Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A RUA ISABEL II DE CAMBADOS PECHASE AO TRAFICO AS FINS DE SEMANA DE VERAN 21.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A rúa Isabel II de Cambados quedará pechada ao tráfico rodado as fins de semana e festivos durante os meses de xullo e agosto. Concretamente, os coches non poderán circular dende as 20 horas dos venres ata as 9 horas dos luns. Unha nova reordenación do tráfico pensada para mellorar a seguridade viaria en entornos do casco urbano moi frecuentados por veciño...

A MANCOMUNIDADE BUSCA NUN NOVO VIDEO ATRAER A XUVENTUDE E FAMILIAS 21.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés ten listo un novo vídeo promocional da comarca, elaborado por Canal Rías Baixas, destinado a atraer sobre todo á xuventude e as familias ao turismo de vivencias. Actividades náuticas, senderismo ou experiencias presenciais sobre o traballo nas bateas ou a elaboración do viño son parte das propostas que a Mancomunidade quere promoc...

VARELA RESPALDA AS COMISIONS DE FESTAS ANTE PORTOS 20.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía respalda ás comisións de festas do municipio que solicitaron a súa mediación ante Portos de Galicia co fin de que “o organismo flexibilice as duras normas” decretadas para a celebración dos eventos festivos en terreos portuarios. Consideran especialmente abusivo o pago dun aval mínimo de 3.000 euros, dos que aseguran carecer dado q...

TRANQUILIDADE NO CONCELLO ANTE A RENUNCIA DO SERGAS DE PECHAR SAN ROQUE POLAS TARDES 20.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, amosou esta mañá a súa tranquilidade despois de coñecerse que o Sergas manterá o horario do ambulatorio de San Roque tanto na quenda de mañá como na da tarde. O cambio de posición prodúcese despois de que o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, non desbotara a eliminación da apertura das tardes durante a s...

CAMBADOS INSTALA CAIXAS-LIBRO EN TRES ZONAS AXARDINADAS 20.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Concellería de Cultura de Cambados instala Caixas Libro en tres zonas axardinadas do municipio para que os veciños collan e depositen exemplares de lectura. Concretamente, as estructuras, con porta de cristal para poder comprobar a simple vista o seu contido, estarán ubicadas no Parque Torrado, no entorno da Biblioteca e na Praza de San Roque, ao carón d...

O PP DE CAMBADOS VOLVE A DENUNCIAR A FALTA DE TRANSPARENCIA DO CUATRIPARTITO 19.06.2018

O Portavoz do PP de Cambados, Luis Aragunde, volve a denunciar o que considera "falta de transparencia" do equipo de goberno. Neste caso, a reclamación está relacionada coa falta de resposta por parte do goberno local aos escritos presentadas polos populares nos que solicitan a remisión dos acordos plenarios das mocións levadas a pleno. Aragunde explica que levan casi un ano presentando peticións...

A SENDA PEONIL ENTRE RIBADUMIA E CAMBADOS ESTARA LISTA EN 8 MESES 19.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 En 8 meses estará rematada a senda peonil e ciclista que a Xunta de Galicia está a executar no marxe dereito da estrada PO 300, nos concellos de Cambados e Ribadumia. A senda iníciase no punto da primeira intersección de acceso ao polígono industrial do Salnés ata conectar coas beirarrúas de Sameiro e Vilariño. As obras foron adxudicadas á empresa Marconsa...

EDUCACION IMPULSA UNHA NOVA MATERIA EN BACHARELATO SOBRE IGUALDADE 18.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os alumnos que cursen Bacharelato a partir do vindeiro curso terán unha nova materia de libre configuración autonómica que pretende impulsar valores de igualdade. Chámase “Coeducación para o século XXI” e foi presentada esta mañá en Vilagarcía, no Instituto Castro Alobre, por parte do Conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o vicepresidente da Xunta,...

O CONTROL POR VOZ NOS DRONS, NOVIDADE DO CAMPUS TECNOLOXICO DE CAMBADOS 18.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados abre a segunda edición do Campus Tecnolóxico de Verán, que terá lugar durante os meses de xullo e agosto, con grupos de 8 alumnos por semana. A iniciativa desenvolverase este ano no IES Ramón Cabanillas e a matrícula será de 55 euros para os empadroados no municipio. Desta volta, o Campus seguirá abordando temas como o deseño e impresión 3D, robót...

O BNG DE SANXENXO CUESTIONA A CONTRATACION DA FEIRA MULTISECTORIAL 18.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O BNG de Sanxenxo cuestiona o procedemento de contratación da Feira Multisectorial que comezou o pasado día 15 e se prolongará ata p 15 de setembro. O grupo nacionalista asegura que non existen as melloras técnicas e estéticas incluidas na oferta da empresa adxudicataria porque as carpas son as mesmas de edicións anteriores e ademáis a instalación dunha ce...

DUAS PROBAS DE BTT ENCHERAN SANXENXO ESTE SABADO 18.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Sanxenxo acolle este sabado 23 de xuño a VI Mini BTT e o Campionato de Galicia de Mountain Bike XC adultos organizado polo Club Ciclista Corbelo. A organización agarda a participación de 300 ciclistas infantis pola mañá e máis de 175 adultos na quenda de tarde, así como a visita dunhas 2000 persoas a Sanxenxo. O percorrido sairá de Punta Cabicastro e será...

A NOVA RESONANCIA MAGNETICA MOBIL ESTARA VARIOS DIAS NO HOSPITAL DO SALNES 15.06.2018

O Hospital do Salnés dispón durante estes días da nova resonancia magnética móbil que o Sergas habilita para dar cobertura aos hospitais comarcais. O Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, visitou esta mañá o centro de Rubiáns para comprobar o funcionamento desta unidade que a vindeira semana se trasladará ao hospital de Burela.

AS SONATAS DE VERAN CHEGAN A VILANOVA REPLETAS DE ACTIVIDADES 15.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova ten preparado un amplo programa das Sonatas de Verán, que comezan o 8 de xullo coa actuación do grupo Milladoiro. A Gala do Folclore Internacional “ O Mundo a Dançar”, o 10 de agosto, Noite de Monólogos con David Perdomo e Oswaldo Digón o 12 de agosto e Treixadura o 18 de agosto son parte dos múltiples eventos do programa. Ademáis, os máis pequeno...

A FESTA DA PAELLA REPARTIRA MAIS DE 600 RACIONS ESTE DOMINGO EN VILANOVA 14.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Festa da Paella de Vilanova converteuse xa nunha cita habitual do inicio do verán, promovida pola comisión de festas de San Pedro para recadar fondos. O evento gastronómico será este domingo 17 de xuño no Pazo de Vista Real onde se servirán máis de 600 racións a un prezo de 10 euros, con bebida e postre incluidos. Nolo contaba Iago González, un dos organ...

RIBADUMIA CONSIGUE O APOIO DA XUNTA PARA LEGALIZAR O TINTO DE BARRANTES 14.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Satisfacción no goberno local de Ribadumia porque a Consellería do Medio Rural abre a posibilidade de legalizar o viño tinto de Barrantes, que actualmente non se pode comercializar por elaborarse coa variedade híbrida de Folla Redonda. O alcalde, David Castro, acompañado do presidente da Mancomunidade do Salnés reuníuse en San Caetano coa Conselleira do Me...

XOGADORES DA ESCOLA DE FUTBOL DE ANGOLA DE NOVO EN CAMBADOS 13.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O salón de plenos de Cambados acolleu esta mañá unha recepción institucional ao equipo infantil de futbol de Angola "AFA Luanda", que pola tarde xogará un torneo triangular no Pombal contra o equipo do Juventud de Cambados e o equipo xaponés do Kashiwa. É a terceira ocasión na que os xogadores angoleños visitan Cambados para participar en diferentes activi...

CAMBADOS CONTINUA A CAMPAÑA CONTRA O PECHE DO CENTRO DE SAUDE POLAS TARDES 13.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados continúa a campaña de protesta contra a decisión do Sergas de pechar o centro de saude do municipio durante as tardes dende xullo a setembro. Trala manifestación do pasado 1 de xuño, agora o grupo de goberno de Somos Cambados estará presente todos os mércores diante do centro de saúde para informar á cidadanía mediante o reparto de d...

O VIDEA FEST VOLVE A MISTURAR MUSICA, CINE E VIÑO NUNHA COMBINACION PERFECTA 13.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Videa Fest de Cambados regresa este ano cun programa centrado en catro días con novas adegas que se foron sumando ao proxecto, recuperando novos espazos e engadindo novos productos de calidade. Serán catro experiencias en espazos ou entornos vitivinícolas nas que se misturan cine, paisaxe, gastronomía, arte, música e viño. Nesta segunda edición as activi...

VILALONGA REFORZA AS SUAS FESTAS E RENDE HOMENAXE AO MEXILON 13.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilalonga terá este ano un reforzado programa de actividades para celebrar as súas festas patronais, que se prolongarán dende 27 de xuño ata o 5 de agosto con numerosas verbenas e actividades lúdicas e relixiosas. Pero sobre todo, a gran novidade será a I Festa do Mexilón, que se celebrará os días 7 e 8 de xullo. O obxectivo é promocionar este produto gast...

A PRAZA DE FEFIÑANS E A RUA PRINCIPE PECHADAS AO TRAFICO EN XULLO E AGOSTO 12.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Praza de Fefiñáns e a Rúa Príncipe de Cambados quedarán pechadas ao tráfico rodado durante os meses de xullo e agosto. O goberno municipal adoptou a decisión como medida de seguridade viaria en base a un informe da policia local e tras os dous accidentes rexistrados nesta zona o pasado mes de xaneiro. A actuación non conta co respaldo unánime dos hostele...

O CAMPUS DE VERAN DO CELTA FORMARA A 50 RAPACES NO CAMPO DE BERDON 12.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O campus de veran da Fundación Celta de Vigo regresa a Vilagarcía entre o 16 e 20 de xullo. As actividades desenvolveránse no campo de fútbol municipal de Berdón de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e está dirixido a 50 rapaces de entre 4 e 14 anos de edad. A inscripción pode realizarse a través da web www.fundacioncelta.com e terá un custe de 130...

O CONCELLO ADQUIRE UNHA ANTIGA PROPIEDADE DOS CHARLINS PARA UBICAR O ARQUIVO 11.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova acaba de adquirir un local antiga propiedade do clan dos Charlíns, agora xestionado polo Plan Nacional Antidrogas, para incrementar o patrimonio municipal e reubicar servizos. O inmoble, duns 700 metros cadrados, está ubicado na Avenida das Sinas e será destinado a acoller o arquivo municipal, que actualmente se encontra na planta su...

A inversion da deputacion en vilanova superara os 5 millons de euros 11.06.2018

hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O grupo provincial do PSOE fixo balance esta mañá en Vilanova das inversións da Deputación de Pontevedra no municipio nestes 3 anos de goberno. O Secretario provincial David Regades cifrou en 4'5 millóns de euros as partidas destinadas ata o de agora a Vilanova en materia de cooperación a través do Plan Concellos, en cultura, cohesión social ou mobilidade,...

A PROTECTORA DE VILAGARCIA E XA NUCLEO ZOOLOXICO TRAS VARIAS REFORMAS 08.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O refuxio de Animais de Vilagarcía ten xa a declaración de núcleo zoolóxico pero para elo foi necesaria a realización de diversas melloras sufragadas polo Concello cunha inversión duns 4.000 euros. Un importe que se suma á ampliación do convenio entre a protectora e o Concello que pasa de 15.000 a 25.000 euros. A reforma consistiu na separación da zona de...

COMEZAN AS OBRAS DE REFORMA DO CENTRO DE SAUDE DE A ILLA 08.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Illa de Arousa poderá contar co reformado centro de saúde a partir do vindeiro outubro. A empresa Copcisa, adxudicataria do proxecto por un importe de 342.000 euros, comezou as obras que permitirán aumentar a superficie do centrode saúde en máis de 500 metros cadrados. Ademáis, habilítanse novas consultas e instálase un ascensor para rematar cos problema...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.