Pury González

Podcast AROUSA SI RADIO

News GL ↓ 3733 episodes

Información Local e Comarcal de luns a venres en Arousa Pontevedra Día a Día, a actualidade dos nosos concellos e comarcas: Salnés, Barbanza, Ulla-Umia, Pontevedra...

Be sure to visit the podcast's website and support the creator: www.ivoox.com

Author

Pury González

Category

News

Podcast website

www.ivoox.com

Latest episode

Jul 27, 2026

Where to listen?

Podcasts in the app Replaio Radio Coming soon

Podcasts are coming to the app soon. Install now and be the first to see a whole new take on podcasts

Get it on Google Play Install for free Android almost 10M downloads · 4.8 rating iOS soon

Episodes

COGAMI INICIA EN VILANOVA UN NOVO CURSO DE INTEGRACION SOCIOLABORAL 31.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 As instalacións do Centro de Desenvolvemento Local de Vilanova de Arousa acollen ata o 21 de agosto a parte teórica dun curso de limpezas de superficies destinado a persoas discapacitadas. As prácticas realizaranas en diferentes centros de traballo desde o 22 de agosto ao 12 de setembro. Este curso, cunha duración de 169 horas, é unha das accións que reali...

PROXECTO COMUN DA FUNDACION PLACIDO CASTRO COA ADEGA TERRA DE ASOREI 31.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Fundación Plácido Castro e a adega Terra de Asorei inician un proxecto en común para ensalzar a figura do que foi un dos máis recoñecidos escritores na internacionalización de Galicia. A través dun convenio que terá vigor ata o ano 2022 a adega estará presente en todos os actos organizados pola Fundación. Así o explicaban o Presidente de Terra de Asorei,...

O PRESENTADOR ROBERTO VILAR SERA CABALEIRO DO ALBARIÑO 31.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Xa coñecemos os persoeiros que este ano serán damas e Cabaleiros da Festa do Albariño, que comeza mañá en Cambados. Serán o presentador da TVG Roberto Vilar, a escritora premio Príncipe de Asturias Nelida Piñón, o presidente da adega Paco & Lola, Carlos Carrión, o presidente de Freixenet, José Luis Bonet e José Faro Rúa empresario de Brasil. O Capítulo Ser...

A FESTA DO ALBARIÑO VOLVE A FOMENTAR A RECICLAXE DE VIDRO 31.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Festa do Albariño de Cambados, que se inicia mañá, volve a fomentar a reciclaxe de vidro nunha campaña de colaboración entre o Concello, a Xunta e Ecovidro. O obxectivo é que todo o material que se xere durante os cinco días de Festa, o ano pasado foron 13 toneladas. se poida reutilizar e ademáis evitar, ao tempo, as incidencias por cortes con cristais n...

A PARCELARIA DE OUBIÑA A PIQUES DE REMATAR 30.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Avanzan os traballos da concentración parcelaria de Oubiña, en Cambados, no segundo sector, coa apertura da rede principal de camiños ao longo de 3 kms. A actuación, na que se investiron máis de 800.00 euros, comunicará Oubiña e Tremoedo e tamén os polígonos de Sete Pías e Tremoedo. Son en total 700 parcelas de 172 propietarios que, tralo asfaltado que se...

VILANOVA REPON O MURO DO ATRIO DA IGREXIA DE ANDRAS 30.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilanova realiza varios traballos de rehabilitación no entorno do campo da festa de András, para que estea todo listo antes das Festas de San Lourenzo. Concretamente, as obras consisten na reposición do muro do atrio da Igrexa, que se desprendeu recentemente, e a instalación dunha barandilla no entorno do campo. Nolo conta o alcalde Gonzalo D...

UN CONCERTO DE ROCK E A FESTA DA EMPANADA DINAMIZAN AGOSTO EN CAMBADOS 30.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados quere seguir dinamizando a programación do mes de agosto e ampliando as actividades estivais. Por eso, en colaboración con Eventos Oubiña, o martes 14 ás 20 horas os Xardíns do Pazo Torrado acollerán un concerto de rock baixo a denominación “Baco Rock Festival” e entrada de balde. Subirán ao escenario os grupos “Fe de Ratas” de Astur...

PROXECTO DE MELLORA DE ACCESIBILIDADE E PEONALIZACION PARA OS DURANS 27.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía vai poñer en marcha un plan estratéxico de reforma para o entorno de Os Duráns que se irá executando por fases. A primeira consistirá na ampliación a 3 metros das beirarrúas da Rúa Os Duráns, cun investimento de 48.000 euros financiados pola Deputación de Pontevedra. A previsión é que os traballos estean rematados antes de finais d...

A FESTA DO ALBARIÑO CHEGA A CUXHAVEN EN SETEMBRO 27.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A mancomunidade do Salnés celebrará a I Festa do Albariño na cidade xermana de Cuxhaven do 19 ao 23 de setembro. A iniciativa partiu do Concello de Cambados co fin de sumar argumentos cara á obtención da Declaración de Interese Turístico Internacional da festa cambadesa e, ao tempo, promocionar o viño Rías Baixas no que é actualmente o cuarto país destino...

VILANOVA RETOMA A CELEBRACION DO CHOQUEIVRAN 26.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova retoma este sábado 28 de xullo a celebración do “Choqueivran”, un desfile de disfraces da tempada estival organizado por parte dos colectivos implicados no Momo. A comitiva de comparsas e disfraces saldrá ás 21.30 horas de O Cabo para rematar a noite no Xardín Umbrío con actuación musical. Así o explicaba o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, dura...

A festa do albariÑo pendente de que a xunta tramite os informes de declaracion internacional 26.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Festa do Albariño terá este ano e por primeira vez unha muller como pregoeira. Será a cambadesa Merchi Alvarez en recoñecemento ao esforzo que ven facendo dende hai anos na loita contra o AME, enfermidade que ela mesma padece. Ademáis, co seu traballo está levando o nome de Cambados por todo o país. Por outra banda, esta edición do Albariño está pendente...

O PROGRAMA VACACIONS EN PAZ BUSCA NOVAS FAMILIAS PARA O VINDEIRO VERAN 24.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Os trece nenos e nenas saharauis que pasarán o verán con outras tantas familias do Salnés foron recibidos esta mañá en Vilagarcía polo alcalde, Alberto Varela, e a concelleira de Benestar Tania García. Trátase un ano mais do programa de acollemento familiar “Vacacións en Paz” promovido pola Asociación Galega co Pobo Saharaui en colaboración coa Xunta e os...

Vilanova rexistra record de peregrinos pola variante espiritual 24.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilanova rexistra record de peregrinos pola Variante Espiritual. Un total de 350 camiñantes pernoctaron esta pasada noite no pabillón municipal durante o seu Camiño a Santiago, como nos contaba o alcalde Gonzalo Durán.

A FEIRA MEDIEVAL DE CAMBADOS SUBE DE NIVEL CON MAIS ACTIVIDADES 24.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados quere consolidar a Feira Medieval coa celebración dunha segunda edición que terá lugar do 17 ao 19 de agosto, con máis actividades, premios e concertos. Os asistentes poderán observar voos de cetreiría e exhibicións de aves rapaces ou mercar nos postos de artesanía. Ademáis tamén haberá concertos de música medieval, actividades infantís e espectác...

VILAGARCIA ESTUDA UN PLAN DE REORDENAMENTO PARA MINIMIZAR OS EMBOTELLAMENTOS NA CIDADE 24.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Vilagarcía está a estudar coa Policía Local un Plan de Reordenamento do tráfico das rúas do centro urbano para minimizar o colapso en momentos puntuais, sobre todo na Praza da Independencia. Será unha medida que o alcalde, Alberto Varela, prevé que sexa definitiva e non únicamente temporal para a época estival. Ademáis, a raiz das críticas do...

RECUPERANSE AS NOITES DE CHILL OUT NA PRAIA DE A CONCHA 23.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía recupera o chill out "As 9 na Praia", unha cita pensada para disfrutar do atardecer cun ambiente de ocio e relaxación na Praia de A Concha. Tras un ano de parón, o evento "As 9 na Praia", organizado pola asociación de hosteleiros en colaboración con concello, regresa, dende o 25 ata o 29 de xullo en horario de 21 horas ata pasada a media noite....

A MANCOMUNIDADE CONTINUA A RETIRADA DE NIÑOS DE VELUTINA 23.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés continúa os traballos de retirada de niños de vespa velutina nos concellos da comarca. Na última semana, os operarios da entidade comarcal retiraron 60 enxames, tal como nos decía esta mañá o presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, que tamén ofrecía orientación sobre como tratar unha picadura de vespa asiática.

O NOVO COLEXIO DE VILALONGA ESTARA EN FUNCIONAMENTO NO CURSO 2020-21 23.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O novo colexio de O Revel, en Sanxenxo, estará en funcionamento para o curso 2020-21. É a data anunciada esta mañá polo Conselleiro de Educación da Xunta, Román Rodriguez, durante unha visita á zona de Vilalonga onde se vai construir o centro educativo. A nova infraestructura, que dará servizo ao alumnado escolarizado no actual CEIP Plurilingüe Cruceiro, s...

OS APARCAMENTOS PARA O ALBARIÑO INCLUEN ESTE ANO UNHA PARCELA PARA CARAVANAS 23.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados repite a fórmula de habilitar aparcamentos públicos destinados ao estacionamento de durante a Festa do Albariño, xestionados, un ano máis, por asociacións do municipio. Estarán ubicados nas entradas da vila en cinco parcelas na Avenida Vilagarcía, na Avenida Castrelo e na Avenida Vilariño, con prazas para 1.300 vehículos. O custe ser...

BLUES, POP E ROCK NOS SERANS DE TROULA EN CAMBADOS 23.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Que a Festa en Cambados continúe despóis do Albariño é o propósito de dúas emprendedoras da vila, Cristina Padín e Julia González, a través da súa proposta “Serán de Troula”. Trátase de concertos de blues, pop e rock que se celebrarán os xoves 9, 16 e 23 de agosto a partir das 21 horas en diferentes prazas do casco urbano. No evento colaboran os hosteleiro...

TODO LISTO PARA A SAIDA DA CARREIRA NOCTURNA DE VILAGARCIA 20.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Vilagarcía xa ten todo listo para a celebración mañá sábado dunha nova edición da Carreira Nocturna que sairá dende o entorno do Parque Miguel Hernández. Os participantes distribuiranse en varias categorías de pequenos e absolutos, tal como explicaba esta mañá o representante da Fundación Municipal de Deportes, Juanmi Doval na presentación da proba.

O CONCERTO GRANDE DO ALBARIÑO REUNE A UXIA E MARTIRIO COA ORQUESTRA DE JAZZ DE GALICIA 20.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Cambados presentou esta mañá o Concerto Grande do Albariño, que será o venres día 3 de agosto. A Orquestra de Jazz de Galicia con Uxia, Pedro Guerra e Martirio estarán en Fefiñáns ás 22.30 horas nun espectáculo presentado por Xurxo Souto. Será o primeiro concerto do Albariño deste ano onde se porá a proba o sistema de control de aforo de máximo 5.000 perso...

NOVO CONCERTO PARA SEGUIR DINAMIZANDO AS RUAS RECEN PEONALIZADAS DE CAMBADOS 20.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 O Concello de Cambados e a Asociación Zona Centro queren seguir dinamizando as rúas do entorno urbano recén peonalizadas. Por eso, tralo exitoso concerto de Manso e Amigos en Fefiñáns, agorá será a Rúa Isabel II a que acolla un concerto de balde. Neste caso, a música de Silva e Blas, xunto con Anxo Xesteira e José María Trigo soará o vindeiro martes, 24de...

REMATADA A ELEVACION DA RAMPA DE TRAGOVE PARA A DESCARGA DE MEXILLON 19.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 Portos de Galicia rematou en Tragove a elevación da rampa que permitirá a descarga de mexillón no porto cambadés sen ter que acudir a outras zonas, xa que antes a escasa altura impedía o seu uso con todas as mareas. A actuación supuso un investimento de preto de 55.000 euros. As obras realizadas consistiron na elevación desta superficie de descarga a travé...

AS OBRAS DA DEPURADORA DE TREVISCOSO PODERIAN INICIARSE ANTES DE FIN DE ANO 19.07.2018

#hoxeenArousaPontevedraDíaaDía #de12a1430 A Mancomunidade do Salnés e Augas de Galicia avanzan en dous dos proxectos máis urxentes para a comarca: a renovación do sistema de abastecemento de auga ao Grove e a depuradora de Treviscoso. O presidente da entidade comarcal, Gonzalo Durán, agarda que ambas actuacións se poidan iniciar antes de que remate o ano.

Listen to the Podcast AROUSA SI RADIO podcast in Replaio

Radio and podcasts in one app - free, with no sign-up. Install today and do not miss the launch

Get it on Google Play

Replaio is not a podcast publisher; show names, artwork and audio belong to their authors and are distributed through public RSS feeds.