Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
AROUSA NOTICIAS 09 07 25 09.07.2025 18:08
As Festas de San Roque disporán, por primeira vez, dun posto de mando avanzado e dez cámaras de vixiancia nos espazos de maior aglomeracións, como O Castro, a avenida da Mariña ou a Baldosa. Os delitos diminuíron en Vilagarcía un 7% no primeiro semestre do ano con respecto ao mesmo período do ano anterior cunha tendencia á baixa do 12% detectada en todo o 2024. Despóis de tres convocatorias, O Con...
AROUSA NOTICIAS 08 07 25 08.07.2025 17:50
Os bombeiros continúan traballando na extinción do edificio incendiado da rúa Maqués de Riestra, en Pontevedra, ante o risco de colapso da cuberta. Afortunadamente non hai danos persoais. A Policía Local da Illa de Arousa investiga presuntas irregularidades nas matrículas facilitadas por locais de hostelería e establecementos comerciais que autorizan o acceso á zona residencial. Vilanova limitará...
AROUSA NOTICIAS 07 07 25 07.07.2025 16:28
A Xunta Local de Goberno deste luns aprobou a adxudicación da obras de mellora e ampliación de saneamento na rúa Vilar Ponte cun orzamento de 128.000 euros e un prazo de execución de tres meses. O Obradoiro de Hostelería do Salnes renova por terceira vez o convenio coa Asociación Española Contra o Cancro para destinar a recadación da iniciativa “Mañás de terraceo” a proxectos de investigación prom...
AROUSA NOTICIAS 04 07 25 04.07.2025 16:26
Pasan a disposición xudicial do xulgado de Ribeira, sen altercados, as seis persoas detidas pola pelexa multitudinaria acontecida no Centro Cultural de Artes co resultado dun falecido e un ferido grave. A Garda Civil de Cambados investiga a tres persoas como presuntos autores do roubo con forza rexistrado o pasado mes no campo de fútbol de Burgáns. Un motorista de 38 años e veciña de Rianxo falece...
AROUSA NOTICIAS 03 07 25 03.07.2025 15:24
A Sociedad Xitana Española propón ás institucións o impulso dun órgano de mediación autonómico para evitar conflictos como o rexistrado en Ribeira, que van en aumento "debido á falta de respeto entre familias". Concello de Vilagarcía e Xunta de Galicia asinan o convenio para a cesión gratuíta dunha parcela municipal situada en Marxión onde a administración autonómica construirá dez vivendas de pro...
AROUSA NOTICIAS 02 07 25 02.07.2025 17:44
Continúan as investigacións sobre a tráxica pelexa multitudinaria entre familias rivais de etnia xitana sucedida a pasada tarde en Ribeira co resultado dunha persoa morta, unha decena de feridos e alomenos seis persoas detidas. A ambulancia medicalizada con base no Hospital do Salnés está dende onte en Sanxenxo, dende onde operará ata o 31 de agosto. O BNG responsabiliza á Xunta das consecuencias...
AROUSA NOTICIAS 01 07 25 01.07.2025 20:41
O albergue de peregrinos de Carril abrIU hoxe as súas portas tres anos despóis de que finalizase a súa construcción e un mes despóis do anunciado pola Xunta cando o pasado marzo asinara co Concello de Vilagarcía a cesión das instalacións á administración autonómica durante un período de 30 anos. O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e o director xeral de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles...
AROUSA NOTICIAS 30 06 25 30.06.2025 18:24
Catro persoas foron detidas esta mañá en Ribadumia como presuntos autores de diversos roubos en toda a provincia nun dispositivo desplegado pola Policía Nacional e a Garda Civil sobre as 10 da mañá nas rúas céntricas de Ribadumia. Un home quedou atrapado no seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico cando circulaba esta mañá pola autovía do Salnés á altura de Barrantes. En Vilagarcía comezan...
AROUSA NOTICIAS 27 06 25 27.06.2025 17:24
Tres persoas foron identificadas pola Policía Local de Vilanova pola súa posible relación con cinco incendios rexistrados no municipio nos últimos días. Sanxenxo abre á circulación un novo vial que comunica a rúa Progreso coa rúa Sanxenxo e que, dende hoxe, ofrece a veciñanza e visitantes unha alternativa ao tráfico e ao aparcamento. A Illa de Arousa, ao igual que Sanxenxo, disporá este verán de s...
AROUSA NOTICIAS 26 06 25 26.06.2025 19:59
Continúa aberta a operación Ninja 2 contra o narcotráfico desplegada este mércores en Vilanova, con tres persoas detidas nos dous rexistros realizados e intervencións de cocaína, marihuana e haxís. A Garda Civil dá por finalizada unha investigación de case un ano que concluíu coa desarticulación dunha rede criminal, integrada por unha parella, que cometeu 51 roubos en comercios de nove municipios...
AROUSA NOTICIAS 25 06 25 25.06.2025 16:40
Cinco xóvenes resultaron feridos esta pasada noite nun accidente en Vilagarcía tras sairse da vía cando circulaban pola estrada de Xiabre. Avanza a tramitación das obras de humanización da rúa Bouza de Abaixo en Vilaxoán. O Concello sacará a licitación en agosto o proxecto por importe de 776.000 euros, financiados cos fondos provinciais do Plan +Provincia e que serán aprobados este venres na Xunta...
AROUSA NOTICIAS 24 06 25 24.06.2025 16:36
A noite de San Xoan transcurriu sen incidencias destacables nas nosas comarcas. Máis de 1.000 fogueiras iluminaron a noite máxica do ano en Arousa. O Concello de Vilagarcía vén de convocar o proceso de selección de 12 socorristas acuáticos para as tres praias do municipio durante a temporada de verán: a Concha-Compostela, O Campanario (Bamio) e O Preguntoiro (Vilaxoán). Baixo o lema Vilagarcía div...
AROUSA NOTICIAS 23 06 25 23.06.2025 17:35
Ultimos preparativos para a noite máxica de San Xoan con centos de fogueiras e sardiñadas que se celebrarán en case cada parroquia das nosas comarcas. Somente en Vilagarcía prenderanse 329 cacharelas repartidas por toda a localidade. Para garantir a seguridade, a Policía Local ten deseñado un operativo especial de vixilancia O grupo municipal do BNG de Vilagarcía solicita que o Concello pinte a ba...
AROUSA NOTICIAS 20 06 25 20.06.2025 16:49
O IV Congreso Foromar márcase como reto conseguir a compatibilidade do marisqueo con outra actividade complementaria para poder sobrevivir. Sanxenxo exixe a Costas a sustitución urxente da pasarela de Baltar, que se encontra nun avanzado estado de deterioro co conseguinte risco para as persoas Vilagarcía lanza 120 abonos gratuitos para os festivais Revenidas e Atlantic Fest dirixidos á veciñanza m...
AROUSA NOTICIAS 19 06 25 19.06.2025 18:24
O grupo de goberno de Vilagarcía levará ao pleno municipal deste mes unha modificación de crédito por importe de 135.000 euros para o Parking Xoan XXIII e o proxecto do Ramal. A empresa madrileña ‘Obras y Pavimentos Especiales’ acometerá as obras de reforma da pista de atletismo de Vilagarcía e a mellora da súa iluminación por un importe de 149.500 euros. O sindicato Unións Agrarias, en colaboraci...
AROUSA NOTICIAS 18 06 25 18.06.2025 14:20
Cinco persoas foron detidas esta mañá en Pontevedra nunha operación conxunta entre a Policía Nacional e a Policía Local para desartellar unha rede de distribución de cocaína a pequena escala que operaba principalmente en zonas de lecer nocturno. De moi bo agrado acolleu o Concello de Vilagarcía, e tamén o de Caldas, o anuncio da Xunta asegurando que no mes de xullo iniciará a tramitación para ampl...
AROUSA NOTICIAS 17 06 25 17.06.2025 20:29
A Xunta de Galicia avanza na ampliación do Polígono do Pousadoiro. Así o asegurou esta mañá a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, tras un encontro celebrado en Vilagarcía con empresarios da comarca para analizar as necesidades de solo industrial. Novos achádegos no Castro Alobre de Vilagarcía. Expertos do CSIC descubriron novas estruturas defensivas na área sur, unha zona q...
AROUSA NOTICIAS 16 06 25 16.06.2025 16:40
Vilagarcía reclama á Xunta que arranxe canto antes os viais autonómicos que atravesan a localidade. Comeza o programa municipal de formación profesional do Concello de Vilagarcía co curso de especialista en mecanizado. O Obradoiro Dual de Emprego de Cambados, promovido dende a Xunta de Galicia, encara a recta final co 70 por cento de insercion laboral e cos últimos traballos realizados polos os 20...
AROUSA NOTICIAS 12 06 25 12.06.2025 18:11
Investígase como posible crime machista a morte da parella de Moraña que apareceu calcinada en Campo Lameiro. O Ministerio de Igualdade está recabando os datos para poder confirmalo, segundo informa a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero nunha mensaxe na rede social X. A Plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés sumouse esta mañá cunha concentración ante o Hospital do Salnés ás mobil...
AROUSA NOTICIAS 11 06 25 11.06.2025 17:23
Un importante incendio afectou esta mañá a unha nave industrial do Grupo Eiriz situada no concello de Portas, na EP-8004, preto da Azucareira. Investígase un incendio registrado esta mañana en la sede del grupo de moteros Rebels Hispania que deixou calcinado o interior do inmoble. Indignación en Moraña ante a decisión do Concello de decretar tres días de loito oficial pola parella atopada calcinad...
AROUSA NOTICIAS 10 06 25 10.06.2025 15:44
A Deputación de Pontevedra pon en marcha a implantación dun servizo gratuito de autobús entre os concellos de Portas, Moraña e Campo Lameiro con financiación do Ministerio para a Transición Ecolóxica. A empresa que asfaltou hai unhas semanas a avenida Juan Carlos I repintará os pasos de peóns da Avenida das Carolinas a vindeira semana. O Concello responde á intención da veciñanza de facer os traba...
AROUSA NOTICIAS 09 06 25 09.06.2025 18:11
Dous mariñeiros foron rescatados esta mañá por outro barco tras afundirse o pesqueiro no que faenanban na costa de Corrubedo, en Ribeira. Un ciclista resultou ferido esta mañá en Meis tras impactar contra un coche cando circulaba pola estrada entre Barrantes e Mosteiro Un camión avariado na contorna da ponte de Rande provocou importantes problemas de circulación durante esta mañá causando idemoras...
AROUSA NOTICIAS 05 06 25 05.06.2025 20:16
Alfonso Rueda asegurou que conocía desde el mes de febrero a denuncia por agresión sexual presentada contra Alfonso Villares e durante a toma de posesión da nova Conselleira desexou que se faga xustiza canto antes para poder recuperalo canto antes para a vida pública. Os cinco detidos na operación antidroga desplegada esta semana en Vilagarcía pasarán ao longo de hoxe a disposición xudicial nos xu...
AROUSA NOTICIAS 04 06 25 04.06.2025 16:19
Ainda continúa aberto e baixo segredo de sumario o último operativo contra o tráfico de drogas desplegado este martes no Salnés pola Udyco da Policía Nacional coa detención de alomenos cinco persoas detias e a incautación de medio kilo de cocaína. A Guardia Civil detivo ao presunto autor dunha agresión cun machete sucedida a pasada semana en Vilanova, na contorna do parque de O Cabo. A Policía Nac...
AROUSA NOTICIAS 03 06 25 03.06.2025 17:16
Novo operativo antidroga no Salnés, con rexistros en diversos puntos da comarca, especialmente Vilagarcía. A operación permanece desplegada dende primeiras horas da mañá por axentes da Udyco da Policía Nacional, co apoio dun helicóptero, e, a falta de confirmación oficial, podería haber varias persoas detidas. E hoxe tamén coñecemos os datos do paro rexistrado o pasado mes. As nosas comarcas segui...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.