actividades que se enmarcan dentro da Cidade Europea do viño, como o Enobús, a Festa do Albariño e o vi...
O ESTADO REFORZA A GARDA CIVIL DE SANXENXO NA SUA TOTALIDADE DURANTE O VERAN 21.06.2017 1:04
A Garda Civil en Sanxenxo incorpora catro axentes cubrindo así a totalidade da plantilla do posto da Benemérita na localidade durante o verán. Un reforzo que anunciou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Ana Ortiz, durante a Xunta Local de Seguridade celebrada en Sanxenxo na que estiveron representantes municipais, da Garda Civil, Policía Autonómica e Policía Local. Segundo Ana Ortíz, Sanxenxo...
ANDAINA DE CONCIENCIACION SAUDABLE PARA A TERCEIRA IDADE EN CAMBADOS 21.06.2017 2:48
O Concello de Cambados e a asociación Filosofía de Xogo organizan a primeira edición do programa "Máis zapatillas, menos pastillas". A iniciativa consiste nunha andaina solidaria destinada as persoas maiores co obxetivo de concienciar á terceira idade sobre os hábitos de vida saúdable, a práctica de deporte e a boa alimentación para previr, entre outras cousas, a enfermidade do Alzheimer. É por el...
A ESCOLA INFANTIL DE RIBADUMIA EMPEZA O CURSO CON INSTALACIONS REFORMADAS E NOVO EQUIPAMENTO 20.06.2017 1:20
A escola infantil de Ribadumia empezará o novo curso con instalacións melloradas e novo equipamento a través dunha axuda da Xunta. O investimento da obra roldou os 33.365 euros, 22.500 dos cales corresponden á subvención da Xunta, puidéronse adquirir diversos medios e equipamento para o centro coma paneis separadores para o comedor, lousas, triciclos, mesas, mobles para libros, andadores, xogos e...
CAMBADOS PROMOCIONA A FESTA DA LANGOSTA DE A GUARDA 20.06.2017 4:26
Cambados acolleu esta mañá a presentación dunha das festas gastronómicas máis recoñecidas de Galicia: a Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, que se celebrará en A Guarda entre o 30 de xuño e o 2 de xullo. A presentación do evento realízase cada ano nunha cidade diferente e nesta ocasión o lugar elexido foi Cambados por ser a Cidade Europea do Viño, co aliciente da boa maridaxe que supón o alba...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.