Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3724 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 9, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android 5M+ downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

AROUSA NOTICIAS 04 04 25 04.04.2025

A Illa de Arousa iniciará este luns a implantación dun Plan de Mobilidade que restrinxirá a circulación rodada nunha zona residencial do casco urbano de 42 rúas e 200.00 metros cadrados de superficie. En todo caso, o Plan de Mobilidade non afectará aos accesos ás praias. Neste caso, comezará a aplicarse a zona azul para visitantes na Area da Secada coa intención de estender a medida a outras praia...

AROUSA NOTICIAS 03 04 25 03.04.2025

Os patinetes eléctricos volven a estar involucrados en accidentes de tráfico. Unha persoa que circulaba nun destes vehículos resultou ferida esta mañá tras ser atropelada en Portonovo nun accidente rexistrado sobre as 9 horas. A Cofradía de Cambados inicia hoxe a semente de medio milleiro de ameixa babosa no banco marisqueiro de O Sarrido, nunha actuación subvencionada pola Consellería do Mar. A A...

AROUSA NOTICIAS 02 04 25 02.04.2025

Hoxe 2 de abril, conmemórase o Día Internacional do Autismo con iniciativas institucionais e de colectivos para concienciar á poboación na necesidade de mellorar a calidade de vida das persoas con este trastorno. Un desexo que expresaba dende Vilagarcía un dos usuarios da asociación Bata na lectura do manifesto pronunciado na Casa Consistorial. Tamén en Cambados, o Concello e a Asociación Bata con...

AROUSA NOTICIAS 01 04 25 01.04.2025

Unha muller de avanzada idade foi atropelada esta mañá en Vilagarcía nun paso de peóns tras unha colisión entre dous vehículos na avenida das Carolinas. Ata cinco teléfonos móbiles e un moedeiro con preto de cen euros, son algunhas das pertenzas que forman parte da lista de Obxectos Perdidos en Vilagarcía entre febreiro e marzo deste ano. Vilagarcía incorpora unha trintena de operarios para reforz...

AROUSA NOTICIAS 31 03 25 31.03.2025

Co aumento das temperaturas chegan os incendios forestais, ainda que afortunadamente en pequena escala. O servizo de Emerxencias de Vilagarcía tivo que intervir esta mañá na extinción dun pequeno lume declarado na contorna do polígono de Bamio. A corporación municipal de Sanxenxo aprobou hoxe en pleno o orzamento municipal para este ano, por valor de 41 millóns de euros. O documento contou coa abs...

AROUSA NOTICIAS 10 03 25 10.03.2025

Vilagarcía reúne a estas horas a Mesa Local de Comercio co obxetivo de abordar a reorganización do mercado ambulante. Comezan as obras de reposición de lousas danadas na rúa Valentín Viqueira para sustituir unhas 60 pezas que se atopan desgastadas polo paso de peóns e ocasionalmente de vehículos. Bota a andar a Residencia de Maiores Meis, ubicada na Goulla, no que foi o antigo Motel Montecarlo. Un...

AROUSA NOTICIAS 07 03 25 07.03.2025

Xornada véspera do 8M que acolle numerosos actos reivindicativos en conmemoración do Día da Muller por coincidir o 8 de marzo en fin de semana. Foi o caso de Vilagarcía, Cambados ou Sanxenxo. A Illa de Arousa porá en marcha este verán medidas para mellorar o tráfico, a seguridade e a accesibilidade nas zonas máis transitadas da localidade. Entre elas un bus lanzadeira ou zona azul en Area da Secad...

AROUSA NOTICIAS 06 03 25 06.03.2025

O albergue de Carril forma parte dende hoxe da Rede pública de Albergues do Camiño de Santiago, o primeiro na Ruta do Mar de Arousa e Rio Ulla. O alcalde Alberto Varela e o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinaron esta mañá o convenio de cesión e entrega de chaves das instalacións. O grupo municipal do PP de Vilagarcía critica a “falta de ideas” do goberno local por presentar un pro...

AROUSA NOTICIAS 05 03 25 05.03.2025

O Entroido continúa na comarca nesta xornada de Mércores de Cinza na que Cambados e a Illa de Arousa celebran os seus respectivos Enterros da Sardiña. O Desfile de Vilagarcía deixou como gañadora a parodia ‘Castrodona' da Anpa A Escardia de Vilagarcía dentro dos grupos de máis de 20 participantes. No Festival de Comparsas de Cambados a agrupación Los lunes al col regresou ao primeiro posto tras un...

AROUSA NOTICIAS 04 03 25 04.03.2025

Pendentes do tempo estan en Vilanova para a celebración do Momo este domingo a partir das 17.00 horas presentado po Xacobe Pérez e o humorista Pepo Suevos, coa participación no desfile dunhas 2.000 persoas e 40 comparsas. Vilagarcía celebra esta tarde o seu Desfile de Entroido con máis de 500 participantes e 16 comparsas procedentes de toda a provincia. A cabalgata iniciarase as 17:00 horas dende...

AROUSA NOTICIAS 03 03 25 03.03.2025

Vilagarcía saca a licitación por 1,1 millóns de euros o proxecto de recuperación da fachada marítima na zona do Ramal, que conectará o paseo da praia co peirao e o parque de Miguel Hernández. O PP critica que o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela “ralentice a construcción de vivienda pública” na cidade e o Concello asegura que está disposto a ceder unha parcela de titularidade municipal. EU de V...

AROUSA NOTICIAS 28 02 25 28.02.2025

Un veciño de Cambados de 52 años faleceu esta madrugada cuando traballaba no desmontaxe dun escenario da orquestra Marbella no Entroido de Verín. Un aparatoso accidente rexistrouse a primeiras horas desta mañá na estrada PO-531 ao seu paso pola parroquia de Curro, en Barro, sen provocar, afortunadamente, feridos graves. O alcalde de Vilagarcía Alberto Varela asegura que o Concello non posúe ningún...

AROUSA NOTICIAS 27 02 25 27.02.2025

Vilagarcía está a efectuar os primeiros traballos de revisión do areal da Concha -Compostela para evitar que volva a proliferar a planta do cadillo. Cambados pechou esta mañá o Ano Asorey coa entrega dos premios do concurso escolar Reinterpretando a Asorey, dotado con 3.150 euros e diversos lotes de libros. Cambados será, previsiblemente, a nova ubicación do Festival O Son do Mar Segundo confirman...

AROUSA NOTICIAS 26 02 25 26.02.2025

Vilagarcia perde ao que foi o primeiro alcalde da democracia. José Recuna Villaverde faleceu hoxe aos 98 anos de idade. O conflicto laboral no que estiveron inmersos os bombeiros da provincia, entre eles os de Vilagarcía e Ribadumia, péchase definitivamente hoxe. O Consorcio Provincial contra Incendios de Pontevedra aprobou esta mañá o seu primeiro convenio colectivo para o persoal operativo do ca...

AROUSA NOTICIAS 25 02 25 25.02.2025

O Grove quedou en silencio este mediodía en lembranza de Andrés Rico. Unha numerosa representación da veciñanza, que vive tres días de loito decretados polo Concello, arroupou a familiares e amigos no acto convocado pola corporación municipal ante o Consistorio, cuxa praza quedou pequena para albergar a sentida homenaxe a un veciño apreciado na vila. O Concello de Vilagarcía investirá preto de 5.0...

AROUSA NOTICIAS 24 02 25 24.02.2025

Loito no Grove polo falecemento de Andrés Rico, o veciño meco de 68 anos que resultou ferido grave o pasado 15 de decembro nunha agresión cando presenciaba un partido de balonmán cadete feminina que seu neto arbitraba no pavillón de Vilalonga. O alcalde de Ribadumia, David Castro, e o Concelleiro do goberno local Miguel Castro compareceron esta mañá no xulgado de Instrucción número 2 de Cambados p...

AROUSA NOTICIAS 21 02 25 21.02.2025

Unha operación antidroga desenvolta no porto de Marín pola Garda Civil e Vixiancia Aduaneira localizou 120 kilos de cocaína nun barco ruso atracado na localidade. O Concello de Catoira volve a reclamar á Deputación de Pontevedra unha reforma en profundidade da estrada provincial entre Carracedo e o municipio vikingo. Máis de 400 estudantes dos institutos de Vilagarcía participaron esta mañá na ter...

AROUSA NOTICIAS 20 02 25 20.02.2025

Alianza da oposición do Grove en apoio do Festival Son do Mar. PP, EU e BNG respaldan conxuntamente a celebración do evento musical na zona do Corgo, un emplazamento que o Concello rexeita por considerar que elimina prazas de aparcamento en plena época turística. Ribadumia celebra un Pleno inicialmente extraordinario e finalmente urxente para aprobar a conta xeral de 2023 na que se inclúen achegas...

AROUSA NOTICIAS 19 02 25 19.02.2025

A estrada provincial entre Carracedo e Catoira volveu ser escenario dun accidente. Un camión cargado de conserva saiuse da vía, perdendo o control do vehículo nunha das curvas e envorcou en medio da calzada impedindo a circulación en ambos sentidos. O conductor resultou ferido leve. Investíganse as circunstancias dun incendio rexistrado a pasadada madrugada no que quedaron calcinadas unhas 130 nas...

AROUSA NOTICIAS 18 02 25 18.02.2025

Un total de 243 mulleres foron atendidas por casos de violencia de xénero ao longo do pasado ano no CIM do Salnés. A entidade comarcal organiza para este 8M actividades ao longo do mes de marzo nos cinco concellos baixo a campaña “A nosa historia facémola nos”. O Concello de Vilagarcía opta a novos fondos europeos por importe de 6,4 millóns de euros con cinco proxectos que, de conseguir as achegas...

AROUSA NOTICIAS 17 02 25 17.02.2025

A Dirección Xeral de Tráfico iniciaunha nova campaña de vixilancia e control de camións e autobuses nas estradas da provincia co obxectivo de reforzar a seguridade viaria e reducir a sinistralidade. Permanecen ingresados no Hospital Montecelo os cinco homes, con idades de entre 26 e 40 anos, que este domingo resultaron feridos nun grave accidente rexistrado na Autovía do Salnés. As oficinas do Ins...

AROUSA NOTICIAS 14 02 25 14.02.2025

A Mancomunidade do Salnés e Augas de Galicia volverán a reunirse o vindeiro martes para seguir explorando solucións contra a contaminación que ven sufrindo o rio Umia ao seu paso polo lugar de Cabanelas, en Ribadumia. O presidente comarcal David Castro apela á "sensibilidade" coas empresas. O grupo municipal de Somos Ribadumia volve ser crítico coa xestión da Mancomunidade ante a problemática dos...

AROUSA NOTICIAS 13 02 25 13.02.2025

O sector mar industria do Salnés implícase na prevención da violencia machista. Unha vintena de industrias conserveiras e depuradoras da comarca asistiu esta mañá á presentación, promovida dende o CIM do Salnés, da Guía lanzada dende a Xunta de Galicia para a detección no ámbito laboral de víctimas de violencia de xénero. A rua Wenceslao Fernández Flórez, que da acceso ao barrio do Piñeiriño, abri...

AROUSA NOTICIAS 12 02 25 12.02.2025

A Policía Local de Sanxenxo tramitou dilixencias contra un conductor por triplicar a taxa de alcool e provocar un accidente na contorna da rotonda de Baltar, afortunadamente sen feridos graves. O incendio dun televisor obriga a desaloxar de madrugada un edificio da rúa Sierra, en pleno centro histórico de Pontevedra. Costas do Estado está disposta a asumir a rehabilitación da praia do Preguntoiro...

AROUSA NOTICIAS 11 02 25 11.02.2025

O Intituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, ubicado en Vilaxoán, designado hai catro anos como laboratorio referente nacional para a análise de biotoxinas mariñas, debe transformarse en axencia pública autonómica, O Conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visita o Intecmar despóis de presenciar unha recollida de mostraxes na ría de Arousa. A Audiencia Nacional alonga seis meses...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.