Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

OS VECIÑOS DE BAMIO PENSAN XA EN MOBILIZACIONS 30.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os veciños de Bamio e pais de alumnos do centro escolar, acompañados do portavoz municipal do BNG, reuníronse esta mañá co alcalde de Vilagarcía para coñecer directamente as previsións do goberno municipal nos orzamentos deste ano en relación coas demandas de mellora da seguridade vial na parroquia. Unha das súas reclamacións está en vías de solución xa qu...

XUBILADOS E PENSIONISTAS DE CCOO MANIFESTANSE EN VILAGARCIA 30.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Xubilados e pensionistas de CCOO manifestáronse esta mañá en Vilagarcía en demanda de retribucións máis dignas, en contra da subida dun 0,25% establecida polo goberno de España, e reclamando que se reactive o Pacto de Toledo. Así o explicaba o portavoz sindical no decurso da manifestación.

A UDIAF DO SALNES ESTA CHEGANDO AO LIMITE DA SUA CAPACIDADE 30.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (Udiaf) de O Salnés atendeu ao longo de 2017 a 132 nenos e nenas con dificultades no seu desenvolvemento, na súa sede ubicada no Centro Sociocomunitario de Vilagarcía, en O Ramal. O equipo multidisciplinar da Asociación Galega de Atemción Temperá (AGAT) axuda dende alí aos pequenos de 0 a 6 años que te...

O PP ACUSA A DEPUTACION DE DISCRIMINAR AO SALNES NO REPARTO DE FONDOS 30.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os deputados do PP no Salnés acusan á Deputación de castigar á comarca no reparto dos fondos provinciais. Salomé Peña e Luis Aragunde compareceron para facer balance da xestión provincial ao longo de 2017 e criticaron, unha vez máis, que “a nova Deputación” mantén paralizados no Salnés proxectos por valor de 3,7 millóns de euros. Entre eles, resaltaron o e...

A XUNTA RESALTA COMO EXEMPLO DE EFICIENCIA A COMERCIALIZACION DA VIEIRA EN CAMBADOS 26.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Satisfacción na Confraría de Cambados e tamén na Consellería do Mar por cómo está resultando a decisiòn do pósito de asumir a evisceración da vieira capturada. A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou esta mañá a nave de Tragove onde se realizan os traballos de depuración e salientou que a confraría cambadesa constitúe un exemplo de eficiencia na comer...

CASE 5.000 PEREGRINOS PERCORRERON AS RUTAS DE PEREGRINAXE DO SALNES EN 2017 26.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Variante Espiritual e a ruta do Padre Sarmiento foron visitadas en 2017 por preto de 5000 peregrinos de 50 países dos 5 continentes, ainda que non todos pernoctan nos albergues. Son os datos presentados esta mañá pola Mancomunidade do Salnés sobre a evolución nacional e internacional dos productos turísticos da comarca. Para o 2021, ano Xacobeo, agárdase...

CHEGA A VILAGARCIA A EXPOSICION ARTIAGA DE AXUDA AO ANIMAL NECESITADO 25.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Sala Rivas Briones de Vilagarcía inaugura mañá ás 20.30 horas unha exposición colectiva da Fundación Artiaga dentro do seu programa de Axuda ao Animal Necesitado. A mostra recolle pezas de pintura, fotografía ou escultura de artistas recoñecidos como Antonio López ou Seoane. A exposición itinerante estará en Vilagarcía ata o mes de marzo, cando partirá c...

O PROGRAMA CLARA DE VILAGARCIA CLAUSURA UNHA NOVA EDICION 25.01.2018

As 25 mulleres participantes na última edición do Programa Clara de inserción socio laboral clausuraron esta mañá a súa formación coa recollida dos seus diplomas. Este último ciclo da iniciativa, desenvolta polo Instituto da Muller a través da Concellería de Igualdade de Vilagarcía, tivo un período formativo de 9 meses que lles da agora máis opcións á hora de encontrar un traballo. Nolo contaba a...

OS PEQUES DE VILANOVA APRENDEN SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO 25.01.2018

Os alumnos de Educación Infantil do colexio Julio Camba de Vilanova puideron aprender esta mañá moitas cousas sobre o Camiño de Santiago e a Variante Espiritual. Foi nunha charla co Presidente da Asociación do Camiño Portugués, Tino Lores, que nos explicaba as súas impresións, xunto coa concelleira Nuria Morgade.

PORTOS IMPULSA EN DUSSELDORF A CHEGADA DE NOVAS MODALIDADES DE NAVEGACIÓN DAS ZONAS DO RHIN E O MAR BÁLTICO 25.01.2018

Portos de Galicia, está a traballar no impulso á chegada a Galicia de novas modalidades de navegantes procedentes do norte de Europa e concretamente de Alemaña, Noruega, Suecia, Estonia, Letonia, Lituania e Polonia. Para iso, o presidente do ente público, José Juan Durán, mantivo diferentes reunións de traballo con entidades europeas no marco do salón náutico Boot Dusseldorf, celebrado na cidade x...

VALGA ESTUDA UNHA QUERELA CONTRA O PORTAVOZ DE EN MAREA LUIS VILLARES 24.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, acompañado polas concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez compareceu esta mañá para negar as acusacións realizadas polo portavoz de En Marea, Luís Villares, nas que denunciaba unha presunta trama de corrupción que implicaría ao rexedor, ademáis de ao secretario e o interventor municipal. Os asesores xurídicos...

PRESION ASISTENCIAL INSOSTIBLE E CRISES DE ANSIEDADE ENTRE OS PROFESIONAIS DO HOSPITAL DO SALNES 24.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Plataforma do Salnés en defensa da Sanidade Pública retomou esta mañá as mobilizacións en contra da reforma da Lei de Saude que suprime as áreas sanitarias de Galicia e contra os recortes sanitarios. O colectivo sanitario arousá concéntrouse ás portas do Hospital do Salnés sumándose ás protestas convocadas en toda Galicia pola Plataforma SOS Sanidade Púb...

CAMBADOS ESTREA PAXINA WEB MUNICIPAL MAIS SINXELA E FACIL DE USAR 24.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados estrea páxina web. Un novo portal dixital, creado pola empresa de Vilagarcía “Diseños e Webos” por un importe de 4.344 euros financiados polo Plan Concellos 2017 da Deputación. A nova web de Cambados é máis intuitiva, visible e sinxela de usar tanto para os veciños como para os funcionarios municipais. Así o explicaba a alcaldesa Fát...

O COLEXIO O PIÑEIRIÑO PODERA ESTREAR ESTE CURSO O TAN DEMANDADO COMEDOR 23.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Colexio O Piñeiriño de Vilagarcía estreará en breve o tan demandado comedor. Están xa rematadas as obras, realizadas entre a Xunta e o Concello cun investimento duns 70.000 euros, e xa durante este curso comezará o servizo que dará cabida a preto de 70 alumnos. A presidenta da ANPA, Marcela Diz, expresaba esta mañá a súa satisfacción por ter conseguido u...

O BNG DE SANXENXO PRESENTARA ALEGACIONS CONTRA A PRORROGA DA CONCESION DO NAUTICO 23.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O BNG de Sanxenxo presentará alegacións contra a prórroga da concesión portuaria ao Real Club Náutico de Sanxenxo. A formación nacionalista entende que a entidade que preside Pedro Campos solicita unha prórroga cando non cumpliu os acordos da primeira concesión e rexeita que poida seguir nas instalacións máis aló de 2027. O Náutico trata de extender a súa...

VARELA VE ELECTORALISTA A PROPOSTA DO PP DE BAIXAR O IMPOSTO DE CIRCULACION 22.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilagarcía ve como unha proposta electoralista a reclamación da baixada do imposto de circulación por parte do PP. Ademáis, Alberto Varela recoñece a lentitude na posta en marcha das axudas comprometidas para ás comunidades de montes pero salienta que se debe recoñecer o esforzo do concello nun tema que non é competencia municipal. Así o expli...

UNHA APP DE AUTOMATIZACION PARA MELLORAR A APRENDIZAXE E AFORRAR CUSTES 22.01.2018

O Instituto Bouza Brey de Vilagarcía dispón dende agora dunha aplicación informática didáctica orientada ao campo de automatización industrial que permitirá un importante aforro económico e de espazo nas aulas. I é que esta aplicación realiza simulacións no ordenador dos distintos procesos industriais que forman parte da aprendizaxe do departamento de electricidade e electrónica do IES. Ademáis, o...

O CAMPO DO DEIRO TEN NOVA ILUMINACION LED 22.01.2018

O Concello de Vilanova acometeu a mellora da iluminación do campo de futbol de San Miguel de Deiro, que presentaba un deficiente grao lumínico e falta de uniformidade, impedindo a correcta práctica deportiva. A actuación consistiu na instalación de 20 proxectores LED de 407W, (5 por cada poste) cunha vida útil media de 100.000 horas e unha inversión de 17.820 euros a través do Plan Concellos da De...

O GRUPO LA HABITACION ROJA ABRE OS CONCERTOS DE ACHEGATE AO SALON O 4 DE FEBREIRO 22.01.2018

Vilagarcía pon en marcha unha nova edición dos concertos de “Achégate ao Salón” que comezarán o 4 de febreiro coa actuación do grupo “La habitación Roja”. Seguirán o cantante “De Pedro” o 4 de marzo e “Cristina Rosenvinge” o 8 abril. Todos os concertos serán ás 13:00 horas no Salón García con entrada de 7 euros por concerto, abonos de 15 euros e de balde para menores de 16 anos e desempregados. Os...

O MUSICAL SHREK ADAPTADO AO GALEGO CHEGA A VILAGARCIA 19.01.2018

A Escola de Música Coda trae a Vilagarcía o musical "Shrek" adaptado ao galego, que reúne sobre o escenario a medio cento de artistas, con música en directo, unha posta en escea con varios cambios de decorado e un gran despliegue técnico. O espectáculo será o 27 e 28 de xaneiro ás 18 horas no Auditorio Municipal con entradas a 6 euros que xa se poden mercar en ticketea. Os detalles explicábanos es...

O BNG DEIXA DE CONFIAR NA BOA VONTADE DO GOBERNO DE VILAGARCIA 19.01.2018

O grupo municipal do BNG en Vilagarcía deixa de confiar na vontade do grupo de goberno e pensarase o seu respaldo nos orzamentos deste ano. I e que a formación nacionalista recrimina ao executivo municipal que as partidas importantes para o BNG dos orzamentos de 2017 están moi pouco executadas e o goberno non está cumplindo cos seus compromisos. Por tal motivo, o grupo nacionalista vaise reunir co...

SUPOSTA TRAMA DE CORRUPCION EN VALGA DENUNCIADA POR EN MAREA 19.01.2018

En Marea puxo en coñecemento da Fiscalía, d Consello de Contas e da Inspección de Traballo a súa denuncia de que no Concello de Valga existe unha trama de corrupción na que estarían implicados o alcalde, José María Bello Maneiro e o secretario e interventor municipais. Segundo En Marea, “o alcalde José María Bello Maneiro mantén as prazas de secretario e interventor, cun salario moi inferior á que...

A HADO AUMENTA A COBERTURA NO SALNES PARA CHEGAR A TODOS OS CONCELLOS 18.01.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A EOXI de Pontevedra e O Salnés ven de ampliar a cobertura asistencial da unidade de Hospitalización a Domicilio -HADO- do Hospital do Salnés, que leva dez anos en marcha. A iniciativa supón o incremento dun novo vehículo específico e un novo facultativo, co que se amplía a dotación ata os tres coches, tres médicos e tres enfermeiros. Deste xeito, o serviz...

A ILLA DE AROUSA E O SALNES 4.0 PROTAGONISTAS DA PRESENTACION DA MANCOMUNIDADE EN FITUR 17.01.2018

A Mancomunidade de O Salnés non falla en FITUR e volverá a protagonizar unha das presentacións que se realizan na caseta de Turgalicia.  O seu turno será mañá xoves ás cinco e media da tarde para presentar o seu proxecto Turismo 4.0, que aposta polas novas tecnoloxías á hora de ofrecer información ao turista sobre a comarca de O Salnés. Os mapas da comarca que distribúe a mancomunidade, e a nova s...

CAMBADOS QUEIMARÁ O MACHISMO NO SEU ENTROIDO 17.01.2018

Cambados enterrará o machismo no seu entroido. A Concellería de Cultura que dirixe Victor Caamaño ten xa preparado o programa das festas máis divertidas do ano, o Entroido, que este ano celebrarase do venres día 9 ao mércores 14 de febreiro. Nesta ocasión, deixanse de lado os persoaxes burlóns para adicar o mércores de cinza a visibilizar esta lacra coa queima do machismo. Como se representará ser...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.