Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
FIXADO PARA O 27 DE FEBREIRO O XUIZO ENTRE LAUREANO OUBIÑA E CARMEN AVENDAÑO 16.01.2018 2:28
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Como era previsible, non houbo acordo entre as partes e a demanda presentada polo narcotraficante galego Laureano Oubiña contra a presidenta da Fundación Erguete, Carmen Avendaño, por unha suposta difamación irá a xuizo. Será o 27 de febreiro ás 12.30 horas. Así se determinou na vista previa celebrada esta mañá no xulgado de instrucción número 2 de Vilagar...
AS CLAVES DO AFORRO E COMO SUPERAR A COSTA DE XANEIRO NUNHA CHARLA EN EXPOSALNES 16.01.2018 2:02
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Concellería de Economía de Cambados promove unha charla informativa de educación financeira na que se explicarán claves de aforro e métodos para superar a costa de xaneiro. Terá lugar en Exposálnes este xoves 18 de xaneiro ás 20:30h e será impartida pola asesora financeira Patricia Doldán e polo edil de economia Xurxo Charlín. Ambos avanzaban esta mañá a...
OS SOCIALISTAS GALEGOS VISIBILIZAN A SUA DEFENSA DA SANIDADE PUBLICA DO SALNES 16.01.2018 2:48
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Salnés retoma as mobilizacións en contra da supresión da área sanitaria da comarca establecida na nova Lei de Saúde da Xunta. O colectivo arousán convoca unha concentración o vindeiro mércores ás 12.30 horas ás portas do hospital comarcal e súmase á manifestación promovida por SOS Sanidade Pública que se celeb...
O PARQUE INFANTIL DE BELECO EN CAMBADOS ESTARA LISTO EN QUINCE DIAS 16.01.2018 2:11
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O novo parque infantil de Beleco en Cambados estará listo nun par de semanas. A empresa adxudicataria xa comezou á colocación dos columpios e a creación dunha pequena pista deportiva por parte dos alumnos do Obradoiro de Emprego. Queda pendente a instalación do solo de caucho e o peche perimetral. Os detalles explicáronnos esta mañá durante unha visita ás...
A ILLA RECUPERA O PASEO DE RIBEIRA DO CHAZO COA COLABORACION DA XUNTA 15.01.2018 1:59
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Illa de Arousa amosa unha renovada imaxe do paseo de Ribeira do Chazo despóis dunha actuación de mellora da seguridade e pavimentación realizada entre o Concello e a Xunta de Galicia, a través dunha axuda da Orde de Infraestruturas de Vicepresidencia As obras, realizadas nun tramo de 200 metros, supuseron un investimento de 116.000 euros, dos cales 40.00...
VILANOVA INVISTE 15.000 EUROS NA ULTIMA MELLORA DA GARDERIA MUNICIPAL 12.01.2018 0:50
O Concello de Vilanova investiu preto de 15.000 euros na última mellora realizada á gardería municipal coa ampliación do espazo de xogos. Trátase dunha actuación nunha infraestructura que, segundo o alcalde Gonzalo Durán, fai máis viable o aumento de poboación.
O AVOGADO DE O CHICLE ABANDONA A SÚA DEFENSA POR FALTA DE CONFIANZA. 12.01.2018 1:37
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O avogado do autor confeso da morte de Diana Quer renuncia a súa defensa. Así llo trasladou o letrado esta mañá a José Enrique Abuín durante a reunión que mantivo con el no cárcere de A Lama, no que permanece O Chicle tralo seu traslado o mércores dende a prisión de Teixeiro por seguridade. O avogado indica que deixou a defensa por falta de confianza no se...
O PORTO DE VILAGARCIA CONSIGUE UN NOVO RECORD NO TRAFICO DE MERCADORIAS 11.01.2018 2:10
O Porto de Vilagarcía logrou o ano pasado un novo record no tráfico portuario, ao rexistrar 1,2 millóns de movementos de mercadorías, 100.000 toneladas máis de que en 2016. As cifras aportounas esta mañá a presidenta da autoridade portuaria, Sagrario Franco, ao facer balance do exercicio de 2017. Segundo Sagrario Franco, a evolución do porto de Vilagarcía é notable dende os últimos seis anos nos q...
O CONCELLO DESVIA O PASO DE CAMIONS ANTE O CEIP DE CORVILLON 11.01.2018 1:29
O Concello de Cambados mellora a seguridade viaria no entorno do Colexio de Corvillón atendendo a unha petición da comunidade educativa do centro. Concretamente, o goberno local modifica a ordenación do tráfico restrinxindo o paso dos camións de alto tonelaxe, procedentes das conserveiras da zona, e desviandoos polo vial de Tragove Asimesmo, instalaranse dous reductores de velocidade nos accesos a...
VILAGARCIA DISPORA DE 2,5 MILLONS DO PLAN CONCELLOS PARA 2018-19 10.01.2018 2:22
Vilagarcía recibirá 2,5 millóns de euros do Plan Concellos da Deputación correspondente a 2018-19, unha cifra que supón 1 millón máis que o destinado no anterior plan provincial. Así o anunciaba esta mañá o deputado de Cooperación Municipal, David Regades, nunha visita realizada ao Concello na que mantivo unha xuntanza co alcalde Alberto Varela.
UN TORNADO DEIXA NUMEROSOS DESTROZOS EN SANXENXO 10.01.2018 5:26
O temporal con fortes ventos e precipitacións provocou danos destacados no Concello de Sanxenxo, onde sobre as 10 horas da mañá se chegou a xerar un tornado que se levou por diante, por terceira vez, un tramo do paseo de madeira de A Lanzada, que acabou no entorno do colexio de Noalla. Dado que a situación se repite, o alcalde Telmo Martín xa reiterou á Xunta a necesidade de que o paseo se reconst...
O PRUX DE CORTEGADA NON MODIFICA AS CONDICIONS DE EXPLOTACION DO MARISQUEO E TURISMO 09.01.2018 2:27
O Plan Rector de Usos e Xestión da Illa de Cortegada, o PRUX, elaborado pola Xunta de Galicia, non modificará as actuais condicións de explotación que veñen desenvolvendo os sectores marisqueiro e turístico. Non restrinxe as zonas de marisqueo e tampouco haberá cambios nos cupos de visita á illa. O documento está en fase inicial de tramitación para ser sometido a exposición pública nas vindeiras s...
A MANCOMUNIDADE ADQUIRE UN 4X4 PARA A LOITA CONTRA A VELUTINA 09.01.2018 2:09
A Mancomunidade do Salnés conta dende agora cunha ferramenta máis para a loita contra a vespa velutina. Trátase dun Camión Guindastre 4x4 que supuxo un investimento de arredor de 112.000 euros, dos cales case 74.000 corresponderon a una subvención aportada poe Vicepresidencia da Xunta a través do Fondo de Compensación Ambiental. O vehículo conta cun longo guindastre de entre 30 e 40 metros, e cun...
CLAUSURA DO CAMPAMENTO URBANO DE NADAL DE VILAGARCIA 05.01.2018 1:07
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os nenos e nenas de Vilagarcía que participaron no Campamento Urbano de Nadal organizado polo Concello clausuraron esta mañá a actividade no pabillón do colexio de A Escardia. Os pequenos estiveron acompañados polas concelleiras de Xuventude, Sonia Outón, e Benestar, Tania García, que os agasallaron con exemplares do conto "Os Bolechas no Castro de Alobre"...
UN CONTRATO MENOR PARA DESBLOQUEAR A REDACCION DO PXOM DE VILAGARCIA 05.01.2018 1:34
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno local de Vilagarcia ten xa unha solución para desbloquear a redacción do PXOM, que quedou paralizada coa renuncia de Eptisa, adxudicataria dos traballos. A primeira opción, que para o Concello sería a idónea, de ceder o contrato aos extraballadores de Eptisa, non pode ser porque expirou en 2012. O goberno local tampouco ve factible empezar dende...
CALDAS TERA UN NOVO EDIFICIO MULTIUSOS A TRAVES DO PLAN DE REEQUILIBRIO DA DEPUTACION 04.01.2018 2:06
Caldas terá un novo edificio Multiusos que centralizará a escola taller, a escola de música, o invernadoiro e as cocheiras. Estará ubicado no entorno de Santa María, onde, ademáis se reordenará o espazo público nun total de 1.348 metros cadrados de superficie. O investimento da actuación ascende a máis de 1 millón de euros, financiados case nun 80% pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan de R...
OS REIS CHEGARAN A VILANOVA CUNHA FESTA ALTERNATIVA POR SE CHOVE 03.01.2018 2:30
Vilanova agarda a chegada dos Reis Magos de Oriente este venres pola tarde. Como é habitual, as Súas Maxestades chegarán en barco e repartirán 500 kilos de caramelos na cabalgata que sairá as 5 da tarde dende o Concello. No caso de que a chuvia non pare, o Concello ten xa un plan alternativo cunha festa no Multiusos, onde se distribuirán xoguetes a todos os nenos que asistan. Nolo contaba o alcald...
VILAGARCIA RENOVA A SUA FLOTA DE VEHICULOS DE OBRAS CON HIBRIDOS GASOLINA-GAS 02.01.2018 2:16
O Concello de Vilagarcía adquiriu dous novos vehículos para a sua flota de servicios de obras e vías públicas. Os dous furgons son híbridos gasolina - gas para danar menos o medio ambiente, marca Dacia de primeira man e custaron 22.000 euros en total. Repsol comprometeuse a servir gas nalgunhas das estacions de servizo da zona pero polo de agora solo funcionarán con gasolina. Así o explicaba o con...
MAIS DE 400 INSCRITOS NA SAN SILVESTRE SOLIDARIA DE CAMBADOS 28.12.2017 2:40
Cambados volve a organizar un ano máis a San Silvestre Solidaria nunha IV edición que se celebrará o domingo 31 de decembro a partir das 16:30 con saida dende a praza do concello. A proba xa ten máis de 400 inscritos nas categorías de chupete, mini, promesas e absoluta. Haberá premios para os gañadores e tamén para os mellores disfraces, así como sorteos e un flashmob. I e que a San Silvestre é un...
O DEPARTAMENTO DE OBRAS DE CAMBADOS RENOVA A SUA FLOTA DE VEHICULOS 28.12.2017 1:28
O Concello de Cambados renova a súa flota de vehículos do departamento de Obras e Servizos cun investimento de case 33.000 euros financiados co Plan Concellos da Deputación. Son unha fregadora un camión e unha furgoneta, con máis capacidade de carga, todos eles de segunda mán, que permitirán mellorar os traballos de limpeza e mantemento, conservación de viais. Os detalles explicábannos esta mañá o...
PARTIDO SOLIDARIO DE FUTBOL SALA EN BENEFICIO DE CARITAS ENTRE AS XERACIONS DO PP 27.12.2017 1:31
Novas Xeracións do PP de Vilagarcía organiza un partido solidario de fútbol sala en beneficio de Cáritas. A iniciativa terá lugar este sábado día 30 ás 17 horas no Pabillón de Fontecarmoa e no encontro xogarán os mozos da formación contra os veteranos do PP vilagarcián. Tanto os xogadores como os asistentes aportarán alimentos non perecedeiros que se destinarán a Cáritas Interparroquial de Arousa....
OS PORTOS DEPORTIVOS DAS RIAS BAIXAS INCREMENTAN OS TRANSITOS NUN 9% 26.12.2017 2:28
Os tránsitos náuticos incrementáronse un 9% este ano nos portos deportivos das Rías Baixas e un 7% nos de Galicia. Son cifras que desvelaba esta mañá o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, nunha visita ao porto de Pedras Negras en O Grove para facer balance da actividade náutica anual. O presidente de Portos lembrou que deste xeito, a comarca das Rías Baixas e a provincia de Pontevedr...
UN BRINDE CON BADALADAS E ESPUMOSOS PARA DESPEDIR O ANO DA CIDADE EUROPEA DO VIÑO 26.12.2017 2:38
Cambados despedirá o seu ano como Cidade Europea do Viño cun evento especial. Será un brinde colectivo con badaladas e espumosos Rías Baixas que terá lugar o 30 de decembro na Torre de San Sadurniño a partir das 11.30 horas e no que tamén se contará coa figura de Floreano, da tira cómica de Gogue. A idea é, ademáis, que Cambados, as caricaturas de Floreano e os espumosos Rías Baixas formen parte d...
ABAL: O PP PODE QUEDAR NUNHA SITUACION MOI DELICADA TRALO PLENO 26.12.2017 1:36
O Concelleiro de Pode Cambados, José Ramón Abal, considera que o PP pode quedar nunha situación moi delicada se no pleno deste próximo 28 se demostra que non existen as irregularidades contables denunciadas polo portavoz popular Luis Aragunde. O edil de Pode Cambados reafirma así agora a súa confianza cara o concelleiro de Somos e edil de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, tal como fixo xa na comi...
REMATAN OS PANTALANS DE TERCEIRA LISTA DE O XUFRE 22.12.2017 1:03
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ven de rematar a execución das obras de construción dos pantaláns para embarcacións pesqueiras no peirao do Xufre, na Illa de Arousa, realizadas cun orzamento de máis de 700.000 euros. A actuación, demandada de xeito reiterado pola confraría de pescadores do Xufre, dará servizo a máis de 300 embarcacións pesqueiras que se ordenarán en 3 filas de...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.