Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

TRAMPAS CON LIQUIDOS DOCES PARA ATRAPAR AS VELUTINAS EN CAMBADOS 07.09.2017

O Concello de Cambados pon en marcha unha campaña contra a Vespa Velutina que se prolongará durante todo o outono. Concretamente, os membros de Protección Civil colocarán trampas con líquidos doces en espazos públicos e privados para capturar aos insectos asiáticos cada vez máis presentes en fincas, viñedos e árbores. No que vai de ano, Protección Civil leva recollidos máis de 200 niños de velutin...

CAMBADOS COMPLETA A MELLORA VIAL EN BURGANS 07.09.2017

O Concello de Cambados está completando a mellora de seguridade vial do entorno de Burgáns, na parroquia de Vilariño. A actuación consiste na creación de beirarrúas e reparación do firme no tramo de entronque entre Martín Codax e o colexio de Vilariño. Os traballos xa comezaron esta semana cun prazo de execución de tres meses, de tal xeito que quedarán rematados a finais de ano. A actuación realíz...

PORTOS IMPULSARÁ A PRESENZA DA NAUTICA GALEGA NAS FEIRAS DE SOUTHAMPTON, LA ROCHELLE E PARÍS 06.09.2017

O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, presidiu hoxe a reunión de coordinación de clubs náuticos de Galicia, nun encontro celebrado no club náutico de Pedras Negras no Grove. Na reunión estiveron presentes unha vintena de xestores de portos deportivos, clubs náuticos e marinas das tres provincias costeiras. O titular de Portos de Galicia e os responsables das operadoras náuticas deseñ...

REACTIVASE A PLATAFORMA DO SALNES EN DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA 06.09.2017

Nova concentración da xunta de persoal do Hospital do Salnés en protesta pola reforma da Lei de Saúde de Galicia Os representantes dos traballadores volveron reclamar a retirada do anteproxecto elaborado pola Xunta nunha mobilización ante as portas do centro comarcal. Ao tempo que continúan as concentracións, colectivos sociais, partidos políticos e sindicatos pretenden reactivar a Plataforma do S...

A MANCOMUNIDADE VOLVERA A BUSCAR EN EUROPA A PROMOCION DO TURISMO DE OUTONO E PRIMAVERA 05.09.2017

A Mancomunidade do Salnés proxecta novas viaxes a Europa para promover o turismo de outono e primavera. O obxectivo é visitar touroperadores en zonas turísticas para promocionar a natureza e cultura da comarca arousá a través da Variante espiritual e a Ruta do Padre Sarmiento. A delegación tamén traballará cara a conseguir a declaración de Interés Internacional para a Festa do Albariño. Concretame...

O COWORKING DO IGAPE EN VISTA REAL TEN CUBERTAS CASE A METADE DAS PRAZAS 05.09.2017

A aceleradora de negocios que o Igape pon en marcha no Pazo de Vista Real ten xa cubertas case a metade dos 22 proxectos que como máximo acollerá este espazo de coworking e asesoramento empresarial. A iniciativa comezará este mesmo mes de setembro e prolongarase durante cinco meses. O Concello e o Igape animan aos emprendedores a presentar os seus proxectos nas 12 prazas que quedan libres. Así o e...

O COLEXIO DO PIÑEIRIÑO TERA COMEDOR ESCOLAR DE 80 PRAZAS A FINAIS DE CURSO 05.09.2017

As obras de construcción do comedor escolar no colexio do Piñeiriño de Vilagarcía comezarán a finais de ano e poderían estar listas para finais de curso. Será xestionado pola ANPA e terá capacidade para 80 prazas. O Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, asinaron esta mañá o convenio entre a Xunta e o Concello que permitirá a creación do tan demandado...

CONCELLO E DEPUTACION RECLAMAN A DECLARACION INTERNACIONAL DA FESTA DO MARISCO DE O GROVE 04.09.2017

O Concello de O Grove e a Deputación de Pontevedra asinaron esta mañá o convenio de colaboración para a Festa do Marisco que se celebrará dende o 5 de outubro. A achega provincial ascende aos 6.000 euros destinados a diferentes actividades programadas. Ademáis da sinatura do convenio, o alcalde, José Antonio Cacabelos, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, reclamaron a declaración da Festa...

A OCUPACION HOTELEIRA EN AGOSTO SUPEROU O 95% NO SALNES 04.09.2017

Os datos de ocupación hoteleira volveron bater record durante o mes de agosto. Na comarca do Salnés superouse o 95% e xa hai un alto índice de reservas para o mes de setembro. Son os datos de Turismo Rías Baixas que desvelaba esta mañá a presidenta de Deputación, Carmela Silva. Segundo informou a presidenta da Deputación de Pontevedra, os datos de Turismo Rías Baixas confirman que o mes de agosto...

Vilanova continuara con xeoradar as excavacions en calogo 01.09.2017

O Concello de Vilanova desvelou esta mañá os resultados das excavacións arqueolóxicas que se están a realizar no entorno do campanario de Cálogo, que concluirán o próximo martes. A raiz das catro catas feitas, a conclusión dos arqueólogos é que en Vilanova houbo asentamentos humanos dende o século IV antes de Cristo ata o IV despóis de Cristo. Dados os bos resultados destas excavacións, o Concello...

OS COCHES CLASICOS PERCORRERAN A RUTA DO PADRE SARMIENTO 29.08.2017

A praza de Fefiñáns de Cambados acollerá un ano máis a saída da Concentración do Albariño de Coches Clásicos, que este ano percorrerá a Ruta do Padre Sarmiento con inicio en Vilanova de Arousa e remate en Sanxenxo. A actividade celebrarase o 2 e 3 de setembro, organizada polo Club Clásicos Salnés. Os detalles explicábaos esta mañá o presidente do colectivo, Marcos Cortiñas, durante o acto de prese...

ENTREVISTA CON JOSE JUAN DURAN, PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA 25.08.2017

Antón Xil conversa co Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, sobre a xestión este ano dos portos autonómicos, abordando diferentes temas relacionados coas iniciativas postas en marcha dende o organismo portuario para promover melloras e calidade dos portos, tanto pesqueiros como náuticos e deportivos.

Sanxenxo promociona a rede galega de parques naturais de galicia 23.08.2017

Sanxenxo promociona a Rede Galega de Parques Naturais de Galicia, que foron visitados por preto de 9.000 persoas ata o pasado mes de xullo, atraídos por un turismo diferenciado e de calidade. Así o indicou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa visita á carpa informativa instalada na zona portuaria de Sanxenxo para a promoción da Rede galega que agl...

DURAN RESPONSABILIZA AO PERSOAL DO HOSPITAL DO SALNÉS DAS PREFERENCIAS DE VECIÑOS POR MONTELECO 22.08.2017

O alcalde de Vilanova e tamén presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, solicitou unha reunión co Conselleiro Sanidade para que sexa el o que explique ante os alcaldes da comarca os efectos do anteproxecto da Lei de Saude elaborada pola Xunta. Gonzalo Durán respondeu así esta mañá ás críticas do PSOE de Vilanova asegurando que non foi convidado á reunión cos representantes políticos co...

UNHA DUCIA DE FAMILIAS AFECTADAS POLA AME VOLVEN REUNIRSE EN CAMBADOS 21.08.2017

A Fundación GaliciAme, que dirixe a cambadesa Merchi Alvarez, realiza unha terceira edición das Xornadas de Convivencia de Familias afectadas pola Atrofia Muscular Espinal. Un ano máis, unha ducia de familias procedentes de diversos lugares de España reuniranse dende este xoves ao domingo no colexio Salesianos de Cambados para compartir impresións e experiencias. Unha iniciativa financiada desta v...

A XUNTA IMPLANTARA NO SALNES UNHA ACELERADORA DE PROXECTOS DE SECTORES DA COMARCA 21.08.2017

A Xunta implantará no Salnés, en colaboración co Concello de Vilanova, unha aceleradora de proxectos innovadores destinados ao sector conserveiro, vitivinícola e turístico, con sede no Pazo de Vista Real en Vilanova. Será un espazo de Coworking que se porá en marcha no mes de setembro ao que se poderán presentar un máximo de 22 proxectos. Os emprendedores interesados poden xa presentar as súas pro...

MINUTO DE SILENCIO EN SANXENXO COA PRESENCIA DO MINISTRO DE XUSTIZA RAFAEL CATALA 18.08.2017

En Sanxenxo o minuto de silencio celebrouse este mediodía coa presenza do Ministro de Xustiza, Rafael Catalá, a corporación municipal, e veciños e turistas que se achegaron á praza do concello. Catalá expresou o seu apoio ás víctimas do atentado e destacou a importante labor dos corpos de seguridade do estado que fan un traballo extraordinario cada día e tamén a imprescindible colaboración interna...

AS CATAS ARQUEOLOXICAS DE CALAGO COMEZAN O LUNS 17.08.2017

O Concello de Vilanova comezará este luns coas primeiras sondaxes arqueolóxicas no castro e no Monasterio de Cálago. O orzamento para realizar estas catas é de 12.000 euros financiados ao 50% pola Consellería de Cultura e o Concello e terá una duración de tres semanas. Así o explicaban esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, e a historiadora Alicia Padín, nunha rolda de prensa que recollem...

AS FESTAS DE VILANOVA SUPERAN AS EXPECTATIVAS DO CONCELLO 14.08.2017

Vilanova puxo fin a súa semana grande de festas coa entrega das insignias de ouro e brillantes da XXIII Festa do Mexilón e o Berberecho que o concello entregou ao cardeal Antonio María Rouco Varela, ao Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, e ao humorista Xosé Antonio Touriñán. Ademáis, durante a apertura da carpa gastronómica situada no Xardín Umbrío, a organización vendeu 15.000 kilos...

OS CONCELLOS DA AREA SANITARIA DE O SALNES PRESENTARAN MOCIONS CONTRA A SUA ELIMINACION 11.08.2017

A Xunta de Persoal do Hospital de O Salnés, reuniuse esta mañá cos alcaldes dos concellos da comarca para explicarlles a súa posición e a repercusión que terá para os cidadáns a posible eliminación da Area Sanitaria de O Salnés, e para abordar tamén as posibles medidas que se deberían tomar para evitar esta situación. Na xuntanza acordaron “remar todos na mesma dirección” e decidiron presentar unh...

O CUATRIPARTITO COINCIDE NO EXITO DA FESTA DO ALBARIÑO 10.08.2017

O cuatripartito de Cambados coincide en que a Festa do Albariño foi todo un éxito. Os membros do goberno local destacan o traballo dos operativos de seguridade e de limpeza, así como a programación e toda a organización en xeral. En canto ás incidencias, este ano non houbo ninguna de consideración pero si se atenderon a 91 persoas na noite do sábado, a máis multitudinaria, 47 persoas por cortes, 1...

A FESTA DO MEXILON E O BERBERECHO DE VILANOVA CONTARA CO ROCKIN VILA 10.08.2017

Vilanova inaugura esta mañá a XXIII edición da Festa do Mexilón e o Berberecho que se celebra esta fin de semana e na que se porán á venda 15.000 kilos destes moluscos elaborados en diferentes preparacións. Además das degustacións na carpa gastronómica do Xardín Umbrío, haberá outros eventos en Vilanova como a feira de oportunidades, actuación da orquesta Panorama, mañá venres a partir das 22:00 h...

MUSICA TRADICIONAL E ANIMACIÓN INFANTIL NO FESTIVAL XIRONSA 10.08.2017

A Praza da Seca de Corvillón acollerá a fin de semana do 25 e 26 de agosto o tradicional Festival Xironsa que este ano celebra a súa XVII edición. Un ano máis, a música tradicional galega será a protagonista dunha programación na que se inclúe como novidade unha zona familiar con actividades e animación para os máis pequenos. Ademáis, nesta ocasión, a asociación cultural Xironsa, como forma de col...

O CONCELLO DE VILANOVA AMPLIA O ANCHO DO VIAL DE ACCESO A PRAIA DE AS PATIÑAS 09.08.2017

O Concello de Vilanova comezou as obras de ampliación do vial de acceso á praia de As Patiñas dende a rotonda de O Terrón. Con estes traballos a estrada aumenta o seu ancho aos 6 metros para que poidan pasar dous vehículos. Na visita as obras o alcalde estivo acompañado polos concelleiros da parroquia de San Miguel, Nuria Morgade e Manuel Sineiro. Os datos das obras dábaos o alcalde de Vilanova, G...

A FESTA DO ALBARIÑO CUMPRE OS REQUISITOS PARA SER DECLARADA DE INTERESE TURISTICO INTERNACIONAL 08.08.2017

A Comisión de Seguemento da Cidade Europea do Viño mantivo onte unha nova reunión na que se abordaron temas como o Enobús, as actividades realizas e as que quedan pendentes e tamén se aprobou a incorporación do Sindicato Unións Agrarias. Además a Festa do Albariño está mais cerca de ser declarada de Interese Turístico Internacional xa que o Concello ven de realizar 10 publicacións en medios de dif...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.