Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
VILANOVA ACOLLERA O PRIMEIRO OBRADOIRO TECNOLOXICO DE GALICIA 21.07.2017 1:12
O Concello de Vilanova porá en marcha en outubro o primeiro Obradoiro Tecnolóxico de Galicia. A administración municipal acaba de recibir por parte da Xunta de Galicia a concesión do curso formativo, que se desenvolverá en Vista Real cunha duración de 9 meses. Así o explicaba o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, nunhas declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O CUATRIPARTITO DECIDIRA MAÑÁ SE CONVIDA A FEIJOO AO XANTAR DO ALBARIÑO 20.07.2017 1:35
O goberno local de Cambados todavía non decidiu se convidará ou non ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao Xantar do Albariño. A que sí está clara é a postura do BNG, que propuso aos seus socios que Núñez Feijoo non sexa convidado ao considerar que a Xunta actuou con “desprezo e sectarismo” na celebración de Cambados como Cidade Europea do Viño. O tema foi tratado trala Xunta de Goberno...
CORENTA NEN@S PARTICIPAN NO PRIMEIRO CURSO DE VELA TRADICIONAL DE CAMBADOS 20.07.2017 3:24
Cambados ten en marcha o primeiro curso de Vela Tradicional coa participación de 40 nenos e nenas en quendas de mañá e tarde. Os detalles nolos contan o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e un dos monitores do curso Fernando Pombo, nunhas declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
CONCELLO E XUNTA ESTUDAN A CONEXION PEONIL ENTRE BAMIO E CARRIL 20.07.2017 2:22
O Concello de Vilagarcía e a Consellería de Infraestructuras da Xunta estudan a posibilidade de crear unha conexión peonil entre Bamio e Carril, ben mediante beirarrúas ou mediante o Plan de Sendas de Galicia. Unha demanda histórica que tanto o Concello como a Xunta ven posibilidades de cumplila. Así o explicaban esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Cores Tourís, e o concelleir...
O ALBARIÑO CREA PARA A OCASION UN CONCERTO DE JAZZ COA ORQUESTRA DE GALICIA E ARTISTAS CONVIDADOS 19.07.2017 2:00
A Festa do Albariño incorpora este ano no apartado musical un evento novidoso: un concerto da Orquestra de Jazz de Galicia creado especialmente para a ocasión, “con música de raiz, para mostrar a cultura e o arte de Galicia”. 30 músicos da Orquestra de Jazz estarán acompañados por seis artistas convidados: Santiago Auserón, Nastasia Zurcher, Woyza, Carmén París, Josemi Carmona e Lilaina. Será o 2...
UN GRAN ESPECTACTULO DE FOLCLORE INTERNACIONAL ABRE AS SONATAS DE VILANOVA 18.07.2017 1:43
As Sonatas de Verán volven a Vilanova de Arousa un ano máis pero ademáis, desta volta incluen un espectáculo de folclore internacional. Baixo o nome de “O Mundo a Danzar” catro grupos de danza e música en directo procedentes de Chile, México, Taiwan e Rusia actuarán no Xardín Umbrío de Vilanova o 5 de agosto a partir das 22.30 horas. O espectáculo terá unha duración de dúas horas e contará con mái...
O BNG DO SALNES CONMEMORA O 25 DE XULLO CUNHA FESTA DA PATRIA 18.07.2017 2:50
Un ano máis, o BNG celebra o 25 de xullo en Compostela coa xa tradicional manifestación que partirá ás 12 do mediodía dende a Alameda de Santiago. Pero ademáis, por segundo ano, a formación nacionalista conmemora tamén a data en Vilagarcía. Será este venres 21 de xullo ás 19 horas no Parque da Xunqueira. Os detalles explicábanos esta mañá o responsable comarcal Manuel Domínguez e a deputada no Par...
PREMIO DE 100 EUROS A CAMISETA DO ALBARIÑO ADICADA A CIDADE DO VIÑO 17.07.2017 2:11
A asociación Zona Centro de Cambados premiará un ano máis á peña que, segundo o xurado, mellor defina nas súas camisetas o espíritu da Festa do Albariño. O colectivo de comerciantes e o Concello presentaron esta mañá o xa tradicional concurso de camisetas do Albariño, que este ano incorpora un premio adicional de 100 euros con motivo da capitalidade europea do viño. Un xurado formado por membros d...
AS OBRAS DO AUDITORIO DO ESTEIRO PROGRESAN ADECUADAMENTE 17.07.2017 1:20
As obras de construcción do auditorio do Esteiro “progresan adecuadamente” nunha situación agora de bo entendemento entre Concello e Deputación. Así se puso de manifesto na reunión da comisión de seguimento celebrada esta mañá no Pazo Provincial coa asistencia do alcalde, Gonzalo Durán, e o deputado Carlos López Font, ademáis de técnicos provinciais. O rexedor vilanovés estima que o novo auditorio...
CAMBADOS SABOREA A VIEIRA ESTA FIN DE SEMANA 14.07.2017 5:34
Cambados inaugurou este mediodía a Festa da Vieira, que chega a súa 16 edición e que se celebrará durante toda a fin de semana. A apertura da carpa de degustación, ubicada no Paseo da Calzada realizouse nun acto que contou coa presencia de representantes da Xunta e da corporación municipal. O evento gastronómico, organizado pola Confraría de Pescadores, conta este ano coa colaboración de tres estr...
A PRAIA DE O ARIÑO EN VILANOVA DENDE HOXE LIBRE DE FUME 14.07.2017 0:59
A praia de O Ariño en Vilanova é dende hoxe o primeiro areal da comarca de O Salnés que se converte en praia sen fume. O Concello accedeu á petición da Consellería de Sanidade para integrar este espazo dentro da Rede de praias nas que está prohibido fumar. A elexida foi a praia de O Ariño, que é un pequeno areal ubicado entre O Terrón e a pasarela peonil que conecta co casco urbano, sendo moi util...
EN MAREA LEVARA AO PARLAMENTO A FALTA DE PERSOAL NO HOSPITAL DO SALNES 13.07.2017 1:48
As demandas do colectivo de celadores do Hospital do Salnés chegarán ao Parlamento de Galicia a través do grupo parlamentario de En Marea. A formación política presentará diversas iniciativas na Cámara galega reclamando que se incremente o persoal necesario tralas ampliacións hospitalarias e en contra do peche da terceira planta durante o verán. Foi a conclusión da visita que esta mañá realizaron...
O PROGRAMA VIVES-EMPREGA CONSIGUE A INSERCION LABORAL DE 9 PERSOAS 13.07.2017 3:16
O segunda edición do programa Vives-Emprega que se desenvolveu en Vilagarcía durante catro meses conseguiu a inserción laboral de 9 persoas. O proxecto, promovido pola Fundación Acción contra a Fame e o Concello de Vilagarcía, financiado co Fondo Social Europeo, clausurouse esta mañá, coa presencia do alcalde, Alberto Varela e a concelleira de Benestar Social, Tania García. Os organizadores prepar...
O CONCELLO ACTUARA CON PROCEDEMENTO SUBSIDIARIO NA LIMPEZA DE FINCAS PARTICULARES 12.07.2017 5:34
O goberno de Vilagarcía quere rematar coa situación de insalubridade provocada polas fincas nas que se acumula a maleza e que ocasionan un risco para as persoas e o medio ambiente. Farao iniciando o procedemento de execución subsidiaria: dará un prazo de 10 días aos propietarios das parcelas para que procedan a limpeza das mesmas. Se non é así a administración municipal encargarase do traballo med...
UN CENTO DE NENOS PARTICIPAN NO CAMPUS INTERNACIONAL PABLO COIRA 12.07.2017 2:45
Un cento de nenos participarán dende o vindeiro luns e durante duas semanas no Campus Internacional Pablo Coira con procedencias de diferentes paises de Europa, EEUU, Oriente Medio e Latinoamérica. Así o explicaba esta mañá o promotor da iniciativa durante a recepción celebrada no Concello de Vilagarcía, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
A PRAZA DE RAVELLA MOSTRA OS 20 ANOS DO FONDO GALEGO DE COOPERACION 11.07.2017 1:29
A Praza de Ravella acolle ata o 19 de xullo a exposición que conmemora os 20 anos do Fondo Galego de Cooperación. A mostra, composta de 8 cubos de catro paneis cada un, relata a evolución deste fondo de solidariedade, no que participa o Concello de Vilagarcía. Así o expresaba esta mañá o alcalde, Alberto Varela, na inauguración da exposición que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
ACORDO ENTRE O CONCELLO E A CONFRARIA PARA A CELEBRACION DA FESTA DA AMEIXA 11.07.2017 7:26
Entendemento e acordo entre o goberno de Vilagarcía e o patrón maior de Carril para que a Festa da Ameixa se celebre finalmente a fin de semana do 19 e 20 de agosto, coincidindo co festival de As Revenidas e o Combate Naval. O executivo municipal e o tamén presidente dos parquistas, José Luis Villanueva, reuníronse esta mañá para abordar os requisitos que o concello considera imprescindibles para...
UN CAMPO DE TRABALLO PARA RELACIONARSE E TOMAR CONTACTO COA NATUREZA 10.07.2017 3:07
Unha vintena de xóvenes de diferentes puntos de España e Europa participan dende o 2 de xullo no campamento de traballo promovido pola Xunta de Galicia en Vilanova. Unha iniciativa que mistura actividades deportivas e de contacto coa natureza con traballos de rehabilitación e limpeza en diversas zonas do municipio, como a senda da costa do Terrón-Patiñas e o Mirador de Lobeira. Os participantes re...
O CONCELLO EXIXE UN PLAN DE AUTOPROTECCION PARA CELEBRAR A FESTA DA AMEIXA O 20 DE AGOSTO 07.07.2017 3:18
O Concello de Vilagarcía está disposto a que a Festa da Ameixa se celebre finalmente o 20 de agosto, a data marcada dende un principio como innegociable pola Confraría de Carril, organizadora do evento. Eso sí, para elo o pósito debe elaborar un plan de autoproteccion especial no que se detallen os medios necesarios e asuman os que non pode cubrir o Concello. Sen embargo, o alcalde Alberto Varela...
GALICIA TERA UN PLAN EXTRATEXICO DA CONSERVA PARA A MODERNIZACION DESTA INDUSTRIA 07.07.2017 2:00
A Xunta promoverá un Plan EStratéxico da Conserva nunha “aposta pola modernización desta industria que perfilará as perspectivas do sector cara o futuro”. Un proxecto que se presentará nos vindeiros días e que avanzaba xa esta mañá o presidente da Xunta, Núñez Feijoo, durante a súa visita á conserveira La Brújula, ubicada no polígono de Ribadumia. Foi un acto institucional no que tamén estiveron p...
CAMBADOS REFORZA A SEGURIDADE DA FESTA DO ALBARIÑO POR ALERTA YIHADISTA 06.07.2017 2:18
Cambados reforzará a seguridade durante a Festa do Albariño deste ano. Debido a alerta nivel 4 por atentado yihadista, o Concello instalará barreiras de formigón en distintos puntos do entorno de Fefiñáns e Paseo da Calzada para impedir o tránsito de vehículos pesados. Así se establece no plan de seguridade que se abordou esta mañá na primeira reunión da xunta local de seguridade constituida a tal...
UNHAS 60 EMBARCACIÓNS CELEBRARAN O CENTENARIO DA CONFRARIA DE CAMBADOS NO ENCONTRO DESTE SABADO 06.07.2017 2:24
Cambados acolle este sábado o Encontro de Embarcacións Clásicas e Tradicionais con motivo da celebración do centenario da Confraría San Antonio. A xornada comezará ás 11:30 horas coa arribada das máis de 60 embarcacións participantes na praia de San Tomé, onde se realizará o izado de velas conmemorativo polo centenario. Durante a mañá tamén haberá un concurso de debuxo sobre o mar para nenos, a pr...
CAMBADOS TERA ACTIVIDADES DE VERAN TODOS OS DIAS 05.07.2017 4:49
O Concello de Cambados ten preparado para este verán un denso e amplo programa cultural que se prolongará dende xullo a setembro con actividades todos os días. Veciños e visitantes poderán gozar de numerosas inciativas deportivas, cine na rúa, obradoiros de diferente índole, ludotecas, exposicións, concertos e festas populares. Ademáis, sen esquencer a Festa do Albariño, que contará cunha programa...
OS PANTALANS DE O XUFRE ESTARAN REMATADOS EN SETEMBRO 05.07.2017 1:59
Os pantaláns de terceira lista que se están construindo no peirao de O Xufre estarán rematados en setembro. Son as estimacións da conselleira do Mar, Rosa Quintana, que hoxe trasladouse á zona para supervisar o avance dos traballos, acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán. A actuación conta cun orzamento de 700.000 euros e darán servizo a 308 embarcacións pesqueiras, atenden...
APRENDER MANEXO DE DRONS E ROBOTS TAMÉN EN CAMBADOS 04.07.2017 3:09
Cambados pon en marcha un campamento tecnolóxico para nenos e nenas de entre 8 e 15 anos durante os meses de xullo e agosto. Será no edificio da Mercé e o custe da matrícula é de 55 euros para os empadroados en Cambados e 65 para o resto. Unha actividade pensada dende a Concellería de Cultura de Cambados como unha opción diferente e alternativa aos hábitos de verán. Durante dous meses, todos os dí...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.