Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AROUSA NOTICIAS 11 05 26 11.05.2026

O BNG condiciona o acordo de orzamentos co goberno de Vilagarcía a un calendario de aplicación dos proxectos, á compra dunha parcela para unha residencia de maiores pública e avances na recuperación do Balneario para uso público. Vilagarcía adxudica o sistema de xestión que permitirá aplicar as bonificacións no parking Xoan XXIII. Sanxenxo comezará nos vindeiros días as obras de de mellora da acce...

AROUSA NOTICIAS 08 05 26 08.05.2026

A circulación ferroviaria volveu á normalidade trala interrupción do servizo esta pasada noite debido a unha incidencia rexistrada en Vilagarcía cando un home encaramouse á catenaria ameazando con tirarse. Portos de Galicia comeza a renovación da balaustrada do Paseo do Preguntoiro, en Vilaxoán, cun investimento de 50.000 euros que contempla o arranxo da beirarrúa e a sustitución do mobiliario urb...

AROUSA NOTICIAS 07 05 26 07.05.2026

Xornada marcada pola folga do metal que está a ser seguinda por unha ampla maioría dos 30.000 traballadores afectados da provincia en demanda dun novo convenio que mellore as condicións salariais. O servizo de emerxencias municipal de Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo vehículo autoescada que permitirá unha mellora nos rescates en altura, adquirido a través do convenio entre o Concello e a agru...

AROUSA NOTICIAS 06 05 26 06.05.2026

O proxecto de humanización da rúa Esperanza e a travesía Lucena en Carril, a piques de sair a licitación: A Deputación aprobará este venres a inclusión do investimento nos fondos que lle corresponden a Vilagarcía a través do plan +Provincia. A lonxa de Cambados, escenario da sinatura do convenio entre a Consellería do Mar e a Consellería de Facenda para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a tra...

AROUSA NOTICIAS 05 05 26 05.05.2026

O paro baixa no mes de en todas as nosas comarcas e practicamente en todos os concellos: no Salnés rexistráronse 80 parados menos e no Barbanza 82. A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa concéntrase ante o Parlamento de Galicia en protesta pola ausencia dun plan integral da Xunta que aborde os problemas estructurais do sector marisqueiro. A balaustrada de pedra seguirá no Paseo de Silgar. O alca...

AROUSA NOTICIAS 04 05 26 04.05.2026

A Fundación Galega Contra o Narcotráfico fixo públicos esta mañá os nomes das persoas que este ano recibirán os premios Nécora de Ouro: Jaime Gayá Moreno, Xefe de Aduanas e Impostos Especiais de Galicia, Jesús Cartelle Fernández, director da Unidade de Conductas Adictivas de Ribeira e Carmen Villar Alonso, xornalista do Faro de Vigo. O proxecto de peonalización e humanización da rúa Vicente Risco...

AROUSA NOTICIAS 29 04 26 29.04.2026

Investigase sen desbotar ningunha hipótese o falecemento do xoven de 18 anos de idade atopado ferido grave a pasada tarde no río Gafos. Último trámite para que se inicien as obras do novo cuartel da Garda Civil en Cambados: Siepse formalizou o contrato para a execución da obra, adxudicada á Seranco, cun orzamento de 9,3 millóns de euros e 18 meses de execución. Cambados celebra dende mañá o mes ad...

AROUSA NOTICIAS 28 04 26 28.04.2026

Investígase o falecemento dunha veciña de Portonovo que apareceu ferida e semiinsconsciente na rúa Areal da vila. Sanxenxo e a Xunta de Galicia impulsan en Vilalonga a terceira promoción de vivenda pública destinada á veciñanza empadroada no municipio menor de 36 anos. Caldas de Reis recibe do Consorcio de Zona Franca de Vigo o borrador do convenio para o desarrollo do polígono de Paradela- Carrac...

AROUSA NOTICIAS 24 04 26 24.04.2026

Prisión provisional comunicada e sen fianza para o camioneiro de Vilagarcía detido pola súa presunta implicación no atropelo mortal do polígono do Vao, en Pontevedra. Pasan a disposición xudicial as persoas detidas esta semana no último operativo contra o narcotráfico desplegado na comarca do Salnés que desartellou unha rede de distribución de cocaína, heroína e haxis. Sanxenxo, Poio e Acuaes asin...

AROUSA NOTICIAS 23 04 25 23.04.2026

As forzas de seguridade todavía manteñen aberta a operación antidroga desplegada este mércores no Salnés que desartellou unha rede que distribuía dende Arousa ata 50 kilos de cocaína e 10 de heroína ao mes. Vilagarcía pon en marcha unha edición extraordinaria dos Bonos Son da Casa respondendo á petición da asociación de comerciantes tras unha mala campaña de inverno. As consecuencias da rotura a p...

AROUSA NOTICIAS 22 04 26 22.04.2026

Novo operativo antidroga con epicentro no Salnés que de momento se salda con dez persoas detidas e outros tantos rexistros na Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía. Accidente mortal en Pontevedra. Un home de 48 anos de idade, veciño de Vigo, faleceu tras ser atropelado na estrada PO-531, o vial que Pontevedra e Vilagarcía, á altura de Campañó. Ponse en marcha a campaña promovida dende a Xefatura P...

AROUSA NOTICIAS 21 04 26 21.04.2026

Concluída a segunda fase da Operación Zaguans, desenvolvida no Barbanza e centrada nas localidades de Boiro, Rianxo e A Pobra, con sete detencións e importantes cantidades de droga incautada. Fraude no aluguer vacacional: Investígase a un home acusado de estafar un turista ao que lle alugou unha vivenda en Sanxenxo que non estaba dispoñible, utilizando unha identidade falsa. A Mancomunidade do Sal...

AROUSA NOTICIAS 20 04 26 20.04.2026

Comezan as obras do Centro de Talasoterapia do Terrón, un proxecto plantexado por primeira vez hai case 20 anos e que por fin comezará a ser realidade a finais de 2027 nun edificio de tres plantas, con dúas piscinas de auga do mar, un circuito termal e un espazo multiusos. Vilagarcía dispón dende hoxe dun novo estacionamento disuasorio, situado ao carón da Casa Consistorial no solar do antigo Lice...

AROUSA NOTICIAS 17 04 26 17.04.2026

Xornada de folga do persoal das grandes empresas do textil e o calzado de Vilagarcía e Pontevedra convocada por UXT e CIG contra o convenio estatal asinado por ARTE e os sindicatos CCOO e Fetico. Vilagarcía promove unha nova edición do programa de formación especializada para quince persoas desempregadas con compromiso de contratación coa empresa Fundivisa. A confraría de Cambados acada resultados...

AROUSA NOTICIAS 16 04 26 16.04.2026

Todo listo en Vilagarcía para a celebración este domingo do Solifest do Piñeiriño e e Amencer Aspace, que destinará o recadado a financiar programas de actividades para as persoas usuarias do Princesa Letizia. Vilagarcía adxudica á empresa Trébol, por 13.600 euros, os traballos para poñer fin ás filtracións de auga que rexistra o CEIP Anexo A Lomba por unha das súas fachadas laterais. O PP de Vila...

AROUSA NOTICIAS 15 04 26 15.04.2026

Cinco detidos nun operativo antidroga en Vilagarcía e Vilanova contra o tráfico de estupefacientes a pequena ou mediana escala. Detido un home de 33 anos en Vilagarcía como presunto autor dun delito de violencia machista. Vilagarcía renova o seu programa informático para modernizar a xestión do padrón municipal e sincronizar datos co censo electoral. Preocupación no PP de Cambados polo "incremento...

AROUSA NOTICIAS 14 04 26 14.04.2026

Investígase o falecemento dun home de entre 30 e 40 anos que apareceu esta mañá sen vida no porto de Ribeira encadeado a unha escaleira. Vilagarcía acolle entre hoxe e mañá a segunda edición do Congreso Nacional de Relevo Xeneracional impulsado dende a Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos e o sindicato UXT. A comunidade educativa de Meaño concentrarase mañá mércores ás 14 horas na Praza...

AROUSA NOTICIAS 13 04 26 13.04.2026

Detidos cinco veciños de Boiro, Caldas, Meis e Barro polo roubo de máis de 70 cabalos na serra do Barbanza e matar a cinco deles. A Garda Civil investiga o falecemento dun home de 53 años, natural das Palmas, cuxo corpo apareceu sen vida este domingo nunha rúa de Vilagarcía. A plataforma SOS Sanidade Pública do Salnés centraliza cunha mobilización en Catoira a conmemoración este luns do Día de la...

AROUSA NOTICIAS 01 04 26 01.04.2026

Vilagarcía e Cambados conmemoran o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo con accións institucionais para visibilizar as reivindicacións das persoas que sufren este trastorno e facilitar a súa inclusión. A Policía Nacional da por pechada a macro operación contra o narcotráfico con orixe en Ceuta na que foi detido na Lomba un veciño de Vilagarcía xunto con case unha trintena de persoas. O Mi...

AROUSA NOTICIAS 31 03 26 31.03.2026

No Grove, Concello e Xunta asinaron esta mañá o convenio de colaboración que permitirá executar a tan demandada reforma do vial Luis Antonio Mestre cun investimento de 2,6 millóns de euros. Vilagarcía porá en marcha nos vindeiros días o proceso para a adxudicación de quioscos nas praias e terreos de dominio público marítimo-terrestre para a temporada de verán. Sanxenxo optará aos fondos de coopera...

AROUSA NOTICIAS 30 03 26 30.03.2026

O novo Plan de asfaltados de Vilagarcía prevé actuar noutras trece vías rurais e urbanas, en base ás demandas trasladadas pola veciñanza, cun investimento de 550.000 euros. As prazas de abastos municipais de Vilagarcía e Vilaxoán abrirán o 2 de abril, día de Xoves Santo. O goberno de España iniciará despóis de Semana Santa a reparación do asfalto en todo o trazado provincial da N-550, incluíndo o...

AROUSA NOTICIAS 25 03 25.03.2026

Sanidade e O'Mega asinan o acordo que pon fin á folga indefinida convocada por este sindicato médico nos centros de saúde. Vilagarcía prepara a súa Gala do Deporte que se celebrará o 24 de abril no Salón García ás 20.30 horas. Cambados sustitúe as árbores plantadas na área recreativa de Covas de Lobos polas familias con bebés nados o ano pasado e que foron arrancados ás poucas horas. A Conselleira...

AROUSA NOTICIAS 24 03 26 24.03.2026

Decretado o ingreso en prisión dun coñecido delincuente que viña actuando en Vilalonga durante o último ano, con numerosos furtos en inmobles e establecementos. Inicio inmediato das obras de emerxencia do Cuartel da Garda Civil de Sanxenxo, adxudicadas por importe de 200.000 euros. para reparar os danos dos temporais de inverno no voladizo do patio interior. Avanzan os trámites para a demandada hu...

AROUSA NOTICIAS 23 03 26 23.03.2026

Feridas tres persoas na colisión entre dous turismos rexistrada na estrada N-640, ao seu paso pola parroquia de Baión, no vial de acceso ao porto de Vilagarcía. Arde por completo un coche no lugar de Touticeira, en Vilalonga, afortunadamente sen feridos. Vilagarcía leva investido esta mandato case un millón de euros no plan de asfaltados de camiños municipais que incluiu ata o momento a renovación...

AROUSA NOTICIAS 17 03 26 17.03.2026

Rueda supervisa, acompañado do alcalde Alberto Varela, o avance das obras de renovación dos sistema de saneamento que a Consellería de Infraestructuras está executando na cidade. O Partido Popular de Vilagarcía "quere coñecer en profundide" os motivos polos que Vilagarcía perdeu as axudas do II Plan Extra da Deputación de Pontevedra que se ían destinar á humanización da rúa Aduana en Carril. Satis...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.