Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

A FISCALIA PIDE QUE SE DESESTIME A DEMANDA DE OUBIÑA CONTRA AVENDAÑO 04.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Laureano Oubiña e Carme Avendaño encontráronse esta mañá nos Xulgados de Vilagarcía a consecuencia da demanda presentada polo cambadés contra a presidenta de Érguete por insinuar nunha entrevista de televisión que traficaba con otras drogas ademáis do haxís. A Fiscal solicitou que se desestime a demanda argumentando que a "libertade de expresión debe prima...

DURAN SERA NOMEADO CABALEIRO DE HONRA DOS LEXIONARIOS 03.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Vilanova será nomeado Cabaleiro de Honra da Irmandade de Veteranos Lexionarios de Galicia. O recoñecemento seralle outorgado durante a V Concentración que o colectivo celebra dende este venres ata o domingo na vila, con diferentes actividades que explicaba esta mañá o portavoz da Irmandade lexionaria.

VILAGARCIA CHAMA A CIDADANIA A DOAR SANGUE EN VERAN 03.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos, (ADOS), impulsan de novo a campaña de verán de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 500 doazóns cada día. A unidade móbil de ADOS estará na cidade a finais desta semana ubicada na zona peonil da rúa Castelao. O xoves e o venres de 10 a...

O CAMPO DE ANDRAS ESTARA ACONDICIONADO PARA AS FESTAS PARROQUIAIS 02.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova empezou esta mañá o acondicionamento do aparcadoiro e do campo de festas de András. A previsión é que os traballos estean listos para a segunda quincena de agosto, cando se celebren as festas parroquiais, tal como nos explica o alcalde, Gonzalo Durán.

VILANOVA AGARDA COMEZAR A REXENERAR A PRAIA DE A BRAÑA EN SETEMBRO 02.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova agarda acometer a primeira fase da rexeneración da praia de A Braña no mes de setembro. Para elo, o goberno local pediu á Consellería do Mar que axilice o máximo posible a tramitación do permiso necesario para levar a cabo unha actuación moi reclamada pola veciñanza. A aportación de area tamén necesita o permiso da confraría de pesca...

PRIMEIRA PARADA DO ENOBUS, A ADEGA DON OLEGARIO E A FUNDACION MANOLO PAZ 02.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Enobús de Cambados comezou a rodar esta mañá permitindo a visitantes e veciños disfrutar de visitas a adegas misturadas con experiencias. A xornada inaugural trasladou o Enobús ata a adega don Olegario e a Fundación Manolo Paz con impresións moi positivas por parte dos usuarios, segundo nos contaba o Concelleiro de Enoturismo, José Ramón Abal. Este ano,...

A MANCOMUNIDADE IMPULSA A DIXITALIZACION DOCUMENTAL NO EMPREGA SALNES VI 29.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os 6 alumnos do Curso de Dixitalización Documental da Mancomunidade do Salnés comezan os seus traballos formativos no Museo de Lis en Meaño e posteriormente trasladaranse a espazos municipais de O Grove e Portonovo. Trátase dunha iniciativa enmarcada dentro do Obradoiro Emprega Salnés VI cunha duración de 25 horas. Durante a mesma, os alumnos aprenden a di...

CONCELLO E D.O ASINAN O CONVENIO DA FESTA DO ALBARIÑO DESTE ANO 29.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A alcaldesa Fátima Abal e o presidente do Consello Regulador da D.O Rías Baixas, Juan Gil de Araujo, asinaron esta maña o convenio para a celebración da Festa do Albariño deste ano. O documento establece o horario de peche dos stands de venda segundo a norma autonómica, é dicir, ás tres e media da madrugada. Un convenio no que, segundo ambos, demostra a bo...

AMPLIAN A REFORMA DA PISCINA DE CAMBADOS CON NOVOS VESTIARIOS 29.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A reforma da piscina de Cambados incluirá a creación duns novos vestiarios debido o estado de deterioro dos actuais. A ampliación da obra supón un incremento de 490.000 euros no convenio asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Cambados, que asumirá íntegramente a institución provincial. En todo caso, esta nova actuación non aumentará o pra...

O SALNES PODE CHEGAR A UNHA OCUPACION DO 78% EN XULLO E AGOSTO 29.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os meses de xullo e agosto poden chegar ao Salnés cunha ocupación hoteleira dun 78%. Son datos que ofreceu esta mañá a presidenta da Deputación, Carmela Silva, sobre as estimacións para este verán na provincia, que se sitúan entre o 80% e o 90%, dous puntos superiores ás do pasado 2017. Por comarcas, as estimacións que manexa a Deputación de Pontevedra ser...

O PP DE CAMBADOS RETIRARA A MOCION SOBRE OS CARTEIS DE CAMPONARAYA 28.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello leonés de Camponaraya xa retirou os carteis que promocionaban unha excursión ás Rías Baixas coa expresión a costa da Fariña. Foi o portavoz do PP de Cambados, Luis Aragunde, o primeiro en denunciar a situación e agora, solventado o problema, adianta que retirará a moción que ía a presentar no pleno da vindeira semana con respecto a este asunto....

CAMBADOS PROXECTARA O PRIMEIRO FILM GALEGO SOBRE TEMATICA LGTBI 28.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Hoxe celébrase o Día do Orgullo LGTBI con numerosos actos nos concellos das nosas comarcas que incluen a lectura de manifestos a favor da diversidade sexual e a colocación da bandeira arcoiris que luce xa nos balcóns da meirande parte das casas consistoriais. En Cambados, a alcaldesa Fátima Abal presentou a película “Nove de Novembro”, que se proxectará o...

VILANOVA E A XUNTA INVISTEN 150.000 € PARA CONTINUAR A REFORMA DO CLUB DE XUBILADOS 28.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova e a Xunta asinaron esta mañá un convenio para a segunda fase de reforma do club de xubilados. O acordo supón un investimento de 150.000 euros e o goberno municipal pretende empezar as obras despóis do verán. Así nolo explicaba o alcalde, Gonzalo Durán, trala sinatura do convenio co Conselleiro de Servizos Sociais.

Meis rende culto a san bieito e aos callos nunha ampla programacion 28.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Meis xa está preparado para dar comezo esta fin de semana ás Festas de San Bieito e dos Callos que se extenderán ata o 11 de xullo. A concelleria de Cultura conta con amplo programa de actividades para a celebración dos festexos que este ano se iniciarán, como novidade, cun torneo de fútbol burbuxa este sábado dende as 10 horas. Despois, o do...

VILANOVA ABRE UN NOVO CAMPUS TECNOLOXICO DE VERAN 27.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova pon en marcha a terceira edición do Campus Tecnolóxico de Verán. Durante os meses de xullo e agosto un máximo de 16 nenos e nenas por semana poderán aprender robótica, impresión 3D, e como novidade este ano, realidade virtual. Ademáis, debido ao interés dos rapaces por participar neste Campus, esta edición crea dous grupos de aprendizaxe: nivel me...

CAMPONARAYA RETIRA OS CARTEIS RIAS BAIXAS, COSTA DA FARIÑA 27.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde do concello leonés de Camponaraya, Eduardo Morán, ordenou a retirada dos carteis onde unha empresa privada anunciaba unha excursión ás Rías Baixas, promocionada como “ a costa da Fariña”. A polémica en Cambados coñeceuse a través do portavoz do PP, Luis Aragunde, que anunciaba unha moción no pleno da vindeira semana para que a corporación envie a...

CREASE A PRIMEIRA PROMOCION DE VIXIANTES AEREOS DE PARQUES MARISQUEIROS 26.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Emprega Salnés VI, promovido pola Mancomunidade e financiado pola Xunta, creará a primeira promoción de vixiantes aéreos de parques marisqueiros, a través de dróns, que se forman en toda España, polo que as súas expectativas laborais son moi altas. Uns 14 alumnos reciben formación dende mediados deste mes no Curso de “Vixiancia Nocturna con Dróns” no que...

TELMO MARTIN NON DIMITIRA POLO CASO DOS SOBREPREZOS DE NAVIA 26.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, non está disposto a consentir que os seus rivais decidan as responsabilidades políticas que ten que asumir polo caso dos sobreprezos de Construcuatro na venta de pisos en Navia. O rexedor respondía así aos grupos da oposición municipal e no Parlamento Galego que pediron a súa demisión trala sentencia do Tribunal Supremo...

COMEZAN OS CONCERTOS DE VARIETES NA RUA MENDEZ NUÑEZ DE VILAGARCIA 26.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Ás noites dos xoves e venres da rúa Méndez Núñez en Vilagarcía volven soar de xeito diferente. Dende este xoves comeza o programa de concertos Varietés, que se alogará ata o 3 de agosto e que por oitavo ano consecutivo organizan os hosteleiros da rúa Mendez Núñez co fin de animar ás terrazas da céntrica rúa con actuacións musicais de diferentes xéneros. As...

A CIG DENUNCIA O IMCUMPLIMENTO XERALIZADO DO CONVENIO DE HOSTELERIA 25.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O sindicato CIG denuncia o incumplimento xeralizado do convenio provincial do sector da hostelería. O acordo establece que cociñeiros e camareiros deben deben cobrar entre 1400 y 1685 brutos dependiendo de se trabajan en hotel, restaurante o bar, a una media de 8 euros a hora e 14 euros si é extra. A xornada debe ser de 8 horas de luns a domingo con descan...

O CURSO DE VERAN DA USC EN VILANOVA VERSARA ESTE ANO SOBRE ARQUITECTURA CIVIL NO SALNES 25.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Pazo de Vista Real, de Vilanova, acollerá do 16 ao 19 de Xullo un novo curso de Verán da Universidade de Compostela, sobre arte, historia, xeografia e cultura na comarca de O Salnés. Nesta V edición, o programa abordará sobre todo a arquitectura civil, como o Xacemento de Besomaño, os Pazos, os Piornos e Torres de Defensa, así como os Louceiros de Bamio,...

A ILLA VOLVE A FUSIONA ARTE E NATUREZA EN O MAR NUNHA FLOR 22.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDía #de12a1430 A Illa de Arousa volve a fusionar música, arte e natureza no programa "O Mar nunha flor" que comeza o 31 de xullo e se prolongará ata o 4 de agosto, organizado, un ano máis polos artistas Uxía e Carlos Blanco. O festival cultural comezará o 31 de xullo, cun obradoiro de fotografía escénica e o concerto dos profesores da escolar de música municipal. O mércores...

OS PANOS BRANCOS CONTRA A DROGA SERAN ESTE ANO EN VILANOVA 22.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDía #de12a1430 A campaña Panos Brancos contra a droga, que cada ano celebra a Fundación Galega contra o Narcotráfico por diferentes puntos de Galicia, será esta vez en Vilanova. Os actos desenvolveranse o vindeiro martes 26 de xuño, coincidindo co Día Internacional contra a Droga. Comezarán ás 12 horas na Praza do Concello, coa habitual lectura do manifesto e solta de globos...

CAMBADOS CONTROLARA QUE AS TERRAZAS PERMITAN O PASO DE CADEIRAS DE RODAS E BEBES 22.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDía #de12a1430 O Concello de Cambados comeza estes días a velar polo cumplimento da ordenanza de terrazas consensuada o ano pasado co sector hosteleiro do municipio. O obxectivo é que se permita o paso de cadeiras de rodas e de bebés, ante as queixas e denuncias recibidas o ano pasado pola falta de paso para estes usuarios. Axentes da policía local e técnicos municipais revi...

TAQUILLA PARA O AUDITORIO DA XUVENTUDE E BEIRARRUAS PARA A RUA SEVILLA 21.06.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Auditorio da Xuventude de Cambados contará en breve cunha taquilla onde a Escola de Música poida atender ao público. Foi unha dos acordos da reunión da comisión técnica de Patrimonio Histórico Municipal, celebrada esta mañá, coa presencia de técnicos da Xunta de Galicia, técnicos municipais, un representante do colexio de arquitectos e presidida polo con...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.