Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

O SEGUNDO PREMIO DE NADAL TOCA O GROVE CON DOUS DECIMOS 22.12.2017

O gordo da lotería de Nadal, 71198, non quedou por cerca, tocou en Vilalba, pero sí o fixo o segundo premio, o 51244, do que foron vendidos dous décimos no Grove con 125.000 euros por décimo. Concretamente, vendéronse na administración de loterías situada na Aldea Comercial da Illa de A Toxa. Non se sabe a quen, pero probablemente foran adquiridos por algún dos turistas que visitan A Toxa cada ano...

A NOVA PISCINA DE CAMBADOS SERA REALIDADE EN ONCE MESES 21.12.2017

A nova piscina de Cambados e o seu complexo deportivo de O Pombal será unha realidade a finais do ano que ven, A Deputación adxudicou a obra á UTE Prace Servicios e Obras e Copsesa por 846.744,99 euros o que supón unha pequena rebaixa do 0,5 por cento sobre o prezo de licitación A próxima Xunta de Goberno da Deputación porá fin ao trámite administrativo do proceso. Así o anunciaba esta mañá a pres...

VILANOVA ABRE ESTE SABADO O SEU NADAL CULTURAL 21.12.2017

Vilanova abre este sábado a súa programación de Nadal Cultural chea de actividades para os máis pequenos, con inchbles, pintacaras, persoaxes de Disney e animación. A programación complétase, ademáis, con cine, bailes de fin de ano e a Cabalgata de Reis. Nolo conta o tenente de alcalde, Javier Tourís.

A BANDA DE VILAGARCIA RECUPERA O CONCERTO DE FIN DE ANO O 28 DE DECEMBRO 21.12.2017

A Banda Municipal de Vilagarcía recupera o seu tradicional Concerto Extraordinario de Fin de Ano, tras o impáss do ano pasado por motivos de reestructuración do equipo. Será o día 28 de decembro ás 20 horas no auditorio coa presencia de 70 músicos sobre o escenario que durante algo máis dunha hora interpretarán pezas sinfónicas e os tradicionais de Strauss. As entradas terán un prezo de tres euros...

INICIATIVA SOLIDARIA DE YAYO DAPORTA CON ESPERANZA SALNES 21.12.2017

Nova iniciativa solidaria a favor de Esperanza Salnés. Desta volta parte do Restaurante Yayo Daporta de Cambados, que destina ao colectivo o 50% dos beneficios que obtén pola venta dunha botella de auga filtrada, nunha campaña que se puso en marcha no verán e que terá carácter indefinido. De momento levan xa recadados 1.100 euros, que o chef cambadés entregou esta mañá ao xerente de Esperanza Saln...

PROXECTO DE PREVENCION CONTRA O ACOSO ESCOLAR EN RIBADUMIA 21.12.2017

O Concello de Ribadumia e o CEIP Julia Becera Malvar asinaron esta mañá un convenio para a posta en marcha dun proxecto de prevención contra o acoso escolar. A iniciativa concretarase en charlas e obradoiros estruturados en tres bloques como intelixencia emocional, habilidades sociais, mediación e resolución de conflitos. Os destinatarios serán os alumnos de educación prirnaria e secundaria, asi c...

Trimentes estrea no nadal do cca arousa o seu novo espectaculo 19.12.2017

O Trío vilagarcián Trimentes estrea este Nadal en Vilagarcía o seu novo espectáculo “The Game” dirixido para toda a familia. Será no Centro Comercial Arousa os días 22 e 23 de decembro ás 19 horas no antigo local de Os Telares, con entrada de balde ata completar o aforo de 120 persoas. Trátase dunha representación dun video-xogo, con iluminación e efectos especiais, pensado para a diversión dos má...

NOVAS SENTENCIAS VOLVEN DAR A RAZON AOS EMIGRANTES RETORNADOS DO SALNES 19.12.2017

Novas sentencias, e xa van 15, volven dar a razón aos emigrantes retornados. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ordena unha vez máis a Facenda devolver o diñeiro cobrado no seu día a retornados que pertencen á Plataforma de O Salnés. Novas sentencias que para o colectivo supoñen outra gran victoria, tras catro anos de loita reivindicativa. Así o explicaba Xosé Lois Leirós, portavoz da Plata...

AVANZAN AS OBRAS DO AUDITORIO DE VILANOVA 18.12.2017

A comisión de seguimento das obras do Auditorio do Esteiro de Vilanova celebrou esta mañá unha nova reunión coa presencia de representantes da deputacion e do concello. Segundo explica o alcalde, Gonzalo Durán, as obras avanzan pese a un pequeno retraso no suministro do sistema de calefacción que quedará resolto en quince días por parte da Deputación.

CERVEXA DE VILANOVA PARA AXUDAR A PROTECTORA DE VILAGARCIA 15.12.2017

A cervexa artesá Extrema de Arousa, ubicada en Vilanova, doará o 7% das súas vendas entre o 15 de decembro e o 15 de xaneiro á Protectora de Animais de Vilagarcía. Unha campaña solidaria que estará amadrinada por Miss Pontevedra, Tamara Balsa. A iniciativa foi rubricada esta mañá en Vilanova entre o representante de Extrema, Juan Ramón Fernández, e Angeles Cifuentes por parte da Protectora de Vial...

GALA DE XIMNASIA RITMICA, BALLET, ZUMBA E CAPOEIRA EN BENEFICIO DE GALICIAME 15.12.2017

Cambados volve celebrar unha iniciativa solidaria co fin de recadar fondos para a Fundación GaliciAme, que preside a cambadesa Merchi Alvarez. Nesta ocasión será unha Gala promovida pola Asociación Deportiva Gran Jeté de Cambados, que incluirá e ximnasia rítmica, ballet clásico e galego, zumba, bailes de salón e capoeira con exhibicións de 250 intérpretes. Tamén haberá diferentes sorteos entre o p...

ENTREVISTA CON CESAR MOSQUERA SOBRE O PLAN REVITALIZA 14.12.2017

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a terceira fase do Plan Revitaliza. A institución provincial abre unha nova e última convocatoria para que os concellos que quedaron atrás poidan adherirse ao plan provincial de compostaxe. De maneira paralela vanse adquirir novos centros de compostaxe comunitarios e composteros individuais, entre os que se inclúe a novidade dos composteros de terraza e bal...

O BNG PRESENTA UNHA ENMENDA DE DEVOLUCION A LEI DE SAUDE 14.12.2017

O BNG presentará no Parlamento de Galicia unha enmeda de devolución á Lei de Saúde, aprobada hai uns días no Consello da Xunta, para frear o que califican como “un novo atentado á saúde pública”. A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, e a deputada Montse Prado reuníronse esta mañá coa Xunta de Persoal do Hospital do Salnés para abordar a reforma que elimina as áreas sanitarias converténdoas en di...

ABAL ANALIZARA CO SEU PARTIDO O VOTO SOBRE A PETICION DE CESE DE CHARLIN 13.12.2017

O Concelleiro de Cambados Pode, José Ramón Abal, non quere adiantar nada sobre o seu posicionamento sobre a petición do PP solicitando o cese do edil de Economía, Xurxo Charlín, que se debaterá no pleno extraordinario do 28 deste mes. Segundo Abal, todavía descoñece o contido da iniciativa popular que, asegura, colleuno por sorpresa. De principio, Jose Ramón Abal considera que se trata dun tema "g...

VILANOVA RECOÑECE OS MELLORES DEPORTISTAS DO ANO NUNHA GALA 13.12.2017

O Concello de Vilanova recupera a Gala do Deporte para homenaxear aos mellores deportistas do municipio de cada ano. A iniciativa non se celebra dende hai 6 anos e agora o goberno local pona outra vez en marcha. Máis de 20 deportistas de numerosas disciplinas recibirán o recoñecemento polos seus méritos este domingo día 17 de decembro ás 17 horas no multiusos. Así o explicaban esta mañá o alcalde,...

O XEORRADAR EN CALAGO DA OS PRIMEIROS RESULTADOS 13.12.2017

Os primeiros traballos con xeorradar no entorno de Cálago están xa dando os primeiros resultados que demostran a existencia de elementos arqueolóxicos no subsolo da croa. Así nolo explicaba o alcalde Gonzalo Durán.

CAMBADOS PROXECTA O IRMANAMENTO CON CIGALES, CAPITAL DO ROSADO 13.12.2017

A Concellería de Enoturismo presentará no pleno deste vindeiro día 28 de decembro unha proposta de irmanamento coa cidade de Cigales, en Valladolid. É un dos resultados das dúas viaxes de promoción do albariño que o edil José Ramón Abal realizou a pasada semana a esta localidade capital do rosado e tamén a Ardoaraba en Vitoria. O Concelleiro dixo estar gratamente satisfeito co conseguido en ambas,...

O PP DE CAMBADOS XUSTIFICA A PETICION DO PLENO POLA FALTA DA DOCUMENTACION REQUERIDA 13.12.2017

O portavoz do PP, Luis Aragunde, defende a xestión do seu equipo de goberno ante os datos aportados hai uns dias polo concelleiro de Economía Xurxo Charlín. Todo elo, a consecuencia da moción de cese deste último que o PP presentará no pleno do día 28. Aragunde asegurou esta mañá que recurren a vía plenaria debido a que o equipo de goberno non lles entrega a documentación fiscal requerida. Neste s...

PORTOS TRAMITA A DRAGAXE DE CARRIL PREPARANDO A REORDENACION DOS PANTALANS 12.12.2017

Portos de Galicia iniciou a tramitación para que a tan demandada dragaxe do peirao de Carril se realice no terceiro trimestre do ano que ven, como paso previo á reordenación dos pantaláns. Avanzouno o presidente da entidade portuaria, José Juan Durán, que esta mañá mantivo en Carril unha reunión de traballo co patrón maior da confraría de pescadores, José Luis Villanueva, e con outros representant...

XORNADAS DE UXT ANALIZAN MEDIDAS PARA EVITAR A DISCRIMINACION LABORAL DAS MULLERES 12.12.2017

A adopción de medidas para evitar a discriminación laboral por razóns de sexo é un dos temas que se analizaron hoxe en Vilagarcía nunhas xornadas organizadas polo sindicato UXT. A iniciativa contou coa presencia da presidenta da deputación Carmela Silva, que calificou de “intolerable2 que non se tomen medidas cando o 96% dos parados de novembro son mulleres. Ademáis, o sindicato considera fundamen...

O VIVES EMPREGA CONSIGUE A INSERCION LABORAL DA METADE DOS PARTICIPANTES 12.12.2017

Case a metade dos participantes este ano no programa Vives Emprega de Vilagarcía conseguiron un traballo por conta allea. A terceira edición foi clausurada esta mañá tras catro meses de formación e coa satisfacción de constatar o alto nivel de empregabilidade. Así o poñian de manifesto a coordinadora do proxecto, Silvia Gálvez, e a concelleira de Igualdade de Vilagarcía, Tania García durante o act...

INICIANSE OS TRABALLOS CON XEORRADAR EN CALAGO, QUE DURARAN UNS CINCO DIAS 12.12.2017

Iniciáronse esta mañá os traballos de exploración con xeorradar no xacemento de Cálago, que se pospuseran a consecuencia do temporal. A actuación, financiada pola Xunta cun investimento de 10.500 euros, permitirá buscar elementos no subsolo do xacemento co fin de programar una segunda fase de excavacións de cara ao ano que ven. Os traballos de campo, executados polo grupo de investigación Aquasol...

A XUNTA ESTUDA O REFORZO DO PASEO DA LANZADA DESTROZADO POLO TEMPORAL 11.12.2017

Mantense a alerta laranxa por fortes ventos e precipitacións en toda a provincia de Pontevedra como consecuencia do primeiro temporal de outono. As previsións apuntan a que as precipitaciones vaian remitindo conforme avanza o día. Mentres, os servizos de emerxencia fan balance das principais incidencias. Unha delas foi en Sanxenxo, onde o paseo peonil de madeira de A Lanzada volveu sufrir os efect...

CAMBADOS RECREA UN NADAL DE CONTO NO SALON PEÑA 07.12.2017

O Salón Peña de Cambados convértese este decembro nun “Nadal de Conto”, un campamento infantil que se desenvolverá entre os días 22 e 31 de decembro recreando unha fábrica de xoguetes na que os nenos participarán coas súas ideas. A iniciativa incluirá numerosas actividades como zumba, música en directo e obradoiros Ademáis, a programación de Nadal contará coa visita de Papá Noel e do Apalpador e o...

A DANZA EN BENEFICIO DO REFUXIO DE ANIMAIS DE VILAGARCIA 07.12.2017

A Escola de Danza Begoña Fontan celebra este domingo día 10 unha Gala Benéfica na que se recadarán fondos para a protectora de animais de Vilagarcía. A Gala tendrá lugar a partir das 19 horas no Auditorio de Vilagarcía e 60 alumnas de entre 3 e 16 anos realizarán unha representación de ballet clásico de nadal. O custe das entradas e de 3€, que se destinarán íntegramente á protectora de animais de...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.