Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
AROUSA NOTICIAS 03 11 25 03.11.2025 18:05
O xoven detido esta fin de semana en Riberia como presunto autor dun intento de parricidio en Carreira permanece ingresado en Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago. Técnicos municipais e o arquitecto municipal de Vilagarcía elaboran un informa sobre a a situación estructural do colexio A Lomba de Vilgarcía tras os desprendementos rexistrados o pasado venres para que a Xunt...
AROUSA NOTICIAS 30 10 25 30.10.2025 16:19
A Garda Civil investiga o suceso acontecido a primeiras horas desta mañá na estrada AP-9 ao seu paso polo concello de Vilaboa provocado por un lanzamento de pedras dende un paso elevado. Vilagarcía proxecta un quinto acceso á Via Verde do Salnés que, ademáis, suporá a ampliación da senda en case 300 metros. Sanxenxo pon en marcha o primeiro Camiño Escolar Seguro co alumnado do colexio da Florida,...
AROUSA NOTICIAS 29 10 25 29.10.2025 19:06
Unha masiva manifestación de profesores do ensino público percorreu esta mañá as rúas da cidade de Pontevedra nunha segunda xornada de folga convocada polos sindicatos CIG e STEG en demanda de mellores condicións laborais. Vilagarcía licita o proxecto para renovar a iluminación no paseo marítimo, que conta cun presuposto de 496.000 euros e catro meses de execución e avanza unha segunda fase. As ob...
AROUSA NOTICIAS 10 10 25 10.10.2025 18:29
O Instituto Castro Alobre de Vilagarcía conmemorou hoxe o Día Internacional da Saída do Armario nun acto organizado polo grupo de Diversidades Afectivo Sexuais do centro. A pista de atletismo de Fontecarmoa estrea luminarias nun proxecto de 165.000 euros, promovido polo Concello e financiado a través da Deputación Pontevedra, que pretende a mellora das instalacións para que poidan albergar competi...
AROUSA NOTICIAS 09 10 25 09.10.2025 22:20
Unha muller foi detida esta mañá en Vilagarcía tras provocar un altercado nun céntrico bar da cidade. o bar Concello, e ferir a unha das responsables do local ameazándoa de morte. Un veciño de Vilanova, duns 50 anos, foi detido pola Garda Civil en Ribadeo cando circulaba pola autoestrada do Cantábrico nun vehículo no que transportaba alrededor de diez kilos de estupefacientes ocultos nos baixos do...
REGRESA O SOLIDARITY FEST A CAMBADOS, DO 1O AO 12 DE OUTUBRO 09.10.2025 10:34
En Cambados, os xardíns do Pazo Torrado acollen dende mañá venres e ao longo da fin de semana a segunda edición do Solidarity Fest. Un evento promovido dende a Fundación Condado de Taboada que inclúe unha ampla programación de concertos, con Guadi Galego e Ortiga, postos de artesanía, gastronomía e actividades co fin de recadar fondos para a investigación contra o cancro. Para saber os detalles fa...
AROUSA NOTICIAS 08 10 25 08.10.2025 16:15
As excavacións arqueolóxicas que o Concello de Vilagarcía está a realizar no Castro Alobre quedarán rematadas a vindeira semana, segundo as estimacións dos responsables da empresa A Citania, encargada dos traballos. Vilagarcía recibirá esta tarde a visita do xurado do concurso ‘Vilas en Flor’, o certame que premia a mellora e potenciación paisaxística dos concellos galegos de menos de 40.000 habit...
AROUSA NOTICIAS 25 09 25 25.09.2025 14:53
Continúa aberto o último operativo contra o narcotráfico desplegado pola Policía Nacional en ambos marxes da ría de Arousa, un dos máis importantes dos efectuados ao longo deste ano. En Vilagarcía, xa hai data para a celebración da Feira Castes na súa vertente musical. Do 21 ao 23 de novembro, o evento reunirá na Praza da Peixería e na contorna da Praza de Abastos artistas de referencia como Kiko...
AROUSA NOTICIAS 19 09 25 19.09.2025 15:39
A Policía Nacional busca ao autor dun roubo rexistrado a primeira hora desta mañá na gasolineira Cepsa da recta de Rubiáns, en Vilagarcía. O Concello de Vilagarcía volveu a expresar esta mañá a súa solidariedade co pobo palestino seguindo a convocatoria realizada pola Federación Galega de Municipios e Provincias que se realizou simultaneamente noutros concellos e deputacións de Galicia. A colabora...
AROUSA NOTICIAS 15 09 25 15.09.2025 23:02
A campaña da vendima entra na recta final e de momento xa se rozan os 40 millóns de kilos de uva recollida nas diferentes subzonas da D.O Rías Baixas. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa pide ao Ministerio de Transición Ecolóxica e a Portos de Galicia que rectifiquen o novo punto de verquido elexido para depositar os dragados portuarios. O alixo de cocaína incautado esta pasada fin de semana...
AROUSA NOTICIAS 12 09 25 12.09.2025 15:38
A bandeira palestina luce dende hoxe no balcón da Casa Consistorial de Vilagarcía en sinal de condena ao xenocidio en Gaza. A ruptura entre a Organización de Productores de Parquistas de Carril e a Confraría da localidade, que culminou coa apertura en agosto das naves do Ramal, escala un novo episodio. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa fai un chamamento á cidadanía da comarca para que acuda...
AROUSA NOTICIAS 11 09 25 11.09.2025 16:30
Un veciño de Cambados foi detido en Meis por presunto tráfico de drogas durante un operativo de control de persoas e vehículos realizado pola Garda Civil este mércores. A Garda Civil decomisou un total de 990 paquetes de tabaco de contrabando durante un control de vehículos en la vía pública, a la altura de la parroquia de Vilalonga. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía exixe rigor á Xunta e o C...
AROUSA NOTICIAS 10 09 25 10.09.2025 20:25
As protestas a favor de Palestina que marcaron o paso da Vuelta Ciclista pola provincia recibiron esta mañá a valoración tanto do presidente da Deputación, Luis López, como do subdelegado do goberno en Pontevedra Abel Losada. Despóis de que preto dun milleiro de persoas bloqueara o tramo final da etapa en Mos, o presidente provincial expresou o seu máximo respeto ás manifestacións pero dixo non co...
AROUSA NOTICIAS 09 09 25 09.09.2025 15:45
Dúas persoas resultaron feridas graves a consecuencia dunha liorta a martelazos rexistrada esta mañá na suposta “narcocasa” de Trabanca Badiña, en Vilagarcía. A xuiza de Instrucción decretou a posta en liberdade do mozo de Vilagarcía investigado por supostamente ter matado á súa nai no domicilio que ambos compartían na rúa Duque de Rivas. Turismo de Galicia exixe ao Concello o arranxo dos desperfe...
AROUSA NOTICIAS 02 09 25 02.09.2025 19:15
Paro agosto: co peche do período estival e o remate das contratacións de verán o desemprego aumenta no Salnés e baixa lixeiramente no Barbanza. Sanxenxo colgou unha vez máis o cartel de "completo" logrando unha ocupación media do 88,44% durante o mes de agosto. En Caldas, o alcalde Jacobo Pérez, solicita unha reunión co Ministerio de Transporte e Mobilidade Sostible para solicitarlle que se teñan...
PROGRAMA ESPECIAL ALBARIÑO 25 02.09.2025 57:54
Programa Especial Festa do Albariño 2025 en directo dende o Paseo da Calzada de Cambados, con entrevistas a asistentes, representantes das adegas, alcalde, Concelleiro de Festas e presidente da D.O Rías Baixas. Tamén nos achegamos ata o Túnel do Viño celebrado no Salón Peña e revivimos o pregón pronunciado por Domin.
AROUSA NOTICIAS 29 07 25 29.07.2025 17:07
Continúa activo o incendio forestal orixinado de madrugada en Meaño e que mantén en alerta aos servizos de extinción tras queimar unhas 20 hectáreas. Un pequeno incendio rexistrouse en Sanxenxo nunha zona de vexetación baixa situada en Major, a uns metros do París Dakar. Denunciado en Sanxenxo por depositar unha bolsa de lixo á beira dun farol nun lugar non autorizado. Rescatados dous homes, veciñ...
AROUSA NOTICIAS 28 07 25 28.07.2025 16:03
Cambados reedita a Festa Mariñeira coa idea de dar un novo pulo ao proxecto de recuperación da dorna Airexa e convertela nun buque escola. O BNG de Cambados cre que o Festival Son do Mar demostrou que o Pombal é a alternativa para que Fefiñáns quede libre de eventos multitudinarios. Vilagarcía volverá a encherse de proxeccións cinematográficas durante a Semana de Cine que se desenvolverá no salón...
AROUSA NOTICIAS 24 07 25 24.07.2025 19:58
A Festa da Ameixa de Carril celebrará o 9 e 10 de agosto o seu trinta aniversario con 9.000 racións do bivalvo e unha paella para 500 persoas. A mesma fin de semana, do 8 ao 10 de agosto, Vilanova terá a Festa do Mexillón que, ademáis, fai coincidir coa Feira de Oportunidades do comercio local. O PP de Vilagarcía fará un seguimento da cancelació do concerto de Mago de Oz para saber cal foi o custe...
AROUSA NOTICIAS 23 07 25 23.07.2025 22:28
Vilagarcía cancela o concerto de Mago de Oz "por frivolizar a prostitución e o consumo de drogas" e o sustitue por Los Toreros Muertos. Un camión queda encaixado baixo a ponte interprovincial de Catoira tras ser guiado polo GPS. Detido un veciño de Valga de 53 anos por cultivar no seu domicilio 162 plantas de marihuana. As obras de ampliación da piscina municipal de Vilagarcía comezarán o luns cun...
AROUSA NOTICIAS 18 07 25 18.07.2025 17:44
Consternación en Caldas polo falecemento do xoven de 14 anos que perdeu a vida tras lanzarse a nadar na laguna de Pedras Miudas, en Catoira. A humanización da rúa Conde Vallellano encara unha nova fase coa intención de que as obras queden rematadas en setembro. A Sala de exposicións Rivas Briones reabre as súas portas despois de permanecer pechada por obras un par de meses. Ribadumia realiza unha...
AROUSA NOTICIAS 17 07 25 17.07.2025 19:30
Aplazada a declaración de Durán pola querela da socialista María José Vales. A defensa do rexedor pediu un atestado da Garda Civil que consta noutro xulgado. O patrón maior de Portonovo, sancionado cunha multa de 2.469 euros imposta pola Consellería do Mar por exceder nuns 115 kilos as capturas de polbo que tiña no seu barco. A cuarta edición do Festival Son do Mar e o V Sachaso Rock reunirán no P...
AROUSA NOTICIAS 15 07 25 15.07.2025 14:06
O corpo sen vida dun home de 72 anos foi atopado esta mañá no litoral de Moaña xunto a unha embarcación de recreo emborcada na praia de Borna. O patrón maior da confraría de Portonovo, interceptado con 118 kilos de polbo ilegal que capturara en augas da ría de Pontevedra. O BNG atribúe o falecemento dun veciño de Vilagarcía de 49 anos como consecuencia dun infarto ao retraso no servizo da ambulanc...
AROUSA NOTICIAS 14 07 25 14.07.2025 16:47
A Xunta Local de Goberno deste luns adxudicou as obras de ampliación do saneamento nun tramo da avenida Rosalía de Castro, no Carril, por 113.000 euros. Sanxenxo izou esta mañá na praia do Espiñeiro, ao carón da Lanzada, unha das 16 bandeiras Q de calidade outorgadas polo Instituto de Calidade Turística Española. Ao acto de izado da bandeira de calidade non puido asistir o alcalde Telmo Martín que...
AROUSA NOTICIAS 10 07 25 10.07.2025 18:10
Desartellado en Vilagarcía un narcopiso de distribución de cocaína e heroína polo miudo que operaba no centro da cidade coa detención dos tres homes e unha muller que estaban ao fronte. Ao longo da xornada pasarán a disposición xudicial os 6 membros do clan dos Borja, de Ribeira, detidos nas últimas horas pola súa participación na multitudinaria liorta de Ribeira. Cambados prepárase para "o reto"...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.