Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

OS CONCERTOS DO ALBARIÑO TERAN CONTROIS DE ACCESO E NON SE PODERA ENTRAR CON VIDRO 19.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados ten preparado xa o dispositivo de seguridade para a Festa do Albariño deste ano, que quedou consensuado na Xunta Local de Seguridade celebrada esta mañá coa presencia da subdelegada do goberno, Maica Larriba. Nesta edición, o Concello establecerá un control de aforo para os concertos de venres e sábado da Praza de Fefiñáns cun máximo...

MELLORAS EN CAMIÑOS DE MEIS PARA FIXAR A POBOACION NO RURAL 18.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e o alcalde de Meis, José Luis Pérez, comprobaron esta mañá en Meis as obras executadas dentro do Plan Marco 2017-2018. Foi inha inversión de 68.000 euros que permitiu actuacións na mellora de camiños en Penente, O Pazo, Paiendes e Zacande. A obra consistiu na mellora dos firmes dos c...

MAIS DE 6.300 ESPECIES HABITAN NAS AUGAS DE GALICIA 18.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Galicia dispón xa dun catálogo das especies que habitan nas nosas rías. O Centro de Investigacións Mariñas, ubicado en Corón, en Vilanova, acolleu esta mañá a presentación do "Inventario da biodiversidade mariña de Galicia", elaborado pola Xunta, no que se documentan 6.381 especies, das que moitas delas están na Ría de Arousa. No seu conxunto, ademáis, sup...

CAMBADOS CLAUSURA O OBRADOIRO DE EMPREGO DE REXENERACION URBANA E MEDIOAMBIENTAL 17.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados clausurou esta mañá o Obradoiro de Emprego de Rexeneración Urbana e Medioambiental no que 20 alumnos desempregados recibiron formación en carpintería e xardinería á vez que realizaron diferentes actuacións en espazos públicos do municipio. Entre elas a limpeza e prevención de incendios no Monte da Pastora, a sinalización das rutas do...

A FESTA DO ALBARIÑO ESTARA ESTE ANO LIBRE DE VIOLENCIAS MACHISTAS 17.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Festa do Albariño de Cambados será este ano un Espazo Libre de Violencias Machistas a través dunha novidosa iniciativa que porá en marcha o Concello en colaboración con diversas asociacións de mulleres do municipio. Baixo o lema “Busca mulleres co brazalete morado”, grupos de voluntarias, previamente formadas, estarán distribuidas por distintas zonas do...

CONCERTOS NA RUA PARA CLAUSURAR O CURSO INSTRUMENTAL CIDADE DE VILAGARCIA 17.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía acolle dende mañá o III Curso Instrumental Cidade de Vilagarcía no que músicos de renome do país impartirán clases maxistrais. A formación terá lugar no Auditorio de Vilagarcía de Arousa do 18 ao 21 de xullo e nela participarán 70 alumnos da Escola de música e do Conservatorio de Vilagarcía e de outros lugares de Galicia. Contará con docentes co...

CAMBADOS VOLVE A PROMOVER A VELA TRADICIONAL NUNHA NOVA ESCOLA DE VERAN 16.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados e as Asociacións de Vela do municipio organizan a terceira edición da Escola de Vela Tradicional de Verán na que 40 alumnos maiores de 13 anos poderanse iniciar nesta modalidade de navegación. Pensando nos máis pequenos, para o vindeiro ano os organizadores barallan a posibilidade de habilitar unha zona preto de terra que sirva para...

CHEGA AO SALNES A PRIMEIRA DELEGACION CHINESA 16.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Salnés recibe a primeira delegación china tralas xestións realizadas pola Mancomunidade o pasado mes de xuño no Forum Internacional de Alcaldes celebrado no pais asiático. É unha viaxe de tres días nos que xa participaron na procesión do Carme de Cambados e puideron coñecer in situ o cultivo do mexillón nunha batea. Na axenda tamén se inclue visita a ade...

A NOVA GARDERIA DE VILAXOAN TERA SEIS AULAS PARA 82 PRAZAS 13.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As obras da nova gardería de Vilaxoan avanzan a bo ritmo e poden estar rematadas no mes de setembro ainda que o prazo de execución é a finais de ano. Son as estimacións do alcalde, Alberto Varela, durante a visita realizada para supervisar o desenvolvemento dos traballos tralo lixeiro retraso sufrido pola necesidade de cambiar a maraña de tuberías de sanea...

UN CONCERTO DE MANSO E AMIGOS PARA DINAMIZAR FEFIÑANS 13.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Cambados quere dinamizar o entorno recén peonalizado de Fefiñáns e por eso, en colaboración con Zona Centro, organizou un Concerto de Manso e Amigos que terá lugar o mércores 18 de xullo, festivo local, ás 21.30 horas. Ademáis, a Asociación de Comerciantes ten xa aberto o prazo ata o 3 de agosto para participar no tradicional Concurso de Cami...

PREPARAN UNHA NOVA EDICION DO CLAS-CLAS ANTE O GRAN EXITO DA ESTREA 12.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía prepara unha nova edición do Clás-Clás ante o éxito obtido na súa estrea durante o 29 de xuño e o 8 de xullo. O Festival de Música Clásica Internacional, organizado polo Concello, o Conservatorio de Música e a Sociedad Filarmónica, reuniu na vila a 37 profesionais de nivel nacional e internacional que fixeron de Vilagarcía a capital da música cl...

VILAGARCIA INTENSIFICA A LIMPEZA DO RURAL EN VERAN CUNHA MINIPALA DESBROZADORA 12.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Vilagarcía intensifica os traballos de limpeza e desbroce das zonas do rural e poderá acelerar as actuacións no verán mediante o uso dunha minipala desbrozadora, adquirida a través do Plan Concellos da Deputación. Así o explicaba esta mañá o Concelleiro de Obras, Lino Mouriño, nunha visita a unha das zonas de actuación en Berdón, acompañado d...

VILANOVA E A ILLA SINALIZAN TRAXECTOS ALTERNATIVOS NA SAIDA DAS PRAIAS 11.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os concellos de A Illa e Vilanova tentan poñer solucións aos continuos atascos de fin de semana cara á comarcal 549 debido á saida das praias. Os alcaldes de ambos municipios, Carlos Iglesias e Gonzalo Durán, acordaron esta mañá a sinalización de cinco traxectos alternativos para minimizar os problemas de tráfico tras cruzar a ponte.

O CINE FAMILIAR DE FANTASIO NA RUA CHEGA ESTE ANO A TODAS AS PARROQUIAS DE VILAGARCIA 11.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía pon en marcha un ano máis o ciclo de cine familiar “Fantasio na Rúa”, que este ano inclue como novidade a deslocalización da actividade por todas as parroquias. Serán 19 citas cinematográficas que se proxectarán do 14 de xullo ao 30 de setembro no entorno dos centros socioculturais de cada parroquia e en barrios do centro urbano ás 22.30 en xull...

AS NOITES DE JAZZ VOLVEN A ARMENTEIRA NO FESTIVAL INTERNACIONAL 10.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As noites de Jazz volven ao entorno do Mosteiro de Armenteira na III edición do Festival Internacional de Jazz, que se celebrará dende este xoves 12 de xullo e ata o domingo. Serán catro noites, a partir das 22 horas, nas que actuarán nomes como Quest Three, Mr. River ou a pontevedresa Andrea Taverso. Os detalles nolos explicaba o organizador do Festival,...

A II SEMANA DE OURO DO ALBARIÑO FOMENTA O GOLF DO 23 AO 27 DE XULLO 10.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Campo de Golf de Meis acolle dende o 23 ao 27 de xullo a II Semana de Ouro do Albariño. Un torneo que pretende fomentar a práctica deste deporte tanto entre veciños e turistas ao tempo que se coñecen as adegas patrocinadoras de cada xornada. Os mellores clasificados de cada día chegarán á final que terá lugar o 29 de xullo na que o Concello de Cambados e...

A FIBRA OPTICA CHEGA A BAION ANTES DO ESPERADO 09.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os traballos de instalación da fibra óptica que están a realizar os alumnos do Obradoiro Tecnolóxico da Mancomunidade do Salnés, chegan tamén ata Baión. A actuación estaba prevista para o curso formativo do vindeiro ano pero a ampliación do obradoiro fixo posible o seu adianto. Nolo contaba o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán durante unha visita á zona.

MAIS DE 125 REGATISTAS PARTICIPARAN EN VILAGARCIA NA SEMANA GALEGA DA VELA 09.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía será esta fin de semana o epicentro das competicións de Vela. O Centro Galego de Vela acollerá a Semana Galega da Vela que se celebra entre o 13 e o 15 de xullo. Nesta segunda edición, máis de 125 regatistas de clubes náuticos de toda Galicia e de España, disputarán cinco títulos oficiais de Copa Galicia máis un Campionato Ibérico. Con esta comp...

A XUNTA COLABORA COA FESTA DO ALBARIÑO DESTE ANO CON 25.000 EUROS 09.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello e a Xunta acaban de asinar o Convenio para a Festa do Albariño 2018, que comezará o 2 de agosto. A alcaldesa Fátima Abal e a Directora de Turismo da Xunta de Galicia, Nava Castro, rubricaron o acordo de colaboración para esta LXVI edición do evento por un importe de 25.000 euros, 3.000 euros menos que o convenio do ano pasado. Unha rebaixa que a...

O BNG PRESENTARA MOCIONS NOS CONCELLOS CONTRA AS TAXAS ABUSIVAS DE PORTOS 06.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O BNG presentou unha proposición non de lei no parlamento instando á Portos de Galicia a que retire as “taxas abusivas” que aplica aos concellos pola utilización de espazos públicos. Trátase dunha modificación puntual á Lei de Portos de Galicia na que, ademáis, requírese a autoridade portuaria que se acepten as desafectacións, que se cree un órgano de coor...

O parque acuatico de meis poderia ser realidade o proximo veran 05.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O concello de Meis e a Comunidade de Montes de San Vicente de Nogueira insisten nos beneficios para o municipio e a comarca que traería consigo o futuro parque acuático. Así o explicaron esta mañá o alcalde de Meis, José Luis Pérez Estevez e o Presidente da Mancomunidade de Montes, José Manuel Ruibal nunha rolda de prensa para resolver ás dubidas xeradas e...

VICTOR CAAMAÑO, UNICO CANDIDATO DO BNG DE CAMBADOS AS VINDEIRAS MUNICIPAIS 05.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O BNG de Cambados empeza o proceso de elección de candidatos para as vindeiras municipais. Somente hai unha candidatura presentada: a de Victor Caamaño, que opta a reelección nunha asamblea aberta que se celebrará esta tarde e na que non se auguran sorpresa. Así o avanzaba Victor Caamaño esta mañá na presentación da súa candidatura.

O CENTRO DE DIA DE CAMBADO ABRIRA EN SETEMBRO CON 20 USUARIOS 05.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Centro de Día de Cambados comezará o seu funcionamento no mes de setembro. Así o confirmou esta mañá o Xerente do Consorcio Galego de Benestar, Perfecto Rodríguez, durante unha visita ás instalacións, acompañado do concelleiro de Sanidade de Cambados. Na visita estivo presente tamén un representante da empresa adxudicataria da xestión do centro, a UTE co...

VILAGARCIA RECUPERA UN GRAN MURAL DE RIVAS BRIONES CEDIDO POLO BANCO SANTANDER 04.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O salón de plenos de Vilagarcía está presidido dende hoxe por un gran mural do artista Rivas Briones titulado “Alegoría da pesca, a industria e a agricultura”. O Concello recuperou hoxe este cadro, que mide 5,4 por 1,9, e que durante moitos anos estivo nas paredes da oficina de Banesto. Tralas fusións bancarias, o cadro foi trasladado as dependencias do Ba...

A MANCOMUNIDADE PLANTEA O AUMENTO DE ALUMNOS NOS OBRADOIROS DE HOSTELERIA 04.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés clausurou esta mañá o unha nova edición do Obradoiro de Hosteleria coa entrega oficial dos diplomas aos alumnos. Un novo período de formación que remata cun 90% de inserción laboral. Por elo, dende a Mancomunidade estase barallando a posibilidade de aumentar o número de alumnos nos próximos obradoiros. No acto de entrega de diplom...

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.