Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
CAMBADOS ORGANIZA AS III XORNADAS PARA EMPRENDEDORES VINCULADAS ESTE ANO AO MAR 05.10.2017 4:34
O Concello de Cambados organiza as III Xornadas para Emprendedores que, nesta edición, están vinculadas aos proxectos de Emprendemar. As Xornadas serán o vindeiro 11 de outubro, en Exposalnés, de 16 a 20 horas, e incluirá unha mesa de debate con catro ponencias, impartidas por representantes do GALP Ría de Arousa, SmartPeme, a empresa Nordelaina, e o grupo Arestora. Durante as mesmas, exporanse os...
VILANOVA DESCENDE UN 20% OS DELITOS NO ULTIMO ANO 05.10.2017 1:47
Vilanova é unha vila tranquila é segura para vivir. Constatouno esta mañá a Xunta Local de Seguridade, celebrada no Concello, coa presencia da subdelegada do goberno, Ana María Ortiz. Un encontro no que se analizou a situación do municipio nos últimos meses e se desvelou unha reducción do índice de delictos nun 20% Ademáis, tamén se fixo unha declaración de apoio ás forzas de seguridade que se enc...
Retiran mais de sete toneladas de refugallos dos fondos mariÑos de vilanova e o grove 05.10.2017 2:40
As dársenas de Vilanova e O Grove formaron parte este ano, xunto coas de Bueu, Cesantes e Baiona, do Plan de Limpeza de Fondos Mariños que anualmente realiza Portos de Galicia nos peiraos da provincia. No conxunto dos cinco portos, un equipo de cinco mergulladores, apoiados en terra pola empresa concesionaria, retiraron un total de 18 toneladas de resíduos, a meirande parte no peirao de Meloxo, en...
AS OBRAS DO AUDITORIO DO ESTEIRO RETRASANSE UN MES POR TRAMITES ADMINISTRATIVOS 04.10.2017 0:30
O Concello de Vilanova e a Deputación de Pontevedra celebraron esta mañá unha nova reunión da comisión de seguimento das obras do Auditorio de Esteiro, que se reanudaron a principios de verán. Durante o encontro, o goberno provincial informou o Concello dun retraso administrativo derivado dos avais presentados pola anterior empresa que ia a executar as obras. Esta circunstancia provocará ao tempo...
IDEAS PARA FOMENTAR A SAUDE MENTAL NO TRABALLO 04.10.2017 2:06
Cambados súmase, en colaboración coa asociación Lar, á conmemoración do 25 aniversario do Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra o 10 de outubro. Por tal motivo, o colectivo instalou esta mañá unha mesa participativa na Praza do Concello de Cambados cun gran mural no que as persoas que se acheguen ata as 2 da tarde poden plasmar as súas propostas sobre cómo fomentar a saúde mental no entorno...
A FESTA DA VENDIMA DE CAMBADOS PREMIARA A DEZ VITICULTORES DO MUNICIPIO 04.10.2017 2:08
Cambados prepara xa outra das actividades do programa da Cidade Europea do Viño. Será a Festa da Vendima, que se celebrará os vindeiros 13 e 14 deste mes de outubro, aproveitando o Encontro das Confrarías Enogastronómicas. De momento está confirmada a asistencia de 34 confrarías procedentes de España, Portugal, Italia e Francia, pero poderían chegar ao medio cento. Os actos comezarán o venres 13 p...
O CICLO DE TEATRO REGRESA OS SABADOS DE OUTUBRO A CAMBADOS 03.10.2017 2:15
A Concellería de Cultura de Cambados inicia este sábado un novo ciclo de Teatro, que traerá ao Auditorio da Xuventude unha representación cada sábado ás 20 hras. Unha iniciativa que repite un ano máis debido ao éxito conseguido na anterior edición, cunha media de 120 asistentes por representación. Os detalles presentábaos esta mañá o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, nun acto que recollemos...
VILAGARCIA INAUGURA OS DOUS NOVOS OBRADOIROS DESTINADOS A FONTANERÍA, CARPINTERÍA, DEPORTE E SOCORRISMO 03.10.2017 3:00
O xefe territorial de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, Ignacio Rial, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, inauguraron esta mañá dos dous novos obradoiros de emprego para este concello, un deles de garantía xuvenil destinado aos máis novos. O primeiro dos obradoiros, “Forme 17” é ordinario e favorecerá a un total de 20 desempregados en Fontanería e Carpintería. Terá unha duración...
POLEMICA EN CAMBADOS POR UN CONCURSO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE POLICIA LOCAL 03.10.2017 3:06
Polémica en Cambados pola próxima publicación no BOP da convocatoria, realizada polo Concello, dun concurso de oposición por mobilidade para cubrir o posto dun segundo mando na plantilla da policía local. O portavoz do PP Luis Aragunde, sospeita que se trata dun intento de “enchufismo” para que a praza sexa ocupada polo actual xefe de policía local, Adolfo Suárez Piñeiro, que desempeña o cargo en...
INICIASE A ADXUDICACION DA AMPLIACION DO CENTRO DE SAUDE DE A ILLA 02.10.2017 2:22
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá o centro de saúde da Illa para presentar o Plan de Reforma das instalacións. O proxecto sácase a licitación este mes de outubro cun orzamento inicial de 412.000 euros, financiados íntegramente pola Consellería de Sanidade. Segundo os prazos estimados, as obras estarán rematadas a finais do vindeiro ano. O proxecto é o resultado du...
PORTOS MELLORA OS AMARRES DE TRAGOVE CON OITO FINGERS 02.10.2017 2:07
Portos de Galicia está realizando unha actuación para mellorar os amarres das embarcacións en Tragove, atendendo a unha petición da confraría. Concretamente, trátase de fixar oito fingers do pantalán, cun investimento de 50.000 euros. Así o explicaba o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita aos traballos, acompañado do patrón maior da Confraría de Cambados, e do concelleiro...
VILANOVA COMPLETA A SEGURIDADE VIARIA NA RUA CERCA 02.10.2017 1:30
O Concello de Vilanova continua realizando actuacións de mellora da seguridade viaria nas rúas do centro urbano. Desta volta, os traballos centráronse na Rúa da Cerca, coa retirada dos postes da luz do medio do vial e o soterramento do cable. A intención agora é instalar badéns de calmado do tráfico, atendendo á petición veciñal. Ademáis, o goberno local anuncia xa outro proxecto semellante na Rúa...
VILAGARCIA ACOLLE ESTA TARDE A MANIFESTACION EN DEFENSA DA AREA SANITARIA DO SALNES 29.09.2017 1:28
Vilagarcía acollerá esta tarde a manifestación contra a reforma da Lei de Saúde convocada pola Plataforma do Salnés en defensa pola Sanidade Pública. A protesta saldrá as 20.30 horas da Casa do Mar e por tal motivo, o Concello estableceu cortes da circulación rodada nas rúas do centro da cidade polas que se realizará o percorrido. O peche de rúas comezará minutos antes do inicio da manifestación,...
COMEZAN OS CURSOS DAS ESCOLAS DE ARTE E DE MUSICA DE VILANOVA 29.09.2017 2:09
O Concello de Vilanova presentou esta mañá as actividades das Escolas de Arte e de Música para este curso que comezarán a vindeira semana. A primeira desenvolverase no albergue das Sinas e como novidade este ano ponse en marcha un taller de técnicas de memoria para os maiores, os mércores de 10 a 12 horas. Os interesados ainda están a tempo de inscribirse nunha matrícula que é de balde para as aso...
A XUNTA APORTARA UN 35% PARA O PROXECTO DA VIA VERDE DO SALNES 29.09.2017 2:05
A Xunta aportará un 35% do financiamento necesario para a realización do proxecto da Vía Verde do Salnés, estimado en 835.000 euros. É o compromiso que lles trasladou a Conselleira de Infraestructuras, Ethel Váquez, aos alcaldes dos concellos implicados nesta iniciativa, Vilagarcía, Caldas e Portas, no encontro mantido esta semana. Agora, os tres concellos agardan recibir tamén a aportación do Min...
CAMBADOS RECOÑECE CUNHA PLACA A FIGURA DO IDEOLOGO DA FESTA DO ALBARIÑO 28.09.2017 2:08
Cambados quixo recoñecer esta mañá a figura do ideólogo creador da Festa do Albariño, o abogado Bernardino Quintanilla. Foi a través do descubrimento dunha placa que dende hoxe figura na entrada do Museo do Viño. Así o explicaba a alcaldesa Fátima Abal tralo acto no que tamén estiveron presentes familiares de Quintanilla e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O FESTISENDA SOLIDARIO DE POIO ESTE SABADO RECADARA ALIMENTOS PARA OS MAIS NECESITADOS 28.09.2017 9:17
Poio celebra este sábado un Festival Solidario que servirá para recadar alimentos destinados ás persoas máis necesitadas do municipio. O evento chámase FestiSenda Solidaria. Unha gala que se celebrará a partir das 21 horas do sábado na explanada de A Seca coa actuación de 14 artistas. Pero ademáis, a iniciativa é o remate dun proxecto para fomentar o emprendemento desenvolvido nos últimos meses po...
VILANOVA INVISTE MAIS DE 35.000 EUROS NAS OBRAS DE MANTEMENTO DOS COLEXIOS 28.09.2017 1:02
O alcalde de Vilanova e o concelleiro de Educación supervisaron esta mañá no colexio de Corón as actuacións de mantemento e conservación dos colexios do municipio realizadas durante o verán. O total das obras ascenden a un importe de algo máis de 35.000 euros. Así o explicaba o edil de educación, Manuel Sineiro
SANIDADE DI A NOVA LEI DE SAUDE CONSOLIDA O HOSPITAL DO SALNES 28.09.2017 2:28
Sanidade insiste en que a a transformación da área sanitaria en distrito, como establece a reforma da Lei de Saúde, permitirá ofrecer unha atención máis eficaz aos pacientes e se consolida por lei o Hospital do Salnés. Así llo trasladou o xerente da Eoxi Pontevedra-Salnés na reunión que mantivo esta mañá coa Xunta de Persoal do Hospital Comarcal, e na que se presentou o novo xerente do centro de A...
Alcaldes e deputados chaman a participacion na manifestacion contra a lei de saude 28.09.2017 2:22
Alcaldes do área sanitaria do Salnés e deputados provinciais e autonómicos fixeron esta mañá un chamamento á participación na manifestación convocada para mañá en Vilagarcía en contra da reforma da Lei de Saude. Foi nunha concentración ante as portas do Hospital comarcal onde os alcaldes de Vilagarcía, Cambados e A Illa, xunto co deputado provincial, Carlos López Font, e o deputado autonómico, Jul...
CAMBADOS FORMA A 15 PERSOAS PARA O SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR 27.09.2017 3:11
Cambados pon en marcha un "Curso de atención e apoio psicosocial domiciliario", organizado pola empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Idades, e a Concellería de Servizos Sociais. O obxectivo é formar a 15 persoas que se comprometan a traballar na asistencia domiciliaria, debido á falta de persoal cualificado e o aumento da poboación que precisa este tipo de servizos. En concret...
VILANOVA ESTREA A SENDA DO AIRIÑO 27.09.2017 1:41
Vilanova estrea a nova senda do Airiño coa visita da delegada provincial de costas Cristina Paz Curbera, que, acompañada do alcalde Gonzalo Durán, supervisou a actuación realizada. Un proxecto no que Costas do Estado investiu 106.000 euros nun tramo de case 800 metros. Agora, o Concello porá puntos de luz neste novo paseo e ademáis elaborará un mapa informativo de todas as sendas realizadas. A mai...
MALAS EXPECTATIVAS PARA A CAMPAÑA DE LIBRE MARISQUEO 26.09.2017 3:07
Os bancos de libre marisqueo da ría de Arousa teñen menos recurso e gran parte non cumple a talla comercial. Así o constataron os patróns maiores das confrarías arousás na xuntanza mantida hoxe en Carril coa directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, co fin de analizar a campaña de libre marisqueo que comeza o 2 de outubro. Ante estas malas expectativas os pósitos pensan en bu...
Aragunde considera electoralista a reforma da piscina municipal 26.09.2017 4:21
O PP de Cambados volve a denunciar a situación das obras do parque biosaudable de Castrelo, iniciadas a principios do mes de xuño. Segundo asegura o portavoz do grupo popular, Luis Aragunde, a actuación continúa paralizada porque non conta cos permisos necesarios. A maiores, Aragunde insiste no que entende como falta de transparencia do cuatripartito, que lles impide o acceso a documentación e exp...
NOVAS LUMINARIAS PERMITIRAN O AFORRO ENERXETICO EN CINCO PUNTOS DE SANXENXO 25.09.2017 2:55
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, asinaron esta mañá un convenio de colaboración en materia de eficiencia enerxética. Trátase da instalación de 24 novas luminarias en cinco puntos de luz situados en Baltar, Silgar, Vilalonga e Portonovo por un importe de 50.000 euros, financiados pola Consellería de Industria. O rexedor tamén aproveitou o encontro par...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.