Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
AROUSA NOTICIAS 02 06 25 02.06.2025 16:19
A Garda Civil prosigue as investigacións sobre o suceso acontecido esta fin de semana en Campo Lameiro, sen confirmar oficialmente que se trate dun caso de violencia machista pero coas investigacións dirixidas cara ese suposto. Localizada e recuperada na contorna do miradoiro a Cruz de Xiabre que fora arrancada a pasada semana nun acto vandálico. As cacharelas volven ás praias da Concha-Compostela...
AROUSA NOTICIAS 30 05 25 30.05.2025 17:43
O Congreso ForoMar, impulsado dende Upta España, márcase nesta edición como reto conseguir a compatibilidade do marisqueo con outra actividade que sexa complementaria sen que elo supoña ningún perxuizo para as traballadoras do mar. A recuperación da fachada marítima na contorna do Ramal iniciará as obras na segunda metade de xuño. O Concello ven de adxudicar os traballos a empresa Marconsa, por un...
AROUSA NOTICIAS 28 05 25 28.05.2025 15:59
Vilagarcía lanza o programa Vilagarcía 100% destinado únicamente ás persoas residentes no municipio para que coñezan de preto o seu patrinomio natural e se convertan en prescriptores do mesmo. O alcalde de Cambados, Samuel Lago, reúnese co Conselleiro de Comercio para concretar a posible financiación autonómica do proxecto da praza de abastos, unha vez aprobado o Plan Especial de Portos. A Festa d...
AROUSA NOTICIAS 27 05 25 27.05.2025 17:17
Últimos datos da operación antidroga desplegada a pasada semana en Vilanova que desartellou unha rede de tráfico de estupefacientes polo miudo. Foron detidos tres veciños da localidade, con antecedentes policiais, acusados dun supuesto delito de tráfico de drogas e outro por pertenza a grupo criminal. O subdelegado do goberno, Abel Losada, avanza en Vilagarcía o compromiso de continuar co reasfalt...
AROUSA NOTICIAS 26 05 25 26.05.2025 17:05
A Avenida Juan Carlos I de Vilagarcía queda pechada ao tráfico hoxe e mañá polas ofras de asfaltado que executa o Ministerio de Transportes. Comeza a tramitación do proxecto de humanización da rúa Vilaboa, en Sobradelo, e o súa contorna co inicio da licitación por un importe base de 400.000 euros cun prazo de execución de seis meses. O Partido Popular de Vilagarcía amosa a súa preocupación pola po...
AROUSA NOTICIAS 23 05 25 23.05.2025 17:23
Novo operativo antidroga no Salnés contra unha rede de pequena escala. A Garda Civil desartellou unha organización radicada en Vilanova adicada á distribución na rúa, incautandose de diferentes cantidades de haxís e cocaína. Un vehículo quedou totalmente calcinado tras un aparatoso incendio cuando circulaba de madrugada pola Autovía do Salnés. A Garda Civil investiga ao conductor dunha motocicleta...
AROUSA NOTICIAS 22 05 25 22.05.2025 20:01
Unha nova rotura na rede de auga principal situada na avenida das Carolinas, á altura do hipermercado Alcampo, deixar sen subministro a unha parte de Vilagarcía. Vilagarcía vive hoxe o día grande das Festas de Santa Rita nun festivo local marcado pola tradicional procesión da virxe, que este ano cambia de percorrido debido ás obras que se están a executar na rúa Conde Vallellano. Ribadumia celebra...
AROUSA NOTICIAS 21 05 25 21.05.2025 16:49
Vilagarcía inaugura esta tarde as Festas de Santa Rita nunha xornada marcada pola actuación da orquestra Panorama en Fexdega a partir das 22:30 horas. A regularización do viño barrantes non será antes do ano 2027.Así o confirmou esta mañá o director Estación de Viticultura e Enoloxía, Juan Carlos Vázquez, durante unha visita ás instalacións da Conselleira do Medio Rural María José Gómez, acompañad...
AROUSA NOTICIAS 20 05 25 20.05.2025 17:51
O 112 en Galicia mantense operativo e funciona con normalidade trala incidencia na rede dixital de Telefónica que afectou ao servizo de Emerxencias de varias Comunidades Autónomas. Sigue en estado grave o home que este luns sufriu queimaduras no seu pescozo e faciana trala explosión dunha batería no seu barco amarrado no porto de Vilagarcía. A Xunta Local de Goberno de Vilagarcía aprobou o proxect...
AROUSA NOTICIAS 19 05 25 19.05.2025 17:06
Un camión que transportaba madeira envorcou esta mañá na N-640 a su paso por el término municipal de Cuntis provocando retencións á altura do kilómetro 219 do vial. Un turismo invade a rotonda da Vichona, en Sanxenxo, arrolando dúas sinais e unha farola. O grupo de goberno de Vilagarcía leva a pleno unha moción para que a corporación inste a Renfe e ao Ministerio de Transporte "a manter unha conex...
AROUSA NOTICIAS 07 05 25 07.05.2025 15:40
Nova operación contra o narcotráfico enArousa. Oito persoas detidas e cinco rexistros nun operativo desplegado en varios puntos da comarca coa incautación de pequenas cantidades de heroína, cocaína e haxis. Investígase o incendio rexistrado esta pasada madrugada nun garaxe dun edificio de tres plantas ubicado na urbanización Veiga de Lamas, en Carril, que calcinou por completo tres vehículos e afe...
AROUSA NOTICIAS 06 05 25 06.05.2025 18:26
O paro baixou nas nosas comarcas o pasado mes, con descensos prácticamente xeneralizadas en todos os concellos. O Salnés pechou o mes de abril con 206 parados menos para un total de 4.527, sendo Vilagarcía o concello que máis tirou do emprego con 64 persoas que encontraron traballo. No caso do Barbanza, rematou o pasado mes con 2.370 persoas no paro e 45 desempregados menos, a maior parte proceden...
AROUSA NOTICIAS 05 05 25 05.05.2025 16:00
Máis da metade dos praceiros de Vilagarcía, 51 dos 58 que traballan na Praza de Abastos, xa están adheridos ao servizo de reparto a domicilio implantado polo Concello. A Illa de Arousa proxecta humanizar as rúas Marqués de Bradomín e Alcalde Graña, completar a renovación da praza interior do Naval e a construcción dun pequeno anfiteatrro nos xardíns de Goday. O alcalde de Cambados solicita ao pres...
AROUSA NOTICIAS 02 05 25 02.05.2025 21:23
A rúa Bouza de Abaixo, de Vilaxoán, será de prioridade peonil trala reforma de humanización proxectada polo Concello un investimento de case 800.000 euros, a través do Plan Máis Provincia da Deputación. A Consellería de Medio Rural comezou os estudos e análises cos que se predende conseguir a tan ansiada regularización da uva de folla redonda que permitiría comercializar o viño barrantes. Unha le...
AROUSAS NOTICIAS 25 04 25 25.04.2025 16:38
Tres veciños do Grove, con antecedentes policiais, detidos como supostos autores dos roubos en establecementos de hostelería rexistrados nos últimos días. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o presidente da Deputación Luis López, asinaron esta mañá o convenio que cofinanciará a segunda fase da ampliación da piscina municipal de Fontecarmoa a través do Plan Extra. Sanxenxo inicia as obras do...
AROUSA NOTICIAS 24 04 25 24.04.2025 14:59
Feijóo anuncia dende a adega Paco & Lola, en Meaño, un plan de competitividade para a economía española que o PP presentará no Congreso dos Deputados como proposición non de lei. O Concello de Vilagarcía executará a mellora do parque infantil de Matosinhos cun investimento duns 15.000 euros e abre a licitación do kiosko da praia Compostela. As obras de construcción da nova Estación Depuradora de A...
AROUSA NOTICIAS 23 04 25 23.04.2025 18:16
O Concello do Grove ven de activar un Plan de Acción Inmediata con medidas urxentes para mellorar a seguridade e frear os actos delictivos. Na Illa de Arousa estará esta tarde a presidenta da sociedade estatal Acuaes para supervisar cómo se van desenvolvendo os traballos da primeira fase da futura EDAR. Mensaxe de tranquilidade da Xunta: a zona establecida no seu momento para a construcción de 350...
AROUSA NOTICIAS 22 04 25 22.04.2025 16:43
A serie de roubos que se veñen rexistrando no Grove dende hai semanas, intensificados nos últimos días, está a provocar a alarma social e preocupación no goberno local. O grupo municipal de EU pide a reunión urxente da Xunta Local de Seguridade. Preocupación entre algúns propietarios de parcelas do barrio das Carolinas, en Vilagarcía, ante a posibilidade de que as súas fincas poidan ser expropiada...
AROUSA NOTICIAS 15 04 25 15.04.2025 19:15
A intensa sarabia que caeu este mediodía acompañada dunha treboada provocou en Vilanova un accidente de tráfico por alcance con tres vehículos implicados e tres persoas feridas. A Garda Civil detivo nas últimas horas ao suposto autor dos roubos con tirón rexistrados no Grove nas últimas semanas. A Garda Civil de Pontevedra desarticulou unha organización empresarial presuntamente dedicada á comisió...
AROUSA NOTICIAS 14 04 25 14.04.2025 16:30
A Garda Civil busca ao autor dun roubo mediante tirón rexistrado esta mañá no Grove. Segundo a denuncia da víctima, un encarapuchado que ía en bicicleta derribou á muller e sustraeulle o bolso, dándose inmediatamente á fuga. A Policía Local de Vilagarcía inicia hoxe unha campaña especial de vixilancia para controlar a circulación de vehículos de mobilidade persoal (VMP) durante a Semana Santa. As...
AROUSA NOTICIAS 11 04 25 11.04.2025 17:56
O sector vitivinícola do Salnés recibiu hoxe unha doble cita política para abordar a situación creada ante a crise arancelaria imposta por EEUU. O secretario xeral do PSdG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, pediu dende Martín Codax a implicación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda con medidas impulsadas dende o seu goberno e instou ao PP a apoiar no Congreso o decreto anunciado polo goberno de España....
AROUSA NOTICIAS 10 04 25 10.04.2025 17:03
Veciñanza, comerciantes e hosteleiros da Illa de Arousa concentráronse esta mañá diante do Concello en protesta polo Plan de Mobilidade que entrou en vigor esta semana con restriccións ao tráfico rodado na creada zona residencial do casco urbano. Coinciden co goberno local en que se debe regular a circulación rodada polas rúas máis céntricas pero consideran que as medidas foron adoptadas sen conse...
AROUSA NOTICIAS 09 04 25 09.04.2025 19:50
A Garda Civil busca a tres homes que esta pasada noite asaltaron unha vivenda do Grove nun intento de roubo con violencia e intimidación. Dous pequenos incendios rexistráronse nas últimas horas en Vilagarcía e en Vilanova, afortunadamente sen danos persoais en ningún deles. A Asociación Amencer Aspace de Vilagarcía destinará a recadación do II Solifest que organiza xunto coa asociacion veciñal do...
AROUSA NOTICIAS 08 04 25 08.04.2025 18:17
O plan de mobilidade que o Concello da Illa de Arousa empezou a implantar na creada zona residencial do casco urbano da Illa espertou xa as primeiras protestas de comerciantes e empresarios que convocaron unha concentración para este xoves. Unha única empresa presentouse ao concurso de licitación para acometer as obras de ampliación da piscina municipal de Vilagarcía, que este luns pechou o prazo...
AROUSA NOTICIAS 07 04 25 07.04.2025 19:29
Comezaron os traballos de renovación do firme no acceso da PO-307, na contorna da rotonda da Franqueira, unha antiga demanda do Concello da Illa que xa se remonta á anterior lexislatura. Vilagarcía abre o prazo para solicitar a instalación de atraccións e postos con motivo das Festas de Santa Rita. Esquerda Unida Vilagarcía solicita ao Concello que estableza a gratuidade do VaiBike ante a reclamac...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.