Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AS OBRAS DA NOVA CAFETERIA DE TORRADO ESTARAN REMATADAS A VINDEIRA SEMANA 24.10.2017

As obras de acondicionamento para converter en cafetería o que fora quiosco do parque de Torrado en Cambados rematarán a vindeira semana. Posteriormente, a xestión do local sacarase a licitación para que poida estar en pleno funcionamento cara a vindeira Semana Santa. Son as estimacións do Concelleiro de Obras, José Ramón Abal, que esta mañá supervisou os traballos que está a realizar a empresa Co...

A DEPUTACION PEDIRA A DECLARACION DE ZONA GRAVEMENTE AFECTADA POLOS INCENDIOS 23.10.2017

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pedirá ao Goberno de España e á Xunta que declaren Galicia "zona afectada gravemente por unha emerxencia de Protección Civil" a raiz dos incendios rexistrados hai unha semana. Concretamente, Carmela Silva pedirá a aplicación da Lei do Sistema Nacional de Protección Civil, que permite unha declaración semellante a de zona catastrófica pero “m...

AVANZAN OS TRABALLOS DA PARCELARIA DE ROMAI 23.10.2017

Avanzan os traballos da concentración parcelaria de Romai, coas primeiras actuacións de apertura de camiños Os detalles explicábanos esta mañá o alcalde de Portas e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra durante a supervision das obras, que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.

CASE 30.000 EUROS PARA REFORMAR O CENTRO DE SAUDE DE VILANOVA 23.10.2017

O centro de saúde de Vilanova mellorará a súas condicións en breve. A Consellería de Sanidade e o Concello de Vilanova asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde do municipio. O acordo establece un importe de case 30.000 euros financiados ao 50% entre ambas administracións. Así o explicaban o alcalde, Gonzalo Durán, e o Conselleiro...

MULTIPLES ACTIVIDADES ENCHEN O PROGRAMA CULTURAL DE OUTONO-INVERNO DE CAMBADOS 20.10.2017

O Concello de Cambados ten xa preparada a programación cultural de outono-inverno que se prolongará dende outubro ata decembro. Os actos centrais e actividades máis relevantes empezarán coa celebración do Día das Bibliotecas o vindeiro día 24 de outubro no Auditorio, onde se fará entrega de premios aos mellores lectores do municipio e haberá representacións teatrais Continuarán o Samaín e magosto...

VILAGARCIA SUMERXESE A VINDEIRA SEMANA NO CURTAS FILM FEST 20.10.2017

Vilagarcía sumérxese no cine durante toda a vindeira semana mediante a 45 edición do Curtas Film Fest, adicado este ano á ciencia ficción. O evento desenvolveráse entre o 23 e o 29 de octubro e como novidade proxectaránse nove longametraxes. En canto as curtas, presentaronse a concurso máis de 4.600 traballos. Non faltarán tampouco as exposicións, a sección de banda de señada e o solicitado desfil...

A FOLIADA SOLIDARIA DE VILAGARCIA DONARA O RECADADO A LOITA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA 19.10.2017

Vilagarcía celebrará este domingo día 22 unha nova edición da Foliada Solidaria cuxa recadación irá destinada, nesta ocasión, á loita contra a violencia machista donando os cartos ao Concello. Un total de 23 grupos, a meirande parte da localidade, tocarán dende as 12 do mediodía e durante catro horas na zona de A Baldosa e tamén se poderán degustar menús solidarios a un prezo de 7 euros. Ademáis,...

Cig salnes sumase a manifestacion deste domingo contra a lei de fomento empresarial 19.10.2017

O Sindicato CIG do Salnés mobilízase en contra de Lei de Fomento Empresarial aprobada esta semana no Parlamento de Galicia cos votos en solitario do PP. A norma pretende “contrarrestar a competencia empresarial do Norte de Portugal, reducindo a burocracia para a implantación de empresas, facilitar o acceso ao solo e impulsar rebaixas fiscais a través dos Concellos”. Ademáis, o PP incorporou cambio...

CAMBADOS EXIXE A XUNTA QUE CUMPLA O SEU COMPROMISO SOBRE O CENTRO DE DIA 18.10.2017

O Concello de Cambados exixe á Xunta que cumpla o seu compromiso e abra o Centro de Día coa maior celeridade posible, denunciando unha vez máis a “falta de vontade política” do goberno galego para a súa apertura. Segundo o goberno local, o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar comprometeuse no Parlamento á posta en marcha do servizo durante este 2017, pero, sen embargo, a dous meses de que rema...

CARITAS INSTALA DOCE NOVOS CONTENEDORES DE ARROUPA QUE AMPLIAN O CONVENIO CO CONCELLO 18.10.2017

Vilagarcía amplia o convenio con Cáritas para o desenvolvemento do programa “Arroupa” mediante a instalación de 12 novos contenedores distribuidos en diferentes puntos do municipio. Con estes novos depósitos, que duplican os existentes ata o de agora, Cáritas agarda superar as 67 toneladas de roupa recollidas o ano pasado dentro deste programa, que promove a empregabilidade de persoas en exclusión...

A PROMOCION INTERNACIONAL DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO CHEGA A FRANCIA 17.10.2017

A Cidade Europea do Viño continúa coa súa promoción internacional e nesta ocasión, unha delegación de representantes do Concello de Cambados e da Mancomunidade de O Salnés viaxarán mañá a Francia. Alí manterán un encontro con tres dos municipios cos que Cambados está irmanado co fin de retomar lazos e realizar un intercambio cultural coa posterior visita de delegacions da Bretaña Francesa ao Salné...

Os pinchos de outono volven a cambados do 27 ao 29 de outubro 17.10.2017

Os “Pinchos de Outono” volven a Cambados, tralo éxito da primeira edición celebrada o ano pasado. Nesta ocasión, o certame será unha única fin de semana, do 27 ao 29 de outubro, coa participación de 12 establecementos que elaborarán candanseu pincho doce e salgado. As propostas estarán maridadas con augardentes e licores do Consello Regulador de Galicia. Ao igual que na anterior edición, os Pincho...

AS OBRAS DE MELLORA DA ESTRADA PROVINCIAL EP-0505 EN BARRO COMEZARÁN NA PRIMAVERA DE 2018 17.10.2017

A Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro ratificaron hoxe o convenio de colaboración para a mellora da estrada provincial EP-0505 no Concello de Barro. A presidenta da Deputación Carmela Silva, acompañada do deputado de Mobilidade Uxío Benítez, asinaron o acordo co alcalde de Barro Jose Manuel Fernández Abraldes. A actuación suporá un investimento de 327.565 euros a repartir entre o 70% ap...

VINTE DESEMPREGADOS DE CAMBADOS COMEZAN A SUA FORMACION EN CARPINTERIA E XARDINERIA 13.10.2017

Cambados da inicio ao novo obradoiro de emprego "Rexeneración Urbana e Medioambiental Cambados Cidade Europea do Viño" que durante 9 meses formará a 20 desempregados do municipio nas especialidades de "carpintería de madeira" e Xardinería e forestal". Entre a actuacións que se levarán a cabo durante a formación destacan a restauración de carpinterías de madeira nos edificios públicos municipais, a...

VILANOVA REXISTRA MAIS DE 6.000 VISITAS AO MUSEO VALLE INCLAN NO QUE VAI DE ANO 13.10.2017

O Concello de Vilanova está a rexistrar un notable incremento do número de peregrinos e visitantes á Casa Museo Valle Inclán. A variante espiritual e a presenza en feiras internacionais están dando o seu froito, segundo a valoración que fai o goberno local. No que vai de ano, preto de 6.000 visitas rexistráronse na Oficina de Turismo da Casa Museo, a mesma cifra que a de todo o ano 2016. E neste c...

Cambados reclama a portos actuacions no entorno do mercado 13.10.2017

O Concello de Cambados reclama a Portos de Galicia que solucione o estado das varandas e a pavimentación no entorno da Praza de Abastos e do mercado ambulante. Os concelleiros de Economía e Facenda e o portavoz de Somos Cambados, Xurxo Charlín e Tino Cordal respectivamente, manifestaron esta mañá o seu malestar co resultado da reunión mantida esta semana con responsables da entidade portuaria. Os...

EN MAREA REITERA O SEU COMPROMISO COA XUNTA DE PERSOAL DO SALNES 11.10.2017

A xunta de persoal do Hospital do Salnés recibiu esta mañá a visita do deputado e líder de En Marea, Luis Villares, que revalidou o compromiso da súa formación para que a Xunta retire a reforma da Lei de Saude. Paralelamente, a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés reanuda as accións para trasladar á cidadanía as consecuencias que, ao seu entender, terá a modificación que converte a...

LOIS E PARADELA TERAN MAIOR CAUDAL NO SUBMINISTRO DE AUGA 11.10.2017

A Mancomunidade do Salnés mellora o subministro de auga nos concellos de Ribadumia e Meis. Os traballos consisten no ensanche de 1'5 kilómetros de tubaxe, cun orzamento de 160.000 euros, co fin de aumentar o caudal de auga que chega as parroquias de Lois e Paradela. As obras, que comezaron a finais de xullo, estarán rematadas en 15 días. Os detalles do proxecto explícabaos o alcalde de Ribadumia,...

SATISFACCION XERAL EN CAMBADOS POLO NOVO REGULAMENTO DAS INSTALACIONS DEPORTIVAS 11.10.2017

O Concelleiro de Deportes, Victor Caamaño, valora positivamente a aplicación do novo regulamento das instalacións deportivas do municipio e do organigrama implantado. Un novo modelo de xestión do persoal centralizado no Pombal, con aumento dos operarios adicados ás tarefas de mantemento, un servizo de limpeza, e a inversión de 30.000 euros en melloras das instalacións deportivas municipais son os...

Sanxenxo estrea a sinalizacion intelixente coa app inventrip 10.10.2017

Sanxenxo suma unha pioneira iniciativa en Galicia de “sinalización intelixente” como Destino Turístico. Unha aplicación para os smarphones que permiten ao visitante, pero tamén aos veciños da localidade, descubrir a vila e a axenda cultural e deportiva de cada momento. A través da plataforma Inventrip dase información detallada de qué visitar, onde comer ou onde dormir, completando a información o...

DEZ ADEGAS DE GALICIA PARTICIPARAN NUNHA MICRO FEIRA DO VIÑO EN VILAGARCIA 09.10.2017

Vilagarcía acollerá o 30 de outubro unha Micro Feira do Viño Galego coa idea de achegar a Vilagarcía a cultura do viño de diferentes rexións de Galicia. A modo dun túnel do viño, un total de 10 adegas do Salnés, Ribeira Sacra e o Ribeiro participarán nesta iniciativa que contará cunha cata profesional de 12 a 14 no Espazo gastronómico Derby e xa pola tarde unha cata cega no Auditorio e unha xornad...

O IES BOUZA BREY IMPARTIRA O PRIMEIRO CICLO DE VELA DE GALICIA 09.10.2017

O Instituto Fermín Bouza Brey e o Centro Galego de Vela de Vilagarcía acollerán o primeiro ciclo de vela que se imparte en Galicia. En concreto, o acordo asinado esta mañá por parte do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, traducirase na impartición das ensinanzas deportivas de grao medio en vela con aparello fixo e en vela con aparello libre. Os títulos de técnico deportivo impartiranse de f...

O CONSELLEIRO PROMETE AS NAIS DO COLEXIO DE CARRIL O ARRANXO DO CENTRO 09.10.2017

O Conselleiro de Educación comprometeuse esta mañá con nais de alumnos do colexio de Carril a resolver os problemas que afectan ás instalacións do centro educativo. As proxenitoras encontráronse con Román Rodríguez aproveitando a visita do Conselleiro ao Centro Galego de Vela de Vilagarcía, con motivo da posta en marcha dun ciclo formativo de vela entre este centro e o IES Fermín Bouza Brey. As ob...

A MANCOMUNIDADE DO SALNES RECIBE UN 78% DE RETORNO NAS XESTIONS TURISTICAS 06.10.2017

A xestión turística da Mancomunidade do Salnés cara o exterior ofrece un 78% de retorno. A entidade comarcal fixo hoxe balance dos resultados dos últimos catro anos, nos que a variante espiritual, primeiro, e a Ruta do Padre Sarmiento despóis, trouxeron a numerosos turistas, sobre todo do mercado ruso e inglés. O presidente da entidade, Gonzalo durán, o Delegado de Turismo, Gonzalo Pita, xunto co...

A ESCOLA DE BATUCADA DE CAMBADOS ABRE O PRAZO DE INSCRIPCION PARA ESTE CURSO 05.10.2017

Cambados pon en marcha un ano máis, e xa van catro, a Escola de Batucada que se desenvolve no Salón Peña. As clases empezarán en novembro e hoxe ábrese o plazo de inscripción, cun máximo de 61 prazas. Os interesados únicamente deben cubrir o formulario correspondente que está a súa disposición na biblioteca Luis Rei. Os detalles explicábaos esta mañá o responsable da Escola, Jorge César Pérez, aco...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.