Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

VILANOVA PROXECTA UN CENTRO DE TALASOTERAPIA CON AUGA DE MAR NO TERRON 10.11.2017

Vilanova proxecta a construcción dun Centro de Talasoterapia no entorno de O Terrón nun espazo de 4.000 metros cadrados e cunha construcción dividida entre sotano e 2 plantas. O proxecto ten un orzamento de 2,3 millóns de euros, que o Concello pretende financiar a través de fondos provinciais, e será o primeiro da comarca en dispoñer de auga de mar. Cambiase así o concepto de piscina do século XX...

VECIÑOS DE VILAXOAN RECLAMAN UN MEDICO PERMANENTE E MELLORAS NA CONSULTA LOCAL 10.11.2017

Veciños de Vilaxoan reclaman ao Sergas a sustitución da facultativa titular da consulta local, ubicada na Confraría de Pescadores, e a mellora das instalacións,. Argumentan os veciños que “ante baixa médica da titular ,desde hai uns días están sendo derivados ao centro de saúde de Vilagarcía e só unha enfermeira e de cando en vez un médico están a facer labores asistenciais básicas”. Os veciños de...

OS VECIÑOS DE OS CAEIROS LEVARAN ANTE A EMPRESA AS 1.500 SINATURAS RECOLLIDAS 09.11.2017

Ante o rexeitamento veciñal á instalación dunha antena de telefonía móbil en Os Caeiros o propietario da parcela onde se ía colocar a estructura decidiu rescindir o contrato de aluguer coa compañía. O dono da parcela optou por facelo de forma unilateral, xa que a empresa non quiso anular o contrato de mutuo acordo. Agora, falta por saber qué medidas vai a adoptar a compañía. De momento, os veciños...

NOVOS CURSOS FORMATIVOS EN VILAGARCIA 08.11.2017

A Concellería de Cultura de Vilagarcía inicia un novo proxecto de formación gratuito para 50 mozos e adultos empadroados na localidade. Concretamente son tres accións formativas de “Creación de Curtametraxes”, impartido por Luis M. Rosales, presidente da Asociación Curtas, “Iniciación á Fotografía Dixital”, que ensinará José Luiz Oubiña, foto-xornalista, e “Taller de Modelado en Arcilla”, ofrecido...

TRABALLADORES DE TELEFONICA CONCENTRANSE EN CONTRA DA PRECARIZACION DOS SEUS EMPREGOS 08.11.2017

Un grupo de traballadores de Telefónica da provincia de Pontevedra concentráronse esta mañá fronte as instalacións da empresa en Vilagarcía en protesta polas súas condicións laborais. Denuncian a precarización dos seus empregos e demandan que a firma deixe de externalizar os servizos. Así nolo explicaba para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA o delegado provincial da CIG, Balbino González Piñeiro.

CARMELA SILVA AUGURA QUE FATIMA ABAL VOLVERA A SER ALCALDESA DE CAMBADOS 08.11.2017

A presidenta da Deputación augura que Fátima Abal volverá a ser a alcaldesa de Cambados. Carmela Silva non ten dúbidas de que a rexedora saberá reconducir a situación do cuatripartito tralo anuncio de ruptura por parte do concelleiro de Pode, José Ramón Abal. Unha situación para para a presidenta provincial é “un pequeno bache” producto das diferencias normais cando se goberna en coalición.

OS CONCELLOS DO SALNES RECIBIRON 19,6 MILLONS DE FONDOS COA NOVA DEPUTACION 08.11.2017

Os concellos do Salnés levan recibido ata este ano 19,6 millóns de euros de fondos da Deputación de Pontevedra. Sanxenxo e Vilanova son os que maior importe obtiveron, 3,5 millóns de euros cada un, seguidos de Cambados, 2,3 millóns, Vilagarcía e a A Illa de Arousa, con 2 millóns respectivamente, O Grove, 1,3 millóns, Meaño 1,2 millóns, Meis 919.000 euros e Ribadumia 859.000 euros. Neste importes e...

A MANCOMUNIDADE E EMPRENDEDORES DO SALNES PROMOCIONAN O TURISMO DA COMARCA EN LONDRES 07.11.2017

A Mancomunidade do Salnés continua a súa presencia na Feira de Turismo de Londres co fin de promocionar a Variante Espiritual e a Ruta Sarmiento cara o mercado británico. A delegación arousá xa mantivo reunións con varios touroperadores especializados no Camiño de Santiago cos que se abordaron fórmulas de colaboración para potenciar a chegada de peregrinos de Reino Unido á comarca do Salnés. Asime...

O BNG CONSIDERA UN ERRO O APLAZAMENTO DA COMISION DE SEGUIMENTO ATA O DIA 24 07.11.2017

O BNG de Cambados considera un erro e unha irresponsabilidade aplazar a reunión da comisión de seguimento do pacto de goberno para o día 24. O portavoz nacionalista, Victor Caamaño, recoñeceu esta mañá que as discrepancias no cuatripartito son un problema recurrente dende o principio e a solución non é deixar pasar o tempo. Por tal motivo, seguirá insistindo para que a comisión de seguimento se re...

PORTOS DE GALICIA MELLORA A SEGURIDADE VIARIA NO PEIRAO DE VILAXOAN 07.11.2017

Portos de Galicia está a realizar unha mellora de seguridade viaria no peirao de Vilaxoan, en Vilagarcía. A actuación está orzamentada nuns 25.000 euros e da continuidade á realizada o ano pasado. En concreto, os traballos consisten na reconstrución de máis de 2.000 metros cadrados de pavimento no tramo que vai dende os departamentos de usuarios ata a primeira rampla do areal despois da curva en d...

VECIÑOS DE CAMBADOS MOBILIZANSE CONTRA A INSTALACION DUNHA ANTENA DE TELEFONIA EN OS CAEIROS 06.11.2017

A instalación dunha antena de telefonía na rúa Os Caeiros para mellorar a conexión a internet está a provocar gran preocupación entre os veciños do entorno polos posibles efectos que poida ter sobre a saúde. De momento xa iniciaron uha recollida de sinaturas e convocaron unha concentración para este mércores ás 19 horas ante o Concello. Pretenden que a empresa retire este proxecto, que se encontra...

Vilanova amplia a liÑa do bus urbano e estuda novas exencions para os poligonos 03.11.2017

O Concello de Vilanova amplía a liña de autobús urbano con dúas paradas máis nas Sinas, mantendo os mesmos horarios. A decisión foi adoptada atendendo a unha petición veciñal. Por outra banda, o goberno local ten a intención de adherirse ao programa da Xunta de “Concellos Emprendedores”, que facilita a exención de impostos ás empresas que se instalen nos polígonos das súas localidades. O goberno l...

A CONCENTRACION DAS TRABALLADORAS DE BERSHKA EN ARTEIXO FORZA A REANUDACION DAS NEGOCIACIONS 03.11.2017

As traballadoras de Bershka de Vilagarcía, xunto coas súas compañeiras de Pontevedra e Vigo, trasladáronse hoxe á sede de Inditex en Arteixo nun día en que cumpren unha semana de folga indefinida. As empregadas concentráronse ante as instalacións da firma téxtil despois de que onte decidiran en asemblea continuar coas mobilizacións. Durante a concentración, recibiron a proposta da empresa de reanu...

O BNG DE CAMBADOS MANTEN A ESPERANZA DE QUE SE RECONDUZCA O CUATRIPARTITO 02.11.2017

O BNG de Cambados mantén a esperanza de que a situación no goberno se reconduzca tralo anuncio do concelleiro de Pode que daba por roto o cuatripartito. O portavoz municipal, Victor Caamaño, agarda que en breve se reuna a comisión de seguimento do pacto de goberno e apela ao diálogo entre os catro grupos para limar as diferencias.

Vinte emprendedores participan no primeiro coworking do viveiro de barro 02.11.2017

A Deputación de Pontevedra inaugurou esta mañá o primeiro coworking do Viveiro de Empresa do Polígono de Barro Meis, promovido pola institución provincial e a Escola de Organización Industrial. Uns 20 emprendedores compartirán durante 5 meses un espazo de traballo onde desenvolver os seus proxectos empresariais, obtendo ademáis formación e acceso a material dixital cómo impresoras 3D o escáneres 3...

O SERVIZO DE MATRONA DE CALDAS TRASLADASE AO CENTRO DE A TAFONA 31.10.2017

O servizo de matrona en Caldas trasládase ao edificio do Centro Comarcal ubicado en A Tafona, dando así solución a demanda das usuarias que exixían un espazo coas condicións necesarias para a atención das mulleres embarazadas. O Sergas aceptou finalmente a proposta do Concello e realizou pequenas obras de mellora no centro que a partir de agora acollerá o servizo, con satisfacción por todas as par...

COMEZAN AS OBRAS DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NO POLIGONO DO SALNES 30.10.2017

Comezaron as obras de mellora da seguridade viaria do Polígono do Salnés, que comparten Cambados e Ribadumia. O proxecto ten un custe de 159.000 euros subvencionados pola Xunta nun 95% e inclue a creación dunha senda peonil entre os dous parques empresariais e unha beirarrúa no entorno dos bombeiros do Salnés. A maiores, procederase á sinalización das empresas en dúas pantallas xigantes con inform...

O CONCELLO SABERA EN CUESTION DE DIAS A MELLOR SOLUCION PARA DESBLOQUEAR O PXOM 27.10.2017

O Concello tenta unha solución que desbloquee a redacción do PXOM, paralizado agora pola decisión da empresa adxudicataria, Eptisa, de desprenderse da consultoría urbanística. A opción pode vir dos antigos traballadores da empresa, constituidos agora en sociedade independente, que estarían dispostos a continuar co traballo, xa que Eptisa posibilitaría unha cesión do contrato. Os técnicos municipai...

O ism arranxara o edificio da casa do mar de cambados 27.10.2017

O Instituto Social da Mariña, I.S.M, arranxará as deficiencias estructurais do edificio da Casa do Mar de Cambados. As obras comezarán en xaneiro do vindeiro ano coa previsión de que estean rematadas antes do verán. O arranxo consitirá na sustitución da cubertas, cambio de carpintería exteríor, renovación de fontanería e sustitución de canalización de augas. O Concello descoñece todavía o orzament...

A PRAZA DA INDEPENDENCIA DE VILAGARCIA TERA ZONAS VERDES E CAMBIO DE IMAXE 27.10.2017

O plan de humanización do centro de Vilagarcía chega agora á Plaza da Independencia coa peonalización de dúas das súas tres rúas confluentes e a reforma do espazo con melloras de accesibilidade. Para elo, utilizaranse dous tipos de formigón, de caracter duradeiro no tempo e que requiran pouco mantemento. O resultado será unha Praza cunha imaxe máis moderna, zonas verdes e a eliminación do vaso da...

TURISMO DE GALICIA E A MANCOMUNIDADE AMPLIAN O CONVENIO DE PROMOCION TURISTICA 26.10.2017

A Mancomunidade do Salnés pon en marcha un novo Obradoiro de Hostelería no que se formarán 20 alumnos durante 9 meses cunha inversión de preto de 400.000 euros, dos que 280.000 son aportados pola Xunta. Asimesmo, a entidade comarcal e a Axencia de Turismo de Galicia acaban de asinar a ampliación en 70.000 euros do convenio de colaboración para Accións de Promoción Turística nos Mercados Internacio...

ALAMBIQUES EN FEFIÑANS E CATAS CON SHOWCOOKINS PARA CELEBRAR O DIA DO ENOTURISMO 26.10.2017

Cambados entra na recta final do programa da Cidade Europea do Viño cun brinde colectivo o sábado 4 de novembro na Praza do Concello ás 11.30 horas para conmemorar o aniversario do seu nomeamento. Un brinde que, ademáis, abre as próximas actividades do programa da Cidade Europea do Viño, centradas, principalmente, no Día do Enoturismo e nas Xornadas de Augardentes e Licores de Galicia. No primeiro...

VILAGARCIA ACOLLE ESTE VENRES O TORNEO PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA 25.10.2017

Vilagarcía acollerá este venres a Octava Edición do “Torneo Panos Brancos contra a droga”, organizado pola Fundación Galega contra o Narcotráfico. O deporte como ocio alternativo fronte ao consumo de sustancias nocivas é unha vez máis o obxectivo desta competición que se celebrará de 10 a 13 horas no pabillón de Fontecarmoa, Uns 150 alumnos de cinco centros educativos de Vilagarcía, Bouza Brei, Ca...

A MANCOMUNIDADE SEGUIRA PROMOCIONANDO A COMARCA POR RIBA DE CORES POLITICAS 25.10.2017

A Mancomunidade do Salnés continuará traballando pola promoción do turismo da comarca por riba de cores políticas. Trala expedición pola Bretaña Francesa realizada nos últimos días, unha delegación da entidade trasládase mañá á rexión de Campania en Nápoles para asinar un convenio de colaboración que permita aproveitar as sinerxias entre ambas. Así o explicaban esta mañá o presidente da Mancomunid...

O SALNES NON ESTA PRESENTE NOS ORZAMENTOS DA XUNTA, SEGUNDO O BNG 25.10.2017

O BNG considera que o Salnés non está presente nos obxectivos económicos da Xunta para o ano que ven, nuns orzamentos que a formación nacionalista califica de “partidistas e caciquís" A falta de partidas específicas para melloras en colexios e centros de día ou a ausencia a mención a novos xulgados para Vilagarcía ou Cambados son parte das carencias que levan ao BNG a decir que os orzamentos son “...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.