Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
NOVAS SENTENCIAS A FAVOR DOS EMIGRANTES RETORNADOS 21.11.2017 2:09
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena a Facenda devolver o diñeiro cobrado no seu día a catro emigrantes retornados que pertencen á Plataforma de O Salnés. Novas sentencias que se suman as tres anteriores e que para o colectivo supoñen unha gran victoria, tras catro anos de loita reivindicativa. Así o explicaba Xosé Lois Leirós, portavoz da Plataforma nunha nova concentración celebrada...
CARITAS VISIBILIZA AS PERSOAS SEN FOGAR REALZANDO O TRABALLO DA CASA SAN CIBRAN 21.11.2017 3:22
Cáritas Interparroquial de Vilagarcía pon en marcha unha campaña de visibilización das persoas sen fogar realzando o traballo que se realiza dende a Casa San Cibrán, en Sobradelo. Actualmente conviven neste centro 6 usuarios e hai disponibilidade para 12 personas e unha familia. Gran parte deles participan no proxecto Siembra que pretende que sexan capaces de facer unha vida autónoma, recuperando...
O albariÑo can-fest propon unha tarde de rock en beneficio do refuxio de cambados 20.11.2017 3:12
Un concerto de rock solidario co Refuxio de Animais de Cambados é a nova actividade organizada dentro do programa da Cidade Europea do Viño. O espectáculo será o domingo 2 de decembro ás 20 horas no Salón Peña coas actuacións de Gatillazo, Mamá Ladilla, Konflikto, Bergallazo e Innoppiah. A entrada serán 10 euros, con fila 0 de 5 euros, e a recadación irá destinada a financiar as necesidades da pro...
O PP DEFENDE EN VILAGARCIA A PROPOSTA DA XUNTA SOBRE AS ILLAS ATLANTICAS 20.11.2017 1:11
O PP pedirá presentará unha moción ante a corporación de Vilagarcía co fin de que o pleno secunde a propuesta da Xunta de Galicia para que as Illas Atlánticas sexan consideradas Patrimonio da Humanidade. Unha iniciativa que ampara a todas as illas que forman parte do Parque Nacional e non só ás illas Cies como plantexa a proposta de Vigo. Así o explicaba esta fin de semana o portavoz do PP provinc...
VILANOVA SEGUIRA CO PROXECTO DA PISCINA CON OU SEN AXUDA DA DEPUTACION 20.11.2017 1:40
O Concello de Vilanova seguirá adiante co proxecto do Centro de Talasoterapia, a piscina municipal con auga de mar, con ou sen axuda da Deputación. O alcalde Gonzalo Durán anunciou esta mañá que o goberno local xa reservou para este actuación unha partida dos orzamentos municipais para o ano que ven. Ademáis, o rexedor afirmou que o proxecto, que pretendía incluir dentro dos proxectos singulares s...
O CIM DO SALNES DI STOP A VIOLENCIA DE XENERO DENDE A PRIMEIRA SINAL 20.11.2017 3:06
O programa contra a violencia de xénero do CIM do Salnés, que abrangue os concellos de Cambados, Meis e Ribadumia, desenvolverase este ano durante novembro e decembro con especial fincapé na prevención dende a mocidade e as edades de infantil. Deste xeito, a programación inclue a proxección de curtas e monólogos nos institutos e sesións de contacontos contra os estereotipos de xénero nos centros d...
PORTOS DE GALICIA MELLORA A SEGURIDADE VIAL NO PEIRAO DE TRAGOVE, EN CAMBADOS 20.11.2017 3:38
Portos de Galicia realiza entre hoxe e mañá a mellora da seguridade viaria no peirao de Tragove de Cambados mediante a repavimentación dos viais interiores, cun investimento de 24.000 euros. Esta actuación pretende eliminar as deficiencias que presentaba o firme, moi deteriorado pola actividade diaria neste peirao, especialmente nas zonas de xiro e manobras. En concreto, os traballos consisten no...
O BNG PRESENTARA ENMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O SALNES POR 17 MILLONS DE EUROS 17.11.2017 1:47
O grupo parlamentario do BNG presentará enmendas aos Orzamentos que a Xunta destinará ao Salnés en 2018 por un importe total de 17 millons de euros. A formación nacionalista reclama partidas específicas para o sector do mar, sanidade, ou ensino que, segundo entende o BNG, son viables redistribuindo os recursos. Así o explicaba a deputada nacionalista Montse Prado na rolda de prensa de presentación...
VILAGARCIA VESTIRASE DE NEGRO O 25 N 17.11.2017 2:21
Vilagarcía vestirase de negro para conmemorar o Día contra a violencia de xénero. Ademáis este ano arredor de 1.700 nenos e nenas dos centros educativos do municipio participarán nunha andaina que se realizará o día 24 pola mañá nun percorrido polas rúas da cidade. Os detalles explicábaos esta mañá a Concelleira de Igualdade, Tania García na presentación da iniciativa acompañada de representantes...
VILANOVA CONMEMORA O DIA CONTRA OS ACCIDENTES DE TRAFICO 17.11.2017 1:54
Vilanova conmemorou esta mañá o Día Mundial contra os accidentes de Tráfico nun acto no que se puso de manifesto a necesidade de educar nas edades máis tempranas para conseguir as víctimas cero. Así o afirmaban o axente da Policía Local de Vilanova, Luis Maquieira, a presidenta de Stop Accidentes, Jan Picard, e Helena Rodríguez da DXT.
A DIVISION DOS COMUNEIROS DE DEIRO CHEGA AOS XULGADOS 17.11.2017 1:54
A división da Comunidade de Montes de San Miguel de Deiro pola cesión de terreos para a instalación dun camping privado chega aos xulgados. O vicepresidente da Asociación Amigos da Música presentou unha denuncia por calumnias trala aparición de folletos pola vila onde se critica ao colectivo por ser contrarios á proposta. Así o explicaban esta mañá o vicepresidente e o presidente da asociación, Fr...
CONCERTO DE 7SETENTA EN BENEFICIO DE CARITAS ESTE DOMINGO EN VILAGARCIA 16.11.2017 1:27
O auditorio de Vilagarcía acolle este domingo 19 de novembro un novo Concerto en beneficio de Cáritas organizado pola asociación O Noso Lar e a productora Dibay. O espectáculo comezará as 20 horas coa actuación do grupo 7 Setenta que presentará novos temas e contará coa colaboración da cantante Valeria Palacios e do acordeonista Luis María. O custe da entrada é de 3€ que se destinarán ás persoas s...
COMO AFORRAR NA FACTURA ELECTRICA OU COÑECER O NOVO BONO SOCIAL 16.11.2017 4:41
Todos aqueles que teñan dúbidas sobre a súa factura eléctrica ou queiran saber as claves para aforrar nos consumos e coñecer cómo optar ao novo Bono Social teñen unha importante cita de asesoramento. Será o vindeiro xoves 23 en Exposalnés ás 20.30 horas. Un encontro no que se abordarán temas como os que a cotío chegan á oficina de consumo de Cambados, tal como explicaban esta mañá o concelleiro de...
EN MAREA CONSIDERA INSUFICIENTES E INXUSTOS OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA O SALNES 15.11.2017 1:11
Insuficientes e inxustos son para o grupo parlamentario En Marea os orzamentos que a Xunta destinará en 2018 á comarca do Salnés. Así se valorou no encontro mantido esta mañá en Cambados entre os deputados de En Marea na Cámara galegan Marcos Cal e Paula Quinteiro e concelleiros do espazo da formación na comarca. Segundo o deputado Marcos Cal, os orzamentos da Xunta non inclue ningunha partida esp...
O PP RIBADUMIA DEFENDE O PROXECTO DAS POUSADAS DO SALNES 15.11.2017 1:56
O PP de Ribadumia defende o proxecto das Pousadas do Salnés e exixe ao Concello e á Deputación que axilicen os trámites para a posta en funcionamento definitiva do complexo hosteleiro. O concelleiro popular Luis Serantes respondeu esta mañá ás críticas verquidas nos últimos días pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva, nas que calificaba de “escandaloso” un plan cheo de irregularidades que, s...
O PP DE RIBADUMIA CUESTIONA A XESTION DO ACTUAL GOBERNO POR NON RENOVAR O CONVENIO CO ARCEBISPADO 15.11.2017 1:39
O PP de Ribadumia nega as acusacións realizadas polo Concello sobre o convenio asinado co arcebispado en 2010. O goberno local aseguraba estes días que debido a xestión do anterior equipo de goberno, agora o Concello deberá indemnizar ao Arzobispado de Santiago con arrededor de 50.000 euros por incumprir o acordo. A través do documento, a administración municipal compremetíase coa Igrexa a cederll...
ORANGE PARALIZA A INSTALACION DE ANTENAS EN CAMBADOS ATA TER UN ESTUDO DE UBICACIONS 15.11.2017 3:31
Satisfacción entre os veciños de Os Caeiros e o Concello de Cambados porque finalmente a instalación dunha antena de telefonía móbil de Orange non se levará a cabo. A alcaldesa, Fátima Abal, e unha representación do colectivo veciñal reunironse esta mañá co responsable da compañía que lles trasladou que paraliza o proxecto de instalación de antenas en Cambados ata ben avanzado o próximo ano. A sol...
MÁIS DE 800 ESCOLARES DO SALNES PARTICIPARAN NO CROSS ESCOLAR SANXENXO 14.11.2017 1:12
Uns 850 escolares do Salnés participarán este venres en Baltar no Cross Escolar Sanxenxo para promocionar e incentivar o deporte base. A iniciativa enmárcase dentro das probas oficiais convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta, na fase comarcal de campo a través. Os detalles explicábanos esta mañá o Concelleiro de Deportes, Daniel Benavides, e representantes do colexio Abrente e do...
NOVAS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO VINCULADAS AS RUTAS DO CAMIÑO NO SALNES 14.11.2017 1:51
A Mancomunidade do Salnés non deixa escapar ningunha oportunidade para promocionar o turismo da comarca a través da Variante Espiritual e a Ruta do Padre Sarmiento. Dúas propostas que non podían faltar no segundo certame da Fair Way do Camiño de Santiago que se celebra estes días en Santiago. A delegación da entidade comarcal tivo xa encontros con case todos os 27 touroperadores internacionais pre...
JOSE JUAN DURAN REGRESA DE RENNES COA ILUSIÓN DE QUE GALICIA LIDERE O PROXECTO CAPITEN COMO DESTINO 13.11.2017 14:10
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, participou en representación de Galicia na xuntanza de lanzamento do proxecto europeo “Capiten” que aglutina a 18 representantes de entidades de España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido e que ten na excelencia do sector náutico un dos seus obxectivos. Durán amosouse moi optimista por esta iniciativa europea xeradora dun novo nicho de merc...
SANXENXO CONMEMORA O 25N CON ACTOS ATA FINAIS DE NOVEMBRO 13.11.2017 2:35
Concellos e asociacións preparan xa os actos do Día contra a Violencia Machista, que como cada ano se celebrará o 25 de Novembro. En Sanxenxo, a programación do 25 N exténdese ao longo do mes con diversos actos que comezan hoxe cunha campaña de sensibilización entre os comercios asociados de Entretendas. As actividades institucionais máis destacadas serán o día 27 de Novembro, cunha charla coloqui...
O CRUCE DE AS SALINAS NA LANZADA TERA UN NOVO PASO PEONIL CON SEMAFORO 13.11.2017 1:00
O xefe territorial de Infraestruturas en Pontevedra, José Luis Díez, comprobou esta mañá, xunto ao alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, a instalación dun novo paso peonil con semáforo na PO-308 ao seu paso pola Lanzada. O orzamento total desta obra rolda os 60.000 euros e quedará rematada no prazo dun mes. Para garantir a seguridade viaria dos usuarios do paso a nivel prolongarase a isleta física ex...
JOSÉ JUAN DURÁN REPRESENTA A GALICIA NA XUNTANZA DE LANZAMENTO DO “PROXECTO CAPITÉN” EN RENNES (FRANCIA) 11.11.2017 15:05
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, asiste os días 9, 10 e 11 de novembro en Rennes ao lanzamento do “Proxecto Capitén”, unha iniciativa europea liderada por España, Portugal, Francia, Irlanda e Reino Unido, para potencia-lo cluster do sector náutico. Nunha entrevista para SI RADIO DE GALICIA, José Juan Durán salientou a importancia deste proxecto que prevé unha facturación conxunt...
O COMERCIO DE CAMBADOS PRESENTA AS ULTIMAS TENDENCIAS NO DESFILE DE OUTONO 10.11.2017 2:35
A Asociación de Comerciantes Zona Centro de Cambados, en colaboración co Concello, ten xa todo preparado para a celebración do seu terceiro Desfile de Outono. Será o día 19 de novembro ás 18 horas no Salón Peña coa participación de 21 comercios asociados. Máis de 60 modelos presentarán en pasarela as últimas tendencias en moda, perruquería, roupa deportiva, lencería, calzado ou complementos. Ademá...
ALCAMPO VILAGARCIA ABRE O VINDEIRO MARTES CON VOCACION LOCAL E UNHA PLANTILLA DE 150 PERSOAS 10.11.2017 2:28
Cento cincuenta persoas integrarán a plantilla de Alcampo Vilagarcía que abre as súas portas ao público o vindeiro martes. Tras unha inversión de 7,5 millóns de euros, a dirección da multinacional comeza a súa andaina en Arousa cunha clara vocación local. De tal xeito que Alcampo Vilagarcía suscribiu acordos de abastecemento con con lonxas e empresas de productos hortifrutícolas da comarca. Así o...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.