Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AROUSA NOTICIAS 04 02 26 04.02.2026

Tráxica xornada en Meis por un accidente mortal rexistrado no supermercado Froiz do Mosteiro. Falece un home de 36 anos, fillo da propietaria e traballador do mesmo, por intoxicación de monóxido de carbono. Unha nova fase da operación Saona aumenta a 17 as persoas detidas polo doble alixo de cocaína descargado dende un submarino na Pobra do Caramiñal. A Consellería do Mar e as confrarías abordan a...

AROUSA NOTICIAS 03 02 26 03.02.2026

A dragaxe do río Lérez, que afectará á ría de Arousa como punto de verquido dos sedimentos, comeza a súa tramitación. A actuación será licitada ao longo deste ano e a dragaxe propiamente dita comezará "como moi tarde" a principios de 2027. O paro subiu en xaneiero en case todas as nosas comarcas, ainda que de xeito desigual por concellos. O Salnés iniciou o 2026 con 151 persoas máis sen traballo p...

AROUSA NOTICIAS 02 02 26 02.02.2026

Minutos de silencio por un novo asasinato machista volve a tinguir de loito a provincia. A Illa de Arousa avalía a reparación dos numerosos danos na vía e servizos públicos causados polo lóstrego caído na tarde do pasado venres. Vilagarcía realizará esta semana a reparación da focha que se abriu o pasado venres na avenida Agustín Romero e Sanxenxo inicia a reparación dos desprendementos no Paseo d...

AROUSA NOTICIAS 29 01 26 29.01.2026

Cinco membros dunha mesma familia de Sanxenxo, tres adultos e dous menores, tiveron que ser trasladados de madrugada aos hospitais Montecelo e Provincial de Pontevedra debido a unha intoxicación por monóxido de carbono. A regularización de persoas estranxeiras, previsto polo Goberno de España, podería traducirse, segundo UPTA, nun incremento de ao redor de 70.000 novas altas no Réxime Especial do...

AROUSA NOTICIAS 28 01 26 28.01.2026

Vai diminuindo a intensidade da borrasca Joseph á espera dunha nova fronte activa esta tarde noite . Seguimos en alerta laranxa por ondas no mar e en amerela por nevadas, pero, sen embargo, Meteogalicia asegura que a nova borrasca Kristin no afectará a Galicia. Os concellos siguen pendentes da evolución dos cauces do Umia e seus afluentes menores que, en zonas especialmente sensibles como Caldas,...

AROUSA NOTICIAS 27 01 26 27.01.2026

A borrasca Joseph sigue en Galicia e continuará alomenos ata o xoves deixando chuvia, vento e neve. En canto as incidencias provocadas nas nosas comarcas pola borrasca Joseph nas últimas horas, foron numerosas pero afortunadamente todas leves. Asimesmo, como era previsible, o Umia desbordou en varias zonas de Meis e Ribadumia, sendo de novo un dos puntos críticos a contorna do Club Náutico O Muíño...

AROUSA NOTICIAS 26 01 26 26.01.2026

Preocupación en Cuntis hai pola subida dos dos cauces dos ríos Gallo e Umia. O desbordamento dun afluente do primeiro, o Regueiro de Calvos, levou a parte da veciñanza da zona a retirar enseres de sus viviendas. O Concello de Pontevedra activou este luns o protocolo de seguridade ante a alerta laranxa por risco de inundacións no río Lérez e a previsión de fortes choivas ao longo da xornada. O sind...

AROUSA NOTICIAS 23 01 26 23.01.2026

A borrasca Ingrid deixouse notar con forza de madrugada, con tormentas acompañadas de saraiba e fortes ventos que provocaron numerosas incidencias, afortunadamente sen danos persoais. En Fitur, na Feira Internacional de Turismo que se celebra esta semana en Madrid, a delegación do Salnés pecha hoxe a súa intensa axenda promocional mantendo diversas reunións con turoperadores nacionais e internacio...

AROUSA NOTICIAS 22 01 26 22.01.2026

O primeiro punto informativo da xornada está de novo en Fitur onde esta mañá a Deputación de Pontevedra presentou a a nova campaña turística para 2026, “A túa meta, o teu destino”. Á tarde tócalle a quenda á Mancomunidade que, tralo encontro de onte co mercado chinés, hoxe a partir das 17.30 horas se presenta en Fitur co seu novo material promocional de Experiencias Slow, convidando a descubrir a...

AROUSA NOTICIAS 21 01 26 21.01.2026

O xeodestino do Salnés busca en Fitur gañar proxección nos mercados turísticos cara a desestacionalización ofertando as "Experiencias Slow" da comarca. Sanxenxo presenta en Fitur o recén inaugurado Centro da Cultura Gastronómica Rías Baixas, ubicado no Pazo de Quintáns. Cambados aplaza en Fitur o irmanamento con Villanueva de Córdoba debido ao loito pola traxedia de Adamuz. A Praza de Abastos de V...

AROUSA NOTICIAS 20 01 26 20.01.2026

A flota arousa volve a faenar tras unha reunión fructífera coa Secretaria Xeral de Pesca do Goberno de España que flexibiliza os controis europeos. A Mancomunidade do Salnés forma aos primeiros profesionais en enoturismo da comarca a través do Plan Integrado de Emprego. A xestión municipal de residuos en Vilagarcía segue unha evolución positiva e avanza cara o cumprimento do modelo europeo, en bas...

AROUSA NOTICIAS 19 01 26 19.01.2026

A actualidade ven empañada hoxe pola traxedia ferroviaira de Adamuz, na que xa se contabilizan 39 persoas falecidas e máis de 150 feridas. Concellos e institucións das nosas comarcas sumáronse este mediodía ao minuto de silencio en solidaridade coas victimas convocado pola Federacións Española e Galega de Municipios e Provincias. A flota arousá realiza hoxe un paro de forma conxunta en protesta po...

AROUSA NOTICIAS 16 01 26 16.01.2026

O sector turístico do Grove non acolle de bo grado a proposta do goberno local sobre a aplicación dunha taxa turística ás persoas visitantes que pernocten nos establecementos da localidade. A intención do Concello é cobrar entre un euro e 2,5 por persoa e día, dependiendo da hospedaxe elexida. O alcalde José Antonio Cacabelos xustificaba a necesidade de alternativas como a taxa turística para fina...

AROUSA NOTICIAS 15 01 26 16.01.2026

Xornada festiva no municipio de Vilanova de Arousa que celebra hoxe a súa tradicional Romería de San Mauro con oficios relixiosos e degustación dos callos. Vilagarcía proxecta poñer fin á perigosa curva da Rúa Fontecarmoa onde a estreitez do vial forma un funil que provoca dende hai anos unha importante falta de visibilidade na circulación rodada. A Xunta de Galicia e o Concello de Meaño investirá...

AROUSA NOTICIAS 14 01 26 14.01.2026

A Semana Santa de Paradela pende dun fío despóis de que a confraría organizadora dimitira en bloque hai uns días ante o malestar xerado trala decisión de sustituir á persoa que interpretaba a Xesús. A alcaldesa de Meis convoca á veciñanza de Paradela a unha reunión este sábado para tentar reconducir a situación e que outro grupo de persoas se poña ao fronte. A flota arousá valora iniciar un paro x...

AROUSA NOTICIAS 19 11 25 19.11.2025

A Subdelegación do Goberno activa dende hoxe o Plan de Vialidade Invernal que garante a circulación con seguridade pola rede de estradas estatais. A lonxa de Tragove está a bater récords históricos de descarga de volandeira nesta campaña de Nadal recén iniciada con máis de 7.000 quilos diarios durante a primeira semana. Novo vestiario para o campo de fútbol da Pelada e a renovación do chan e parte...

AROUSA NOTICIAS 18 11 25 18.11.2025

A Policía Nacional investiga o intento de asalto a unha vivenda ubicada en Cornazo. Segundo nos relatou a propietaria da vivenda, os feitos aconteceron o pasado venres sobre ás 9 da noite cando dous homes tentaron entrar na casa sen saber que había xente dentro. Búscase a un xoven de 23 anos do que nada se sabe dende que foi visto por última vez este luns no seu posto de traballo en Carril. Uns 30...

AROUSA NOTICIAS 17 11 25 17.11.2025

A Policía Nacional mantén aberta unha investigación tralo suceso rexistrado esta fin de semana nun hotel de Vilagarcía onde unha moza de 19 anos resultou ferida con varios cortes nunha perna. A rúa Clara Campoamor, que a veciñanza xa estreou o pasado venres, recibiu esta mañá a visita institucional do Concello de Vilagarcía e a Deputación de Pontevedra, aprazada no seu momento debido ás intensas c...

AROUSA NOTICIAS 14 11 25 14.11.2025

A pesar das adversas condicións meteorolóxicos destes días, a campaña de extracción da centola está obtendo bos resultados de capturas. A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou hoxe a lonxa meca para comprobar as descargas da xornada. A reparación do Albergue de Carril comezará a vindeira semana cun orzamento de 4.400 euros que será asumido polo Concello de Vilagarcía. A reparación do firme...

AROUSA NOTICIAS 12 11 25 12.11.2025

As chuvias intensas que se veñen reproducindo dende a pasada noite están a afectar con especial incidencia a localidades como Vilagarcía ou Vilanova. O grupo municipal do BNG de Vilagarcía pedirá no vindeiro pleno que se adopten medidas preventivas cando se teña previsión de condicións climatolóxicas adversas. Sanxenxo abre hoxe o prazo de inscrición para ocupar as casetas do mercado navideño que...

AROUSA NOTICIAS 11 11 25 11.11.2025

O inicio da campaña de extracción de centola deixa xa as primeiras incautacións de marisco na ría de Arousa. Gardacostas de Galicia decomisou 340 kilos deste crustáceo a unha sola embarcación por superar os topes máximos establecidos. A primeira xornada da centola deixou na lonxa meca prezos máximos de 34 euros por kilo para os primeiros crustáceos descargados, case cinco toneladas en total e unha...

AROUSA NOTICIAS 10 11 25 10.11.2025

Unha veciña de Vilagarcía detida pola Garda Civil tras ser interceptada na peaxe de Teo tras recorrer la autopista en sentido contrario e dar positivo na proba de alcoolemia. Investigados dous veciños de Vilagarcía e unha muller de Caldas como presuntos autores dun roubo con forza no que sustraeron 160 kilos de cable telefónico en Zas. A Ministra de Defensa, Margarita Robles, comproba en Urovesa o...

AROUSA NOTICIAS 07 11 25 07.11.2025

Ravella fai público un informe da Tesourería municipal, complementario ao que antes fixeran Secretaría e Intervención, que “desminte claramente” o que o goberno local considera "un novo bulo" do Partido Popular local, neste caso, referido á taxa de lixo. A Feira do Viño Castes inicia mañá co Túnel do Viño a súa programación que se prolongará durante este mes de novembro. Vilanova inicia a tramitac...

AROUSA NOTICIAS 06 11 25 06.11.2025

A asociación Esmar contra a Violencia de Xénero centrará en Cambados a súa programación do 25 N, que inclúe a estrea do documental "Vivas" de Rubén Riós. Cambados aproba por unanimidade a proposta dos grupos de goberno para que Costas do Estado inclúa na desafectación os viais e zonas verdes aledañas ás instalacións deportivas. Besteiro, exixe dende Vilagarcía que a Xunta que modifique os Orzament...

AROUSA NOTICIAS 04 11 25 04.11.2025

Baixa o paro no Barbanza en 38 persoas e sube no Salnés en 122. O mercado laboral pecha outubro con comportamentos desiguais nas nosas comarcas. Vilagarcía exixe á Xunta que asuma as súa responsabilidade na reparación do colexio A Lomba. A Consellería asegura que son deficiencias de mantemento correspondentes á administración local. Autorizada a retirada do transformador da praza da Liberdade, no...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.