Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AROUSA NOTICIAS 16 02 26 16.03.2026

Vilagarcía inicia a transformación lumínica do Paseo Marítimo coas 54 novas farolas deseñadas polo escultor local Elías Cochón. Ravella aproba as bases que rexerán a contratación de 33 traballadores a través do plan anual de emprego municipal. Paco Buyo ou Amavisca estarán este 19 de marzo no partido que reunirá en Ribadumia á Selección Galega de Veteranos e emblemáticas lendas do Real Madrid. Cam...

AROUSA NOTICIAS 12 03 26 12.03.2026

A casa ocupada dos Duráns sufre un novo incendio que provoca o derrubamento do teito e a destrucción do seu interior. Detidas tres persoas pola presunta agresión homófoba sufrida por un xoven esta fin de semana nunha rúa do casco histórico da cidade. Pesar e loito en Pontevedra e na política galega pola morte do socialista Antón Louro, que faleceu este xoves aos 73 anos de idade na cidade do Lérez...

AROUSA NOTICIAS 11 03 26 11.03.2026

Pablo Leiva demite como concelleiro do PP do Grove e como líder do partido local debido á "elevada carga de traballo" no seu bufete de avogados. Rescatados dous mariñeiros do Grove polo Servizo de Gardacostas de Galicia tras sufrir unha avería no barco no que navegaban na contorna da Illa de Ons. Cambados acollerá durante tres anos un proxecto europeo de voluntariado ambiental impulsado pola Funda...

AROUSA NOTICIAS 10 03 26 10.03.2026

Desartellado un grupo criminal especializado na suplantación de identidade para estafar a entidades bancarias. Parte das víctimas son de Vilagarcía e O Grove. Vilagarcía contrata con urxencia á empresa Plagal Control de Plagas para actuar canto antes no centro sociocultural de Rubiáns. Os terreos do Pombal xa son oficialmente titularidade do Concello de Cambados. O subdelegado do goberno, Abel Los...

AROUSA NOTICIAS 09 03 26 09.03.2026

Un novo acto vandálico dana con pintadas o xacemento do Castro Alobre de Vilagarcía. O goberno local denuncia os feitos e encarga a restauración dos danos. Aprobada a esperada rehabilitación do pavillón de deportes de Bamio cun investimento de 83.000 euros nunha primeira fase das obras. O PP de Cambados denuncia a existencia de graves deficiencias na piscina municipal e acusa ao goberno local de n...

AROUSA NOTICIAS 06 03 26 06.03.2026

As portas do 8 de marzo, entidades e institucións celebraron hoxe actos reivindicativos con motivo do Día Internacional da Muller. O Plan de Emprego da Mancomunidade do Salnés forma á primeira promoción de especialistas en Agricultura de Precisión aplicada con drons e Ortofotografía. Upta traslada á Xunta o seu 'Plan Protexe Autónomos' para "anticiparse e mitigar" as posibles consecuencias económi...

AROUSA NOTICIAS 05 03 26 05.03.2026

Desartellada unha organización criminal con base no Salnés que operaba en Portugal, adicada á construcción, almacenamiento e transporte de narcolanchas.  Os investimentos provinciais nas comarcas do Salnés e Caldas ascenderon a máis de 87 millóns nos tres anos de mandato. O presidente da Deputación fixo balance nun almorzo informativo en Vilagarcía. O PP da Illa de Arousa asegura que o proxecto de...

AROUSA NOTICIAS 04 03 26 04.03.2026

O goberno cancela o proxecto da Variante de Caldas tal como estaba deseñado e abre unha nova etapa paa reformular a mobilidade na zona. A Mancomunidade agarda a coñecer os resultados dun estudo técnico e económico para decidir sobre a nova solución de canalizar a nova tubería de abastecemento para o Grove por terra. O persoal do supermercado Alcampo de Vilagarcía está chamado a unha concentración...

AROUSA NOTICIAS 03 03 26 03.03.2026

Comportamentos desiguais do paro nas nosas comarcas con descensos únicamente no Barbanza e en Caldas. O seguimento da folga de médicos de atención primaria convocada polo sindicato Omega mantense nesta segunda xornada de paros nunha media do 6%. Cifra que descende ata o 4% na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A Xunta continúa desenvolvendo en Rianxo as mostraxes nos bancos marisqueiros da r...

AROUSA NOTICIAS 02 03 26 02.03.2026

O sector do mar de Arousa lanza un nova señal de auxilio ás administracións públicas e solicita a declaración de zona catastrófica que lles exima das cuotas da seguridade social e lles permita recibir axudas directas para manter os postos de traballo. De principio, na Confraría de Carril xa están preparando os parques para que volvan a producir canto antes pero temen que non vaia ser posible se no...

AROUSA NOTICIAS 27 02 26 27.02.2026

A Xunta de Galicia asegura que está a traballar para atender o cambio de horario do Colexio de Rubiáns, en Vilagarcía, solicitado pola ANPA do centro mediante a implantación do novo contrato en licitación do servizo de transporte escolar para a zona. Vilagarcía renova o seu compromiso coa cultura local tras a reunión de traballo cos organizadores dos dezasete eventos que conforman a marca VGA365....

AROUSA NOTICIAS 26 02 26 26.02.2026

O Sergas denuncia o último episodio de violencia externa sufrido por parte de profesionais do Hospital Comarcal de O Salnés no seu servizo de Urxencias. Dúas persoas resultaron ilesas tras incendiarse en Godos o vehículo no que viaxaban esta mañá cando se dirixían ao seu traballo. Vilagarcía celebra a sesión plenaria de febreiro na que se aprobarán as tarifas definitivas para o aparcamento público...

AROUSA NOTICIAS 25 02 26 25.02.2026

Detido en Ribadumia un home duns 30 anos acusado de actividades vinculadas ao yihadismo. A investigación apunta a que difundía e consumía material violento por internet con contido de carácter terrorista. Vilagarcía distribúe 10.000 dípticos entre o 80% da veciñanza nunha campaña para mellorar a separación de resíduos nos "comelixos". O Instituto Asorey de Cambados estrea iluminación eficiente tra...

AROUSA NOTICIAS 24 02 26 24.02.2026

Un home, de 50 anos de idade e veciño de San Clemente en Caldas de Reis, foi atopado sen vida esta pasada noite nunha zona de monte de difícil acceso no municipio de Caldas Un grave incendio rexistrado esta madrugada na Rúa San Roque, en Vilagarcía, obrigou ao rescate dunha muller e ao confinamento de todas as persoas residentes no inmoble debido á elevada acumulación de gases. O alumnado da garde...

AROUSA NOTICIAS 23 02 26 23.02.2026

Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía, con motivo do 189 aniversario do nacemento da maior poetisa de Galicia, convertida en símbolo do país e da lingua. Aproveitando a ausencia de chuvias, comezaron nalgúns puntos da comarca o arranxo dos destrozos provocados polos temporais nas estradas. O CIM da Mancomunidade do Salnés celebrará mañá a III Mesa Comarcal de Coordinación Interinstitucional contra a...

AROUSA NOTICIAS 20 02 26 20.02.2026

A Xunta arquiva o proxecto da macrocelulosa de Altri, en Palas de Rei, por non cumplir coas especificacións técnicas debido á exclusión de la fábrica por parte do Goberno de España na súa planificación eléctrica ata o 2030. Avanza, a pesar das incidencias meteorolóxicas, a construcción do novo centro de saúde de Vilagarcía na avenida da Mariña, que xa ten o 50% do esqueleto. A Mancomunidade do Sal...

AROUSA NOTICIAS 19 02 26 19.02.2026

Detido un home en Cambados nun novo operativo contra o tráfico de droga a mediana escala. A nova pista deportiva do pavillón multiusos de Fexdega estará operativa no prazo máximo de quince días, unha vez que remate a súa instalación, xa iniciada. Cambados acolle o 7 e 8 de marzo a Mostra Internacional da Camelia nunha edición afectada polos temporais O BNG de Sanxenxo solicita ao goberno local que...

AROUSA NOTICIAS 18 02 26 18.02.2026

O tempo sigue condicionando as celebracións do Entroido, algunhas das citas aguantaron as malas condicións meteorolóxicas pero noutras non quedou máis remedio que aplazalas. A Policía Local da Illa de Arousa investiga os danos rexistrados na noite do luns en catro lonas da carpa do Entroido instalada na praza do Regueiro. Tralo Desfile de Entroido, a avenida de Rodrigo de Mendoza, en Vilagarcía, v...

AROUSA NOTICIAS 17 02 26 17.02.2026

As celebracións do Entroido previstas para hoxe, Martes de Entroido, e tamén as da fin de semana teñen garantido a ausencia de chuvias. Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido que se agarda multitudinario, con arredor de mil figurantes. A Policía Local recomenda evitar a circulación rodada ao seu paso pola centro da cidade e utilizar as circunvalacións e os aparcamentos disuasorios...

AROUSA NOTICIAS 13 02 26 13.02.2026

A entrada dunha nova borrasca, bautizada como Oriana, a novena xa no que vai de ano, déixanos unha xornada de alerta laranxa no mar. Tregua o sábado pero novas frontes o domingo traerán máis precipitacións ao longo de toda a semana. Empezan as primeiras citas do Entroido coa vista posta no ceo. A Illa, Meis e Cambados abren os actos na comarca. Operativo contra o narcotráfico a pequena escala desp...

AROUSA NOTICIAS 12 02 26 12.02.2026

A Consellería do Mar admite que a mortandade do marisco nas rías debido á elevada pluviosidade pode superar o 80% rexistrado no ano 2023. O Centro de Investigacións Mariñas elabora unha metodoloxía común para avaliar posibles mortandades derivadas da diminución da salinidade nas rías. A corporación municipal da Illa celebra o pleno extraordinario solicitado polo PP para que se paralicen as multas...

AROUSA NOTICIAS 11 02 26 11.02.2026

Nova xornada de temporal, desta volta provocado pola borrasca Nils con alerta laranxa por ventos que poden superar os 80 kms hora e chuvias de máis de 40 litros metro cadrado en doce horas. A Garda Civil abriu unha investigación para tratar de esclarecer as circunstancias que rodean o afundimento do bateeiro Nueva Santa Irene fronte ao porto de Meloxo, no Grove. A Garda Civil, a Policía Nacional e...

AROUSA NOTICIAS 10 02 26 10.02.2026

Unha nova cadea de borrascas deixaranos de novo unha semana de chuvias e vento. Agora é a quenda da borrasca Nils, que chegou con vientos no demasiado fuertes, pero con precipitaciones muy abundantes de madrugada, ata preto dos 30 litros por metro cadrado nalgunhas zonas da comarca de Pontevedra. En Cuntis, o río Gallo xa desbordou esta mañá nalgúns puntos da localidade e en Caldas tamén se está v...

AROUSA NOTICIAS 06 02 26 06.02.2026

Pendentes da evolución da borrasca Leonardo. Hoxe mantense a alerta laranxa en todo o litoral por temporal costero nunha xornada na que a comarca de Pontevedra está a ser a máis afectada. O PSOE reclamará á Xunta de Galicia e a Deputación Provincial un plan específico de axudas para que os concellos poidan facer fronte ás numerosas incidencias provocadas pola cadea de temporais. Vilagarcía volve a...

AROUSA NOTICIAS 05 02 26 05.02.2026

A borrasca Leonardo provoca a suspensión do servizo ferroviario co orixe e destino Vigo de forma indefinida mentres persistan as condicións meteorolóxicas. Centos de persoas das nosas comarcas víronse afectadas por esta medida adoptada por Renfe ante a imposibilidade de garantir a seguridade nas vías nas zonas inundables existentes ao longo do trazado. O PP denuncia "o caos ferroviario" coa provin...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.