Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
SANXENXO PRETENDE RECUPERAR AS BANDEIRAS AZUIS DE AREAS E CANELIÑAS 22.09.2017 1:46
Sanxenxo pretende recuperar a bandeira azul de Areas e Caneliñas, sacar a concurso o mantemento dos contenedores soterrados e diversas melloras nos parques municipais. Son alguns dos obxectivos previstos pola Concellería de Medio ambiente para o ano que ven que anunciaba esta mañá o edil deste departamento, Juan Deza. O concelleiro tamén fixo balance das actuacións realizadas dende a súa chegada a...
O BNG DE SANXENXO NON CRE OS MOTIVOS DA SUSPENSION DE LICENCIAS URBANIZABLES 22.09.2017 2:26
O grupo municipal do BNG de Sanxenxo interpreta que a proposta que o alcalde Telmo Martín levará ao pleno do vindeiro luns para suspender as licencias de 30 solos urbanizables ten un obxectivo diferente ao argumentado polo rexedor. Así o explicaba esta mañá o concelleiro nacionalista, David Otero, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
RIBADUMIA CELEBRA A SEMANA DO DEPORTE ATA O 30 DE SETEMBRO 22.09.2017 4:26
Ribadumia celebra dende mañá e ata o 30 de setembro a Semana do Deporte cunha programación pensada para grandes e pequenos- Entre as actividades previstas está a xornada organizada pra o día 27, onde mais de 250 nenos de 3 a 7 anos do CPI Julia Becerra Malvar e do CRA de Ribadumia participarán na inauguración da exposición da Deputación" Olimpiadas de Río" con actividades de zumba, xogos predeport...
MORAÑA CELEBRARA ESTE DOMINGO UN MERCADO ECOLOXICO CUNS 40 EXPOSITORES 21.09.2017 6:53
Moraña sumase aos mercados ecolóxicos, que están tendo un crecemento constante non súltimos tempo. Este domingo, a carballeira de Santa Lucía acollerá unha oferta de productos ecológicos, de proximidade, artesanais e de moda sostible a partir das once da mañá. Pero ademáis de poder mercar tamén haberá outras actividades. Para saber máis detalles en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA falamos con Luz Gómez...
VILANOVA MELLORA AS DEPENDENCIAS DA AREA DE URBANISMO DO CONCELLO 21.09.2017 1:20
O Concello de Vilanova está a realizar unha serie de melloras na Casa Consistorial por un importe de case 40.000 euros, financiados nun 80% a través dunha axuda de Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia. As obras consisten na adecuación interior da planta baixo cuberta do edificio, que alberga actualmente a área de urbanismo e está aberta ao público en xeral. Os detalles explícaos a concel...
SANXENXO PROMOCIONASE NUNHA NOVA POSTAL DE CORREOS 20.09.2017 0:49
Sanxenxo promocionase cunha nova postal de Correos prefranqueada e da que se realizaro 600 exemplares. A fotografía turística amosa a Madama de Silgar no centro flanqueada por outros catro lugares emblemáticos da vila: o banco de punta Faxilda en Noalla, dúas instantáneas da ermida de A Lanzada e unha posta de sol dende Paxariñas. A postal xa se pode mercar na oficina de Correos de Sanxenxo na rúa...
NOVOS TRAXES DE PROTECCION ANTE EVENTUAIS EPISODIOS DE CONTAMINACION MARIÑA 20.09.2017 1:32
Vilagarcía foi esta mañá o lugar elexido pola Consellería do Mar para realizar unha xornada formativa de emprego dos novos traxes de protección nuclear, biolóxica e química ante eventuais episodios de contaminación mariña. Concretamente, son tres equipos dos que dous estarán ubicados nos barcos anticontaminación e o terceiro na base correspondente. A dotación destes traxes de protección supuso un...
CAMBADOS ORGANIZA O I SIMPOSIO INTERNACIONAL LGTBI DE GALICIA 19.09.2017 3:52
O Concello de Cambados organiza o I Simposio Internacional LGTBI de Galicia. Será o 7 de outubro dende as 10 ás 14 horas en Exposalnés. Un total de 8 ponentes abordarán a problemática e a marxinación que todavía sufren moitas persoas pola súa identidade sexual. Os relatores describiran a situación que se vive en Galicia, España e tamén noutros países como Portugal, México, Eslovenia e Túnez. Unha...
VILANOVA E CAMBADOS RETOMAN A IDEA DA SENDA PEONIL ENTRE AS PATIÑAS E TRAGOVE 19.09.2017 1:31
Vilanova e Cambados queren recuperar o proxecto de unir ambos municipos a través dunha senda peonil entre As Patiñas e Tragove. Por tal motivo, o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e o Concelleiro de Obras de Cambados, José Ramón Abal, reuníronse hoxe para analizar o xeito de poder retomar esa actuación da que se leva falando hai anos. Para elo é necesario contar coa colaboración da Dirección Xer...
OS FURTIVOS ESTAN A ACABAR COAS ZONAS DE MARISQUEO DE A ILLA DE AROUSA 19.09.2017 4:00
Os ataques de furtivos están a acabar coas zonas de marisqueo da Illa de Arousa. Esta é parte da situación que a Confraría de A Illa de Arousa denunciaba esta mañá tras un último operativo contra o furtivismo despregado durante a noite no que foron identificados dous veciños da Illa con dous capachos cheos de ameixa. Segundo o patrón maior do pósito, Juan José Rial, a situación estase agravando. I...
CLAVES PARA O EXITO DAS FINANZAS PERSOAIS 18.09.2017 2:30
O Concello de Vilagarcía organiza unha charla informativa sobre as “cinco claves para o éxito das finanzas persoais”. A charla-coloquio será este xoves 21 de setembro ás 20 horas no Auditorio, impartida pola economista e asesora financeira Patricia Roldán, na que se analizará qué facer cos aforros evitando decisións que podan arruinar o futuro. Durante o acto abordaranse temas sobre débedas, aforr...
O BULE NA NOITE DE CAMBADOS CONSIGUE RECADAR MAIS DE 700 UNIDADES ESCOLARES 18.09.2017 2:40
O Festival Bule na Noite, celebrado en Cambados este pasado sábado como despedida de verán dos máis pequenos do municipio, conseguiu recadar máis de 700 unidades de material escolar entre mochilas, libretas, lápices ou estuches. A aportación era o único requisito para participar nesta iniciativa, promovida dende a Concellería de Servizos Sociais en colaboración con Nordalaina e o Clube de Atletism...
VILANOVA INVISTE MÁIS DE 150.000 EUROS EN MELLORAS DAS INSTALACIONS DEPORTIVAS 15.09.2017 1:56
O Concello de Vilanova cree que chegou o momento de invertir en ocio e cultura unha vez cubertos os sevizos básicos e conseguir así unha sociedade máis preparada. Por tal motivo, o goberno local está promovendo novas instalacións no recén estrenado pabillón multiusos, coa creación de dúas novas salas de 200 metros cadrados cada únha. A primeira delas, que xa está en execución, acollerá un ximnasio...
QUINTANA E VARELA ARGUMENTAN AS SUAS POSICIONS SOBRE O LABORATORIO EUROPEO DE MOLUSCOS 15.09.2017 1:09
A Conselleira do Mar reiterou esta mañá a súa postura sobre a proposta do alcalde Alberto Varela para que Vilagarcía acollera a sede do laboratorio de moluscos europeo, que abandonará Gran Bretaña tralo Brexit. Rosa Quintana incidiu na importancia dunha proposta común de país e evitar os localismos, tal como recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA. Pola súa banda, o alcalde Alberto Varela entend...
QUINTANA REXEITA REBAIXAR A TALLA DA AMEIXA EN ZONAS DE ESTRACCION NATURAL 15.09.2017 1:05
A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, desbota que a talla da ameixa se rebaixe a 35 milimetros en varias zonas extractivas da ría de Arousa. A petición partíu do patrón maior de Carril, José Luis Villanueva, que levará a proposta a semana que ven ante a xunta xeral do pósito para despois trasladar o debate ás demáis confrarías da ría e poder realizar unha demanda conxunta ante a Consellería do Mar....
AS NOVAS LUMINARIAS LED EN CASTRELO CONSEGUIRAN UN AFORRO DE 12.000 EUROS AO ANO 14.09.2017 2:56
O Concello de Cambados segue realizando actuacións dentro do Plan de Optimización Enerxética 2015-2019. A última é o cambio de 150 luminarias na recta de Castrelo con tecnoloxía led, que conseguirán un aforro de 12.000 euros anuais, ademáis dun menor impacto ambiental e mellor iluminación. A inversión foi de algo máis de 32.000 euros financiados a través do Plan Concellos da Deputación de Ponteved...
ULTIMA CONCENTRACION DA SANIDADE DO SALNES ANTES DA MANIFESTACION DO DIA 29 13.09.2017 3:15
O persoal da área sanitaria do Salnés volveu concentrarse este mediodía en protesta pola reforma da Lei de Saúde. Será a última concentración semanal que se realice xa que a xunta de persoal do Hospital do Salnés, prefire, a partir de agora, adicar todas as forzas á preparación das novas accións acordadas na Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública, reunida nas últimas horas. Entre elas, unha g...
DESPEDIDA DO VERAN SOLIDARIA PARA OS MAIS PEQUENOS DE CAMBADOS 12.09.2017 2:52
Os máis pequenos de Cambados teñen este sábado unha festa de despedida do verán e adaptación ao novo curso escolar que acaba de comezar. Trátase do Festival “Bule na Noite” que terá lugar no entorno de San Tomé a partir das 20 horas con tres actividades distintas: clase de zumba, carreira infantil e unha actuación musical. A iniciativa, promovida dende a Concellería de Servizos Sociais, terá ademá...
VECIÑOS DE RIBADUMIA PAGAN RECIBOS DE AUGA DE DOUS ANOS POR FALTA DE LECTURA DOS CONSUMOS 12.09.2017 3:16
O PP de Ribadumia faise eco dun problema que os veciños de Barrantes e Sisán teñen cos recibos da auga. Segundo asegura a edil popular Salomé Peña, o Concello non leeu os contadores o ano pasado e agora os residentes nesas zonas deben pagar recibos co consumo de dous anos. Un importe que se ve incrementado considerablemente polo canon da auga que penaliza o consumo elevado. Deste xeito, algúns vec...
O PP PROPON UNHA MESA PROVINCIAL PARA DESESTACIONALIZAR O TURISMO 12.09.2017 1:41
O grupo provincial do PP presentou esta mañá en Sanxenxo unha moción que levará ao pleno da Deputación para promover a desestacionalización do turismo. Os populares propoñen a creación dunha mesa de traballo integrada por representantes do sector, Xunta e alcaldes, ademáis da administración provincial. Os obxectivos avanzábaos esta mañá o portavoz do grupo provincial Angel Moldes, acompañado dos d...
PORTOS DE GALICIA MELLORA A PAVIMENTACION DE O XUFRE DESGASTADA POLOS VEHICULOS PESADOS 12.09.2017 2:19
Portos de Galicia rematará nos vindeiros días as obras de pavimentación que está a executar no peirao de O xufre, na Illa de Arousa, A actuación, na que a Consellería do Mar inviste máis de 21.000 euros, ten como obxectivo mellorar as condicións de traballo dunha zona do porto que acusaba un forte desgaste debido ao numeroso tránsito de vehículos pesados na actividade diaria. En concreto, os traba...
A NOVA GUIA NAUTICA DE GALICIA DISTRIBUIRASE NOS SALONS INTERNACIONAIS EN CATRO IDIOMAS 08.09.2017 3:31
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presentou esta mañá a nova Guía Náutica de Galicia no Club de Golf de A Toxa. Trátase dunha nova edición que incorpora os tres novos puertos deportivos de A Toxa, Redondela e Rianxo. A Guía Básica dos Servizos Náuticos de Galicia vanse a distribuir nos próximos salóns náuticos internacionais de Gran Bretaña e Francia, editada en catro idiomas, in...
A CIG DESVELA QUE A XUNTA ORDENA O PECHE DA RESIDENCIA VALLE INCLAN 08.09.2017 1:20
Novo capítulo sobre a situación da residencia Valle Inclán de Vilanova. Segundo anunciou a CIG, a Xunta da a razón ao sindicato presentando no rexistro mercantil dúas resolucións. Na primeira retira a autorización á empresa Viaxes Silgar para seguir ofrecendo os servizos e a segunda clausura o centro. Segundo o sindicato, a orde de peche é de principios de xullo e nela a Consellería de Política So...
OS ALCALDES DA VIA VERDE AGARDAN QUE AS OBRAS POIDAN COMEZAR O ANO QUE VEN 08.09.2017 2:26
Os alcaldes promotores do proxecto da Vía Verde do Salnés, que decorrerá por Vilagarcía, Caldas e Portas, agardan que as obras poidan comezar o ano que ven. Previamente, deben conseguir o financiamento dos 530.000 euros que custa converter a xa en desuso vía do ferrocarril que pasa polos tres municipios nun sendeiro que poida atraer o turismo de natureza. De momento teñen xa o compromiso da Deputa...
A PRIMEIRA OCEAN LAVA GALICIA PERCORRE PARTE DA RUTA PADRE SARMIENTO 07.09.2017 2:07
A primeira edición da Ocean Lava Galicia pasará polo tramo da ruta do Padre Sarmiento que une Cambados, Vilanova e A Illa. A proba terá lugar este vindeiro sábado 10 de setembro dende as 8.30 horas. A competición comezará coa proba a nado dende o Porto de San Tomé ata o de Tragove, onde os atletas cambiarán a auga pola bicicleta nun percorrido por varias zonas do municipio. Finalmente, desenvolver...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.