Pury González
Podcast AROUSA SI RADIO
Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...
Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com
Where to listen?
Podcasts in the app Replaio Radio Coming soonPodcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts
Episodes
A ILLA APROBARA ESTE LUNS A LICITACION DAS CASAS MODERNISTAS 08.06.2018 0:39
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A corporación municipal de a Illa de Arousa celebrará este vindeiro luns, ás 13 horas, un pleno extraordinario no que se aprobará a licitación das obras de rehabilitación das casas modernistas, despóis de que o Concello tivera que modificar o proxecto por exixencias de Patrimonio. Ademáis, o pleno tamén acordará unha modificación de crédito para a contrata...
MOTOS E FESTA CON DJS E XOGOS NA CONCENTRACION DE TRASNOS DO SALNES 08.06.2018 1:27
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A IX edición da Concentración moteira organizada polo motoclube Trasnos do Salnés, en colaboración co Concello de Ribadumia, xa está en marcha dende hoxe e ata o domingo. Uns 1.200 moteiros chegados dende diferentes puntos de España participarán nunha ruta que percorrera os municipios de Ribadumia, Meis, Vilanova e Sanxenxo Ademáis este ano, o evento inclu...
O PP DI QUE A PRAZA DE GALICIA E UNHA TRAMPA CHEA DE OBSTACULOS 07.06.2018 2:03
O PP de Vilagarcía amosase preocupado pola "falta de seguridade" da renovada Praza de Galicia tralas cinco caídas rexistradas nos últimos días. Os populares non entenden como o goberno local investiu preto de 200.000 euros para "deshumanizar unha zona que estaba humanizada" e convertir a Praza "nunha zona chea de obstáculos e nunha trampa para persoas con discapacidade visual". Neste sentido, a fo...
A CIG CONVERTE O 19 DE XUÑO NUNHA XORNADA DE MOBILIZACIONS 07.06.2018 1:17
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sindicato CIG converte o martes 19 de xuño, día da folga aplazada, nunha xornada nacional de mobilizacións, con manifestacións en todas as comarcas, para exixir a recuperación dos dereitos perdidos. En Arousa, a mobilización partirá ás 20 horas da Casa do Mar de Vilagarcía. Deste xeito, a central nacionalista quere dar uns meses ao novo goberno socialist...
AMPLO DESPLEGUE DE MEDIOS NO SIMULACRO DE INCENDIO DE CORTEGADA 07.06.2018 0:52
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A illa de Cortegada acolleu esta mañá o simulacro de incendio solicitado polo Concello de Vilagarcía dende hai tres anos, coa participación de medios da Xunta de Galicia, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da administración municipal. A actuación simulou un conato de incendio que se iniciou na parte alta do poboado que se atopa nesta illa, e que afe...
OBXECTIVOS CUMPLIDOS EN CHINA 06.06.2018 1:08
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés considera cumplidos os obxetivos da viaxe promocional realizada a semana pasada a China. O delegado de turismo, Gonzalo Pita, participou no Foro Internacional de Alcaldes, en representación da comarca e chega con compromisos acadados: Unha visita próxima dunha delegación chinesa á comarca do Salnés e un convenio de colaboración te...
A ARRIBADA GAELICA VOLVE A CAMBADOS ESTA FIN DE SEMANA 06.06.2018 2:21
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados acolle esta fin de semana e por segundo ano, o Trofeo Arribada Gaélica da Ría de Arousa, un evento no que se misturan o fútbol gaélico, embarcacións tradicionais e música. A Arribada comezará o venres día 8, cunha ruta pola ría de Arousa que partirá as 17 horas do Porto de Tragove e na que participarán 12 embarcacións tradicionais procedentes de C...
A MUTILACION XENITAL FEMENINA NON E UNHA PRACTICA ALLEA AO NOSO ENTORNO 06.06.2018 1:19
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A exposición itinerante “Erradiquemos a Mutilación Xenital Femenina” chega a Cambados da man de Mulleres en Igualdade. Son 35 ilustracións de artistas españois que ofrecen diferentes visións dunha práctica que, segundo datos de Unicef, sufren 200 millóns de mulleres e nenas en todo o mundo, sobre todo as menores de cinco anos. A mostra poderase visitar no...
CHARLA EN CAMBADOS SOBRE COMO ELEXIR OS SERVIZOS DE TELEFONIA E INTERNET 06.06.2018 1:17
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados continúa enchendo de contidos o programa “Cambados Emprende”. Nesta ocasión, a Concellería de Promoción Económica organiza para o próximo 14 de xuño unha charla aberta sobre telefonía e internet destinada a emprendedores e veciños en xeral. Será en Exposalnés ás 20.30 horas e a asistencia é gratuita previa inscripción. A intención é...
O DESTAPA VILAGARCIA COMEZA O 8 DE XUÑO CON NOVIDADES 05.06.2018 1:31
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os hosteleiros de Vilagarcía adiantase ao inicio da tempada estival cunha nova edición do Destapa Vilagarcía que dende o 8 ata o 17 de xuño ofrece a posibilidade de degustar 16 elaboracións do máis variadas. Salmón afumado, carrilleiras de terneira, carne de cervo ou lasaña de marisco son algunas das propostas de esta VIII edición que ademáis, incorpora un...
CAMBADOS MELLORA CAMIÑOS EN CASTRELO E CORVILLON 05.06.2018 2:17
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados acaba de realizar diversas actuacións de melloras de camiños en puntos de Castrelo e Corvillón mediante fondos do Agader. Concretamente, foron actuacións que supuseron un orzamento de de 43.995,62 € e cunha baixa de 6.825,25 € sobre o prezo de licitación (50.820,87 €). Así o explicaba o Concelleiro de Obras de Cambados, José Ramón Ab...
PP E SAL CELEBRAN UN ANO DE GOBERNO EN SANXENXO CON ARMONIA E ESTABILIDADE 05.06.2018 2:35
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O goberno local de Sanxenxo fixo esta mañá valoración do primeiro ano de mandato bipartito entre o PP e Sal, despóis de que Gonzalo Pita cedera a alcaldía ao popular Telmo Martín. Un tempo de goberno compartido que ambas formacións consideran moi positivo e tanto o alcade Telmo Martín como o líder de Sal, Gonzalo Pita, resaltaron a estabilidade e armonía d...
A XUNTA DESTACA EN RIBADUMIA O POTENCIAL DO SECTOR DA CONSERVA 04.06.2018 1:10
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Xunta destaca en Ribadumia o potencial do sector da conserva en Galicia, que supón o 3% do produto interior bruto e representa o 6,5% do emprego industrial. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitaron hoxe as instalacións de Conservas La Brújula. Ambos incidiron en que “o traballo de e...
O PSOE LEVA AO PARLAMENTO A RECUPERACION INTEGRAL DA RIA DE AROUSA 01.06.2018 1:08
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Parque Natural de O Carreirón de A Illa de Arousa foi o lugar escollido polo grupo parlamentario socialista para presentar diversas iniciativas sobre sostenibilidade medioambiental e aproveitamento da Ría de Arousa que levará ante a Cámara galega. Os detalles explicábaos o portavoz do grupo socialista, Xaquín Fernández Leiceaga, acompañado da deputada Pa...
VILANOVA SUMASE AO REXEITAMENTO DA MINA DE TOURO 01.06.2018 1:55
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova súmase á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa no seu rexeitamento á reactivación da mina de Touro. O goberno local colocou esta mañá unha pancarta en contra do proxecto nun acto no que tamén estiveron presentes o presidente do Consello Regulador do Mexillón de Galicia, Francisco Alcalde, e a patrona maior da confraría de Vilanova, Mª José Vales....
REACCIONS EN AROUSA AO TRIUNFO DA MOCION DE CENSURA 01.06.2018 2:37
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 En Arousa foron sucedéndose esta mañá as primeiras reaccións ante o triunfo da moción de censura presentada polo PSOE contra Rajoy que converte a Pedro Sánchez no novo presidente do goberno de España. En Vilanova, o alcalde popular Gonzalo Durán exprésase partidario dun proceso de renovación profunda do partido. E dende as filas socialistas, tamén se pronu...
UNHA DOAZON DA FAMILIA PILLADO AMPLIA O LEGADO DE CABANILLAS EN CAMBADOS 31.05.2018 1:45
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados amplía o seu legado sobre o escritor Ramón Cabanillas a través dunha doazón da familia Pillado Silvoso. O salón de plenos de Cambados acolleu está mañá o acto de cesión por tempo ilimitado de numerosas cartas, fotografías e libros do autor que conservaban os irmáns Pillado. Trátase de numerosas cartas e postais manuscritas que Ramón...
CURSO SOBRE O NOVO REGULAMENTO DE PROTECCION DE DATOS EN CAMBADOS EMPRENDE 31.05.2018 2:06
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados continúa promovendo cursos para a formación de emprendedores dentro do programa “Cambados Emprende”. A seguinte acción formativa aborda o novo regulamento europeo de Protección de Datos mediante un curso que terá lugar do 11 ao 22 de xuño no Viveiro de Empresas de Cambados, de luns a venres e de 20 a 22 horas. Os asistentes poderán c...
A XIMNASIA RITMICA ESTREASE EN CAMBADOS NUN TORNEO CON 500 PARTICIPANTES 31.05.2018 1:27
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados acolle este sábado 2 de xuño o I Torneo Vila de Cambados de Ximnasia Rítmica organizado polo club Grand Jeté e o Concello. Será no pavillon de O Pombal de 10 a 20 horas, con descanso para xantar, e coa presencia duns 500 participantes de 33 clubes de Galicia e 1 de Asturias. Unha disciplina que vai crecendo en adeptos cos anos, tal como decía o co...
BAION RECUPERA OFICIOS E COSTUMES NUNHA MOSTRA O 9 E O 10 DE XUÑO 30.05.2018 1:53
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Asociación O Castro de Baión ten xa todo preparado para a celebración da Mostra de Oficios, Costumes e Fotos Populares. Será os días 9 e 10 de xuño no campo da Igrexa de Baion coa participación no evento dunhas 200 persoas. Recuperar as tradicións cara os máis novos e que os maiores rememoren a vida pasada dos anos 60 son os obxectivos desta Mostra na qu...
OS EMIGRANTES RETORNADOS TRASLADAN AS MOBILIZACIONS A CAMBADOS 30.05.2018 1:21
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os Emigrantes Retornados do Salnés trasladaron hoxe a Cambados as súas mobilizacións nunha nova manifestación en defensa das súas demandas. Siguen pedíndolle ao goberno do Estado que poña fin ao que consideran “discriminación fiscal” do seu colectivo. Así o decia o seu portavoz, Xosé Lois Leirós, durante a protesta que partiu dende a Escalinata de San Tomé...
O FESTIVAL DE ESTIO PROPON ESTE ANO DOCE MICROESCEAS CON CONTOS, TEATRO E MAXIA 30.05.2018 1:45
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Parque Miguel Hernández de Vilagarcía será o sábado 16 de xuño, dende ás 11.30 horas, o escenario do Festival de Estío co que os máis pequenos da vila poden dar a benvida ao verán. Este ano, o Festival únese ao programa de dinamización lingüística Apego, nunha gran xornada de encontro para as familias, chea de música, de xogos educativos e de espazos par...
O CONVENIO DO ALBARIÑO INCLUE UNHA RECEPCION AS ADEGAS GAÑADORAS 29.05.2018 3:34
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, e representantes do Consello Regulador Rías Baixas ultimaron o acordo sobre os controvertidos horarios de peche das casetas da Festa do Albariño. Finalmente, o acordo acadado axústase ao cumprimento da lei autonómica e prevé que os stands deixen de servir entre as tres e as catro da madrugada. Agora, o documento deberá...
O PP PROVINCIAL DENUNCIA QUE A DEPUTACION NON EXECUTOU A METADE DO EXERCICIO DO ANO PASADO 29.05.2018 0:27
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo provincial do Partido Popular denuncia que a Deputación pechou o pasado exercicio coa metade do orzamento sen executar. En total cifra en 163 millóns de euros a cantidade que quedou na caixa debido o que califica como paralización do goberno bipartito. Concretamente no Salnés, os populares aseguran que non se está a executar ningunha obra nova xa q...
O SALNES BUSCA AUMENTAR O TURISMO RUSO NA COMARCA 28.05.2018 1:22
#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés non perde de vista o mercado do Turismo Ruso. Por tal motivo, aproveitando unha visita que unha delegación institucional e comercial de Rusia realiza a Galicia, a entidade comarcal mantivo esta mañá un encontro de traballo co embaixador e os representantes do país en España. Durante un almorzo no Parador de Cambados, analizaron as...
Similar podcasts
Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.