Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
COMEZAN AS OBRAS DO NOVO PANTALAN DE SAN TOME EN CAMBADOS 05.06.2017 5:06
O porto de San Tomé de Cambados terá listo o novo pantalán ao longo deste verán. O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, realizou unha visita ao porto de Santo Tomé para supervisar o inicio das obras do novo pantalán. Son 73 novos amarres nunha actuación demandada pola Confraría de Pescadores de Cambados, xa que as actuais instalacións de As Goritas non ofrecen o calado suficiente. Por...
A DELEGACION DE ACEVIN INICIA A SUA ESTADIA EN CAMBADOS 02.06.2017 5:37
O salón de plenos de Cambados acolleu esta mañá a recepción oficial da delegación de ACEVIN que durante esta fin de semana permanecerá na vila do albariño con motivo da celebración da Asemblea Xeral do organismo. Os membros do goberno local recibiron aos integrantes da comitiva, cun agasallo de benvida, e tralas primeiras reunións de traballo xa mantidas durante a mañá adicarán o resto da súa esta...
ARTE, HISTORIA E CULTURA DO SALNES NO CURSO DE VERAN DO PAZO DE VISTA REAL 02.06.2017 3:59
Os cursos de verán volven un ano máis ao Pazo de Vista Real, de Vilanova. Nesta ocasión, será sobre a arte, historia, xeografía e Cultura da Comarca do Salnés baixo a perspectiva do Padre Sarmiento O foro celebrarase entre o 17 e o 20 de xullo, tal como explicaban esta mañá na presentación o alcalde, Gonzalo Durán, e a historiadora Alicia Padín, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTE...
O GRUPO DE VACAS ABRE OS CONCERTOS DE AGORA VERMU DE VILAGARCIA 02.06.2017 2:20
Vilagarcía abre este domingo 2 de xuño os concertos matutinos da segunda edición de Agora Vermú. O programa prolongarase durante 5 domingos, comezando na praza da liberdade de Carril coa actuación do grupo De Vacas ás 13.30 horas. Nolo contaba a concelleira de cultura, Sonia Outón, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O VIVEIRO INDUSTRIAL DE BAION ESTARA EN FUNCIONAMENTO A PRINCIPIOS DO VINDEIRO ANO 02.06.2017 1:42
Vilanova porá en funcionamento a principios do vindeiro ano o agardado viveiro industrial do polígono de Baión. O concello sacou xa a licitación por 299.355 euros, ive incluido, a contratación da obra coa publicación no Boletín Oficial da Provincia e as empresas interesadas teñen agora un prazo de trece días para presentar as súas ofertas. O prazo máximo de execución é de tres meses. O proxecto é...
EN MAREA EXIXE A XUNTA REPARACIONS NO CENTRO MEDICO DE CAMBADOS 02.06.2017 3:15
O grupo parlamentario de En Marea solicitará á Xunta que realice as obras necesarias de reparación do Centro de Saúde de Cambados e que asuma a xestión do mesmo. Unha iniciativa que presentaban esta mañá nas propias instalacións do centro médico a deputada do Parlamento de Galicia por En Marea, Eva Solla, e o concelleiro de Somos Cambados, Constantino Cordal, nun acto que recollemos en AROUSA PONT...
A DEPUTACION PROMOVERA A IGREXA DO MOSTEIRO COMO RECURSO TURISTICO 02.06.2017 3:47
A Igrexa de Santa María do Mosteiro, en Meis, recibirá novas actuacións por parte da Deputación para promover a presencia de visitantes e potenciar a capela como recurso turístico. Así o anunciou esta mañá a presidenta provincial, Carmela Silva, durante unha visita as obras de rehabilitación da Igrexa que a Deputación realizou a través dun convenio co Arcebispado e co Concello de Meis por valor de...
A MANCOMUNIDADE ESTREA A NOVA SEDE EN CAMBADOS 02.06.2017 3:39
A Mancomunidade do Salnés inaugurou as novas instalacións ubicadas no Centro Exposalnés de Cambados, no Paseo da Calzada. A través dun convenio asinado hoxe entre a Mancomunidade e o Concello de Cambados o inmoble recupera así a función para a que fora pensado en parte no seu inicio A nova sede foi estreada nun acto inaugural no que estiveron o presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, a alc...
UN VEHICULO ADAPTADO PARA A RECOLLIDA DE ANIMAIS EN VILAGARCIA 02.06.2017 3:43
Vilagarcía mellora o Servizo Municipal de Recollida de Animais a través dun novo vehículo adaptado que foi presentado nas instalacións do Refuxio de Animais de Pinar do Rei. Os detalles nolos contan o Concelleiro de Servizos, Lino Mouriño, o Xefe de Emerxencias Municipais, Francisco Guillán, a portavoz municipal, Tania García, e o alcalde Alberto Varela, nunha rolda de prensa que recollemos en ARO...
ANDAINA SOLIDARIA EN RIBADUMIA EN BENEFICIO DE CARITAS 31.05.2017 4:21
Ribadumia celebra o domingo 4 de xuño a II Andaina Solidaria Concello de Ribadumia. A iniciativa ten como obxectivo recadar fondos para Cáritas e foi presentada esta mañá nun acto coa presencia do concelleiro Enrique Oubiña, unha das organizadoras da proba, Soledad Cores, e a representante de Cáritas, Mar Viqueira. Unha presentación que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
TAPAS PARA RECADAR FONDOS PARA O XUVEN DE CAMBADOS 31.05.2017 8:20
Cambados recada fondos para o Xuven a través dunha iniciativa que mistura deporte, gastronomía e música. Trátase do Basketapas, que se celebrará entre o 9 e o 18 de xuño e no que participan 12 establecementos de Cambados. O obxectivo é recadar fondos para o Clube Xuventude de baloncesto e tamén para seguir promocionando o municipio aproveitando a celebración do Campionato de Clubes de Baloncesto I...
UNHA ZONA RECREATIVA CON ARBORADO PARA O PARQUE INFANTIL DE CASTRELO 31.05.2017 3:56
O parque infantil de Castrelo terá a partir deste verán unha zona de ocio e recreativa con arborado, mesas de picnic e elementos biosaudables. As obras, financiadas a través do Plan Concellos 2016 da Deputación, están en marcha e probablemente quedarán rematadas a finais do mes de xuño. A empresa Globalia é a adxudicataria da actuación por un importe de 30.000 euros, 20.000 menos que a licitación...
O PRINCESA LETIZIA PON EN MARCHA UN NOVO PROXECTO DE FORMACION 30.05.2017 4:16
O Centro de Educación Especial "Princesa Letizia" da asociación Amencer-Aspace aposta polas novas tecnoloxías. Proba delo é que pon en marcha un novo proxecto de formación e equipamento TAC para que os alumnos gocen dun momento de lecer no que aprendan a tomar o control da actividade e a adoptar decisións. Co proxecto "Os Contos Viaxeiros" financiado polo Ministerio de Educación, o centro creou un...
TELMO MARTIN ASUMIRA ESTA SEMANA A ALCALDIA DE SANXENXO 30.05.2017 5:57
Telmo Martín asumirá esta semana, posiblemente mañá mesmo, a alcaldía de Sanxenxo trala renuncia de Gonzalo Pita que se oficializou no pleno municipal da pasada tarde. Mentres tanto, o alcalde en funcións será Daniel Fernández, ata agora concelleiro de Urbanismo e nomeado hai uns días por Pita como tenente de alcalde único. Foi un tenso pleno, no que o executivo local decidiu limitar a asistencia...
LARSA INAUGURA AS NOVAS INSTALACIONS DE VILAGARCIA 30.05.2017 2:42
Larsa inaugurou esta mañá as súas novas instalacións da fábrica de Os Martices, en Vilagarcía, tralas obras de adaptación e modernización que necesitaron un investimento de 3,2 millóns de euros. Un acto no que estiveron presentes a Conselleira de Medio Rural, Angeles Vázquez, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e outros representantes institucionais. Agora, tralas melloras realizadas, a direc...
TERRAS DE ASOREY ESTREA SEDE CO DISTINTIVO DE GALICIA CALIDADE 29.05.2017 4:00
A adega Terras de Asorey ten dende hoxe o distintivo Galicia Calidade. A sinatura do selo de calidade tivo lugar esta mañá na nova sede da adega, ubicada en San Martiño de Meis. Terras de Aserey está conformada por seis familias de adegueiros do Salnés, que nos últimos anos conseguiron altas cuotas de exportación a EEUU, Xapón e Reino Unido. O próximo reto está en Noruega, onde xa se están abrindo...
PUBLÍCASE A PRIMEIRA GUÍA PARA IDENTIFICAR OS ORGANISMOS QUE ALTERAN O ESTADO DOS BIVALVOS 29.05.2017 1:34
O sector marisqueiro conta dende hoxe coa primiera guía para identificar os organismos que poden alterar o estado dos moluscos bivalvos. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou esta mañá no Intecmar na presentación deste estudo, froito da investigación de Susana Darriba, xefa da unidade de patoloxia Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (lntecmar). Esta guía servirá para que...
CAMBADOS PON EN MARCHA TALLERES DE GASTRONOMIA MARIÑEIRA PARA MULLERES 26.05.2017 5:24
Cambados pon en marcha o obradoiro “A gastronomía mariñeira e a súa importancia no sector turístico”, que será impartido polo chef do Pandemoniu e integrante do Grupo Nove, Antonio Botana. Trátase dunha nova iniciativa do programa Emprendemar, financiado con fondos europeos, que está destinado sobre todo á mulleres. Os talleres de elaboración de productos mariñeiros impartiranse os sábados do mes...
O BNG ALUDE A UN COMPLOT NA SOMBRA O MOTIVO DO PACTO PP SAL 26.05.2017 1:55
O BNG de Sanxenxo alude a unha trama urbanística relacionada coa ilegalidade dun edificio vinculado con Telmo Martín e coa antiga constructora Constru4 como a causa que subiace detrás do pacto entre PP e SAL. Segundo o portavoz nacionalista, David Otero, trátase dun complot na sombra, orquestado polo PP, que provocou unha situación que califica de esperpéntica. Así o explicaba David Otero nunha co...
PITA CALIFICA DE "SECUESTRO" DE SAL A ASEMBLEA DA PASADA NOITE 26.05.2017 4:02
O todavía alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, insiste na ilexitimidade das votacións acordadas na asemblea da pasada noite, asegura ter a conciencia moi tranquila e amósase convencido de que o pacto co PP era necesario para garantir o futuro de Sanxenxo. Asimesmo recoñeceu que o tripartito vivía unha situación constante de inestabilidade política provocada polas continuas ameazas da concelleira soc...
VANESA RODRIGUEZ CESA COMO EDIL DE GOBERNO DE SANXENXO PERO NON RENUNCIA A ACTA 26.05.2017 2:26
A actual concelleira de Persoal e Seguridade, Vanesa Rodríguez, anuncia que cesa como edil de goberno pero non renuncia a súa acta. O que todavía non ten decidido é se seguirá como concelleira de SAL ou como non adscrita. Revelouno despois de que a asemblea de afiliados de SAL celebrada esta pasada noite e considerada ilexítima pola dirección do partido, votase en contra do pacto de goberno asinad...
VIÑO E CINE EN VIDEA CAMBADOS ATA O 7 DE XULLO NAS NOITES DOS VENRES 25.05.2017 3:34
Outra das iniciativas que pon en marcha o Concello de Cambados con motivo da Cidade Europea do Viño é o proxecto Videa, que mistura o viño co cine. Dende o 2 de xuño ata o 7 de xullo diferentes adegas de Cambados e a contorna proxectarán 5 das 10 mellores películas do mundo relacionadas co mundo do viño, Será nas noites dos venres a partir das 21.30 horas ao aire libre. Cada film proxectarase nunh...
UN SHOWCOOKING DE YAYO DAPORTA PARA IMPRESIONAR AOS MEMBROS DE ACEVIN 25.05.2017 3:59
Cambados acollerá a vindeira semana a Asemblea Xeral de Acevin, dentro do programa de Cambados como Cidade Europea do Viño. Os actos comezarán o xoves 1 de xuño e será unha ocasión para que a vila do albariño amose os seus recursos enoturísticos ante toda a xeografía española. Unha das actividades destacadas será un showcooking que terá lugar o venres pola tarde na Praia de San Saturniño a cargo d...
A DEPUTACION REITERA QUE NON ADMITE CAMBIOS NAS OBRAS DE LUIS ROCAFORT 24.05.2017 4:19
A Deputación de Pontevedra continuará a tramitación das polémicas obras da Avenida Luis Rocafort en Sanxenxo tal e como se establecía no proxecto inicial, sen incluir as modificacións solicitadas polo alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita. Así o advertía o vicepresidente provincial, César Mosquera, que ademáis, argumentaba que o proxecto foi tan só unha xustificación para promover o pacto co PP. Decla...
ALUMNOS EMPRESARIOS EN CAMBADOS VENDEN OS SEUS PRODUCTOS NO MERCADO AMBULANTE 24.05.2017 1:43
Os alumnos de 6º de Primaria do colexio Magariños xa saben o que é vender nun mercado ambulante. Os nenos participan no programa “Depo Emprende Na Escola”, promovido pola Deputación, e instalaron esta mañá un posto no mercadillo de productos da empresa que eles mesmo formaron. Para elo pasaron por todas as fases necesarias: desde a solicitude dos trámites administrativos ata a elaboración dos arti...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.